miércoles, 3 de octubre de 2012

Imos caer de novo no feixismo???


Quero afastarme da sabedoría que non chora, da filosofía que non ri e da grandeza que non se inclina ante os nenos. Khalil Gibran




Isto que segue foi copiado de aquí

Cada día de goberno de Feijóo  86 persoas van ao paro en Galicia.

1.- Plan económico

O QUE DIXO NO CONTRATO: Loitar contra a crise apostando polos nosos sectores produtivos cun plan a desenvolver por un Goberno unido, coordinado e que saiba establecer prioridades.

O QUE FIXO: Os tres anos e medio de goberno de Alberto Núñez Feijóo supuxeron unha gran lousa para o tecido empresarial de Galicia, xa que a comunidade perdeu, segundo os datos do directorio empresarial do INE, 8.863 industrias e negocios dende 2008. A etapa de Núñez Feijóo provocou unha diminución de máis de 118.000 afiliados á Seguridade Social (IGE) e a destrucción de 20.000 postos de autónomos (IGE). Os sectores produtivos estratéxicos do país, como o lácteo, o téxtil, o naval e pesqueiro, o madereiro ou o eólico esmorecen pola xestión do goberno e atópanse en fase de reivindicación e mobilizacións esixindo solucións.

Cada mes de goberno de Feijóo 180 empresas pechan as súas portas en Galicia.


2.- Plan de austeridade

O QUE DIXO NO CONTRATO: Eliminar e reducir drasticamente os gastos superfluos en publicidade, altos cargos, asesores, automóbiles ou obras nas dependencias de goberno.

O QUE FIXO: O presidente da Xunta ten máis de 40 asesores que custan 2,3 millóns de euros ao ano e os 141 asesores nomeados a dedo de todo o goberno da Xunta representan un gasto de máis de 7 millóns de euros. Deste xeito, os datos, recollidos no último orzamento, arroxan un soldo medio de 50.000 euros anuais por cada un.

Feijóo gasta 6.301 euros cada día dos cartos de todos os galegos nos soldos dos seus asesores e eleva a cifra a 19.178 euros diarios nos asesores de todo o goberno.

3.-  Menos impostos


O QUE DIXO NO CONTRATO: Reducir a cantidade de impostos autonómicos aos que os cidadáns teñen que facer fronte cada ano e defender a redución de impostos estatais.

O QUE FIXO: Durante a campaña electoral Feijóo comprometeuse a reducir o tramo autonómico do IRPF para beneficiar a 600.000 contribuíntes, o 54% do total de Galicia, cunha base liquidable inferior aos 17.000 euros. A baixada do tramo rexional sería de máis do 8%, pero os galegos siguen esperando por ela. O Goberno galego tamén incrementou o valor dos bens inmobles aos efectos de calcular a cota de transmisións patrimoniais, actos xurídicos documentados, sucesións e doazóns. O incremento da presión fiscal rolda de media o 30%. Ademais, Feijóo comprometeuse en 2009 a unha rebaixa progresiva do imposto de sucesións ata a súa desaparición ao final da lexislatura, pero incumpriu este anuncio. En canto á defensa da redución de impostos estatais, a súa postura revelouse falsa e mudou drasticamente coa chegada de Mariano Rajoy á Moncloa. O PP impulsou dende Madrid unha suba masiva do IRPF ás rendas baixas e medias e alzou o IVE ata o 21% co silencio cómplice de Feijóo.

A suba do IVE suporá un gasto de 470 euros anuais para cada familia galega, segundo a OCU.



Seguiremos na próxima entrega