martes, 23 de noviembre de 2010

Non creas todo o que che din



Gadis acaba de estrear un novo vídeo.


Fixádevos que bos consellos nos dan aos galegos, pero



¡¡¡OLLO!!!
SÓ É PUBLICIDADE.



Nos supermercados GADIS non podemos vivir coma galegos. Se queremos mercar xurelos, sardiñas, pescada ou ollomol, ..., eles venden jurel, sardinas, merluza ou besugo, ...A froita só ten o nome en castelán e na carnicería ocorre o mesmo.

Entón, como me piden que eu viva coma galega?


-> Isto ocorre dende que goberna Feijóo9 e os seus colegas.




No supermercado GADIS de Xoán Nóvoa en Ourense, só viven como casteláns.


-> Axudádeme a denunciar, fixádevos se nas vosas localidades tamén están a estafar aos galegos.



jueves, 18 de noviembre de 2010



Esta é a historia de Pedro e Manuela, el xa morreu, parouselle o corazón e marchou deixándoa soa a ela.

Disque hai tempo que deixaron de mirarse, durmían xuntos pero sen tocarse, subían e baixan a mesma retorta canella, sempre el pola dereita ela pola esquerda, non había amor, nin odio, só indiferenza.

Disque moitos veciños lle tiñan envexa, pensaban que eran unha feliz parella, pero ninguén coñecía a súa vida secreta, aquelas humillacións, aqueles insultos, aquelas borracheiras, todas aquelas noites en vela.

Disque todos os domingos saían en parella, collidos do brazo camiño da igrexa, saudaban aos veciños, amigos e parentela, lucindo no pescozo e dedos colares e sortellas, trofeos das batallas que ganara na perdida guerra.

Disque un mal día Pedro pasouse coa botella e sen poder controlarse comezou a pegar nela, como xa non había respecto foille fácil cruzar a barreira, Manuela aguantou aquela noite e ao día siguiente como se nada ocorrese, lembrou aquela seta que había algún tempo no conxelador escondera, e preparou un xantar para celebrar a primeira malleira, ela non puido comer, impidiullo unha forte dor de cabeza e cando Pedro acabou, fregou os pratos e sentou á espera...





Versión en Castelán


Ésta es la historia de Pedro y Manuela, él ya murió, se le paró el corazón y marchó dejándola sola a ella.

Por lo visto hace tiempo que dejaron de mirarse, dormían juntos pero sin tocarse, subían y bajan la misma retorcida calleja, siempre él por la derecha ella por la izquierda, no había amor, ni odio, sólo indiferencia.

Por lo visto muchos vecinos le tenían envidia, pensaban que eran una feliz pareja, pero nadie conocía su vida secreta, aquellas humillaciones, aquellos insultos, aquellas borracheras, todas aquellas noches en vela.

Por lo visto todos los domingos salían en pareja, cogidos del brazo camino de la iglesia, saludaban a los vecinos, amigos y parentela, luciendo en el cuello y dedos, collares y sortijas, trofeos de las batallas que había ganado en la perdida guerra.

Por lo visto un mal día, Pedro se pasó con la botella y sin poder controlarse comenzó a pegar en ella, como ya no había respeto le fue fácil cruzar la barrera, Manuela aguantó aquella noche y al día siguiente como si nada hubiera ocurrido, recordó aquella seta que hacía algún tiempo en el congelador había escondido, y preparó una comida para celebrar la primera paliza, ella no pudo comer ,se lo impidió un fuerte dolor de cabeza y cuando Pedro acabó, fregó los platos y se sentó a la espera...









lunes, 15 de noviembre de 2010

Tiresias


Tiresias molestando ás serpes cando estaban a copular


O solpor en Lavandeira

Conta Ovidio no libro III (314-338) da Metamorfose

Disque atopándose Xúpiter eufórico polo néctar que tomara, deixou de lado as súas graves preocupacións e decidiu pasar un pouco o tempo, falando de relacións sexuais,(segundo as malas linguas, quería xustificar as súas infidelidades) coa súa esposa Xuno, que pasaba por alí e que parecía que tampouco estaba moi ocupada, e díxolle: (maior vestra profecto est quam, quae contigit maribus voluptas) " dende logo é máis grande o pracer voso que o que conseguen os varóns".
Xuno lévalle a contraria e como non chegaron a pórse de acordo, decidiron consultar co sabio Tiresias, posto que este coñecía os praceres de ambos sexos.

Tiresias paseando un día pola fraga, cun golpe de bastón maltratara os corpos de dúas grandes serpes que estaban copulando, isto trouxo un castigo para el e durante sete anos converteuse en muller.
No oitavo ano viu de novo as serpes que volvían a estar copulando e golpeándoas de novo, volveu a converterse en home.

Designado como arbitro, Tiresias contestou sen vacilar que o pracer sexual compúñase de dez partes, das cales a muller quedaba con nove, e o home cunha soa. A resposta levantou as iras de Xuno (ao verse así privada do gran segredo do seu sexo), e castigou a Tiresias coa cegueira. O pobre Xúpiter, compadecéndose, outorgoulle, en compensación, o don da profecía e o privilexio da lonxevidade. En efecto, dise que Tiresias sobreviviu a sete xeracións, uns 170 anos.




Versión en Castelán


Cuenta Ovidio en su libro III (313-138) de La Metamorfosis

Por lo visto encontrándose Júpiter eufórico por el néctar que había tomado, dejó de lado sus graves preocupaciones y decidió pasar un poco el tiempo, hablando de relaciones sexuales,(según las malas lenguas, pretendía justificar sus infidelidades) con su esposa Juno, que pasaba por allí y que parecía que tampoco estaba muy ocupada, y le dijo: (maior vestra profecto est quam, quae contigitmaribus voluptas) "desde luego es más grande el placer vuestro que el que consiguen los varones".
Juno le lleva la contraria y como no llegaron a ponerse de acuerdo, decidieron consultar con el sabio Tiresias, puesto que este conocía los placeres de ambos sexos.

Tiresias paseando un día por el bosque, con un golpe de bastón había maltratado los cuerpos de dos grandes serpientes que estaban copulando, esto trajo un castigo para
Tiresias y durante siete años se convirtió en mujer.

En el octavo año vio de nuevo las serpientes que volvían a estar copulando y golpeándolas de nuevo, volvió a convertirse en hombre.



Designado como arbitro,
Tiresias contestó sin vacilar que el placer sexual se componía de diez partes, de las cuales la mujer se quedaba con nueve, y el hombre con una sola. La respuesta levantó las iras de Juno (al verse así privada del gran secreto de su sexo), y castigó a Tiresias con la ceguera. El pobre Júpiter, compadeciéndose, le otorgó, en compensación, el don de la profecía y el privilegio de la longevidad. En efecto, se dice que Tiresias sobrevivió a siete generaciones, unos 170 años.

martes, 9 de noviembre de 2010

A segunda elección de Sancho


O grupo PADA xa fixo a súa segunda elección, no blog "La sabiduria de Sancho"

O blog elixido foi:

" De colores"
de María Jesús Villamar, a entrada "Vaya Gaita"

Esperamos que vos guste tanto coma a nós.


lunes, 8 de noviembre de 2010

Bah, bah!... Se «ti es Petrus,» Que o demo me leve!



-> O fume ás veces prívanos de ver con claridade

Algunhas perlas que deixou o ilustre visitante.

"España vive unha laicidade, un anticlericalismo e un secularismo como o dos anos 30"
* Vaia, coma se nós tivésemos algún interese en saber que pensaba e facía el a finais dos anos trinta e principios dos corenta.


"A Igrexa avoga por adecuadas medidas económicas e sociais para que a muller atope no
fogar e no traballo a súa plena realización e para que o home e a muller que contraen matrimonio e forman unha familia sexan decididamente apoiados polo Estado"

* Sen comentarios...serían moi extensos.


"O amor xeneroso e indisoluble dun home e unha muller é o marco eficaz e o fundamento da vida humana na súa xestación, no seu alumeamento, no seu crecemento e no seu ámbito natural".

*E "o amor lascivo" que algúns do seu gremio teñen aos nen@s, "ese" tamén o bendice?


-> Versión en castelán


El humo a veces nos impide ver con claridad


Algunas perlas que nos dejó el ilustre visitante

"España vive una laicidad, un anticlericalismo y un secularismo como el de los anos 30"

*Vaya, como si a nosotros nos interesase lo que pensaba y hacía él a finales de los años treinta y principios de los cuarenta.


"La Iglesia aboga por adecuadas medidas económicas y sociales para que la mujer encuentre en el hogar y en el trabajo su plena realización y para que el hombre y la mujer que contraen matrimonio y forman una familia sean decididamente apoyados por el Estado."

* Sin comentarios
... serían muy extensos

"el amor generoso e indisoluble de un hombre y una mujer es el marco eficaz y el fundamento de la vida humana en su gestación, en su alumbramiento, en su crecimiento y en su ámbito natural".

* Y el "amor lascivo" que algunos de su gremio tienen a los niñ@s, ¿ese también los bendice?

miércoles, 3 de noviembre de 2010

A moto do Serreno / La moto del Serreno

Concurso Paradela



Versión Galega

O "Serreno" era o quinto fillo da Carmela, a Chancas. Vivían nunha casiña á carón da estrada. Aquela casa non tiña habitacións, só había unha sala, nun recuncho estaba unha lareira e ao lado dela, colgado na parede un cunqueiro con pratos e potas. O piso da casa estaba cheo de buracos, fronte á lareira noutro recuncho había dúas camas. Roupa colgada duns cordóns, unha arca preto da lareira que servía de mesa e un escano arrimado á parede preto do lume. Só había unha única fiestra e nunha das contras da fiestra, un espello pequeno, diante o palanganeiro, cunha palangana, e na parte baixa unha xarra de barro.

Carmela, era a muller máis pobre da miña aldea, tiña sete fillos e non tiña máis que aquela casiña. Os fillos eran de distintos pais, os maiores eran xa mozos, cando eu era rapaza, Moncho, o "Serreno", era da miña idade.

Este rapaz, case non falaba con ninguén e á escola ía sempre só, saía á porta da casa, cun guiador dunha bicicleta e na súa moto , primeiro dáballe ao pedal unhas cantas veces, con aquelas
chancas, polo menos, dous ou tres números máis grandes cós seus pés, e sen amallós, e despois arrancaba a moto, ás veces, calábaselle, volvía a dar pedal ata que acendía, pero el non baixaba dela ata chegar á escola. No recreo xogaba coa súa moto, dando voltas arredor de nós, e á saída volvía pór a moto en marcha, para volver á casa. Así era a vida do Serreno, desprazándose a todas partes naquela moto.

Nunca tiven ocasión de preguntarlle de que cor era a moto, porque como podedes imaxinar, só existía na imaxinación do rapaz, o único que podiamos ver os demais era un guiador que algunha vez formara parte dunha bicicleta, e estaba todo enfurruxado, e escoitar ao Serreno imitar o ruído dunha moto.




Chanquiñas, chanquiñas miñas, feitas de coiro e madeira
convosco aprendín a andar polos montes e canellas.

Ía baleirando charcos, saltando de pedra en pedra
levaba as vacas ao prado, á misa e á escola ía con elas.

Cando volvía da escola, despois de tomar a merenda,

saltaba á corda coas miñas chanquiñas, no campo da aldea.


Á noitiña sentaba no escano que había arredor da lareira,
meu avó contando contos de mouras, bruxas e meigas.

Na época da matanza, cando as chourizas estaban frescas
a miña avoa asábaas entre as brasas envolvidas nunha verza.


Mentres eu durmía na cama, as chanquiñas á carón da lareira
tiñan que estar quentiñas para non coller frieira.



Versión Castelán

El "Serreno" era el quinto hijo de la Carmela, la Chancas, vivían en una casita al lado de la carretera. Aquella casa no tenía habitaciones, sólo había una sala, en un rincón estaba un lar y al lado, colgado en la pared un alzadero con platos y ollas. El piso de la casa estaba lleno de agujeros, frente al lar, en otro rincón, había dos camas. Ropa colgada de unos cordones, un arca cerca del lar que servía de mesa y un banco arrimado a la pared cerca del fuego. Sólo había una única ventana y en una de las contraventanas, un espejo pequeño, delante el palanganero, con una palangana y en la parte baja una jarra de barro.

Carmela, era la mujer más pobre de mi aldea, tenía siete hijos y no tenía más que aquella casita. Los hijos eran de distintos padres, los mayores eran ya mozos, cuando yo era niña, Moncho, el "Serreno", era de mi edad.

Este niño, casi no hablaba con nadie y a la escuela iba siempre sólo, salía a la puerta de su casa, con un manillar de bicicleta y en su moto, primero le daba al pedal unas cuantas veces, con aquellos zuecos, por lo menos, dos o tres números más grandes que sus pies y sin cordones, y después arrancaba la moto, a veces se le calaba, volvía a dar pedal hasta que encendía, pero él no bajaba de ella hasta llegar a la escuela. En el recreo jugaba con su moto, dando vueltas alrededor de nosotros, y a la salida volvía a poner la moto en marcha, para volver a casa. Así era la vida del Serreno, desplazándose a todas partes en aquella moto.

Nunca tuve ocasión de preguntarle de que color era la moto, porque como podéis imaginar, sólo existía en la imaginación del niño, lo único que podíamos ver los demás era un manillar, que alguna vez había formado parte de una bicicleta, y estaba todo oxidado, y escuchar al Serreno imitar el ruido de una moto.


Zuequitos, zuequitos míos, hechos de cuero y madera
con vosotros aprendí a andar por los montes y callejas.

Iba vaciando charcos, saltando de piedra en piedra
llevaba las vacas al prado, a misa y con ellos iba a la escuela

Cuando volvía de la escuela, después de tomar la merienda,
saltaba a la comba con mis zuecos, en el campo de la aldea.

Al atardecer sentada en el banco que había alrededor de la "lareira",(1)
mi abuelo contando cuentos de mouras("2), brujas y meigas(3).

En la época de la matanza, cuando los chorizos estaban frescos
mi abuela los asaba entre las brasas envueltos en una berza.

Mientras yo dormía en la cama, los zuecos al lado de la "lareira"
tenían que estar calentitos para no coger frieira(4).


Vocabulario:
1.- lareira en castellano es lar (piedra plana colocada en el suelo sobre la que se hacía fuego y se cocinaba.
2.- mouras personajes mitológicos gallegos.

3.- meigas son magas, tienen un papel muy parecido al de las brujas, pero las meigas también pueden curar y hacer obras buenas.

4.- frieira en castellano son sabañones.





lunes, 1 de noviembre de 2010

Isto é o que desexo








Ao longo do camiño que percorremos,

uns máis, outros menos, todos algunha vez,
familiares, amigos, coñecidos, ...,
todos sen excepción imos perdendo,
uns doen máis, outros un pouquiño menos,
e outras veces a dor é tan grande
que nos rompemos por dentro.

Cando chegue o día do meu pasamento
nin misas, nin flores, nin funeral quero,
marchar sen despedidas, en silencio,
que os amigos o saiban, despois dun tempo.

Nin lápidas co meu nome, nin enterramento,

non quero ser un defunto que descanse no cemiterio,
aló no medio do monte, a ser posible nun outeiro,
que poñan as miñas cinzas a xogar co vento
arrolarme nas árbores e co seu murmullo
durmir o meu sono eterno.




->Versión Castelán

A lo largo del camino que recorremos,
unos más, otros menos, todos alguna vez,
familiares, amigos, conocidos, ...,
todos sin excepción, vamos perdiendo,
unos duelen más, otros un poquito menos,
y otras veces el dolor es tan grande
que nos rompemos por dentro.

Cuando llegue el día de mi muerte
ni misas, ni flores, ni funeral quiero,
marchar sin despedidas, en silencio,
que los amigos se enteren, después de un tiempo.

Ni lápidas con mi nombre, ni enterramiento,
no quiero ser un difunto que descanse en el cementerio,
allá en medio del monte, a ser posible en un cerro
que pongan mis cenizas a jugar con el viento
mecerme en los árboles y con su murmullo
dormir mi sueño eterno.