lunes, 1 de noviembre de 2010

Isto é o que desexo








Ao longo do camiño que percorremos,

uns máis, outros menos, todos algunha vez,
familiares, amigos, coñecidos, ...,
todos sen excepción imos perdendo,
uns doen máis, outros un pouquiño menos,
e outras veces a dor é tan grande
que nos rompemos por dentro.

Cando chegue o día do meu pasamento
nin misas, nin flores, nin funeral quero,
marchar sen despedidas, en silencio,
que os amigos o saiban, despois dun tempo.

Nin lápidas co meu nome, nin enterramento,

non quero ser un defunto que descanse no cemiterio,
aló no medio do monte, a ser posible nun outeiro,
que poñan as miñas cinzas a xogar co vento
arrolarme nas árbores e co seu murmullo
durmir o meu sono eterno.




->Versión Castelán

A lo largo del camino que recorremos,
unos más, otros menos, todos alguna vez,
familiares, amigos, conocidos, ...,
todos sin excepción, vamos perdiendo,
unos duelen más, otros un poquito menos,
y otras veces el dolor es tan grande
que nos rompemos por dentro.

Cuando llegue el día de mi muerte
ni misas, ni flores, ni funeral quiero,
marchar sin despedidas, en silencio,
que los amigos se enteren, después de un tiempo.

Ni lápidas con mi nombre, ni enterramiento,
no quiero ser un difunto que descanse en el cementerio,
allá en medio del monte, a ser posible en un cerro
que pongan mis cenizas a jugar con el viento
mecerme en los árboles y con su murmullo
dormir mi sueño eterno.

viernes, 29 de octubre de 2010

Isto vai de CENSURA

Isto tomeino prestado do Blog O Castelo dos Pitufos, son seguidora do seu blog e onte publicou esta entrada, como a min a CENSURA non me gusta, nin acepto que nun PAÍS LAICO sucedan estas cousas, pedinlle permiso para pola no meu blog.






Esta é a portada renegada da revista Retranca


Os que viven do conto en xeral encaixan moi mal as críticas. Son todo fachada, polo que consideran a súa imaxe sagradaE se o caricaturista tira a dar, entón desfanse en aspaventos. Desacreditar os dardos certeiros será daquela a súa reacción. Ate o punto de silenciar canto discrepe co seu punto de vista. Todo en aras dun respecto entendido de xeito unidireccional. Isto mesmo foi o que aconteceu ante os nosos ollos atónitos. Un artigo do xornal Galicia Hoxe foi censurado por disentir. Unha vez publicado resultou abortado na súa edición dixital. Pero quedou o papel á vista, que é o que ten a prensa escrita-E por confinada que fique nas catacumbas das hemerotecas- Logo da destrución da mensaxe, ocupáronse do mensaxeiro. Quen falaba, certo, por boca dunhas amplas minorías laicas. O articulista da contraportada do periódico xa non o é máis. Falo de Fran P. Lorenzo, que coa Igrexa topou, o desalmado. Parece que alguén moveu os fíos oportunos para conseguilo. E todo por dar ideas audaces para os disfraces deste SamaínCopipego o texto esvaído, xa que segue a circular pola rede.

Chámase Como nenos píos con disfrace de mártir, e di así:
"Despois de séculos de dominación, a Igrexa Católica aínda non se decatou de que o sincretismo relixioso que practica a galega xente non é un estrago calculado da súa doutrina apostólica e romana senón unha creación propia e singular deste pobo, unha máis. Santiago de Compostela é, nese sentido, un fecundo resultado da batalla histórica entre a ortodoxia vaticana e o paganismo local. Tamén o Camiño. Por iso todas as tentativas de reducir a espiritualidade dese roteiro á expresión unívoca dunha suprema fe en Deus son unha manobra avesa, calculada, para capitalizar un símbolo cultural e humano de Europa, patrimonio de todos así recoñecido. Neste sentido a visita do papa Bieito XVI a Compostela deixa fóra desta celebración aos milleiros de cidadáns que non profesan a relixión católica nin lle teñen lei a un dos patriarcas eclesiásticos que máis ten feito por estigmatizar e arredar do seo da Igrexa aos que non asumen a súa fundamentalista visión da fe e as súas teses retrógradas e lesivas, alérxicas ao tempo no que vivimos.
O desembarco papal non iría máis alá da descortesía política coas minorías que non o aturan a súa presenza se non fora porque esas minorías –máis ou menos masivas, pero sempre despreciadas por Núñez Feijóo– contribúen cos seus cartiños a sufragaren a inminente diatriba papal, disfrazada de mensaxe de amor.
O pasado domingo, nos diferentes oficios celebrados nas parroquias galegas, os cregos xa lle esixiron á freguesía o correspondente imposto revolucionario. A golpe de cepillo, como adoitan facer. Poida que a vontade das ovellas fora substraída polos seus pastores pero ese, sinceramente, non é problema dos que non pertencemos á secta; menos aínda daqueles que nin sequera aspiramos a mudar o eivado rumbo moral da institución. Se os practicantes queren poñer dez euros ou vinte do seu peto para avalaren a operación de márqueting da Xunta de Galicia e coroar un Xacobeo só grande en cifra de turistas, pois adiante. Pero non é admisíbel que ese saqueo millonario das arcas públicas se produza sin consulta previa, amparándose no suposto beneficio que lle reportará á cidade de Santiago a invasión das hordas católicas .
Haberá máis efectos colaterais no decorrer desta visita fetichista e pirotécnica do Papa. A suspensión do espazo civil, a clausura da libre circulación e o desenvolvemento dun estado de sitio efectivo, entre eles. Controis policiais, restrición do tráfico e rexistros domiciliares, incluídos, que afectarán singularmente a todas e todos aqueles cuxa vontade e albedrío van ser vulnerados en aras dun rédito político que, con iso contan os organizadores do sarao, beneficiará a todos os persoeiros que teñan acceso á fotografía oficial.
O alleamento da Igrexa Católica é un feito e velaquí temos un Goberno que subvenciona as proclamas delirantes e as bombas de racimo dialécticas da Conferencia Episcopal Española. Os bispos, os que concelebrarán a eucaristía express do Obradoiro, pedíanlle onte os cativos que na noite de Halloween –o Samaín céltico, a véspera de Todos os Santos– vistan precisamente de idem, de santos, e non de meigas, nin de zombies, nin de caveiras, para “estimular” a vida cristiá e loitar contra o profano desta celebración tan pouco pedagóxica. Propoño outros estilismos ben máis edificantes e píos: unha Santa Águeda cos peitos cortados encima dunha bandexa, unha virxe romana violada, un San Lourenzo con queimaduras de terceiro grao, ou un San Sebastián, cuberto de plasma e de saetas. Se é certo que o sangue dos mártires é semente da vida cristiá, non sei a que agardan eses pequenos para se sumaren á festa.·"


Algo semellante está a ocorrer co último número de Retranca .O dono da súa imprenta négase a imprimilo por velo inmoral . Todo pola visión satírica que se dá da visita papal a Santiago






->TRADUCCIÓN AL CASTELLANO


Esto lo tome del Blog O Castelo dos Pitufos, soy seguidora de este blog y ayer publicó esta entrada, como a mi la CENSURA no me gusta, ni acepto que en un PAÍS LAICO sucedan estas cosas, le pedí permiso para ponerla en mi blog



Los que viven del cuento en general encajan muy mal las críticas. Son todo fachada, por lo que consideran su imagen sagrada Y si el caricaturista tira a dar, entonces se deshacen en aspavientos.
Desacreditar los dardos certeros será de aquella su reacción Hasta el punto de silenciar cuanto discrepe con su punto de vista. Todo en aras de un respeto entendido de manera unidireccional
Esto mismo fue lo que ocurrió ante nuestros ojos atónitos.U
n artículo del periódico Galicia Hoxe fue censurado por disentir Una vez publicado resultó abortado en su edición digital
Pero quedó el papel a la vista, que es lo que tiene la prensa escrita -Y por confinada que quede en las catacumbas de las hemerotecas- Después de la destrucción del mensaje, se ocuparon del mensajero. Quien hablaba, cierto, por boca de unas amplias minorías laicas El articulista de la contraportada del periódico ya no lo es más. Hablo de Fran P. Lorenzo, que con la Iglesia topó, el desalmado. Parece que alguien movió los hilos oportunos para conseguirlo y todo
por dar ideas audaces para los disfraces de este Samaín

Copipego el texto desaparecido, ya que sigue a circular por la red

Se titula: Como niños píos con disfraz de mártir, y dice así:

"Después de siglos de dominación, la Iglesia católica aun no se enteró de que el sincretismo religioso que practica la gente gallega no es un estropicio calculado de su doctrina apostólica y romana sino una creación propia y singular de este pueblo, una más. Santiago de Compostela es, en ese sentido, un fecundo resultado de la batalla histórica entre la ortodoxia vaticana y el paganismo local. También el Camino. Por eso todas las tentativas de reducir la espiritualidad de ese Camino a la expresión unívoca de una suprema fe en Dios son una maniobra calculada, para capitalizar un símbolo cultural y humano de Europa, patrimonio de todos así reconocido. En este sentido la visita del papa a Compostela deja fuera de esta celebración a los millares de ciudadanos que no profesan la religión católica ni le tienen ley a uno de los patriarcas eclesiásticos que más ha hecho por estigmatizar y alejar del seno de la Iglesia a los que no asumen su fundamentalista visión de la fe y sus tesis retrógradas y lesivas, alérgicas al tiempo en el que vivimos.
El desembarco papal no iría más allá de la descortesía política con las minorías que no aguantan su presencia, si no hubiese sido porque esas minorías, más o menos masivas, pero siempre despreciadas por Núñez Feijóo contribuyen con su dinero a sufragar la inminente diatriba papal, disfrazada de mensaje de amor.
El pasado domingo, en los diferentes oficios celebrados en las parroquias gallegas, los curas ya le exigieron a la feligresía el correspondiente impuesto revolucionario. A golpe de cepillo, como suelen hacer. Puede que la voluntad de las ovejas hubiera sido substraída por sus pastores pero ese, sinceramente, no es problema de los que no pertenecemos a la secta; menos aún de aquellos que ni siquiera aspiramos a cambiar el rumbo moral de la institución. Si los practicantes quieren poner diez euros o veinte de su bolsillo para avalar la operación de márqueting de la Xunta de Galicia y coronar un Xacobeo solo grande en cifra de turistas, pues adelante. Pero no es admisible que ese saqueo millonario de las arcas públicas se produzca sin consulta previa, amparándose en el supuesto beneficio que le reportará a la ciudad de Santiago la invasión de las hordas católicas .
Habrá más efectos colaterales en el transcurso de esta visita fetichista y pirotécnica del Papa. La suspensión del espacio civil, la clausura de la libre circulación y el desarrollo de un estado de sitio efectivo, entre ellos. Controles policiales, restricción del tráfico y registros domiciliares, incluidos, que afectarán singularmente a todas y todos aquellos cuya voluntad y albedrío van a ser vulnerados en aras de un rédito político que, con eso cuentan los organizadores del sarao, beneficiará a todos las figuras que tengan acceso a la fotografía oficial.
La enajenación de la Iglesia católica es un hecho y he aquí tenemos un Gobierno que subvenciona los manifiestos delirantes y las bombas de racimo dialécticas de la Conferencia Episcopal Española. Los obispos, los que concelebrarán la eucaristía express del Obradoiro, le pedían ayer a los niños que en la noche de Halloween el "Samaín céltico", la víspera de Todos los Santos vistan precisamente de idem, de santos, y no de brujas, ni de zombis, ni de calaveras, para "estimular" la vida cristiana y luchar contra lo profano de esta celebración tan poco pedagógica. Propongo otros estilismos bien más edificantes y píos: una Santa Águeda con los pechos cortados encima de una bandeja, una virgen romana violada, un San Lourenzo con quemaduras de tercer grado, o un San Sebastián, cubierto de plasma y de saetas. Si es cierto que la sangre de los mártires es semilla de la vida cristiana, no sé la que esperan esos pequeños para sumarse a la fiesta.·"

Algo semejante está ocurriendo con el último número de Retranca. El dueño de su imprenta se niega a imprimirlo por verlo inmoral. Todo por la visión satírica que se da de la visita papal a Santiago

Escila a filla traidora


Esta é a foto orixinal, se fas clic co rato verás á garza.



O outro día cando andaba a buscar cogomelos vin de lonxe esta "garza"? que estaba no prado vixiando a unhas fermosas "rubias galegas".


Escila
, filla de Niso, rei de Megara, Ovidio conta a súa historia na Metamorfose, VIII,1-151:

Minos, rei de Creta, asedia a cidade de Megara, que defende o seu rei Niso, cuxo éxito na guerra estaría asegurado mentres conservase unha guedella de cabelo de cor púrpura que destacaba na súa cabeza encanecida. A sorte da guerra era incerta e a campaña prolongábase.

Dende as murallas, a filla de Niso, Escila tiña o costume de observar os combates, e era capaz de recoñecer polas súas armas aos caudillos cretenses.

Chamou a súa atención especialmente o propio Minos, en cuxos xestos atopaba unha beleza que a namorou. Escila chega a desexar non ter pai para poder levar adiante a súa paixón. Ata tal extremo chegou que estaba disposta a traizoar aos seus para conseguir a Minos.

Unha noite deslízase ata onde Niso está durmido. Corta o guedella de pelo purpúrea garante do destino do seu pai, sae con ela das murallas e chega ata o rei inimigo, ao que lle entregar a vitoria.

Minos arrepiado pola traizón, rexeita á moza "Di te submoueant, o nostri infamia saecli, orbe suo, tellusque tibi pontusque negetur. Certe ego non patiar Iovis incunabula, Creten, qui meus est orbis, tantum contingere monstrum" (Que os deuses te eliminen do seu mundo, oh infamia do noso tempo, e que se che negue a terra e o mar!. Polo menos eu non tolerarei que Creta, o berce de Xupiter, que é o meu mundo, chegue a ser tocada por tan espantoso monstruo) e tras impor un tratado xusto aos vencidos, faise á mar coa flota.

En balde invoca, suplica e se enfurece Escila. Desesperada aférrase á popa da nave de Minos. O seu pai, que se converteu en aguia mariña, lánzase contra ela con intención de ferila. Solta ela a popa e, cando cre que vai caer ao mar, nota que se sostén no aire, metamorfouse nunha ave non identificada, a que Ovidio denomina ciris (hai quen di que se converteu en garza), cuxo nome explícase por unha suposta relación co verbo grego kéiro "cortar o cabelo".



->Versión Castelán


El otro día cuando estaba buscando setas vi desde lejos esta "garza"? que estaba en el prado vigilando a unas hermosas "rubias galegas".

Escila, hija de Niso, rey de Megara, Ovidio cuenta su historia en la Metamorfosis, VIII,1-151:

Minos
, rey de Creta, asedia la ciudad de Megara, que defiende su rey Niso, cuyo éxito en la guerra estaría asegurado mientras conservarse un mechón de cabello de color púrpura que destacaba en su cabeza canosa. La suerte de la guerra era incierta y la campaña se prolongaba.

Desde las murallas, la hija de Niso, Escila tenía la costumbre de observar los combates, y era capaz de reconocer por sus armas a los caudillos cretenses.

Llamó su atención especialmente el propio Minos, en cuyos gestos encontraba una belleza que la enamoró. Escila llega a desear no tener padre para poder llevar adelante su pasión. Hasta tal extremo llegó que estaba dispuesta a traicionar a los suyos para conseguir a Minos.

Una noche se desliza hasta donde Niso está dormido. Corta el mechón de pelo purpúrea que garantiza el destino de su padre, sale con el de las murallas y llega hasta el rey enemigo, al que le entregar la victoria.

Minos horrorizado por la traición, rechaza a la joven "Di te submoueant, o nostri infamia saecli, orbe suo, tellusque tibi pontusque negetur. Certe ego non patiar Iovis incunabula, Creten, qui meus est orbis, tantum contingere monstrum"(Que los dioses te eliminen de su mundo, oh infamia de nuestro tiempo, y que se te niegue la tierra y el mar!. Por lo menos yo no toleraré que Creta, la cuna de Xupiter, que es mi mundo, llegue a ser tocada por tan espantoso monstruo) y tras imponer un tratado justo a los vencidos, se hace a la mar con la flota.

En vano invoca, suplica y se enfurece Escila. Desesperada se aferra a la popa de la nave de Minos. Su padre, que se convirtió en águila marina, se lanza contra ella con intención de herirla. Suelta ella la popa y, cuando cree que va a caer al mar, nota que se sostiene en el aire, se metamorfoseo en un ave no identificada, la que Ovidio denomina ciris (hay quien dice que se convirtió en garza), cuyo nombre se explica por una supuesta relación con el verbo griego kéiro "cortar el cabello".


jueves, 28 de octubre de 2010

A primeira elección de Sancho

O grupo PADA xa fixo a súa primeira elección, no blog "La sabiduria de Sancho" xa está publicada a entrada, elixida por unanimidade, para comezar, esperemos que unha longa andaina, isto trata de descubrir páxinas na blogosfera que destaquen pola calidade do seu contido e a súa calidade literaria.

O blog elixido foi:

"Escrito na auga" de María T. Gracia que utiliza o pseudónimo de Blimunda, a entrada é:
"La alegría de los árboles"



->Versión en castelán

El grupo PADA ya hizo su primera elección, en el blog La sabiduría de Sancho ya está publicada la entrada, elegida
por unanimidad, para comenzar, esperemos que una larga andadura, se trata de descubrir páginas en la blogosfera que destaquen por la calidad de su contenido y su calidad literaria.

El blog elegido ha sido:

Escrito en el agua de María T. Gracia que utiliza el seudónimo de Blimunda, la entrada es:
"La alegría de los árboles"



martes, 26 de octubre de 2010

O Outono



O caqui

Outono, tempo de recoller froitas como o marmelo, as castañas, caquis, ..., e sobre todo a época das setas.



O verán xa desapareceu
sen despedirse, marchou
está onda nós o outono
dacabalo do vento chegou.

As árbores tiran as follas
de vellas descoloridas,
que de novas eran verdes
agora amarelas, case sen vida.

O chan vaise cubrindo
de mantas para o inverno
amarelo, castaño, vermello,
que os teares da fraga teceron.

Nos soutos de castiñeiros
os seus froitos van caendo
ourizos cheos de picos
protexen o rico alimento.

Antes de coñecer a pataca
os galegos castañas comemos
con leite, asadas, cocidas, ...
era o noso principal sustento.

Moito coidado cos cogomelos
que vaias ao monte buscar
sonche coma algúns políticos,
cheos de veleno están.




Versión en Castelán


Otoño, tiempo de recoger frutas como el membrillo, las castañas, los caquis, ..., y sobre todo la época de las setas.


El verano ya desapareció
sin despedirse, marchó
está con nosotros el otoño
a caballo del viento llegó.

Los árboles tiran las hojas
por viejas descoloridas,
que de jóvenes eran verdes
ahora amarillas, casi sin vida.

El suelo se va cubriendo
de mantas para el invierno
amarillo, castaño, rojo,
los telares del bosque tejieron.

En los sotos de castaños
sus frutos van cayendo
erizos llenos de pinchos
protegen el rico alimento.

Antes de conocer la patata
los gallegos castañas comimos
con leche, asadas, cocidas, ...
era nuestro principal sustento.

Mucho cuidado con las setas
que vayas al monte a buscar
son como algunos políticos
llenos de veneno están.









jueves, 21 de octubre de 2010

Hoxe falamos de lategazos


Khalil



Morocho

Onte os meus cabalos e máis eu tivemos unha nova experiencia, e estou contenta porque saíu moi ben.


Levalos pola mañá ao prado é máis problemático que traelos pola noite, que veñen cansos e non teñen ganas de xogar. Eu nunca os levara soa, acostuma a facelo o meu fillo ou o meu marido, a min ata onte dábame un pouco de medo, porque van enredando entre eles e a min non me fan caso.



Onte tiven que facelo, era iso ou que se quedasen ata mediodía na corte, e teño que dicir, que se portaron fenomenal.
Tiven sorte, porque no momento que me tocou pasar pola estrada, non pasou ningún coche (é unha estrada do concello, por onde pasan poucos coches, aínda que ás veces, pasa algún que non respecta a velocidade) e menos mal, porque como están acostumados a ir co meu fillo correndo, eles pretendían levarme a min tamén correndo; tratei de calmalos e ao Morocho non lle gustou moito, pero obedeceu. Así no medio deles, coma se fosen as miñas escoltas, eu falando e eles escoitando, sempre falo con eles, cóntolles o que nese momento me vén á mente, sei que iso é motivo de risa para os que me ven facelo, pero a min iso non me importa.


Quizais debido ao novo blog "
La Sabiduría de Sancho" estes días veñen á miña mente moitas das andanzas do fidalgo e o seu escudeiro, onte concretamente funlles contando ao Khalil e a Morocho "aquilo dos lategazos de Sancho".


Capitulo LXXI (Segunda parte) "O cabaleiro pídelle a Sancho que sexa el quen se dea os lategazos para desencantar a Dulcinea. Sancho acepta a cambio de cartos e cando pola noite chegan ao campo, despois de cear, Sancho métese entre as árbores e comeza a darse de lategazos, mentres o cabaleiro andante os conta, pero cando leva seis ou oito, pensa que ten que sacar máis partido das circunstancias e entón sobe o prezo e comeza a dar lategazos ás árbores, soltando un suspiro de cando en vez, chega o momento que o cabaleiro sente pena polo pobre Sancho e pídelle que pare, pero o escudeiro cada vez da máis forte, arrancando a casca dalgunhas árbores ao mesmo tempo que solta berros, coma se lle doese. Asustado o Quixote vai onda Sancho para que pare e Sancho pídelle que lle tape a espalda, cabaleiro sacando a súa roupa, tapa a Sancho e este quédase durmido ata que sae o sol.


Khalil e Morocho están a facerse admiradores de Sancho.


->Versión en Castelán

Ayer mis caballos y yo tuvimos una nueva experiencia, y estoy contenta porque salió muy bien.


Llevarlos por la mañana al prado es más problemático que traerlos por la noche, que vienen cansados y no tienen ganas de jugar. Yo nunca los había llevado sola, acostumbran a hacerlo mi hijo o mi marido, a mí hasta ayer me daba un poco de miedo, porque van jugando entre ellos y a mí no me hacen caso .

Ayer tuve que hacerlo, era eso o que se quedasen hasta mediodía en la cuadra, y tengo que decir, que se portaron fenomenal.

Tuve suerte, porque en el momento que me tocó pasar por la carretera, no pasó ningún coche (es una carretera del ayuntamiento bastante estrecha, por donde pasan pocos coches, aunque a veces, pasa alguno que no respeta la velocidad) y menos mal, porque como están acostumbrados a ir con mi hijo corriendo, ellos pretendían llevarme a mí también corriendo, traté de calmarlos y a Morocho no le gustó mucho, pero obedeció.

Así en medio de ellos, como si fueran mis escoltas, yo hablando y ellos escuchando, siempre hablo con ellos, les cuento lo que en ese momento me viene a la mente, sé que eso es motivo de risa para los que me ven hacerlo, pero a mí eso no me importa.

Quizás debido al nuevo blog "La Sabiduría de Sancho" estos días vienen a mi mente muchas de las andanzas del hidalgo y su escudero, ayer concretamente les fui contando a Khalil y a Morocho "aquello de los latigazos de Sancho".

Capitulo LXXI (Segunda parte)
"El hidalgo le pide a Sancho que sea él, el que se de los latigazos para desencantar a Dulcinea. Sancho acepta a cambio de dinero y cuando por la noche llegan al campo, después de cenar, Sancho se mete entre los árboles y comienza a darse de latigazos, mientras el caballero andante los cuenta, pero cuando lleva seis u ocho, Sancho piensa que tiene que sacar más partido de las circunstancias y entonces sube el precio y comienza a dar latigazos a los árboles, soltando un suspiro de vez en cuando, llega el momento que el caballero siente pena por el pobre Sancho y le pide que pare, pero el escudero cada vez da más fuerte, arrancando la cáscara de algunos árboles, al mismo tiempo que suelta gritos, como si le doliera. Asustado el Quijote va junto a Sancho para que pare y este le pide que le tape la espalda con su ropa, el caballero andante sacando la ropa, tapa a Sancho y este se queda dormido hasta que sale el sol".

Khalil y Morocho se están haciendo admiradores de Sancho.

lunes, 18 de octubre de 2010

Buscando o néctar


pica e verás un abesouro


Di un proverbio chino " O sabio pode sentar nun formigueiro, pero só o necio queda sentado nel".

"La Sabiduría de Sancho" é un proxecto común e eu humildemente espero estar á altura dos meus compañeiros de viaxe. Fago miñas as palabras que Sancho lle di á súa muller
« Mira, Teresa: sempre ouvín dicir aos meus maiores que o que non sabe gozar da ventura cando lle vén, que non se debe queixar se se lle pasa. E non sería ben que agora, que está a chamar á nosa porta, lla pechemos; deixémonos levar deste vento favorable que nos sopra »


Trátase de dar a coñecer blogs ou entradas de blogs que nós xulgamos que merecen ser coñecidos. É dicir, buscaremos o néctar, que nós consideremos, que é o máis doce de entre todas as flores.




Versión en Castelán


Dice un proverbio chino " El sabio puede sentarse en un hormiguero, pero sólo el necio se queda sentado en él".

La Sabiduría de Sancho es un proyecto común y yo humildemente espero estar a la altura de mis compañeros de viaje. Hago mías las palabras que Sancho le dice a su mujer «
Mira, Teresa: siempre he oído decir a mis mayores que el que no sabe gozar de la ventura cuando le viene, que no se debe quejar si se le pasa. Y no sería bien que ahora, que está llamando a nuestra puerta, se la cerremos; dejémonos llevar deste viento favorable que nos sopla »

Se trata de dar a conocer blogs o entradas de blogs que nosotros juzguemos que merecen ser conocidos. Es decir, buscaremos el néctar, que nosotros consideremos, que es el más dulce entre todas las flores.