miércoles, 30 de diciembre de 2009
NON AO DECRETO CONTRA O GALEGO!
lunes, 28 de diciembre de 2009
Ademais de mirala tamén teño que pasar por ela

Estrada de Lavandeira - Coles - Ourense
Despois de falar co señor alcalde a estrada segue o mesmo, a auga corre polo medio dela e ao baixar as temperaturas en vez de auga é xeo. Será por culpa das festas ou por que ao señor alcalde non lle interesa?
É tan fácil o que pido, tan só limpar uns cuantos metros de beiravía, agora, xa, cando suban as temperaturas xa non me interesa. Ao mellor é que está a esperar que eu volva a caer e que parta a cabeza ou que parta as patas algún cabalo... todo pode pasar.
Un rapaz que se foi confesar e o crego preguntoulle se cometera algún pecado coas mulleres. O rapaz díxolle que non. Só un día mirara para as pernas da criada do abade.
-Pois tes que xaxuar tres días seguidos -díxolle o crego
O rapaz marchou para a casa e xaxuou tres días pero, un día, foi ver un eido que tiña con centeo e viu á besta do cura mirando para o centeo. O rapaz que por mirar para pernas da criada fixérano xaxuar tres días, quíxolle facer o mesmo á besta por mirar para o seu campo, e colleuna e levouna a un vello muíño abandonado.
Á noite, cando o crego foi pola besta, atopou o sitio e empezou a preguntar a todos se a viran. Ninguén a vira ata que tres días despois encontrou ao rapaz e preguntoulle por ela. O rapaz díxolle onde estaba.
- E logo, porque ma metiches alí, ou? -dixo o crego.
-Porque estaba mirando para o meu centeo -dixo o rapaz
-E, por mirar para el, comíacho, ou? -dixo o crego enfadado.
-E logo, señor abade?. Tamén lle comía eu a criada por mirar para ela? -dixo o rapaz
Contos populares, Editorial Galaxia
Versión en castelán
Es tan fácil lo que pido, tan sólo limpiar unos cuantos metros de arcén, ahora, ya, cuando suban las temperaturas ya no me interesa. A lo mejor es que está esperando que yo vuelva a caerme y que me parta la cabeza o que partan las patas algún caballo... todo pode pasar.
Un chaval que se fue a confesar y el cura le preguntó si había cometido algún pecado con las mujeres. El chaval le dijo que no. Sólo un día había mirado para las piernas de la criada del cura.
-Pues tienes ayunar tres días sucesivos -le dijo el cura
El chaval marchó para casa y ayunó tres días pero, un día, fue a ver una finca que tenía de centeno y vio la yegua del cura mirando para el centeno. El chaval que por mirar para piernas de la criada lo habían hecho ayunar tres días, le quiso hacer lo mismo a la yegua por mirar para su campo, y la cogió y la llevó aun viejo molino abandonado.
Por la noche, cuando el cura fue por la yegua, encontró el sitio y empezó a preguntar a todos si la habían visto. Nadie la había visto hasta que tres días después encontró al chaval y le preguntó por ella. El chaval le dijo dónde estaba.
- Y luego, ¿por qué me la metiste allí? -dijo el cura.
-Porque estaba mirando para mi centeno -dijo el chaval
-Y, por mirar para él, ¿te lo comía?-dijo el cura enfadado.
-Y luego, señor abad ¿También le comía yo la criada por mirar para ella? -dijo el chaval
miércoles, 23 de diciembre de 2009
Estamos en Nadal, sexamos bos
Dicía onte no Parlamento de Galiza o señor Feijóo que non era bo o refrán "a letra coa sangre entra". Erro, erro, erro, señor Feijóo élle "a letra co sangue entra", os galegos dicimos "sangue", é de xénero masculino. Pero, ao mellor vostede estudou no mesmo colexio imaxinario que María Iglesias Jones, por iso ten ese trauma e non pode co galego.
Eu sempre oín que cando unha persoa é propensa a mentir, e mente normalmente ao final cre as súas propias mentiras e non diferencia cando é verdade ou mentira. Algo disto debe ser verdade porque senón eu non entendo como se pode seguir a falar de que en Galiza se empuña o galego.
O meu fillo estudou con María Iglesias Jones no mesmo colexio dende que tiñan 4 anos e compartiron sempre clase, incluso veu varias veces a miña casa e a min pareceu sempre unha boa rapaza.
En segundo de bacharelato só lles impartiron dúas materias en galego: lingua galega e historia de España. Eses foron os únicos libros que eu comprei en lingua galega ao meu fillo e como se pode comprobar o colexio non cumpría coa Lei de Normalización Lingüística, pois o da metade das materias en galego ao final só eran dúas.
Con testemuñas tan falsas coma esta non me estraña que despois haxa quen poida pensar fóra de aquí, que o castelán estivo perseguido.
Versión en castelán
El Muchacho trepó al árbol para desear a tod@s MUCHA PAZ Y FELICIDAD y no se olvida de de desear LARGA VIDA Al GALLEGO, quedan excluidos de la felicitación los mentirosos, los que desprestigian el gallego, los del PP del ayuntamiento de Orihuela por utilizar a Miguel Hernández, Díaz Ferrán y todos los mal nacidos ranciosos que sólo saben llenar los bolsillos a cuenta de los trabajadores (son deseos del Muchacho).
Yo siempre oí que cuando una persona es propensa a mentir, y miente normalmente al final cree sus propias mentiras y no diferencia cuando es verdad o mentira. Algo de esto debe ser así porque sino yo no entiendo como se puede seguir hablando de que en Galiza se imponía el gallego.
Hace unos días hablando de esto en mi casa, mi hijo me pidió que leyera en internet un artículo de hace unos meses (antes de las elecciones a la Xunta) fue publicado por un periódico"Lavozlibre". El panfleto era de una ex compañera de clase, que POBRIÑA, según ella, había tenido que marchar de Galiza para poder estudiar, porque aquí la habían obligado a estudiar todas las asignaturas en gallego, excepto la gimnasia. La pobre chavala estaba muy afligida por tener que ir para Salamanca, incluso le hicieron una foto a ella y a su madre, allí juntitas las dos, sentaditas en un banco, os digo que da lástima verlas.
Esa chavala es una MENTIROSA, no sé si le dieron algo a cambio de mentir, pero miente descaradamente y si a los 23 años se va por la vida mintiendo de esa forma, seguro que tiene una larga carrera por delante en ciertos partidos políticos.
Mi hijo estudió con María Iglesias Jones en el mismo colegio desde que tenían 4 años y compartieron siempre clase, incluso vino varias veces a mi casa y me pareció siempre una buena chica.
En segundo de bachillerato sólo les impartieron dos materias en gallego: lengua gallega e historia de España. Esos fueron los únicos libros que yo compré en lengua gallega a mi hijo y como se puede comprobar el colegio no cumplía con la Ley de Normalización Lingüística, pues lo de la mitad de las asignaturas en gallego al final sólo eran dos.
Con testigos tan falsos como esta no me extraña que después haya quien pueda pensar fuera de aquí, que el castellano estuvo perseguido.
lunes, 21 de diciembre de 2009
É Nadal e eu estou moi cabreada

Khalil e Morocho
É molesto que cando pase un coche te salpique, pero xa estamos acostumados, pero estes días que vai tanto frío a auga converteuse en xeo e nuns 20 ou 30 metros máis ou menos a estrada é unha pista de patinaxe, e claro eu non sei patinar nin levo patíns e os meus cabalos tampouco. Onte pola mañá Khalil e máis eu levamos un susto dos grandes, comecei a esvarar e ao tirar por el tamén esvarou e caeu e despois para levantarse, como non facía pé (pata) custoulle moitísimo. O Morocho tivo máis sorte, porque o levaba o meu marido e como é máis áxil e ten as pernas máis longas ca min conseguiu pasar, sen que o cabalo esvárase.
A sorte ademais de non mancarnos coa caída foi que naquel momento non pasasen coches, porque á velocidade que pasan algúns e co xeo que había non sei o que nos podía pasar.
Mañá segundo din os do tempo seguiremos con frío e nós non temos máis remedio que pasar polo mesmo camiño, porque para ir ao prado non hai outro. Hoxe tamén pasamos achegadiños ao muro, só nos faltou subirnos por riba del, non sei quen tiña máis medo, se Khalil ou eu, el levaba a súa cabeza apoiada no meu ombreiro, e cando saímos do perigo bufamos os dous.
Mañá tamén irei ao Concello, a ver se me poden aclarar, quen é o culpable de que en Lavandeira non funcione nada ben. Non sei se teño algún dereito, (digamos que eu si sei que o teño e estou decidida a exercelo) porque eu non estou alí censada, xa que vivo no Concello de Ourense,e como os dereitos adquírense segundo a quen lle des o voto e as aldeas teñen os servizos segundo os votantes que teñan, e como en Lavandeira só viven catro familias, igual nin me fan caso; eu espero que si, que me fagan caso, porque estou moi pero que moi CABREADA, e cando me cabreo son moi mala de levar.
Versión en castelán
Desde que llegó la ola de frío, mis caballos y los que tenemos que llevarlos al prado nos jugamos la vida todas las mañanas. Por la carretera por donde tenemos que ir está corriendo el agua todo año, porque los arcenes que tendrían que estar limpios para que pasara el agua, no se sabe si fueron limpios alguna vez (el agua corre por la carretera porque un vecino que tiene un pozo y le sobra, decidió que la mejor forma de deshacerse de ella era poner una goma hasta la carretera).
Es molesto que cuando pase un coche te salpique, pero ya estamos acostumbrados, pero estos días que hace tanto frío el agua se convirtió en hielo y en unos 20 o
La suerte, además de no hacernos daño con la caída, fue que en aquel momento no pasaran coches, porque a la velocidad que pasan algunos y con el hielo que había no sé lo que nos podía pasar.
Mañana, según dicen, seguiremos con frío y nosotros no tenemos más remedio que pasar por el mismo camino, porque para ir al prado no hay otro. Hoy también pasamos arrimaditos al muro, sólo nos faltó subirnos a él, no sé quien tenía más miedo, si Khalil o yo, él llevaba su cabeza apoyada en mi hombro, y cuando salimos del peligro resoplamos los dos.
Mañana también iré al Ayuntamiento, a ver si me pueden aclarar, quien es el culpable de que en Lavandeira no funcione nada bien. No sé si tengo algún derecho, (bueno yo si sé que lo tengo y estoy dispuesta a ejercerlo) porque yo no estoy censada allí, ya que vivo en el Ayuntamiento de Ourense, y como los derechos se adquieren según a quien le des el voto y las aldeas tienen los servicios según los votantes que tengan, y como en Lavandeira sólo viven cuatro familias, igual ni me hacen caso; yo espero que si, que me hagan caso, porque estoy muy pero que muy CABREADA, y cuando me cabreo soy muy mala de llevar.
lunes, 14 de diciembre de 2009
Cantos deuses hai?
Os mestres que había naquel tempo, moitos eran feitos á machada e o do noso conto nin sequera era mestre: era un carabineiro retirado que ensinaba aos rapaces a sumar, pois para máis xa non se comprometía.
Un día apareceu pola escola o inspector -cousa que acontecía cada oito ou dez anos- e comezou a preguntar a Xosé da Camila:
-Sabes quen descubriu a América?
O rapaz botouse a chorar e respondeu
-Eu non fun!
Cando chegou o tempo do precepto, os rapaces tiñan que ir a exame da doutrina á casa do crego. Os de Puxedo tiñan que ir a San Paio e cando lle tocou a vez ao Xosé da Camila atopouse na "Cruz-Vella ao Domingos do Coñeta que xa viña de volta.
-Que tal está de xenio o señor abade? -preguntoulle.
-Vaiche preguntar cantos deuses hai, e non lle vaias dicir que só hai un, porque eu díxenlle que había tres e deberon de parecerlle poucos, porque me mandou volver.
O Xosé riu, porque nisto non o cazaba o crego. Tíñalle ouvido ao Silesio da Lucinda, que serviu ao Rei en África, que os mouros tiñan un que non é o de acá, porque lle chaman o de Alá. E cando o cura lle preguntou cantos deuses había, respondeu:
-Hai dous: o de acá que é o noso, e o de Alá que é o dos mouros, que mo dixo o Silesio.
-Pareces un rapaz espelido -dixo o crego- Cantos anos tes?.
-Téñolle dez -respondeu Xosé
-Pois o teu pai podíache dicir cantos deuses hai, porque el debe de sabelo. Cantos anos ten teu pai?
-Ten tantos como teño eu.
-Pero home, como vai ter tantos coma ti, sendo o teu pai!.
-Porque comezou a ser o meu pai cando eu nacín. Antes non era nada.
Bibliografía: Contos e lendas da Limia Baixa, Euloxio Paz
Versión en castelán
Xosé de la Camila comenzó en la escuela cuando tenía siete años, y tardó otros dos en conocer las letras.
Los maestros que había en aquel tiempo, muchos eran hechos a prisa y corriendo y el de nuestro cuento ni siquiera era maestro: era un carabinero retirado que enseñaba a los niños a sumar, pues para más ya no se comprometía.
Un día apareció por la escuela el inspector -cosa que ocurría cada ocho o diez años- y comenzó a preguntar a Xosé de la Camila:
-Sabes quien descubrió América?
El chaval se echó a llorar y respondió
-¡Yo no fui!
Cuando llegó la época del precepto, los chavales tenían que ir a examen de la doctrina a la casa del cura. Los de Puxedo tenían que ir a San Paio y cuando le tocó el turno a Xosé de la Camila se encontró en la Cruz-Vella al Domingos del Coñeta que ya venía de vuelta.
-¿Qué tal está de humor el señor cura? -le preguntó.
-Te va a preguntar cuantos dioses hay, y no le vayas a decir que sólo hay uno, porque yo le dije que había tres y debieron de parecerle pocos, porque me mandó volver.
Xosé se rió, porque en esto no lo pillaba el cura. Le había oído al Silesio de la Lucinda, que sirvió al Rey en África, que los moros tenían uno que no es el de acá, porque le llaman el de Alá*. Y cuando el cura le preguntó cuantos dioses había, respondió:
-Hay dos: el de acá que es el nuestro, y el de Alá* que es el de los moros, que me lo dijo el Silesio.
-Pareces un chaval espabilado -dijo el cura- ¿Cuántos años tienes?
-Tengo diez -respondió Xosé
-Pues tu padre te podía decir cuantos dioses hay, porque él debe de saberlo. ¿Cuántos años tiene tu padre?
-Tiene tantos como tengo yo.
-Pero hombre, ¡cómo va a tener tantos como tu, siendo tu padre!
-Porque empezó a ser mi padre cuando yo nací. Antes no era nada.
domingo, 13 de diciembre de 2009
Un loco / Un tolo
Carrabouxos
Aí vai un fermoso poema de Antonio Machado
É unha tarde amorriñada e desapracible
dun outono sen froitos, na terra
estéril e raída
onde a sombra dun centauro deambula.
Por un camiño na árida chaira,
entre álamos murchos,
a soas coa súa sombra e a súa tolemia
vai o tolo, falando a berros.
Lonxe vense sombríos estepares,
outeiros con malezas e escambróns,
e ruínas de vellas aciñeiras,
coroando os ásperos outeiros.
O tolo vocifera
a soas coa súa sombra e a súa quimera.
É horrible e grotesca a súa figura;
fraco, sucio, maltreito e mal rapado,
ollos de quentura
iluminan o seu rostro consumido.
Foxe da cidade... Pobres maldades,
misérrimas virtudes e angueiras
de chulos aburridos, e ruindades
de ociosos mercadores.
Polos campos de Deus o tolo avanza.
Tras a terra esquelética e sequiza
-vermello de ferruxe e pardo de cinza-
hai un soño de lirio ao lonxe.
Foxe da cidade. O tedio urbano!
-carne triste e espírito vilán!-.
Non foi por unha tráxica amargura
esta alma errante esgazada e rota;
purga un pecado alleo: a cordura,
a terrible cordura do idiota.
Versión orixinal
de un otoño sin frutos, en la tierra
estéril y raída
donde la sombra de un centauro yerra.
Por un camino en la árida llanura,
entre álamos marchitos,
a solas con su sombra y su locura
va el loco, hablando a gritos.
Lejos se ven sombríos estepares,
colinas con malezas y cambrones,
y ruinas de viejos encinares,
coronando los agrios serrijones.
El loco vocifera
a solas con su sombra y su quimera.
Es horrible y grotesta su figura;
flaco, sucio, maltrecho y mal rapado,
ojos de calentura
iluminan su rostro demacrado.
Huye de la ciudad... Pobres maldades,
misérrimas virtudes y quehaceres
de chulos aburridos, y ruindades
de ociosos mercaderes.
Por los campos de Dios el loco avanza.
Tras la tierra esquelética y sequiza
-rojo de herrumbre y pardo de ceniza-
hay un sueño de lirio en lontananza.
Huye de la ciudad. ¡El tedio urbano!
-¡carne triste y espíritu villano!-.
No fue por una trágica amargura
esta alma errante desgajada y rota;
purga un pecado ajeno: la cordura,
la terrible cordura del idiota.
viernes, 4 de diciembre de 2009
Xitanos e invisíbeis
http://www.galicia-hoxe.com/
co seu polisón de nardos.
O neno míraa, mira.
O neno estaa mirando.
No aire conmovido
move a lúa os seus brazos
e insignia, lúbrica e pura,
os seus seos de duro estaño.
Foxe lúa, lúa, lúa.
Se viñesen os xitanos,
farían co teu corazón
colares e aneis brancos.
Neno, déixame que baile.
Cando veñan os xitanos,
atoparante sobre a bigornia
cos olliños pechados.
Foxe lúa, lúa, lúa,
que xa sinto os seus cabalos.
Neno, déixame, non trepes
o meu brancor amidonado.
O xinete achegábase
tocando o tambor da chaira.
Dentro da forxa o neno,
ten os ollos pechados.
Polo oliveiral viñan,
bronce e soño, os xitanos.
As cabezas levantadas
e os ollos entornados.
Como canta o moucho,
ai, como canta na árbore!
Polo ceo vai a lúa
cun neno da man.
Dentro da forxa choran,
dando berros, os xitanos.
O aire vixíaa, vixía.
O aire estaa vixiando
ROMANCE DE LA LUNA, LUNA, Federico García Lorca
La luna vino a la fragua
con su polisón de nardos.
El niño la mira, mira.
El niño la está mirando.
En el aire conmovido
mueve la luna sus brazos
y enseña, lúbrica y pura,
sus senos de duro estaño.
Huye luna, luna, luna.
Si vinieran los gitanos,
harían con tu corazón
collares y anillos blancos.
Niño, déjame que baile.
Cuando vengan los gitanos,
te encontrarán sobre el yunque
con los ojillos cerrados.
Huye luna, luna, luna,
que ya siento sus caballos.
Niño, déjame, no pises
mi blancor almidonado.
El jinete se acercaba
tocando el tambor del llano.
Dentro de la fragua el niño,
tiene los ojos cerrados.
Por el olivar venían,
bronce y sueño, los gitanos.
Las cabezas levantadas
y los ojos entornados.
Cómo canta la zumaya,
¡ay, cómo canta en el árbol!
Por el cielo va la luna
con un niño de la mano.
Dentro de la fragua lloran,
dando gritos, los gitanos.
El aire la vela, vela.
El aire la está velando.
miércoles, 2 de diciembre de 2009
Manifesto 'Na defensa dos dereitos fundamentais en Internet'
1.- Los derechos de autor no pueden situarse por encima de los derechos fundamentales de los ciudadanos, como el derecho a la privacidad, a la seguridad, a la presunción de inocencia, a la tutela judicial efectiva y a la libertad de expresión.
2.- La suspensión de derechos fundamentales es y debe seguir siendo competencia exclusiva del poder judicial. Ni un cierre sin sentencia. Este anteproyecto, en contra de lo establecido en el artículo 20.5 de la Constitución, pone en manos de un órgano no judicial -un organismo dependiente del ministerio de Cultura-, la potestad de impedir a los ciudadanos españoles el acceso a cualquier página web.
3.- La nueva legislación creará inseguridad jurídica en todo el sector tecnológico español, perjudicando uno de los pocos campos de desarrollo y futuro de nuestra economía, entorpeciendo la creación de empresas, introduciendo trabas a la libre competencia y ralentizando su proyección internacional.
4.- La nueva legislación propuesta amenaza a los nuevos creadores y entorpece la creación cultural. Con Internet y los sucesivos avances tecnológicos se ha democratizado extraordinariamente la creación y emisión de contenidos de todo tipo, que ya no provienen prevalentemente de las industrias culturales tradicionales, sino de multitud de fuentes diferentes.
5.- Los autores, como todos los trabajadores, tienen derecho a vivir de su trabajo con nuevas ideas creativas, modelos de negocio y actividades asociadas a sus creaciones. Intentar sostener con cambios legislativos a una industria obsoleta que no sabe adaptarse a este nuevo entorno no es ni justo ni realista. Si su modelo de negocio se basaba en el control de las copias de las obras y en Internet no es posible sin vulnerar derechos fundamentales, deberían buscar otro modelo.
6.- Consideramos que las industrias culturales necesitan para sobrevivir alternativas modernas, eficaces, creíbles y asequibles y que se adecuen a los nuevos usos sociales, en lugar de limitaciones tan desproporcionadas como ineficaces para el fin que dicen perseguir.
7.- Internet debe funcionar de forma libre y sin interferencias políticas auspiciadas por sectores que pretenden perpetuar obsoletos modelos de negocio e imposibilitar que el saber humano siga siendo libre.
8.- Exigimos que el Gobierno garantice por ley la neutralidad de la Red en España, ante cualquier presión que pueda producirse, como marco para el desarrollo de una economía sostenible y realista de cara al futuro.
9.- Proponemos una verdadera reforma del derecho de propiedad intelectual orientada a su fin: devolver a la sociedad el conocimiento, promover el dominio público y limitar los abusos de las entidades gestoras.
10.- En democracia las leyes y sus modificaciones deben aprobarse tras el oportuno debate público y habiendo consultado previamente a todas las partes implicadas. No es de recibo que se realicen cambios legislativos que afectan a derechos fundamentales en una ley no orgánica y que versa sobre otra materia. Este texto se publica multitud de sitios web.
martes, 1 de diciembre de 2009
Aniversario da morte de Blanco Amor
Aí vai un dos seus poemas:
Romance de Feitizo de amor
Arrimeime a un pino verde
por ver si me consolaba...
Arrimeime a un pino verde
contando estar acollido
menos da choiva do ceo
que do meu propio feitizo.
Pedinlle consolo ao ar
pasou o ar fuxitivo;
pedinlle consolo ás augas
de min se arredaron rindo;
sentei na beira do mar,
atopeime tan cativo!
Quixen deprender coas ondas
só deprendín suspiros.
quixen parolar coas nubes
tan altas non me sentiron.
Aos paxaros rexoubeiros
mostreilles o meu sino,
os paxaros peteiraron
no meu corazón ferido.
Fun aconsellar coas pedras
vellas coma o mundo mesmo
mostráronme a súa dureza
e eu entendín o seu dito.
Canso do longo penar
arrimeime a un verde pino
e faleille: Entenderás
ti a miña dor, irmanciño?
E en troques de responder
botouse a chorar comigo!
por ver sí me consolaba...
creyendo estar acogido
menos de la lluvia del cielo
que de mi propio hechizo.
Le pedí consuelo al aire
pasó el aire fugitivo;
le pedí consuelo a las aguas
de mí se alejaron riendo;
me senté en la orilla del mar,
¡me encontré tan pequeño!
Quise asirme a las olas
sólo encontré suspiros.
quise conversar con las nubes
tan altas no me sintieron.
A los pájaros alegres
les mostré mi sino,
los pájaros picotearon
en mi corazón herido.
Me fui a aconsejar con las piedras
viejas como el mundo mismo
me mostraron su dureza
y yo entendí su dicho.
Cansado del largo penar
me arrimé a un verde pino
y le hablé: ¿Entenderás
tu mi dolor, hermanito?
Y en vez de responder
¡se echó a llorar conmigo!
miércoles, 25 de noviembre de 2009
Preguntas
Ando eu dende hai días matinando e matinando e despois de moito matinar por todos os recunchos da miña contorna, non son quen de comprender isto que vou contar.
Hai uns días, estando nunha festa coa miña parella, vin que alí tamén estaba un MALTRATADOR, ao mellor había máis..., pero ao que eu me refiro é un maltratador xulgado e que xa estivo no cárcere, por someter a súa ex-muller a toda clase de atrocidades, ela estivo varias veces ingresada polas malleiras que el lle daba, e hoxe está nunha cadeira de rodas, grazas á derradeira malleira que lle deu.
O que a min non me entra na miña estreita cabeza é, como despois de saber como é ese home, outra muller pode achegarse a el?.
Alí estaba bailando cunha moza que podía ser case a súa filla, meténdolle man mentres bailaban e mirándonos aos demais con aire de superioridade.
Haberá quen pense que ao mellor a moza non coñecía o seu pasado, pero para os que pensen iso, direilles, que si o coñece, e iso é o que me ten a min tan desorientada e con tantas preguntas sen resposta.
Pode unha muller durmir tranquila ao carón dun home que maltratou a outra muller?
Pode unha nai mirar a un fillo que maltrata a unha muller coma ela, e por riba disculpalo dicindo que lle pegaba porque era unha porca?
Poden uns homes que din que están contra o maltrato, seguir tendo como amigo a un maltratador?
Poden uns veciños saudar a un tipo que deixou a unha muller nunha cadeira de rodas?
Pode, poden... e poderán... mentres a sociedade non marxine a todos estes seres, eles non cambiarán, mentres algún deles siga sendo aceptado na sociedade, isto non rematará.
Versión en castelán
Estoy desde hace unos días cavilando y cavilando y después de mucho cavilar por todos los rincones de mi entorno, no soy capaz de comprender esto que voy a contar.
Hace unos días, estando en una fiesta con mi pareja, vi que allí también estaba un MALTRATADOR, a lo mejor había más..., pero al que yo me refiero es un maltratador juzgado y que estuvo en la cárcel, por someter a su ex-mujer a toda clase de atrocidades, ella estuvo varias veces ingresada por las palizas que él le daba, y hoy está en una silla de ruedas, gracias a la última paliza.
Lo que a mí no me entra en mi estrecha cabeza es, ¿cómo después de saber como es ese hombre, otra mujer pueda acercarse a él?
Allí estaba bailando con una joven que podía ser casi su hija, metiéndole mano mientras bailaban y mirándonos a los demás con aire de superioridad.
Habrá quien piense que a lo mejor la joven no conocía su pasado, pero para los que piensen eso, les diré, que sí lo conoce, y eso es lo que me tiene a mí tan desorientada y con tantas preguntas sin respuesta.
¿Puede una mujer dormir tranquila al lado de un hombre que maltrató a otra mujer?
¿Puede una madre mirar a un hijo que maltrata a una mujer como ella, y por si fuese poco, disculparlo diciendo que le pegaba porque era una cerda?
¿Pueden unos hombres que dicen que están contra el maltrato, seguir teniendo como amigo a un maltratador?
¿Pueden unos vecinos saludar a un tipo que dejó a una mujer en una silla de ruedas?
Puede, pueden... y podrán... mientras la sociedad no margine a todos estos seres, ellos no cambiarán, mientras alguno de ellos siga siendo aceptado en la sociedad, esto no terminará.
Xa Zeus exercía como maltratador
Así trataba Zeus á súa esposa - irmá Hera:
«Mais senta en silencio e acata a miña palabra,
non sexa que nin todos os deuses do Olimpo poidan socorrerte
cando eu me achegue e che poña enriba as miñas inaferrables mans» (Homero, Ilíada, I, vv. 565-567).
«Non lembras cando estabas suspendida no alto e dos pés che colguei senllas bigornias e rodeeiche as mans cunha cadea áurea irrompible?»
(Homero, Ilíada, XV, vv. 18-20).
«Soporta, nai miña, e domínate, aínda que esteas apesarada; que ti, aínda séndome tan querida, non teña que verte cos meus ollos mallada. Entón non poderei, aínda aflixido, socorrerte, pois doloroso é rivalizar co Olímpico»
(Homero, Ilíada, I, vv. 586-589).
«Espiñento engano, irresistible para os homes. Pois dela descende a estirpe de femininas mulleres. Gran calamidade para os mortais, cos homes conviven sen conformarse coa funesta penuria, senón coa saciedade»
(Hesíodo, Teogonía, vv. 590-594).
« Outra sae á cadela, espelida
como esta, fiel estampa da súa nai,
que quere oílo todo e decatarse,
e albiscando métese en todas partes,
e aínda non vendo a ninguén, a ese ládralle.
Non a para o marido, que ameace
ou que a pedradas, furioso, o dente
lle rompa ou que lle fale con agarimo;
ata sentada con estraños, segue
empeñada en ladrar inutilmente.
[...] Outra é un asno mallado e gris
que apenas pola forza e con insultos
consente en algo ao fin, e a quen lle doe
ata o que lle gusta; [...]»
(Semónides, Iambo nº 5, vv. 12-20, 43-49
Versión en castelán
Así trataba Zeus a su esposa - hermana Hera:
«Mas sienta en silencio y acata mi palabra, no sea que ni todos los dioses del Olimpo puedan socorrerte cuando yo me acerque y te ponga encima mis inaferrables manos»
(Homero, Ilíada, I, vv. 565-567).
«¿No recuerdas cuando estabas suspendida en alto y de los pies te colgué sendos yunques y te rodeé las manos con una cadena áurea irrompible?»
(Homero, Ilíada, XV, vv. 18-20).
Mientras, Hefesto aconseja a su madre que soporte la violencia de Zeus:
«Soporta, madre mía, y domínate, aunque estés apenada; que tu, aun siéndome tan querida, no tenga que verte con mis ojos, maltratada. Entonces no podré, aún afligido, socorrerte, pues doloroso es rivalizar con el Olímpico»
(Homero, Ilíada, I, vv. 586-589).
«Espinoso engaño, irresistible para los hombres. Pues de ella desciende la estirpe de femeninas mujeres. Gran calamidad para los mortales, con los hombres conviven sin conformarse con la funesta penuria, sino con la saciedad»
(Hesíodo, Teogonía, vv. 590-594).
« Otra sale a la perra, vivaracha
como ésta, fiel estampa de su madre,
que quiere oírlo todo y enterarse,
y atisbando se mete en todas partes,
y aún no viendo a nadie, a ése le ladra.
No la para el marido, que amenace
o que a pedradas, furioso, el diente
le quebrante o que le hable con cariño;
hasta sentada con extraños, sigue
empeñada en ladrar inútilmente.
[...] Otra es un asno apaleado y gris
que apenas por la fuerza y con insultos
consiente en algo al fin, y a quien le duele
hasta lo que le gusta; [...]»
viernes, 20 de noviembre de 2009
Non a pornografía infantil
1. Dereito a igualdade, sen distinción de raza, relixión ou nacionalidade.
2. Dereito a unha protección especial para que poidan medrar física, mental e socialmente sanos e libres.
3. Dereito a ter un nome e unha nacionalidade.
4. Dereito a unha alimentación, vivenda e atención médica axeitadas.
5. Dereito a educación e atencións especiales para os nenos física ou mentalmente disminuidos.
6. Dereito a compresión e amor por parte das familias e da sociedade.
7. Dereito a unha educación gratuita. Dereito a divertirse e xogar
8. Dereito a atención e axuda preferente en caso de perigo.
9. Dereito a ser protexido contra ó abandono e a explotación no traballo.
10. Dereito a recibir unha educación que fomente a solidariedade, a amizade e a xustiza entre todo o mundo.
jueves, 19 de noviembre de 2009
Espiritual/Espiritual/Espiritual/Izpirituala
Manuel Rivas (imaxe tomada da rede)
Galego
o crego interrógase sobre a forma
da terceira persoa
do Espírito Santo.
E aboia no silencio de todos unha saudade.
A do toliño de Conxo
que movía as ás
rente do templo,
piando:
-Son eu, son eu!
Castelán
el sacerdote se interroga sobre la forma
de la tercera persona,
del Espíritu Santo.
Y flota en el silencio de todos una nostalgia.
La del loco de Conxo
que movía las alas
a ras del templo,
piando:
-¡Soy yo, soy yo!
Catalán
el capellà s'interroga sobre la forma
de la tercera persona,
de l'Esperit Sant
I sura en el silenci de tots una nostàlgia.
La del boig de Conxo
que movia les ales
arran del temple,
refilant:
- Sóc jo, sóc jo!
Eusquera
apaizak galdetzen du
hirugarren pertsonaren formaz,
Izpiritu Sainduaz,
Eta nostalgia igeri denon isiltasunaren gainetik.
Conxoko eroarena,
hegoak mugituz
tenpluaren arraseran,
pio-pioka:
-Neu naiz, neu naiz
Isto que vai a continuación escribíao Manuel Rivas no xornal "El País". Eu como nunca podería expresalo da forma que o fai el, copiei o artigo e pegueino aquí para que se alguén non o leo no xornal e lle interesa o faga.
"Se equivoca usted, señor titular del juzgado número 6 de Alcorcón, al proclamar la carencia de "utilidad pública" del idioma gallego. En una caricatura de Castelao, un campesino dice: "Deus nos libre da Xustiza!". Quizás estaba pensando en usted, señor juez. Fíjese que útiles y previsoras son las lenguas "subalternas".
Fíjese si son previsoras que en los cuentos gallegos de Álvaro Cunqueiro hay personajes que como último deseo piden que en el ataúd, además de la Biblia, le metan el Código Civil por si tienen que pleitear en la otra vida. A la vista de como reculan los tiempos, me adelanto a pedir para el postrer viaje un ejemplar de la Declaración Universal de los Derechos Humanos, además de la Constitución española (subrayado el artículo 3º, apartado 2) por si el barquero Caronte se pone pesado, dispensando, y me niega la "utilidad pública del gallego" en el Más Allá, siguiendo la doctrina de su señoría.
Ya que estamos con la verdad narrativa de los cuentos y las últimas voluntades, permítame una breve historia. Un anciano campesino manda llamar al notario para hacer el testamento definitivo. Dice: "De la tierra, dejo un tercio para Ramón, un tercio para María, un tercio para Concha, un tercio para Manuel, otro tercio para Andrés..." El notario le interrumpe: "Pero, ¿no serán muchos tercios?" Y el campesino responde: "¡No sabe usted lo grande que es la tierra!" Pues con las lenguas ocurre algo parecido. Que hay sitio para todas. Que no pesan en la cabeza. Que no hay lengua inútil.
Inútiles, inútiles no le somos, señor juez. Hay muchas personas que nos comunicamos normalmente en gallego y no nos consideramos del todo inútiles. Como ocurre incluso en la judicatura, unos somos menos útiles que otros, hacemos lo que podemos, pero respetamos. Eso si, tenemos una educación mínima del respeto. Nuestros padres nos acunaron, nos criaron y nos contaron cuentos en gallego para espantar el miedo. Y no eran unos inútiles, créame. Gracias a ellos, no le tengo miedo, señor juez.
En su Tesis sobre el concepto de la Historia, dice Walter Benjamin: "No hay ningún documento de la civilización que no sea al mismo tiempo un documento de barbarie". Yo antes no entendía muy bien esta frase, se lo juro, pero se me han aclarado de repente las ideas, como por un rayo, después de leer su fundamento "lingüístico" para negar el traslado escolar a Vigo de unas niñas en el auto tramitado en un caso de divorcio. En ese aspecto, el documento no resiste el principio de realidad. En Galicia, las niñas no sólo aprenderían gallego, sino que podrían enriquecer su castellano con las "maravillosas curvas" que Unamuno admiraba en Valle-Inclán.
No voy a hablarle ahora de Alfonso X el Sabio, ni de Rosalía de Castro, ni del tronco común galaico-portugués, patrimonio lingüístico que nos permite comunicarnos con millones de personas en el mundo, desde Brasil al Timor Oriental. Como además tenemos la suerte de compartir el castellano, vea usted, señor juez, que no vamos tan mal pertrechados, siempre, claro, que a los niños no les amputen la lengua "inútil". Creo que lo que procede en este momento es ir al argumento protoecológico enunciado por Julio Camba. Según demostró en un irónico artículo, el gallego es un idioma muy apto para hablar no sólo entre las personas sino también con todo tipo de animales. ¡Fíjese usted si será útil!"
MANUEL RIVAS - A Coruña - 19/11/2009
http://www.elpais.com/articulo/opinion/lengua/inutil/elpepuopi/20091119elpepiopi_7/Tes
martes, 17 de noviembre de 2009
As arañas e os castores
http://www.cig-ensino.com/
e na cima de un plátano xa vello
entre as pólas, tecían as arañas
unha tea sutil, con gran empeño.
Un río maxestoso camiñaba
da árbore ao pé con paso grave e lento,
e os altivos castores os seus chozos
na mesma beira a fabricar viñeron.
Fundándose as arañas en que estaban
enriba ben seguras, e sen medo,
a insultar principiaron aos castores,
que non lles daban creto,
E por medo tomando tamén elas
dos prudentes roedores o silencio,
xuntando, miñaxoia!, as débiles forzas,
coa paciencia acabarlles propuxeron
Ata que, xa ben cansados os castores
de sufrir os insultos tanto tempo,
despois de discusión curta acordaron
ao platano tombar, sen miramentos.
E da arbóreas raíces pouco a pouco,
entre todos roendo,
o seu plan de castigo así lograron
a práctica levar en pouco tempo.
Os poderes deberan ter presente
e mirárense a diario en este espello,
aos pobos non cansando, como pasa,
coa política incerta e mal exemplo.
Fábulas Galaico-Castellanas, Amador Montenegro (1864 - 1932)
Versión en castelán
La CIG Ensino entiende que la decisión del Supremo "pone en tela de juicio las encuestas realizadas por Educación en el mes de junio y sus resultados. Entiende que "el Tribunal Supremo viene validar, una vez más, la normativa legal en vigor, es decir, el Decreto 124/2007, entre otros"
Carlos Callón, presidente de la Mesa por la Normalización Lingüística: "¿Alberto Núñez Feijóo va a seguir con sus mentiras o va a escuchar a la sociedad, a las comunidades educativas y a los tribunales?". "La sociedad gallega merece un presidente que escuche"
Muy lejos, allá en la América en un bosque,
y en la cima de un plátano ya viejo
entre las ramas, tejían las arañas
una tela sutil, con gran empeño.
Un río majestuoso caminaba
del árbol al pie con paso grave y lento,
y los altivos castores sus chozos
en la misma orilla a fabricar vinieron.
Fundándose las arañas en que estaban
arriba bien seguras, y sin miedo,
a insultar principiaron a los castores,
que no les daban crédito,
Y por miedo tomando también ellas
de los prudentes roedores el silencio,
juntando, ¡infelixes!, las débiles fuerzas,
con la paciencia acabarles propusieron
Hasta que, ya bien cansados los castores
de sufrir los insultos tanto tiempo,
después de discusión corta acordaron
al platano tumbar, sin miramentos.
Y de la arbóreas raíces poco a poco,
entre todos royendo,
su plan de castigo así lograron
la práctica llevar en poco tiempo.
Los poderes habían debido tener presente
y mirarse a diario en este espejo,
a los pueblos no cansando, como pasa,
con la política incierta y mal ejemplo.