
Hai uns días puxen unhas fotos de Isadora co seu fillo nunha actitude moi cariñosa, aos poucos días, Isadora decidiu que o seu fillo xa tiña idade para vivir a súa propia vida e apartouno do seu lado, cada vez que el intentaba estar xunto a ela, o único que recibía, nun principio, era un... "miiiiiiia...uuuu!" (vaite xa... non molestes), pero como el seguía a insistir, entón a nai decidiu apartalo dunha vez por todas, cada vez que o vía preto dela, púñase en actitude de atacar.
Pobre Dexter!, non comprendía porque a súa nai xa non quería darlle de mamar e xogar con el, e non só iso, senón que tamén lle comía a comida especial para bebés, porque ela decidiu que sabía mellor ca dela.
Despois de varios días, agora Dexter xa aprendeu a vivir só, xa é un gato independente, e aprendeu a defender a súa comida, aínda que de vez en cando hai que axudalo, porque a súa nai non lle ten medo, pero él inténtao.
É un gato escalador, gústalle moito rubir ás árbores e aos tellados, tamén lle gusta xogar co teclado do ordenador e á hora da sesta decidiu que ía facela nun testo baleiro, dende hai uns días, sobre a tres e media da tarde, métese no testo e dorme unha hora ou dúas. A foto fíxenlla cando esta a espertarse.
Versión en castelán
Hace unos días puse unas fotos de Isadora con su hijo en una actitud muy cariñosa, a los pocos días, decidió que su hijo ya tenía edad para vivir su propia vida y lo apartó de su lado, cada vez que él intentaba estar junto a ella, lo único que recibía, en un principio, era un "¡miiiiiia...uuuuu!" (vete ya... no molestes), pero como él seguía insistiendo, entonces la madre decidió apartarlo de una vez por todas, cada vez que se acercaba, se ponía en actitud de atacar.
¡Pobre Dexter!, no comprendía porque su madre ya no quería darle de mamar y jugar con él, y no sólo eso, sino que también le comía la comida especial para bebés, porque decidió que sabía mejor que la de ella.
Después de varios días, ahora, ya sabe vivir sólo, es un gato independiente, aprendió a defender su comida, aunque de vez en cuando hay que ayudarlo, porque su madre no le tiene miedo, pero él lo intenta.
Es un gato escalador, le encanta subir por los árboles y los tejados, también le gusta jugar con el teclado del ordenador y a la hora de la siesta, decidió que la iba a hacer en un tiesto vacío, desde hace unos días, sobre las tres y media de la tarde, se mete en el tiesto y duerme una hora o dos. La foto se la hice cuando estaba despertándose.