martes, 1 de septiembre de 2009

O camiñante



Este si que é un tomatazo. Saía o outro día na Galega unha muller que tiña tomates de 800 gr na horta, dicía que era grazas ao esterco de galiña e de coello. Está clariño que é moito mellor o do Khalil e o do Morocho, aquí está a proba.



As primeiras abelás.


Aí vai unha de F. Nietzsche

A través da noite o camiñante

a bo paso camiño vai adiante,

e vai deixando atrás sen pesadume

o fondo val, o escarpado cume.

A noite é bela, pero que lle importa?

Por nada o seu lixeiro paso acurta,

aínda que non saiba, pobre peregrino,

onde o ha de levar o seu camiño.

De súpeto unha ave canta. Oh, ave, dime:

Que é o que fas? Di, por que me oprime

a túa voz o meu corazón e detesme?

Dime por que derramas nas miñas tempas

ese sopor tan doce que así liga

os meus sentidos e, oíndote, obrígame

a suspender a miña marcha. A que me chamas

co teu chiar, oculto entre as ramas?

O bo paxaro cala, e di así:

Non, camiñante; non te chamo a ti;

desde este cume, en trémulos gurgullos

a femia chamando estou dos meus desexos.

Que che importa? Soñando sempre nela,

para min non só é a noite bela.

Que che importa? No mundo sempre errante,

non te has de deter un só instante.

Aínda inmóbil estás? Ai, peregrino!

Que se che dá do meu cantar divino?

Calou o bo paxaro e pensou para si;

Que lle importa a miña doce melodía?

Que fai aquí

sen moverse aínda?

Non te deteñas, pobre camiñante;

Sempre adiante vai, sempre adiante.
Versión en castellano

F. Nietzsche: El caminante

A través de la noche el caminante

a buen paso camino va adelante,

Y va dejando atrás sin pesadumbre

el hondo valle, la escarpada cumbre.

La noche es bella, pero ¿qué le importa?

por nada su ligero paso acorta,

aunque no sepa, pobre peregrino,

a donde ha de llevarle su camino.

De pronto un ave canta. Oh, ave, dime:

¿Qué es lo que haces? Dí, ¿por qué me oprime

tu voz mi corazón y me detienes?

Dime por qué derramas en mis sienes

ese sopor tan dulce que asi liga

mis sentidos y, oyéndote, me obliga

a suspender mi marcha. ¿A qué me llamas

con tu trinar, oculto entre las ramas?

El buen pájaro calla, y dice así:

No, caminante; no te llamo a ti;

desde esta cumbre, en trémulos gorjeos

la hembra llamando estoy de mis deseos.

¿Qué te importa? Soñando siempre en ella,

para mi solo no es la noche bella.

¿Qué te importa? En el mundo siempre errante,

no te has de detener un solo instante.

¿Aún inmóvil estás? ¡Ah, peregrino!

¿Qué se te da de mi cantar divino?

Calló el buen pájaro y pensó para si;

¿Qué le importa mi dulce melodía?

¿Qué hace aqui

sin moverse todavia?

No te detengas, pobre caminante;

siempre adelante ve, siempre adelante.


domingo, 30 de agosto de 2009

Vai parar isto algunha vez?


Para Laura

Ao fin apareceu o cadáver de Laura Alonso, os seus amigos e veciños levaban unha semana buscando polos montes de Toen e ao fin atoparon o que ninguén desexaba, o corpo da moza.

Aquí en Ourense, onde case todos nos coñecemos, polo menos de vista e que parece que nunca pode suceder nada do que escoitamos na tele que pasa acotío noutros lugares.

Din os xornais que detiveron a súa antiga parella. Como alguén pode matar a quen ama ou amou?

Que está ocorrendo? Que é o que está a pasar nesta sociedade, onde as vidas humanas xa non valen nada? Isto que está a pasar xa non é normal, todos os días morre unha muller dunha forma ou doutra pero sempre a mans dun home.

Hoxe dicíame unha das miñas fillas "mira, mamá, hoxe saír cun home é máis perigoso que xogar á ruleta rusa, as mulleres tiñamos que facernos un seguro de perigosidade cada vez que se nos achega un home".


E eu pregunto, xa non se pode fiar un de ninguén? Que é o que fai que un home se converta nun monstro?
Alguén sabe como se pode pór fin a todo isto???




Versión en castellano

Al final apareció el cadáver de Laura Alonso, sus amigos y vecinos llevaban una semana buscando por los montes de Toen y al final encontraron lo que nadie deseaba, el cuerpo de la chica.

Aquí en Ourense, donde casi todos nos conocemos, por lo menos de vista y que parece que nunca puede suceder nada de lo que escuchamos en la tele que pasa a todas horas en otros lugares.


Dicen los periodicos que detuvieron a su ex novio. ¿Cómo alguien puede matar a la persona que ama o amó?

¿Qué está ocurriendo? ¿Qué es lo que está a pasar en esta sociedad, donde las vidas humanas ya no valen nada?

Esto que está pasando ya no es normal, todos los días muere una mujer de una forma o de otra pero siempre a manos de un hombre.


Hoy me decía una de mis hijas "
mira, mamá, hoy salir con un hombre es más peligroso que jugar a la ruleta rusa, las mujeres teníamos que hacernos un seguro de peligrosidad cada vez que se nos acerca un hombre".

Y yo pregunto, ¿ya no se puede fiar uno de nadie? ¿Qué es lo que hace que un hombre se convierta en un monstruo?

¿¿¿Alguien sabe como se puede poner fin a todo esto???

viernes, 28 de agosto de 2009

Tanto e tanto nos odiamos


Ai peras da miña pereira!!!


Aí vai unha de Rosalia de Castro, Follas Novas, Libro 4º (Da Terra)


«Tanto e tanto nos odiamos,
tanto e tan mal nos quixemos que por non verme morriches, e desde que morriches alento. Mais agora tócame a min tamén, marchar; e di o crego que che perdoe, pois logo a xuntarnos volveremos. O crego volveuse tolo! xuntarnos!... nunca máis, penso; que se ti estas onda Deus eu penso ir xunto ao demo.»
Isto unha vella viúva,
e testana como un carneiro, falaba do seu defunto xa dos bichocos comesto; e en tanto que así falaba, tamén ela ía morrendo. Mais din que o defunto e ela atopáronse nos infernos man a man, e cobado a cobado como dous bos compañeiros.
—Conque estás aquí? díxo
lle entón a vella ao vello, pois voume a onde está Deus xa que ti estás onda o demo.

E sen saberse por onde
colleu dereitiña ao ceo; mais topou fechada a porta, que lla fechara San Pedro.

—Prum! ¡prum! abride, que son eu! falou a vella moi recio. —Non hai, respondeu o Apóstolo apertando o tarabelo. —Coida que xurei non estar onda el estea, meu San Pedro... —Non hai, repetiulle o Santo, índose inda máis a dentro. —Por vida das vosas chaves, que facedes un bo porteiro, e que roncades!... xa se ve... como estades satisfeito!.. Mais eu xurei, e Deus manda que un cumpra os seus xuramentos; a terceira vez!... abrides? —Nin ás tres nin aos trescentos, a muller vaia onda o home, ao inferno, anda ao inferno con el, por sempre xamais! —Poche! meu santo San Pedro, que ben deixas coñecer que andaches sempre ceibo, que nunca fuches casado nin na terra nin no ceo! todiñas as comenencias para vós quixestes, demo! e a min non me dás ningunha?... pois ves que eu tamén as quero. se aló con cadea andei en tela agora non penso, que todo coa morte acaba segundo predican os cregos. unha vez nos separamos, eu e o meu home, e por certo que foi para sempre... e, está dito!, pois son testana, se sodes testán. Que non me queres na gloria? pois xurei non ir ao inferno onde el está, e acabouse, e non hai que falar máis disto. Que habedes de facer de min? irei ao limbo dos nenos? Váiame! que estou deles ata a a punta dos cabelos. —¡Carafio, coa muller esta! dixo enfadado San Pedro, que se non fose por Deus... —Bah, señor, deixádevos diso e permíteme que pase... —Non, non e non. Caramelos! Fóra de aquí... e ¡pum! botouna dereitiño cara ao inferno. —Que o xurei! e o teño dito... berraba a vella... non entro. Señor, Señor... Sursum corda, aquí estou, e aquí me quedo. E quedouse, si, quedouse: onde? non se sabe certo, nin se foi porque a oíse Deus ou porque non a quixo o demo. Só se sabe, ben sabido, que anda nas ás do vento, metendo medo aos rapaces nas negras noites de inverno; encelando namorados, desfacendo casamentos, indispoñendo matrimonios... por que non a levou San Pedro? que agora anda ceiba e ben ceiba para meternos no inferno. Poñédelle a figa, mociñas, se queredes ter casamento, que onde ela estea, nin un home toparedes para un remedio.


Versión en castellano

«Tanto y tanto nos odiamos, tanto y tan mal nos quisimos que por no verme te moriste, y desde que moriste respiro. Pero ahora me toca a mí también, marchar; y dice el cura que te perdone, pues luego volveremos a juntarnos. ¡El cura está loco! ¡juntarnos!... ¡nunca más!, pienso; que si tu estás junto a Dios yo pienso ir junto al diablo.»

 
Esto una vieja viuda y terca como un carnero, hablaba de su difunto ya de los bichos comido; y mientras así hablaba, también ella se estaba muriendo. Pero dicen que el difunto y ella se encontraron en los infiernos mano a mano, y codo a codo, como dos buenos compañeros.

-¿Conque estás aquí? -le dijo entonces la vieja al verlo, pues me voy a donde está Dios puesto que tú estás junto al diablo?
Y sin saber por donde se marchó derechita al cielo; pero encontró cerrada la puerta, que se la había cerrado San Pedro.

-¡Prum! ¡prum! abrid, que son yo! habló la vieja muy fuerte.
-¡No hay! -respondió el Apóstol- asegurando la clavija.
-Piensa que juré no estar donde él esté, San Pedro...
No hay!- le repitió el Santo, yéndose aun más a dentro.
-Por la vida de vuestras llaves, que sois un bueno portero, y ¡qué roncais!... ya se ve... ¡cómo estáis de satisfecho!.. pero yo juré, y Dios manda que uno cumpla sus juramentos; ¡la tercera vez! ... ¿abrís?
-Ni a las tres ni a las trescientas, la mujer que vaya junto al hombre, ¡al infierno, vete al infierno con él, por siempre jamás!
-¡Por favor! mi santo San Pedro, que bien dejaste conocer que anduviste siempre libre, que nunca te casaste ni en la tierra ni en el cielo! toditas las conveniencias para vos quisisteis, ¡diablos! y a mí ¿no me das ninguna?...pues ya ves que yo también las quiero...Si allá con cadena anduve tenerla ahora no pienso, que todo con la muerte acaba según predican los curas. Una vez nos separamos, yo y mi hombre, por cierto que fue para siempre jamás... y ¡está dicho!, pues soy terca, si sois terco. ¿Qué no me quieres en la gloria? pues juré no ir al infierno donde él está, y se acabó, y no hay que hablar más de esto. ¿Qué vais hacer conmigo? ¿Iré al limbo de los niños?. ¡Vaya! que ya estoy de ellos hasta la punta de los cabellos?.
-¡Caramba, con la mujer esta!- dijo enfadado San Pedro, que si no hubiese sido por Dios...
-¡Bah!, señor, dejaros de eso y permíteme que pase...
-No, no y no. ¡Caramba! fuera de aquí... y ¡pum! la echó derechita hacia el infierno.
-¡Que lo juré! Ya se lo he dicho... -chillaba la vieja... no entro. Señor, Señor... "Sursum corda", aquí estoy, y aquí me quedo.

Y se quedó, sí, se quedó: ¿dónde? no se sabe cierto, ni sí fue porque la oyera o porque no la quiso el diablo. Sólo se sabe con certeza que está en las alas del viento, asustando a los niños, en las negras noches de invierno; encelando novios, deshaciendo casamientos, indisponiendo matrimonios... ¿por qué no la llevó San Pedro? que ahora está libre y bien libre para meternos en el infierno.
Ponedle la figa, mocitas, sí queréis tener casamiento, que donde ella esté, ningún hombre encontraréis para un remedio.









miércoles, 26 de agosto de 2009

PARA QUE SERVE O GALEGO?



Este video collino do blog http://www.blogoteca.com/acutareiradalaracha/index.php

martes, 25 de agosto de 2009

A bolboreta e o caracol




É caghadiña ao seu pai



Galescola por Galiña Azul, Ghaliña?, Pita?, Churra?. (Casares escribiu un CONTO con ese titulo ???????)

Os conselleiros de Educación e de Traballo din que “o cambio de imaxe era necesario para desideoloxizar e despolitizar (Ja,ja,ja...) as aulas".

Educación recoñece que estuda segregar por lingua.



Aí vai unha fábula de Samaniego


Aínda que te elevou a fortuna desde o lixo aos cornos da lúa, se falas, Fabio, ao humilde con desprezo tanto como es grande serás necio. Que! Irrítaste? Oféndete a miña linguaxe? «Non se fala dese modo a un personaxe.» Pois fai conta, señor, que non me oíches, e escoita a un Caracol. Vaia de chiste

Nun fermoso xardín, certa mañá,
púxose moi oufana
sobre a branca rosa
unha recen nada Bolboreta.
O sol resplandecente
desde o seu claro oriente
os raios espallaba;
ela, á súa luz, as ás estendía,
só porque envexasen as súas cores
manchadas aves e pintadas flores.
Esta frívola, vaidosa de beleza,
ao volver a cabeza,
viu moi preto de si, sobre unha póla,
a un pardo Caracol. A bela dama,
irritada, exclamou: «Como, groseiro,
ao meu lado te achegas? Xardineiro,
de que serve que teñas con coidado
o xardín cultivado,
e garde o teu desvelo
a rica froita do rigor do xeo,
e os tenros botóns das plantas,
se emporca e come todo canto plantas
este vil Caracol de baixa esfera?
Ou o matas ao instante, ou vaia fóra»

«Quen agora te oíse,
se non te coñecese,
respondeu o Caracol, na miña conciencia,
que puidese tremer na túa presenza.
Mais dime, miserable criatura,
que acabas de saír do lixo,
podes negar que aínda non hai catro días
que gustosa adoitabas
como humilde réptil andar comigo,
e eu facíache honra en ser o teu amigo?
non é tamén evidente
que es por liña recta descendente
das eirugas, pobres fiandeiras,
que, mirándose en coiros,
das súas tripas fiaban e tecían
un fardo, en que no inverno se metían,
como ti te metiches,
e aínda non hai catro días que saíches?
pois se esta foi a túa orixe e a túa casa;
por que a túa arroutada se excede
a desprezar a un caracol honrado?»

O que ten de vidro o seu tellado, isto logra de bo con tirar as pedradas ao alleo.




Versión en castellano

Galescola por Gallina Azul, Ghaliña?, Pita?, Churra?. (Casares escribió un CUENTO con ese título ????????)

Los "conselleiros" de Educación y de Trabajo dicen que "el cambio de imagen era necesario para desideoloxizar y despolitizar (Ja,ja,ja...) las aulas".

Educación reconoce que estudia segregar por lengua.


Una fábula de Samaniego

La mariposa y el caracol (versión original)

Aunque te haya elevado la fortuna desde el polvo a los cuernos de la luna, si hablas, Fabio, al humilde con desprecio tanto como eres grande serás necio. ¡Qué! ¿Te irritas? ¿Te ofende mi lenguaje? «No se habla de ese modo a un personaje.» Pues haz cuenta, señor, que no me oíste, y escucha a un Caracol. Vaya de chiste

En un bello jardín, cierta mañana,
Se puso muy ufana
Sobre la blanca rosa
Una recién nacida Mariposa.
El sol resplandeciente
Desde su claro oriente
Los rayos esparcía;
Ella, a su luz, las alas extendía,
Sólo porque envidiasen sus colores
Manchadas aves y pintadas flores.
Esta vana, preciada de belleza,
Al volver la cabeza,
Vio muy cerca de sí, sobre una rama,
A un pardo Caracol. La bella dama,
Irritada, exclamó: «¿Cómo, grosero,
A mi lado te acercas? Jardinero,
¿De qué sirve que tengas con cuidado
El jardín cultivado,
Y guarde tu desvelo
La rica fruta del rigor del hielo,
Y los tiernos botones de las plantas,
Si ensucia y come todo cuanto plantas
Este vil Caracol de baja esfera?
O mátale al instante, o vaya fuera.»
«Quien ahora te oyese,
Si no te conociese,
Respondió el Caracol, en mi conciencia,
Que pudiera temblar en tu presencia.
Mas dime, miserable criatura,
Que acabas de salir de la basura,
¿Puedes negar que aún no hace cuatro días
Que gustosa solías
Como humilde reptil andar conmigo,
Y yo te hacía honor en ser tu amigo?
¿No es también evidente
Que eres por línea recta descendiente
De las orugas, pobres hilanderos,
Que, mirándose en cueros,
De sus tripas hilaban y tejían
Un fardo, en que el invierno se metían,
Como tú te has metido,
Y aún no hace cuatro días que has salido?
Pues si éste fue tu origen y tu casa;
¿Por que tu ventolera se propasa
A despreciar a un caracol honrado?»

El que tiene de vidrio su tejado, esto logra de bueno con tirar las pedradas al ajeno.

miércoles, 19 de agosto de 2009

POBRIÑA DA TOLA!!!



Esta é a historia da ¡Pobriña da Tola! de Ramón Cabanillas. Na versión de Juan Pardo e Amancio Prada faltan algunhas estrofas. Eu aquí púxena enteira, aínda que tratei de que fose en "galego normativo".


Non teño parentes,
amores nin chouza, de aldea en aldea, parroquia en parroquia ando polo mundo arredada e soa, e xanto, cando atopo cunha almiña boa que polos seus mortos, bótame de esmola, a cunca do caldo e o anaco de broa.

Durmo nos camiños érgome coa aurora, lávome nas fontes de clara auga morna, e as noites que a lúa loce brilladora, como nun suspiro, paso as horas mortas mirando para ela, cantándolle coplas,
"Lúa, lúa
branca, como me namoras!

Todo o santo día, co sol ou coa choiva, dun lado para outro vou de porta en porta, e fuxindo aos mozos chea de vergoña, e aos cans que me ladran e os nenos que xogan tirándome pedras, chamándome tola, atraveso veigas, rubo corredoiras, e salto valados cubertos de roxas espiñas de estripos e ortigas traidoras, que me firen a carne e ráchanme a roupa...
a roupa dos probes,
que nunca foi nova!.


Cando camiñando
paso polas hortas a tempo que a xente turra de espiocha ou cava patacas ou planta cebolas, sempre hai un que diga:
-A onde vas Rosa?

E eu que non quero
andar con parolas nin que ninguén, ninguén, saiba as miñas cousas, nin de min se burle nin veña con cholas, sen faltar á crianza mándoo facer moitas...
-Demo de xudeu! A ti que che importa? Tes ganas de leria? Pois chama por outra!

E, sen máis palique, vírome as costas; mais ben me percato, facéndome a xorda, que queda dicindo:
Pobriña da tola!

É de Santa Baia, do lugar de Rozas, preto dos casares, que din de Revolta. Quedou pequeniña en poder da avoa que ao morrer deixoullea casa e mellora.Coñecín aos pais; dúas boas persoas, non deprezando, ninguén que me escoita!. A nena criouse coma unha señora, facendo parella co nome de Rosa. Coa vida que leva, xa vedes! á forza, ten que estar cativa e hoxe non fai proba,pero nos seus tempos... foivos unha moza!

Acórdome un ano que pola Pastora, coa cara cereixa de fresca e de roiba, o cabelo en trenzas de cor das amoras cun aderezo de ouro arredor da gorxa, de dengue e mantelo, mesmo daba gloria! todo o señorío facíalle roda!


Nunca ela, coitada, tan bonita fora!

O conto é que un fillo, bo mozo! da dona do pazo da Gándara, andoulle ás voltas,e fala que fala e chola e máis chola, a pedra abrandouse e ao fin namorouna. Pero quixo o demo, (que ese nunca folga) que a nai se enterase; e o rapaz por boas ou malas, que o certo inda non se conta, de noite á mañá saíu da parroquia.
As cousas do mundo!
O triste da historia foi que o mozo ao irse deixouna sen honra, e entroulle á rapaza peniña tan fonda que do paridoiro,
máis valera morta!,
subíuselle o ramo...
e volveuse tola!


Eu non sei se falan de min ou de outra e río cando ouso contar esas cousas. Eu non me recordo... Bah, quen se recorda! Mais eu non acerto que ten esa historia
que, cando contala, tristeiros escoitan, namentres eu saio correndo da horta, os homes salaian, e as vellas e as mozas, co mandil nos ollos, doloridas choran, dicindo en voz baixa...
Probiña da tola!
Que Deus nos aparte dunha mala honra!



E non é verdade, abofé estou corda! Se a xente soubera que vivo na gloria! Se dos meus segredos caeran na conta!



Cando a noite cobre o pinal de sombras, dúrmome nun leito de fiúnchos e follas, e a pouco esperto, e vexo unha pomba que baixa do ceo, voa que revoa, e vén no meu colo pousarse, e mimosa, rúbeseme o peito e bícame na boca, fálame dos anxos, da Nosa Señora, e da nai querida que chorando roga para que deste mundo de penas recollan e leven xunto a ela a filla que adora.

E todas as noites, vén a branca pomba, e comigo fala, e comigo xoga. Até que alumeando o pinal a aurora, rube cara ao ceo, voa que revoa!
Por iso me río, cando, meigas fora! a xente do mundo que di que está corda murmura ao toparme...
Probiña da tola!




Versión en castellano

Esta es la historia de ¡Pobriña da Tola! de Ramón Cabanillas. En la versión de Juan Pardo y Amancio Prada faltan algunas estrofas. Yo aquí la puse entera.


No tengo parientes, amores ni bienes, de aldea en aldea, parroquia en parroquia voy por el mundo apartada y sola, y almuerzo, cuando encuentro con un alma buena que por sus muertos me echa una limosna, el tazón de caldo y el trozo de borona.

Duermo en los caminos, me levanto con la aurora, me lavo en las fuentes de clara agua tibia, y las noches que la luna luce resplandeciente, como en un suspiro, paso las horas muertas mirando para ella, cantándole coplas.

"Luna, luna blanca,
¡cómo me enamoras!

Todo el santo día, con sol o con lluvia, de un lado para otro voy de puerta en puerta, huyendo de los mozos llena de vergüenza, de los perros que me ladran y de los niños que juegan tirándome piedras, llamándome loca. Atravieso vegas, subo empinadas cuestas, y salto vallados cubiertos de rojos pinchos de espinos y ortigas traidoras, que me hieren la carne y me rompen la ropa...

La ropa de los pobres,
¡qué nunca fue nueva!

Cuando caminando paso por las huertas al mismo tiempo que la gente tira de la azada o cava patatas o planta cebollas, siempre hay quien diga:

-¿A dónde vas Rosa?

Y yo que no quiero dar conversación ni que nadie, nadie, sepa mis cosas, ni de mí se burle ni venga con bromas, sin faltar al respeto le mando a hacer muchas...


-¡Diablo de judío!
¿A ti qué te importa?
¿Tienes ganas de lío?
¡Pues llama a otra!

Y, sin más palique,dando la espalda; me doy cuenta, haciéndome la sorda, que quedan diciendo:


¡Pobrecita la loca!

"Es de Santa Baia, del lugar de Desbroces cerca de las casas que dicen de Revuelta. Se quedó pequeñita, al cuidado de la abuela que al morir le dejó casa y hacienda. Conocí a los padres, dos buenas personas, no despreciando ¡a nadie que me escucha! La niña se crió como una señora, haciendo pareja con el nombre de Rosa. Con la vida que lleva, ¡ya veis! a la fuerza tiene que estar en la pobreza y esto es la prueba, pero en otros tiempos...
¡fue una moza!

Recuerdo un año que por la Pastora, con su cara de cereza, fresca y colorada, el cabello en trenzas de color de las zarzamoras con un adorno de oro alrededor del cuello, de dengue y delantal,
incluso ¡daba gloria!
¡Todo el señorío la rodeaba!


¡Nunca ella, pobre,
tan bonita había estado!

El cuento es que un hijo ¡buen mozo! de la dueña del pazo de la Gándara le estuvo rondando y habla que habla y broma y más broma, la piedra se ablanda y al fin la enamora.

Pero quiso el demonio, (que ese nunca descansa) que la madre se enterase; y el mozo por las buenas o por las malas, la verdad aún no se cuenta, sin avisar marchó de la aldea.


¡Las cosas del mundo!

Lo triste de la historia es que el joven al irse la dejó sin honra, y le entró a la moza una pena tan honda que del parto

¡Mejor estaría muerta!

se le subió "el ramo"...

¡y se volvió loca!

Yo no sé si hablan de mí o de otra y río cuando oigo contar esas cosas.


Yo no me acuerdo... ¡Bah, quien se acuerda! Pero yo no acierto qué tiene esa historia que, cuando la cuentan, tristes escuchan, mientras yo salgo corriendo de la huerta, los hombres suspiran, y las viejas y las mozas, con el mandil en los ojos, doloridas lloran, diciendo en voz baja...

¡Pobrecita la loca!
¡Qué Dios nos aparte de una mala honra!

Y no es verdad ¡Claro que estoy cuerda!

¡Si la gente supiese que vivo en la gloria!

¡Si de mis secretos se hubiesen dado cuenta!

Cuando la noche cubre el pinar de sombras, me duermo en un lecho de hinojos y hojas, y al poco tiempo despierto, y veo una paloma que baja del cielo, vuela que revuela, y viene a mi regazo a posarse, y mimosa, sube por el pecho y me besa en la boca, me habla de los ángeles, de Nuestra Señora, y de la madre querida que llorando ruega para que de este mundo de penas recojan y lleven junto a ella la hija que adora.

Y todas las noches, viene la blanca paloma, y conmigo habla, y conmigo juega. Hasta que iluminado el pinar por la aurora, sube hacia el cielo

¡vuela que revuela!

Por eso me río, cuando, ¡meigas fuera!, la gente del mundo que dice que está cuerda murmura al encontrarme...

¡Pobrecita la loca!

martes, 18 de agosto de 2009

A rosa que sangra





Ramón Cabanillas (Cambados 1876-1959)

A alma é unha roseira
florecida, acugulada(1)
de rosiñas vermellas
e de rosiñas brancas


Alegrías e penas
son o vento que pasa;
ás veces como un bico
ás veces treboada
(2)

Unha bágoa que xorde(3)
un riso que estala ...
son rosiñas que caen
(4)
da roseira da alma(5)!

Miña nai que me arrola,

un amor que me chama,
a estreliña da gloria
no carreiro da esperanza(6)...

Cando a vida comeza
(7),
cantas rosiñas brancas!

Un filliño que morre,
un amor que se apaga,
a ilusión que afoga

no remuíño das augas
(8) ...

Cantas rosas vermellas
ao mediar a xornada!


Xa son vello, e(9) o vento,
o vento de treboada
(10),
desfolloume a roseira,

a roseira da alma
(11).

Pero esta
(12) dor da Terra
ferida e escravizada ...

que rosiña vermella!

como doe
(13)!, como sangra!

Na versión orixinal: (1) cuaxada; (2) trebonada; (3) surde; (4) caien; (5) ialma; (6) espranza; (7) comenza; (8)ágoas; (9) i; (10) trebonada; (11) ialma; (12) este; (13) doi


Traducción al castellano

El alma es un rosal
florecido, colmado
de rosas rojas
y de rosas blancas.

Alegrías y penas
son el viento que pasa;
a veces como un beso
a veces una tronada

Una lágrima que brota
una risa que estalla...
¡son rosas que caen
del rosal del alma!

Mi madre que me acuna,
un amor que me llama,
la estrellita de la gloria
en el sendero de la esperanza...

Cuando la vida comienza,
¡cuántas rosas blancas!

Un hijo que muere,
un amor que se apaga,
la ilusión que se ahoga
en el remolino del agua...

¡Cuántas rosas rojas
al mediar la jornada!

Ya soy viejo, y el viento,
el viento de tormenta,
me deshojo el rosal,
el rosal del alma.

Pero este dolor de la Tierra
herida y esclavizada...
¡qué rosa roja!
¡Cómo duele!, ¡cómo sangra!