miércoles, 7 de octubre de 2009

A ciencia non necesita tesoiras



A verdadeira ciencia está moi por enriba dos apasionamentos políticos, das diferenzas de raza e idioma e dos sectarismos relixiosos.

Orison Swett Marden

lunes, 5 de octubre de 2009

Vai de "lavandeiras"

Motacilla alba. Lavandeira branca. (Lavandera blanca).

Isto copieino da web http://www.rios-galegos.com/ave8.htm

"Áxil, titiriteira, é todo un espectáculo vela ao redor das vacas ou no río collendo mosquitos. Unha marabilla. É a elegancia feita paxaro. Quen non coñece este paxaro?. É dos poucos que camiña sen dar saltos, se quere... pode perfectamente pararse no aire se lle da a gana, totalmente queda." (e isto tamén o copiei no mesmo sitio)


Na entrada "O can perdido", María Jesús do blog "Pararela de Coles" nos comentarios indicábame que me esquecera da "lavandeira" paxariño. Iso deume a idea desta entrada.

->Na mitoloxía galega a Lavandeira ou Paxaro da Neve socorreu a Cristo cando estaba cravado na cruz, levándolle unha pinga de auga no pico. Xesús agradeceullo concedéndolle o poder de facer feliz á rapaza que lle bote por riba unha gota de auga na mañanciña do día de San Xoán.



A lavandeira da noite

Era unha noite de lúa,
Era unha noite clara,
Eu pasaba polo río,
da volta da muiñada!
Topei unha lavandeira
Que lavaba ao par da agua
Ela lavaba no río,
E unha cántiga cantaba:
Moza que vés do muíño,
Moza que vas pola estrada.
Axúdame a retorcer
A miña saba lavada.
Desaparece a lavandeira
Como fumeira espeirada
Onde as sabas tendera
Poza de sangue deixara!
Era unha noite de lúa,
Era unha noite clara




-> As "Lavandeiras" segundo a mitoloxía son mulleres vellas, de rostro seco e enrugado que viven nas fontes. Acostúmanse a ver de noite lavando. Se alguén pasa, convídano a torcer a roupa. Se o camiñante acepta, ten que procurar non torcer a roupa no mesmo sentido ca elas, pois, se o fai, as desgrazas sucederanse e mesmo pode morrer. A roupa que lavan está manchada de sangue que nunca se vai. Crese que son espíritos de mulleres mortas no parto, das que abortaron, ou tamén de nenos mortos sen bautizar. Velas é de mal agoiro.





Tradución ao castelán

"Ágil, titiriteira, es todo un espectáculo la ves alrededor de las vacas o en el río cogiendo mosquitos. Una maravilla. Es la elegancia hecha pájaro. ¿Quien no conoce este pájaro?. Es de los pocos que camina sin dar saltos, se quiere... puede perfectamente pararse en el aire si le da la la gana, totalmente quieta."

->En la mitología gallega la Lavandeira o Pájaro de la Nieve socorrió a Cristo cuando estaba clavado en la cruz, llevándole una gota de agua en el pico. Jesús se lo agradeció concediéndole el poder de hacer feliz a la moza que le eche, tirando desde lo alto, una gota de agua en la madrugada del día de San Juan.


"Era una noche de luna

Era una noche clara

Yo pasaba por el río

De vuelta de la molienda

Me encontré con una lavandera

Que lavaba cerca del agua

Ella lavaba en el río y una cantiga cantaba:

Moza que vienes del molino

Moza que vas por la carretera

Ayúdame a retorcer

Mi sábana lavada

Desaparece la lavandera

como humo esparcido

donde había tendido las sábanas

había dejado un pozo de sangre

era una noche de luna

era una noche clara".


->Las "Lavandeiras" según la mitología son mujeres viejas, de rostro seco y arrugado que viven en las fuentes. Se acostumbra a verlas de noche lavando. Si alguien pasa, lo invitan a retorcer la ropa. Si el caminante acepta, tiene que tratar de no retorcer la ropa en el mismo sentido que ellas, pues, si lo hace, las desgracias se sucederán e incluso puede morir. La ropa que lavan está manchada de sangre que nunca se borra. Se cree que son espíritus de mujeres muertas en el parto, de las que abortaron, o también de niños muertos sin bautizar. El verlas es de mal augurio.


viernes, 2 de octubre de 2009

Pavo do moco /Moco de pavo


Pavo do moco que non é o mesmo que "non é moco de pavo" ou como din os galegos da costa "non é peixe podre"
->Rajoy comprometeuse ante os seus a “gañar as xerais do mesmo xeito que gañamos en Galicia”, unha Galicia que agora “está en moi boas mans”, afirma, grazas a un Executivo “con sentido común” que “non fai tonterías” e que, asegura, tense convertido “no meu modelo para o resto de España”.

Por outra banda:

-> Baltar di que acusou a Quintana sen probas. O presidente da Deputación cre que suxerir malos tratos en campaña “forma parte da liberdade de expresión”.

Estas foron as palabras do señor Baltar “Puxeron o rato a gardar o queixo. Puxeron o queixo e para que ninguén o toque, o rato. Ou, como din noutros sitios, puxeron o raposo ao coidado das galiñas. Ese non cumple ningún dos estándares, porque calqueira pode ter problemas no seu matrimonio, ninguén está libre diso pero que precisamente o vicepresidente de Igualdade teña serios problemas de convivencia...”.
É sobre Pachi Vázquez, afirmou: “Ten unha obsesión comigo, e posto que eu son un home debe ser maricón”.

Así pensan gañar tamén as xerais? Co insulto




Versión en castelán

-> Rajoy se comprometió ante los suyos a "ganar las generales al igual que ganamos en Galicia", una Galicia que ahora "está en muy buenas manos", afirma, gracias a un Ejecutivo "con sentido común" que "no hace tonterías" y que, asegura, haberse convertido "en mi modelo para el resto de España".


Por otra parte:

-> Baltar dice que acusó a Quintana sin pruebas. El presidente de la Diputación cree que sugerir malos tratos en campaña "forma parte de la libertad de expresión"

Estas fueron las palabras del señor Baltar en campaña electoral: "Pusieron el ratón a guardar el queso. Pusieron el queso y para que nadie lo toque, el ratón. O, como dicen en otros sitios, pusieron el zorro al cuidado de las gallinas. Ese no cumple ninguno de los estándares, porque cualquiera puede tener sus más y sus menos en su matrimonio, nadie está libre de eso pero que justo el vicepresidente de Igualdad tenga serios problemas de convivencia...?.
Y sobre Pachi Vázquez, afirmó: "tiene una obsesión conmigo, y puesto que yo son un hombre debe ser maricón".
¿Así piensan ganar también las generales? Con el insulto



martes, 29 de septiembre de 2009

Can perdido




Ao "Lavadeira" abandonárono hai preto de dous anos, un día vímolo alí no pobo de Lavandeira deitado baixo dun carballo e dende aquela é o xefe do pobo. Eu, como non sabía como chamalo, comecei a chamarlle "Lavandeira" e debeu gustarlle o nome porque atende axiña cando o chamo.
Ao longo do inverno dorme nun baixo dunha casa que está en construción e o resto do ano está alí no camiño ou vaise, non se sabe a onde, para volver pola mañá. Algúns veciños dámoslle de comer e el decide onde vai estar e o que vai facer.
Hai veces que vai ata Vilarchao e vémolo alí diante do ambulatorio, as veces incluso alí deitado diante da porta de urxencias e a miúdo rímonos e preguntámoslle se vai "tomar a tensión" el dálle ao rabo e solta un ladro.
As fins de semana vai camiñar coa Emilia e comigo e se puidésedes ver o contento que se pon cando nos ve saír. Comeza a dar voltas, ladra, salta...

O domingo unha amiga fíxome un agasallo, regaloume o libro de Victor Campio Pereira "O aire, a luz e o canto", a min os libros de poesía gústame lelos ao principio ao chou, hoxe levanteime e deixei que se abrise e na páxina 133 está o soneto "Can perdido" e aínda que non é a historia do "Lavandeira" xa que el nunca quixo perderse, foi un desalmado o que o levou nun coche, fíxoo saír e fuxiu. Eu voulle adicar este marabilloso soneto.



Era un testán. Botouse a andar. Buscaba
polos camiños unha vida antiga,
unha noite de esmorga, algunha miga
de pan de amores que necesitaba.

Botouse a andar o can. Eu vino. Andaba
entre as mestas milleiras da alta espiga
xogando ó sol cunha cadela amiga,
ciumenta femia que o reconfortaba.

Eu vin andar o can, mastín tourengo,
perdido do seu amor por amores,
e vino xa máis tarde, canso e rengo,

querendo regresar. Mais non podía.
Perdera xa promesas e favores.
Era un can -coma min- sen alegría.

No Limiar do libro, Manuel Outeiriño di: "No "Can perdido", vexo eu algo do feliz "kinismo" que se opón a "razón cínica" de Peter Sloterdijk... O noso poeta, coas contadas palabras dun soneto amosa que o poeta moderno é como unha antena que capta o que anda no aire, o que nos leva.

GRAZAS CHUS





Versión en castelán



Al "Lavadeira" lo abandonaron hace más o menos dos años, un día lo vimos allí en el pueblo de Lavandeira acostado bajo un roble y desde entonces es el jefe del pueblo. Yo, como no sabía cómo llamarle, comencé llamándole "Lavandeira" y debió de gustarle el nombre porque hace caso cuando lo llamo.
Durante el invierno duerme en un bajo de una casa que está en construcción y el resto del año está allí en el camino o se va, no se sabe a donde, para volver por la mañana. Algunos vecinos le damos de comer y él decide dónde va a estar y lo que va a hacer.
A veces va hasta Vilarchao y lo vemos allí delante del ambulatorio, en ocasiones, incluso allí tumbado delante de la puerta de urgencias y a menudo nos reímos y le preguntamos si va "a que le tomen la tensión" él le da al rabo y suelta un ladrido.
Los fines de semana va a caminar con Emilia y conmigo y si pudierais ver que contento que se pone cuando nos ve salir. Comienza a dar vueltas, ladra, salta...

El domingo una amiga me hizo un maravilloso regalo, me regaló el libro de Victor Campio Pereira "El aire, la luz y el canto"; a mí los libros de poesía me gusta leerlos al principio al tuntún, hoy me levanté y dejé que se abriera y en la página 133 está el soneto "Perro perdido" y aunque no es la historia de "Lavandeira" ya que él nunca quiso perderse, fue un desalmado que lo llevó en un coche, le hizo salir y huyó. Yo le voy a dedicar este maravilloso soneto.


Era un terco. Se echó a andar. Buscaba
por los caminos una vida antigua,
una noche de juerga, alguna miga
de pan de amores que necesitaba.

Se echó a andar el perro. Yo lo vi. Andaba
entre las densos maizales de alta espiga
jugando al sol con una perra amiga,
celosa hembra que el reconfortaba.

Yo vi andar el perro, mastín en celo,
perdido de su amor por amores,
y lo vi ya más tarde, cansado y renco,

queriendo regresar. Mas no podía.
Había perdido ya promesas y favores.
Era un perro -como yo- sin alegría.



En el prólogo del libro, Manuel Outeiriño dice: "En el "Perro perdido", veo yo algo del feliz "kinismo" que se opone la "razón cínica" de Peter Sloterdijk... Nuestro poeta, con las contadas palabras de un soneto muestra que el poeta moderno es como una antena que capta lo que está en el aire, lo que nos lleva"

lunes, 28 de septiembre de 2009

Pomona e Vertumnus


Vertumnus e Pomona (1518/22) Francesco Melzi


Vertumnus e Pomona, 1760
(Jean-Baptiste Lemoyne el Joven, 1704–78)


Vertumno e Pomona no Xardín do Palacio de Verán de Pedro I en St. Petersburg

A historia de Vertumnus e Pomona foi o único relato puramente latino na Metamorfose (XIV 622-772) de Ovidio.


Era unha deusa unicamente romana, e asóciase xeralmente coa abundancia, particularmente coa floración das árbores e ademais das froitas, tamén o era da oliveira e da vide. O coitelo de podar, ou a fouce, foron os seus atributos. Detestaba a natureza salvaxe e prefería os xardíns coidados: ningunha deidade coñecía coma ela a arte do seu cultivo e o das árbores froiteiras. Pomona non sentía ningunha atracción polos homes, a pesar de ser requirida por todos os deuses campestres. Illada do mundo, só consentía que algunhas persoas puidesen achegárselle. Ao principio, rexeitounos ata recibir a Vertumnus,que era unha divindade romana de orixe etrusco (Veltumna ou Voltumna) que personificaba a noción do cambio, da mutación da vexetación durante o transcurso das estacións; presidía a maduración dos froitos durante o verán e atribuíaselle o don de transformarse en todas as formas ou cousas que desexase.
Vertumnus estaba perdidamente namorado dela, pero ela non acaba por ceder ás súas pretensións. Este valeuse dunha artimaña para achegarse e falarlle: disfrazado como unha vella muller, foi felicitala polas froitas das súas árbores e abrazouna de bo corazón. Entón, mostroulle un olmo enlazado por unha vide e comezou a defender a causa do amor. Logo, contoulle a historia de amor de Anaxárete:


Anaxárete era unha rapariga chipriota do sangue real de Teucro Telamónida que foi amada con demasía polo mozo humilde Ifis; tanto así que este acabou aforcándose á porta da súa casa pola dor que sentía do rexeitamento da princesa. Antes de exhalar o seu último alento pediu vinganza aos deuses e unha fama inmensa. Afrodita, para compracelo, transformou a Anaxárate nunha estatua de pedra mentres estaba observando por curiosidade os funerais do desgraciado raparigo, a cal aínda se pode ver nun dos seus templos: coñécena co nome da Contemplante.



Ao fin, vendo a Pomona fascinada pola historia, Vertumnus mostroulle o seu verdadeiro rostro, resplandecente de mocidade e saúde. Pomona non puido resistirse e aceptou o seu amor.





Versión en castelán


La historia de Vertumnus y Pomona fue el único relato puramente latino en la Metamorfosis (XIV 622-772) de Ovidio.

Era una diosa únicamente romana, y se asocia generalmente con la abundancia, particularmente con la floración de los árboles y además de las frutas, también lo era del olivo y de la vid. El cuchillo de podar, o la hoz, fueron sus atributos. Detestaba la naturaleza salvaje y prefería los jardines cuidados: ninguna deidad conocía como ella el arte de su cultivo y el de los árboles frutales. Pomona no sentía ninguna atracción por los hombres, a pesar de ser requerida por todos los dioses campestres. Aislada del mundo, sólo consentía que algunas personas pudieran acercársele. Al principio, rechazó hasta recibir el Vertumnus, que era una divinidad romana de origen etrusco (Veltumna o Voltumna) que personificaba la noción del cambio, de la mutación de la vegetación durante el transcurso de las estaciones. Presidía la maduración de los frutos durante el verano y se le atribuía el don de transformarse en todas las formas o cosas que deseara. Vertumnus estaba perdidamente enamorado de ella, pero ella no acaba por ceder a sus pretensiones. Este se valió de una artimaña para acercarse y hablarle: disfrazado como una vieja mujer, fue a felicitarla por las frutas de sus árboles y la abrazó de bueno corazón. Entonces, le mostró un olmo enlazado por una vid y comenzó a defender la causa del amor. Luego, le contó la historia de amor de Anaxárete:

Anaxárete era una muchacha chipriota de la sangre real de Teucro Telamónida que fue amada con demasía por un chico humilde Ifis; tanto así que este acabó ahorcándose a la puerta de su casa por el dolor que sentía del rechazo de la princesa. Antes de exhalar su último aliento pidió venganza a los dioses y una fama inmensa. Afrodita, para complacerlo, transformó a Anaxárate en una estatua de piedra mientras estaba observando por curiosidad los funerales del desgraciado muchacho, la cuál aún se puede ver en uno de sus templos: la conocen con el nombre de la Contemplante.


Al fin, viendo a Pomona fascinada por la historia, Vertumnus le mostró su verdadero rostro, brillante de juventud y salud. Pomona no pudo resistirse y aceptó su amor.

jueves, 24 de septiembre de 2009

Hoxe vai de erros ao falar e ao escribir



Bagos de sabugueiro, fixen licor con eles. A ver o que sae...

Unha emenda debatida este mércores no Parlamento Vasco pide "aprovar" axudas para "hinundaciones", dúas faltas de ortografía de vulto que se completan cun "entormo", o que parece máis un erro de escritura.

En todos los medios de comunicación criticábase este escrito e agora mesmo eu teño posta a Galega e tamén se suman á crítica e mentres o fan, falando en galego eu non podo saber se cometen erros ortográficos, porque están a falar,
pero léxicos ... deses un montón.

O refrán di "Ver o aruxo no ollo alleo e non a trabe no propio" Non teño por costume criticar a ninguén nese sentido, xa que cada un fala como quere e como pode, pero outra cousa é a mass-media e os políticos cuxo deber é educar á poboación entre outras cousas.

Se un medio elixe a lingua na que quere falar ou escribir dáse por sentado que o vai facer de forma correcta e non vai meter a zoca cada dous por tres, eu non teño idea algunha do que lles esixen aos presentadores para traballar no medio, e paréceme moi ben que na súa casa falen como lles guste, pero cando se dirixen aos oíntes teñen que coidar o seu léxico. Só hoxe escoitei "calqueira" "fai anos" "urbán" "esto" todo en media hora, máis ou menos.

E non é así señores presentadores, vostedes teñen que falar ben para iso lles pagamos todos os galegos, non si? No galego normativo é "calquera", os galegos non sabemos "facer anos" porque malia o que dicimos en castelán os anos hainos "hai tempo" e o tempo meteorolóxico vai "vai calor, vai frío, vai chover...", é "urbano" o mesmo que en castelán, porque é unha palabra culta e é "isto".

E por último, que non derradeiro, unha dúbida que teño dende
hai tempo: A min cando era nena explicáronme que en castelán os verbos que tiñan dous participios (un irregular e outro regular) o participio irregular utilizábase como adxectivo e o regular entre outras cousas para conxugar o verbo nos tempos compostos.

Chámame moito atención cando oio " asignaturas suspendidas" isto fai que pense que están penduradas dalgún sitio, por exemplo da fiestra. Non será "asignaturas suspensas???.

O señor Feijóo, a señora Pilar Farjas, Conselleira de Sanidade, e moitos políticos galegos teñen a disciplina da Lingua Galega Suspensa. Non si?


Versión en castelán

Una enmienda debatida este miércoles en el Parlamento Vasco pide "aprovar" ayudas para "hinundaciones", dos faltas de ortografía de bulto que se completan con un "entormo", lo que parece más un error de escritura.

En todos los medios de comunicación se criticaba este escrito y ahora incluso yo tengo puesta la Galega y también se suman a la crítica y mientras hacen esto hablando en gallego yo no puedo saber si cometen errores ortográficos, porque están hablando, pero léxicos ... de esos... un montón.

El refrán dice "
Ver la paja en el ojo ajeno, y no la viga en el propio". No tengo por costumbre criticar a nadie en ese sentido, ya que cada uno habla como quiere y como puede, pero otra cosa es la mass-media y los políticos cuyo deber es educar a la población entre otras cosas.

Si un medio elige la lengua en la que quiere hablar o escribir se da por sentado que lo va a hacer de forma correcta y no va a meter la pata cada dos por tres, yo no tengo ni idea de lo que les exigen a los presentadores para trabajar en el medio, y me parece muy bien que en su casa hablen como les guste, pero cuando se dirigen a los oyentes tienen que cuidar su léxico.

Sólo hoy escuché "calqueira" "hace años" "urbán" "esto" todo en media hora, más o menos.
Y no es así señores presentadores, ustedes tienen que hablar bien para eso les pagamos todos los gallegos, no es cierto?

En el gallego normativo es "calquera", los gallegos no sabemos "hacer años" porque a pesar de lo que decimos en castellano los años "los hay" "hai anos" y el tiempo meteorológico va "vai calor, vai frío, vai chover...", es "urbano" lo mismo que en castellano, porque es una palabra culta y es "isto".

Y por último una duda que tengo desde hace tiempo:
A mí cuando era niña me explicaron que en castellano los verbos que tenían dos participios (un irregular y otro regular) el participio irregular se utilizaba como adjetivo y el regular entre otras cosas para conjugar el verbo en los tiempos compuestos.
Me llama mucho la atención cuando oigo " asignaturas suspendidas" esto hace que piense que están colgadas de algún sitio, como por ejemplo de la ventana. No será "¿¿¿asignaturas suspensas???.

El señor Feijóo, la señora Pilar Farjas, Conselleira de Sanidad, y muchos políticos gallegos tienen la disciplina de Lingua Galega
Suspensa. ¿Verdad?

martes, 22 de septiembre de 2009

Por que non fumigan?





É unha mágoa que as autoridades non poñan freo a praga que afecta ás carballeiras, no concello de Coles comezou o ano pasado, este ano xa poucos carballos quedan libres da praga.
A "A
ltica quercetorum"
, insecto coñecido como pulga do carballo. contrólase fumigando as áreas máis afectadas para que non coma todas as follas e debilite aos carballos, deixándoos a mercé doutros fungos e insectos.


A mitoloxía galega e o carballo

O carballo foi considerado dende a antigüidade como unha árbore sagrada, conserva nas crenzas tradicionais unha serie de virtudes. Os carballos serqueiros ou cerquiños curan a sarna refregando o corpo contra a súa cortiza e deixando a roupa pendurada das súas pólas. Ao redor de determinados carballos execútanse ritos para curar o tangaraño ou enganido. Tamén curan as crebaduras dos nenos e a lumbalxia, o cabaleiro e outras afeccións dos ósos. Así mesmo son eficaces contra os meigallos, feridas de ollos, sombras, etc. Arredor de vellos carballos levantáronse moitos santuarios. Pouco a pouco foron pasando aos santos as propiedades dos carballos. Pero algúns resístense a cedelas. Quen toque o carballo da Magdalena, en San Martiño de Valdeorras, contrae as febres palúdicas. En Santa Mariña de Augas Santas o carballo milenario ten sangue en vez de sabia. As mozas e ata os mozos, van ao carballo de Vilardefrancos, en Carballo, e métenlle nos ocos pedras e exvotos para que lles proporcione con quen casar. A sombra do carballo é boa para a saúde. Contan que un carballo que gardaba un tesouro nas súas raíces. Un día o dono da terra atopou o tesouro e quixo collelo. Cavou e cavou pero non o conseguiu. O carballo negoullo porque en todos os anos que viviran xuntos nunca lle dera un saúdo.

Bibliografía: Dicionario dos seres míticos Galegos


Versión en castelán


Es una lástima que las autoridades no pongan freno a la plaga que afecta a los robledales del ayuntamiento de Coles comenzó el año pasado, este año ya pocos robles quedan libres de la plaga.
Altica quercetorum, insecto conocido como pulga del roble. Se controla fumigando las áreas más afectadas para que no coma todas las hojas y debilite a los robles, dejándolos a merced de otros hongos e insectos.


La mitogía gallega y el roble

El roble fue considerado desde la antigüedad como un árbol sagrado, conserva en las creencias tradicionales una serie de virtudes.
Los robles negros (Quercus tozza) curan la sarna frotando el cuerpo contra su corteza y dejando la ropa colgada de sus ramas. Alrededor de determinados robles se ejecutan ritos para curar el "tangaraño o enganido" (enflaquecimiento y deformación que afecta a los niños y que se atribuye a un ser maligno o al mal de ojo). También curan las hernias de los niños y la lumbalgia y otras afecciones de los huesos. Asimismo son eficaces contra las magias, heridas de ojos, sombras, etc. Alrededor de determinados robles se levantaron muchos santuarios. Poco a poco fueron pasando a los santos las propiedades de los robles. Pero algunos se resisten a cederlas. Quienes toquen el roble de la Magdalena, en San Martiño de Valdeorras, contrae las fiebres palúdicas. En Santa Mariña de Augas Santas el roble milenario tiene sangre en vez de sabia. Las jóvenes e incluso los jóvenes, van al roble de Vilardefrancos, en Carballo, y le meten en los huecos piedras y exvotos para que les proporcione con quien casarse. La sombra del roble es buena para la salud. Cuentan que un roble que guardaba un tesoro en sus raíces. Un día el dueño de la tierra encontró el tesoro y quiso cogerlo. Cavó y cavó pero no lo consiguió. El roble se lo negó porque en todos los años que habían vivido juntos nunca le había dado un saludo.