viernes, 24 de julio de 2009

Eu coma o sapo ... Cro, cro!


imaxe tomada de Xornal.com


O señor Feijóo ten fame ou abúrreo o GALEGO?

Tengo que pedir perdón a todos los que tienen la paciencia de seguir este blog y no entienden el gallego. Yo estaba convencida que el traductor que tengo en la página funcionaba bien pero hoy comprobé que es una m...
Intenté traducir esta poesía de Curros Enríquez y quedé asombrada con los resultados, pues no se parecía en nada, inventa palabras, deja muchas en gallego y cambia el sentido de todas las frases. Total que no sirve y a partir de ahora en este blog pondré las dos versión en gallego y castellano.



Verxión en galego normativo

NOCTURNO


Da aldea afastada fumegan as tellas;
detrás dos petoutos vai póndose o sol
retornan dos eidos coa noite as ovellas
triscando nas beiras o céspede mol.

Un vello, arrimado nun pau de sanguiño,
o monte atravesa de cara ó piñeiral.
Vai canso; unha pedra topou no camiño
e nela sentou para folgos tomar.


-Ai! -dixo-, que triste,
que triste eu estou!­
E un sapo, que o oía,
repuxo: -Cro, cro!

As ameas tocan!... Tal noite como esta
queimóuseme a casa, morreume a muller
ardeume a xugada na corte, e a besta,
na terra a semente botouse a perder.

Vendín para os trabucos bacelos e hortas
e vou polo mundo dende entón a pedir;
mais cando non topo pechadas as portas,
os cans sáenme a elas e fanme fuxir

Canta, sapo, canta:
ti e eu somos dous!...
E o sapo, choroso,
cantaba: - Cro, cro!

Soliños estamos entrambos na terra,
mais nela un buraco ti encontras e eu non;
a ti non te morden os ventos da serra,
e a min as entrañas e os osos me ron.

Ti, nado nos montes, nos montes esperas,
decote cantando, o teu término ver;
eu, nado entre os homes, durmindo entre as feras;
e morte non acho, si quero morrer.

Xa tocan. .. Recemos,
que din que hai Deus!...
El reza, e o sapo
cantaba: - Cro, cro!

A noite cerraba, e o raio da lúa
nos lívidos cumes comeza a brillar;
corisco que tolle nos albores brúa
e escóitase ó lonxe o lobo ouvear.

O pobre do vello, cos anos cangado,
ergueuse da pedra e o pao recadou;
virou para os ceos o puño pechado
e cara ós touzais rosmando marchou. ..

Cos ollos seguíndoo
na escura extensión,
o sapo quedouse
cantando: -Cro, cro!

Verxión en castelán




NOCTURNO


De la aldea lejana humeaban las tejas;
detrás de los peñascos se va poniendo el sol
retornan de los campos con la noche las ovejas
mordisqueando en las orillas el césped tierno.

Un viejo, apoyándose en un palo de aladierna,
el monte atraviesa hacia el pinar.
Va cansado; una piedra encontró en el camino
y en ella se sentó para alientos tomar.

-¡Ay! -dijo-, que triste,
que triste yo estoy!­
Y un sapo, que lo oía,
repuso: -¡Cro, cro!

¡Las almenas tocan!... Tal noche como esta
se me quemó la casa, me murió la mujer
me ardió la yunta en la cuadra, y la yegua,
en la tierra la semilla se echó a perder.

Vendí para los impuestos viñedos y huertas
y voy por el mundo desde entonces a pedir;
pero cuando no encuentro cerradas las puertas,
los perros me salen a ellas y me hacen huir

¡Canta, sapo, canta:
tu y yo somos dos!...
Y el sapo, lloroso,
cantaba: -¡ Cro, cro!

Solitos estamos los dos en la tierra,
pero en ella un agujero tu encuentras y yo no;
a ti no te muerden los vientos de la sierra,
y a mí las entrañas y los huesos me roen.

Tu, nacido en los montes, en los montes esperas,
diariamente cantando, tu término ver;
yo, nacido entre los hombres, durmiendo entre las fieras;
y muerte no hallo, sí quiero morir.

Ya tocan. ... Recemos,
¡que dicen que hay Dios!...
Él reza, y el sapo
cantaba: - Cro, cro!

La noche cerraba, y el rayo de luna
en las lívidas cumbres comienza a brillar;
el frío de la noche que paraliza en los albores brama
y se escucha a lo lejos el lobo aullar.

El pobre viejo, con los años agobiado,
se irguió de la piedra y el palo recogió;
giró hacia los cielos el puño cerrado
y hacia las robledas refunfuñando marchó. ..

Con los ojos siguiéndolo
en la oscura extensión,
el sapo se quedó
cantando: -Cro, cro!




Verxión orixinal
NOUTURNIO

Da aldea lexana fumegan as tellas;
detrás dos petoutos vai póndose o sol
retornan prós eidos coa noite as ovellas
tiscando nas beiras o céspede mol.

Un vello, arrimado nun pan de sanguiño,
o monte atravesa de cara ó pinar.
Vai canso; unha pedra topou no camiño
e nela sentouse pra folgos tomar.

-¡Ai! -dixo-, ¡que triste,
que triste eu estou!­
I on sapo, que o oía,
repuxo: -¡Cro, cro!

¡Ás ánemas tocan!... Tal noite como esta
queimóuseme a casa, morreume a muller
ardeume a xugada na corte, i a besta,
na terra a semente botouse a perder.

Vendín prós trabucos bacelos e hortas
e vou polo mundo de entón a pedir;
mais cando #blgtk08#non topo pecháda-las portas,
os cans sáienme a elas e fanme fuxir

Canta, sapo, canta:
¡ ti e eu somos dous!...
I o sapo, choroso,
cantaba: -¡ Cro, cro!

Soliños estamos antrambos na terra,
mais nela un buraco ti alcontras i eu non;
a ti non te morden os ventos da serra,
i a min as entranas i os osos me ron.

Ti, nado nos montes, nos montes esperas,
decote cantando, teu térmeno ver;
eu, nado entre os homes, dormento entre as feras;
e morte non acho, si quero morrer.

Xa tocan. .. Recemos,
¡que dicen que hai Dios!...
El reza, i o sapo
cantaba: -¡ Cro, cro!

A noite cerraba, i o raio da lúa
nas lívidas cumes comenza a brilar;
curisco que tolle nos álbores brúa
i escóitase ó lexos o lobo oubear.

O probe do vello, cos anos cangado,
ergueuse da pedra i o pau recadou;
virou para os ceos o puño pechado
e cara ós touzales rosmando marchou. ..

Cosollos seguíndoo
na escura estensión,
o sapo quedouse
cantando: -¡Cro, cro!



jueves, 23 de julio de 2009

O mellor enxoval da vida




Di Cicerón en "Lelio, da amizade".

...Aínda que me estraña que con aquela soberbia e insolencia súa puidese ter a alguén coma amigo. E do mesmo modo, que dixen, que o seu carácter non puido proporcionarlle verdadeiros amigos, así
a riqueza de moitos poderosos exclúe as amizades FIEIS. Pois non só a Fortuna é cega ela mesma, senón xeralmente fai cegos tamén a aquel a quen a abrazou; e así case sempre se deixan levar polo desdén e a arrogancia e nada hai máis intolerable que un necio afortunado. E isto pode verse en moitos que antes eran dun carácter afable e que, co mando, o poder e a prosperidade, cambian: AS ANTIGAS AMIZADES SON DESPREZADAS POR ELES E ENTRÉGANSE ÁS NOVAS.
Pero que máis necio que, como poden moito polas riquezas, recursos, influencias, procuran as demais cousas que son procuradas con cartos, serventes, vestidos magníficos, vasos preciosos e non procuran amigos, por dicir así, o mellor enxoval da vida e o máis fermoso?.



Versión orixinal (Lelio, De amicitia (XV)
54.- Quamquam miror, illa superbia et importunitate si quemquam amicum habere potuit. Atque ut huius, quem dixi, mores veros amicos parare non potuerunt, sic multorum opes praepotentium excludunt amicitias fideles. Non enim solum ipsa Fortuna caeca est sed eos etiam plerumque efficit caecos quos complexa est; itaque efferuntur fere fastidio et contumacia nec quicquam insipiente fortunato intolerabilius fieri potest. Atque hoc quidem videre licet, eos qui antea commodis fuerint moribus, imperio, potestate, prosperis rebus immutari, sperni ab iis veteres amicitias, indulgeri novis. 55.- Quid autem stultius quam, cum plurimum copiis, facultatibus, opibus possint, cetera parare, quae parantur pecunia, equos, famulos, vestem egregiam, vasa pretiosa, amicos non parare, optimam et pulcherrimam vitae, ut ita dicam, supellectilem?
...

martes, 21 de julio de 2009

Quen se atreve a interpretar os soños de Ovidio?



Era de noite; o sono pechou os meus ollos fatigados,
e tales visións sementaron o terror no meu ánimo.
Na aba dun monte mirando cara ao Mediodía
había un sacro bosque cuberto de aciñeiras,
en cuxas pólas refuxiábanse innumerables aves;
ao pé estendíase un prado rebordante de verdor,
humedecido polo dioivo sonoro dun pequeno regato.

Quixen defenderme da calor baixo a sombra das árbores,
pero ata ao abrigo das súas pólas sentíame sufocado.
De súbito, pacendo as herbas coas flores silvestres,
destacouse ante a miña vista unha tenreira máis branca
que a neve cando acaba de caer e non tivo aínda
tempo de converterse en líquidos dioivos, e máis que
a escuma buliciosa do leite da ovella no momento de
ser muxida. Un touro acompañábaa, o seu feliz esposo;
recostase xunto a ela no brando chan, e mentres tendido
rumía lentamente as herbas que lle devolvía o estómago
e aliméntase de novo co xa pastado, o soño vén de súpeto
a quitarlle as forzas e deixa caer en terra a súa cabeza,
temida polos cornos.

Entón un corvo curta os aires con rápidas ás;
chega a pousarse, grallando, sobre a verde alfombra, e afunde tres veces
o seu insolente bico no peito da branca tenreira,
arrincándolle tiras como a mesma neve. A tenreira,
indecisa un intre, abandona por fin o prado e ao touro,
levando no albo peito o sinal dunha mancha negra,
e así que ve de lonxe o seu rabaño nos pracenteiros pastos, pois
máis lonxe pastaban as viciosas herbas, corre
apresurada a mesturarse entre o rabaño e busca
o sustento nun chan máis fértil.

Ea, dime, intérprete dos pesadelos nocturnos,
sexas quenqueira, se entrañan algo verdadeiro,
que significan estas visións? Así lle preguntei, e,
así me contestou o intérprete dos soños da noite,
reflexionando con detención sobre estas aparicións:

«A calor que pretendías evitar co toldo das móbiles follas,
sen conseguilo, era o lume do teu sangue; a vaca era a túa amada;
a branca cor convenlle como a ningunha,
e ti o touro que seguía as súas pegadas;
o corvo que afundiu o agudo bico no seu peito
é unha vella terceira que pretende corromper a súa disposición;
a vaca que abandonou ao touro significa a indiferenza
con que te abandona no teu leito solitario,
e a lividez e as negras manchas advertidas no seu
peito revelan a torpeza do adulterio que deshonra á túa amada.»

Así dixo o intérprete; palidéceo o meu rostro, falto de sangue,
e nos meus ollos reinou unha sombría noite.





Ovido, Amores (III, V)

'Nox erat, et somnus lassos submisit ocellos;
terruerunt animum talia visa meum:
Colle sub aprico creberrimus ilice lucus
stabat, et in ramis multa latebat avis.
area gramineo suberat viridissima prato,
umida de guttis lene sonantis aquae.
ipse sub arboreis vitabam frondibus aestum-
fronde sub arborea sed tamen aestus erat-
ecce! petens variis inmixtas floribus herbas
constitit ante oculos candida vacca meos,
candidior nivibus, tunc cum cecidere recentes,
in liquidas nondum quas mora vertit aquas;
candidior, quod adhuc spumis stridentibus albet
et modo siccatam, lacte, reliquit ovem.
taurus erat comes huic, feliciter ille maritus,
cumque sua teneram coniuge pressit humum.
Dum iacet et lente revocatas ruminat herbas
atque iterum pasto pascitur ante cibo,
visus erat, somno vires adimente ferendi,
cornigerum terra deposuisse caput.
huc levibus cornix pinnis delapsa per auras
venit et in viridi garrula sedit humo,
terque bovis niveae petulanti pectora rostro
fodit et albentis abstulit ore iubas.
illa locum taurumque diu cunctata relinquit--
sed niger in vaccae pectore livor erat;
utque procul vidit carpentes pabula tauros--
carpebant tauri pabula laeta procul--
illuc se rapuit gregibusque inmiscuit illis
et petiit herbae fertilioris humum.
Dic age, nocturnae, quicumque es, imaginis augur,
siquid habent veri, visa quid ista ferant.'
Sic ego; nocturnae sic dixit imaginis augur,
expendens animo singula dicta suo:
'Quem tu mobilibus foliis vitare volebas,
sed male vitabas, aestus amoris erat.
vacca puella tua est--aptus color ille puellae;
tu vir et in vacca conpare taurus eras.
pectora quod rostro cornix fodiebat acuto,
ingenium dominae lena movebat anus.
quod cunctata diu taurum sua vacca reliquit,
frigidus in viduo destituere toro.
livor et adverso maculae sub pectore nigrae
pectus adulterii labe carere negant.'
Dixerat interpres. gelido mihi sanguis ab ore
fugit, et ante oculos nox stetit alta meos.

lunes, 20 de julio de 2009

Boa Viaxe Frank McCourt



O escritor Frank McCourt, gañador dun Premio Pulitzer en 1997 polas "Cinzas de Ánxela (Angela's Ashes), faleceu este domingo aos 78 anos de idade.


As Cinzas de Anxela ten unha maxia que atrapa. McCourt inscríbese nun realismo cruel e descarnado emparentado con Dickens. Sen dispositivos de tempo nin espazo, narra linealmente os sucesos da súa infancia e adolescencia e rescátaos da súa memoria sesenta anos despois.Con este libro é como se quixera liberar as vellas pantasmas.

O segundo parágrafo do libro é o seu mellor resumo: "Cando rememoro a miña nenez pregúntome como sobrevivín. Foi, claro, unha infancia miserable: a infancia feliz dificilmente vale a pena para ninguén. Peor que a infancia miserable común é a infancia miserable irlandesa, e peor aínda é a infancia miserable católica irlandesa".

É un dos libros dos que despois de varios anos de lelo aínda conservo fresco na miña memoria.
Grazas Frank McCourt por escribilo.

viernes, 17 de julio de 2009

Que o demo me leve!!!


imaxe tomada da rede


Cóntanos Curros que estando Deus se saber en que matar o tempo, farto de estar só, cavilando sempre como forxar cadeas, traballos e mandar pestes; non encontraba a razón e a causa de que tan poucas almas entrasen pola porta do ceo.
Saíu dar un paseo para esparexerse un pouquiño e así aliviar os achaques que tiña por culpa da idade, pero cansou axiña e tivo que sentar por riba das nubes e entón asomou a fronte para buscar a terra, e así matar un pouco o tempo.

-Carráspeta!
-dixo falando entre dentes-: Se dou con ese mundo, que o demo me leve!.


Pero atópao, e de alí a pouco puxose branco coma neve ao ver un vulto que nun principio non sabía se era un home ou un verme. Ao fixarse mellor viu que era un ventre envolvido en ricas sedas de Oriente, sentado nun trono, soltando saudables arrotos e recollendo os presentes dos seus escravos da terra, e se había alguén que se neguese a darlle o diñeiro, aínda que parece mudo, a veces fala:
-" Pauliña no herexe!"


Entón o herexe é borrado da lista da xente
.


Ao ver este monstro Deus dixo
: -Bah, bah!... Se "ti es Petrus," que o demo me leve!.


Mirando cara outro lado viu coma a multitude esperaba que o verdugo cumprise a sentenza dos xuíces, ve como chega a vítima, e pensou: quizais é un imbécil, quizais naceu tolo, quizais é inocente!..tal vez fose mellor que matalo, (que a morte é un berce onde o home, gran neno descansa sempre) sería mellor metelo no fondo de catro paredes, ou preso a unha argola que a terra o suxeite, mandalo abrir montes e furar túneles, dicíndolle:
-"Sofre traballa e mantente, e a liberdade chora que non quixeches."


El cre que non é preciso que morra o que peque, pois o criminal morre... e o crime repítese.


Parvo ao ver tanto escándalo, Deus dixo entre dentes:-Se isto che é xustiza que o demo me leve!.


Non lonxe de alí viu aos labregos, un fato miserento, mal mantidos que en vez de homes parecen pantasmas, traballan sen folgos un chan que non é deles e o froito que recollen pérdeno en mans dos poderosos e ao final quédanse sen pan para os fillos nin gran para semente...

Os ricos din que as leis son feitas para protexer aos pobres pero Deus ao ver o que acontece di:
-Que leis, nin que raios! se valen tres pitos, que o demo me leve!.


Segue a mirar e ve como como homes que se deitan coma mendigos e érguense coma marqueses, soldados covardes chegan a xefes e morren sen gloria os que en realidade son heroes, pasan por honrados os que non teñen honra, pasan por santos os galopíns e soben aos altares , e ve coma outros compran o ceo con cartos.


Vendo todo isto, Deus dixo contra o seu chaleco: -Se che outra vin nunca que o demo me leve!.


Comezou a darlle noxo tantas desfeitas e buscando outras cousas encontrou malos gobernos, que medran e engordan grazas a suor do pobo; cregos que predican feroces coma cans co "fusil" ao lombo, ricos que rouban, mociños que arruínan aos seus pais, homes e mulleres que pasan fame, nenos que morren por non ter que comer e que nunca saberán ler, mulleres escravizadas..., en fin...,

cantas cousas que non deben verse!,


Deus, arrepiado e persignándose, deuse conta porque tan poucas almas entraban no ceo e o inferno estaba cheo.
Meteuse na gloria dicindo entre dentes:

-Se eu fixen tal mundo que o demo me leve!.



É unha poesía que se titula "Mirando ó chau" que se encontra dentro de "Aires da miña terra" (1880) de Curros Enríquez.
Neste libro expresa o seu compromiso contra toda clase de inxustizas. Por motivo do contido desta obra, o bispo de Ourense publicou un edito condenando o libro de Curros por conter proposicións heréticas, blasfemas e escandalosas. O xulgado ordenou o secuestro dos exemplares en poder do editor, os moldes foron destruídos, e Curros foi procesado por delito contra o libre exercicio da relixión. Foi condenado en Ourense e absolto na Coruña.

martes, 14 de julio de 2009

A creación do home segundo Ovidio




Faltaba aínda un ser vivo máis nobre que aqueles,
Deerat adhuc animal sanctius his


máis capaz e de espírito elevado e que puidese gobernar aos demais.

capacius mentisque altea et quod posset dominari in cetera


Naceu o home, ao mellor fíxoo coa súa divina semente o creador das cousas,

Natus est homo; sive hunc fecit divino semine ille opifex rerum,

embrión dun mundo mellor, ou quizais a terra recente separada
origo mundi melioris, sive tellus recens seductaque


hai pouco do profundo éter retiña as sementes do seu parente ceo;

nuper ab alto Aethere retinebat semina cognati caeli


Xapeto mesturándoa con augas pluviais modelouna a imaxe dos deuses

Iapeto satus mixtam undis pluvialibus quam finxit in effigiem deorum


que dirixen todas as cousas, como mirasen inclinados cara a terra os demais seres vivos,

moderantum cuncta, cum spectent prona terram cetera animalia


deu ao home un rostro altivo e ordenoulle mirar cara o ceo

dedit homini os sublime (-que) iussit videre caelum


e levantar a cara dirixida aos astros. Así, a terra, que había pouco fora ruda e sen imaxe,

et tollere vultus erectos ad sidera. Sic, tellus, quae modo fuerat rudis et sine imagine


transformada levou por riba dela as descoñecida
s figuras dos homes.
conversa induit ignotas figuras hominum



Versión orixinal (Metamorfose I (75-88)
Sanctius his animal mentisque capacius altae
deerat adhuc et quod dominari in cetera posset:
Natus homo est, sive hunc divino semine fecit
ille opifex rerum, mundi melioris origo,
sive recens tellus seductaque nuper ab alto 80
aethere cognati retinebat semina caeli;
quam satus Iapeto, mixtam pluvialibus undis,
finxit in effigiem moderantum cuncta deorum,
pronaque cum spectent animalia cetera terram,
os homini sublime dedit caelumque videre
iussit et erectos ad sidera tollere vultus:
sic, modo quae fuerat rudis et sine imagine, tellus
induit ignotas hominum conversa figuras.

lunes, 13 de julio de 2009

Deucalión e Pirra II (365-415)





Rubens, Museo do Prado.
Representa o mito, no momento en que van aparecendo as novas parellas, das pedras lanzadas por Deucalión e Pirra.



Deucalión e Pirra Parc del Laberint d’Horta en Barcelona, Cataluña.

(Todas as imaxes foron tomadas da rede)



unc genus in nobis restat mortale duobus.
sic visum superis: hominumque exempla manemus!

(Agora a especie mortal queda en nós os dous (así pareceu ben aos deuses) e quedamos como exemplo dos humanos!)

...Isto dixera, e choraban. Pareceulles ben rezar ás deidades celestiais e buscar axuda por medio dos oráculos sagrados. Sen demora algunha acoden xuntos ás augas do Céfiso, que aínda non estaban transparentes, en cambio fendendo xa os leitos coñecidos.

Despois de esparexer as libadas augas polos seus vestidos e pola cabeza, dirixen os seus pasos cara o santuario da sagrada deusa, cuxo teitume estaba descolorido a causa do sucio brión e cuxos altares estaban aínda en pé pero sen lume. Cando chegaron a carón dos chanzos do templo, ambos os dous axeonlláronse no chan e temblorosos bicaban a fría pedra e así dixeron: "Se as deidades se abrandan vencidas por xustas preces, se decae a ira dos deuses, di, Temis, por que causa non pode refacerse a nosa especie?, e concede axuda a canto se viu mergullado, oh ti piadosísima!".


A deusa conmoveuse e deulles un oráculo: "Afastádevos do templo e cubride a cabeza, desatade as vosas vestimentas cinguidas, lanzade tras as vosas costas os ósos da gran nai".


Calaron un bo anaco e foi Pirra a primeira que falou e rexeitou obedecer os mandatos da deusa e pídelle con rostro atemorizado lle conceda dispensa, pois teme ultraxar as sombras maternas se tiraba os seus ósos. Seguen a reconsiderar as palabras do oráculo da deusa, escuras de cegos enigmas, entre os dous danlle voltas interiormente. Entón o fillo de Prometeo tranquilizou con doces palabras a filla de Epimeteo dicíndolle: "Ou a intelixencia me é enganosa ou píos son e ningunha impiedade aconsellan os oráculos! a gran nai é a terra; opino que as pedras coñécense como os ósos do corpo da terra; mándasenos que as tiremos tras as costas".


Aínda que a filla do Titán se conmoveu polo augurio do seu marido, non obstante a esperanza está na dúbida, ata tal punto ambos desconfían das instrucións celestiais. Pero que prexudicará probar? (sed quid temptare nocebit?). Afástanse e cobren a cabeza e desatan as súas túnicas e lanzan as pedras prescritas tras os seus pasos.


As rochas (quen o crería se non estivese a antigüidade por testimuña?) comezaron a perder a súa dureza e a súa rixidez e abrandándose lentamente e abrandadas comezaron a tomar forma. Medran inmediatamente e van tomando unha nova natureza máis suave, incerta, que semella certa forma de home, pero como se fose de mármore, aínda non perfilada, moi semellante a estatuas imperfectas. Agora ben, todo a que naquelas pedras había de húmido ou tiña algún zume ou era de terra converteuse en carne para formar o corpo; o que é sólido e non pode dobrarse transfórmanse en ósos; o había pouco foi vena, permaneceu baixo o mesmo nome, e axiña as pedras lanzadas por divina vontade polas mans do home toman aspecto de homes, e das que lanzara a muller formouse a muller. E por isto que somos unha raza dura e capaz de esforzos e damos probas de cal é a orixe da que nacemos.



Dixerat, et flebant: placuit caeleste precari
numen et auxilium per sacras quaerere sortes.
Nulla mora est: adeunt pariter Cephesidas undas,
ut nondum liquidas, sic iam vada nota secantes. 370
Inde ubi libatos inroravere liquores
vestibus et capiti, flectunt vestigia sanctae
ad delubra deae, quorum fastigia turpi
pallebant musco stabantque sine ignibus arae.
Ut templi tetigere gradus, procumbit uterque
pronus humi gelidoque pavens dedit oscula saxo
atque ita 'si precibus' dixerunt 'numina iustis
victa remollescunt, si flectitur ira deorum,
Dic, Themi, qua generis damnum reparabile nostri
arte sit, et mersis fer opem, mitissima, rebus!' 380
Mota dea est sortemque dedit: 'discedite templo
et velate caput cinctasque resolvite vestes
ossaque post tergum magnae iactate parentis!'
obstupuere diu: rumpitque silentia voce
Pyrrha prior iussisque deae parere recusat,
detque sibi veniam pavido rogat ore pavetque
laedere iactatis maternas ossibus umbras.
Interea repetunt caecis obscura latebris
verba datae sortis secum inter seque volutant.
Inde Promethides placidis Epimethida dictis 390
mulcet et 'aut fallax' ait 'est sollertia nobis,
aut pia sunt nullumque nefas oracula suadent!
magna parens terra est: lapides in corpore terrae
ossa reor dici; iacere hos post terga iubemur.'
Coniugis augurio quamquam Titania mota est,
spes tamen in dubio est: adeo caelestibus ambo
diffidunt monitis; sed quid temptare nocebit?
descendunt: velantque caput tunicasque recingunt
et iussos lapides sua post vestigia mittunt.
Saxa (quis hoc credat, nisi sit pro teste vetustas?) 400
ponere duritiem coepere suumque rigorem
mollirique mora mollitaque ducere formam.
Mox ubi creverunt naturaque mitior illis
contigit, ut quaedam, sic non manifesta videri
forma potest hominis, sed uti de marmore coepta
non exacta satis rudibusque simillima signis,
quae tamen ex illis aliquo pars umida suco
et terrena fuit, versa est in corporis usum;
quod solidum est flectique nequit, mutatur in ossa,
quae modo vena fuit, sub eodem nomine mansit, 410
inque brevi spatio superorum numine saxa
missa viri manibus faciem traxere virorum
et de femineo reparata est femina iactu.
Inde genus durum sumus experiensque laborum
et documenta damus qua simus origine nati.