domingo, 21 de agosto de 2011

Relendo a Unamuno




Hoxe espertei pensando na obra de Unamuno "San Manuel Bueno, mártir", unha das obras literarias que máis me marcou. Hai moitos anos que a lin por vez primeira, pero dende aquela, volvín moitas veces.

A inmortalidade e a fe son o tema da novela, as grandes obsesións do autor. Pero exponse como a alternativa entre unha verdade tráxica e unha felicidade ilusoria.


"... cando volviamos para a casa, vimos unha moza, unha cabreira, que moi tesa sobre un alto na aba da montaña, á vista do lago estaba a cantar cunha voz máis fresca que as augas deste. Don Manuel detívome, e sinalándome, dixo: "Mira parece como se rematara o tempo, como se a moza estivera aí sempre, e como está, e cantando como está, e cando empezou a miña conciencia, como estará cando se me acabe. Esa moza forma parte, coas rochas, as nubes, as árbores, as augas, da Natureza e non da Historia"

"... Déixaos! É tan difícil facelos comprender onde acaba a crenza ortodoxa e onde comeza a superstición! E máis para nós. Déixaos, pois, mentres, consólanse. Vale máis que o crean todo, aínda que sexan cousas contraditorias entre si, a non que non crean nada. Iso de que o que cre demais acaba por non crer nada, é cousa de protestantes. Non protestemos. A protesta mata o contento."




Versión en castelán


Hoy desperté pensando en la obra de Unamuno "San Manuel Bueno, martir", una de las obras literarias que más me marcó. Hace muchos años que la leí por vez primera, pero desde entonces, volví muchas veces.

La inmortalidad y la fe son el tema de la novela, las grandes obsesiones del autor. Pero se exponen cómo la alternativa entre una verdad trágica y una felicidad ilusoria.


"..
. cuando volvíamos para la casa, vimos una chica, una pastora, que muy tiesa sobre un picacho en la falda de la montaña, a la vista del lago estaba cantando con una voz más fresca que las aguas de este. Don Manuel me detuvo, y señalándome, dijo: "Mira parece como se hubiera acabado el tiempo, como si la joven hubiera estado ahí siempre, y como está, y cantando como está, y cuando empezó mi conciencia, como estará cuando se me acabe. Esa chica forma parte, con las rocas, las nubes, los árboles, las aguas, de la Naturaleza y no de la Historia"

"... ¡Déjalos! ¡Es tan difícil hacerlos comprender dónde acaba la creencia ortodoxa y dónde empieza la superstición! Y más para nosotros. Déjalos, pues, mientras, se consuelan. Vale más que lo crean todo, aun cosas contradictorias entre sí, a no que no crean nada. Eso de que el que cree demasiado acaba por no creer nada, es cosa de protestantes.
No protestemos. La protesta mata el contento."

viernes, 19 de agosto de 2011

A reflexión do día



A gaita non cansa máis que a quen a toca, cada quen tócaa como sabe e como entende, se desafina é problema do gaiteiro e se alguén ten problemas que non o escoite, NON É OBRIGATORIO.


Hoxe, hai oito días que naceu Alicia, para os meus tres netos, esta canción de Enrique Bunbury, tamén para os meus seguidores.




Versión en castelán


La gaita no cansa más que a quien la toca, cada quien la toca como sabe, COMO QUIERE y como entiende, si desafina es problema del gaitero y se alguien tiene problemas que no lo escuche, NO ES OBLIGATORIO.


Hoy, hace ocho días que nació Alicia, para mis tres nietos esta canción de Enrique Bunbury, también para mis seguidores.

miércoles, 17 de agosto de 2011

Información de servizo publico





Disque en Madrid hai máis de 200 confesonarios, se alguén quere confesar, só ten que pasar por "El Retiro".
Eu soñei que estaba en "El Retiro" e facía esta foto.


Versión en Castelán

Por lo visto en Madrid hay más de 200 confesonarios, si alguien quiere confesarse, sólo tiene que pasar por "El Retiro".
Yo soñé que estaba en "El Retiro" y hacía esta foto.



lunes, 15 de agosto de 2011

Eu non espero a Bieito XVI, estou ocupada rezándolle aos meus deuses


Están moi moi boas e xa están maduras.



Sémelle, era filla de Cadmo e Harmonía, cando foi seducida por Zeus, este para non asustala, transformouse en mortal, xaceu con ela e a moza quedou encinta. Hera, como non podía ser doutro xeito, quixo castigala; así, ao sexto mes de embarazo visitou á moza disfrazada de vella , aconselloulle que pedise ao seu amante que non a enganase máis e se revelase ante ela coa súa natureza e forma auténtica, porque doutra forma, como podería ter a seguridade de que non era un monstro?

Sémelle, en quen a dúbida botou raíces, lembrou que Zeus lle prometera outorgar todo canto lle pedise, así que seguiu o consello de Hera, curiosa por coñecer o rostro do seu amante.

Zeus, aterrorizado pola petición, pero sen poder negarse, presentouse ante a moza empuñando o trono e os raios, e nese mesmo instante a desventurada rapaza quedou fulminada. Pero Zeus tivo tempo de retirar do ventre da nai ao fillo que esperaba e Hermes, sempre tan oportuno, implantoullo nunha das coxas para que o incubara. Tres meses despois naceu Dionisos/ Baco ("nado dúas veces") da coxa do seu divino proxenitor; por iso ao neno se lle chamou tamén Diméter, "o de dúas nais" .

Logo Perséfone, por encargo de Zeus, levou ao neno e púxoo ao coidado do rei Atamante de Orcómenos e da súa muller Ino (tía de Dionisos) para que o criasen, disfrazado de nena, para que non o atopase Hera. A raíña dos deuses con todo non se deixou enganar e, castigou á parella real facendo que se volvesen tolos.

Zeus transformou a Dionisos nun cabrito e entregouno ao coidado das ninfas do monte Nisa, Macris, Erato, Bromia e Baque, que o coidaron, consentírono e alimentárono. Estando con elas foi precisamente cando descubriu ou inventou o viño, seguramente por indicacións delas. O seu titor naquel retiro foi Sileno, un ancián feo e barrigudo, con fama de sabio e filósofo, borracho incorrixible, logo que o seu pupilo lle deu a probar as excelencias do seu descubrimento, que sen dúbida debía de ser un viño profético, porque din que desde entón vía o pasado e o futuro, aínda que o certo é que nunca volveu a dar un paso polo seu propio pé e facíase trasladar montado nun burro.


Chegado á idade adulta, Hera recoñeceuno e por suposto outra vez usou a súa arma máis letal e fixo que se volvese tolo. Deste xeito, medio mareado e dando tropezóns, o pobre deus percorreu o mundo, introducindo en todos os países o cultivo da vide e a obtención do viño, polo que en todas partes o adoraron.



Versión en castelán


Sémelle, era hija de Cadmo y Armonía, cuando fue seducida por Zeus, éste para no asustarla, se transformó en mortal, yació con ella y la joven quedó encinta. Hera, como no podía ser de otro modo, quiso castigarla; así, al sexto mes de embarazo visitó a la joven disfrazada de vieja , le aconsejó que pidiera a su amante que no la engañara más y se revelara ante ella con su naturaleza y forma auténtica, porque de otra forma, ¿cómo podría tener la seguridad de que no era un monstruo?

Sémele, en quien la duda echó raíces, recordó que Zeus le había prometido otorgar todo cuanto le pidiera, así que siguió el consejo de Hera, curiosa por conocer el rostro de su amante.

Zeus, aterrorizado por la petición, pero sin poder negarse, se presentó ante la chica empuñando el trueno y los rayos, y en ese mismo instante la desventurada joven quedó fulminada. Pero Zeus tuvo tiempo de retirar del vientre de la madre al hijo que esperaba y Hermes, siempre tan oportuno, se lo implantó en uno de los muslos para que lo incubara. Tres meses después nació Dionisos/ Baco ("nacido dos veces") del muslo de su divino progenitor; por eso al niño se le llamó también Diméter, "el de las dos madres" .

Luego Perséfone, bajo encargo de Zeus, llevó al niño y lo puso al cuidado del rey Atamante de Orcómenos y de su mujer Ino (tía de Dionisos) para que lo criaran, disfrazado de niña, para que no lo encontrara Hera. La reina de los dioses, con todo, no se dejó engañar y castigó a la pareja real haciendo que se volvieran locos.

Zeus transformó a Dionisos en un cabrito y lo entregó al cuidado de las ninfas del monte Nisa, Macris, Erato, Bromia y Baque, que lo cuidaron, lo consintieron y lo alimentaron. Estando con ellas fue precisamente cuando descubrió o inventó el vino, seguramente por indicación de ellas. Su tutor en aquel retiro fue Sileno, un anciano feo y barrigudo, con fama de sabio y filósofo, borracho incorregible, luego que su pupilo le dio a probar las excelencias de su descubrimiento, que sin duda, debía de ser un vino profético, porque dicen que desde entonces veía el pasado y el futuro, aunque lo cierto es que nunca volvió a dar un paso por su propio pie y se hacía trasladar montado en un burro.


Llegado a la edad adulta, Hera lo reconoció y por supuesto otra vez usó su arma más letal haciendo que se volviera loco. De este modo, medio mareado y dando traspiés, el pobre dios recorrió el mundo, introduciendo en todos los países el cultivo de la vid y la obtención del vino, por lo que en todas partes lo adoraron.

domingo, 14 de agosto de 2011

Os culpables???



Foto tomada de http://www.xornal.com

Isto xa non é noticia, ocorreu hai dous días, agora mesmo está ocorrendo noutros lugares de Ourense.

Os culpables???

Antes os montes non ardían porque non había cociñas de butano, nin eléctricas, os veciños ían ao monte a buscar leña, para cociñar e quentarse. O abandono do medio rural na década dos sesenta e a chegada doutras enerxías foi a causa de que os montes fosen abandonados.

Disque, aló polos anos sesenta, unha vaga de incendios queimaron a metade dos montes de Ourense, na baiuca da aldea era o tema de conversación, había que buscar ao culpable. Ramón, o Coxo, era todo unha autoridade á hora de opinar, e berrou alto e claro para que ouvisen ben todos e non houbese lugar a algunha dúbida.
-Dixéronme os do tricornio, xa sabedes que eu son a súa man dereita nestas terras, que os que plantaron o lume foron uns Roxos pagados pola URSS. Eles xa están preto de descubrir quen son e non van tardar en pegarlles un tiro a cada un.

Na época de Fraga, os incendios de verán, percorreron de norte a sur e de leste a oeste a Comunidade, daquela os culpables eran os nacionalistas, si, houbo algún político que se atreveu a facer esa acusación. Calquera cousa, menos admitir a parte de culpa que lle corresponde aos que gobernan.

Na etapa do Bipartito, de novo tivemos un verán negro, tan negro que ata Feijóo, daquela na oposición, colleu a mangueira do xardín e vestido para a ocasión, foise apagar o lume acompañado de fotógrafos. Tamén, nese momento, se buscou un culpable e chegouse a conclusión que había que perseguir aos pirómanos e obrigar aos donos dos montes a cortar a maleza, porque o monte limpo, aínda que lle planten lume, non arde.

Elaborouse unha proposta de Lei que serviu para que os do PP (os que agora gobernan) nas eleccións autonómicas fosen polas aldeas dicíndolles aos veciños que se votaban ao BNG íanse quedar sen as súas propiedades. Grazas a isto e outros moitos embustes, entre outras cousas, agora están no poder, XA CHEGARON, E OS MONTES SEGUEN ARDENDO.

Agora din que son os pirómanos, claro, pero pirómanos sempre houbo, non é nada novo.

O pirómano planta o lume e eles, os que gobernan, nin limpan nin obrigan a limpar, os camiños están de novo cheos de maleza, intransitables, reducíronse os medios contra incendio. Este verán parecía que íamos ter sorte, pero de golpe veñen dous días de altas temperaturas e todos vemos como os nosos montes arden.

Non hai cartos para limpar os montes, non hai cartos para educación, non hai cartos para sanidade, non hai cartos...

Pero organizamos visitas do papa, queimamos euros a montóns en propagandas partidistas, seguimos cos coches oficiais, pelexamos todos os días porque se chega ou non chega o AVE e mentres arde Galicia e nas próximas eleccións oiremos que foi Zapatero, Rubalcaba ou os nacionalistas os que acenderon a mecha.





Versión en castelán

Esto ya no es noticia, ocurrió hace dos días, ahora mismo, está ocurriendo en otros lugares de Ourense.

Los culpables???

Antes los montes no ardían porque no había cocinas de butano, ni eléctricas, los vecinos iban al monte a buscar leña, para cocinar y calentarse. El abandono del medio rural en la década de los sesenta y la llegada de otras energías fue la causa de que los montes fuesen abandonados.

Por lo visto, allá por los años sesenta, una ola de incendios quemaron la mitad de los montes de Ourense, en la taberna de la aldea era el tema de conversación, había que buscar al culpable. Ramón, el Coxo, era todo una autoridad a la hora de opinar, y gritó alto y claro para que oyeran bien todos y no hubiese lugar a ninguna duda.
-Me dijeron los del tricornio, ya sabéis que yo soy su mano derecha en estas tierras, que los que provocaron el fuego fueron unos Rojos pagados por la URSS. Ellos ya están a punto de descubrir quién son y no van a tardar en pegarles un tiro a cada uno.

En la época de Fraga, los incendios de verano, recorrieron de norte a sur y de este a oeste la Comunidad, en esta ocasión los culpables eran los nacionalistas, sí, hubo algún político que se atrevió a hacer esa acusación. Cualquier cosa, menos admitir la parte de culpa que le corresponde a los que gobiernan.

En la etapa del Bipartito, de nuevo tuvimos un verano negro, tan negro que hasta Feijóo, entonces en la oposición, cogió la manguera del jardín y vestido para la ocasión se fue a apagar el fuego acompañado de fotógrafos. También, en ese momento, se buscó un culpable y se llegó a conclusión que había que perseguir a los pirómanos y obligar a los dueños de los montes a cortar la maleza, porque el monte limpio, aunque le planten fuego, no arde.

Se elaboró una propuesta de Ley que sirvió para que los del PP (los que ahora gobiernan) en las elecciones autonómicas fueran por las aldeas diciéndoles a los vecinos que si votaban al BNG se iban a quedar sin sus propiedades. Gracias a esto y otros muchos embustes, entre otras cosas, ahora están en el poder, YA LLEGARON, Y Los MONTES SIGUEN ARDIENDO.

Ahora dicen que son los pirómanos, claro, pero pirómanos siempre hubo, no es nada nuevo.

El pirómano planta el fuego y ellos, los que gobiernan, ni limpian ni obligan a limpiar, los caminos están de nuevo llenos de maleza, intransitables, se redujeron los medios contra incendio. Este verano parecía que íbamos a tener suerte, pero de golpe vienen dos días de altas temperaturas y todos vemos como nuestros montes arden.

No hay dinero para limpiar los montes, no hay dinero para educación, no hay dinero para sanidad, no hay dinero...

Pero organizamos visitas del papa, quemamos euros a montones en propagandas partidistas, seguimos con los coches oficiales, peleamos todos los días porque si llega o no llega el AVE y mientras, arde Galicia y en las próximas elecciones oiremos que fue Zapatero, Rubalcaba o los nacionalistas los que encendieron la mecha.

martes, 2 de agosto de 2011

A campá da casa do cego (Concurso Paradela)




->Versión en galego

Disque el quedara cego cando aínda era un meniño, foi por culpa dunha enfermidade desas que se teñen cando somos pequenos. Sempre foi moi raro e nunca o viron falar cos veciños, só saudaba ao pasar e pobre do rapaz que se lle puxese no camiño, zorregáballe co caxato. Non sabemos onde coñeceu a aquela muller, pero un día apareceu con ela na aldea e dende aquela vivían os tres, o can, a muller e o cego. Ela parecía boa muller e non che era mal feita, non sei como puido arrimarse a el. Tíñaa sempre controlada, cando ela se paraba con alguén a falar, el tocaba esa campá que ten colgada na porta e se non chegaba ao instante, ao pasar por o seu carón soltáballe un golpe co caxato. O malnacido ver non vía, pero tíñache unha puntería de carallo, contoume Antón que un día cando estaba nas cepas que estreman coa súa horta, viu como lle tiraba un sacho e lle deu con el na cabeza, despois ela fuxiu correndo cara á casa coa cabeza chea de sangue.
Disque un día ela desapareceu e non se soubo máis dela, hai quen di, que aproveitou cando el estaba durmindo e fuxiu andando ata a cidade. O cego pasou aquela mañá tocando a campá, segundo ían pasando as horas o badalo soaba máis forte, parecía que ía romper, ao final meteuse dentro da casa. Un bo día, din que o viron saír cun saco ao lombo, ía acompañado do can e colleron o camiño que leva ao río. Dende aquela, hai días que se escoita, á noitiña, unha ou dúas badaladas, hai quen di que é o vento, pero soa tan triste que máis ben parece outra cousa. Os rapaces xogando, de cando en vez, poñen como reto ir tocar a campá, na aldea están convencidos que na casa do cego hai pantasmas.


->Versión en castelán

Por lo visto él se había quedado ciego siendo un niño, fue por causa de una enfermedad de esas que se tienen cuando somos pequeños. Siempre fue muy raro y nunca lo vieron hablar con los vecinos, sólo saludaba al pasar y pobre del chaval que se le pusiera en el camino, le daba con el bastón. No se sabe donde conoció a aquella mujer, pero un día apareció con ella en la aldea y desde entonces vivían los tres, el perro, la mujer y el ciego. Ella parecía una buena mujer y no era fea, no sé como pudo arrimarse a él. La tenía siempre controlada, cuando ella se paraba con alguien a hablar, él tocaba esa campana que está colgada en la puerta y si no llegaba al instante, al pasar a su lado le soltaba un golpe con el bastón. El malnacido, ver no vía, pero tenía una puntería de carajo. Me contó Antón que un día cuando estaba en la viña que linda con su huerta, vio como le tiraba un sacho y le daba con él en la cabeza, después ella huyó, corriendo hacia la casa, con la cabeza llena de sangre.
Por lo visto un día desapareció y no se supo más de ella, hay quien dice, que aprovechó mientras él estaba durmiendo y huyó andando hasta la ciudad. El ciego pasó aquella mañana tocando la campana, según iban pasando las horas el badajo sonaba más fuerte, parecía que iba a romper, al final se metió dentro de casa. Un buen día, lo vieron salir con un saco a cuestas, iba acompañado del perro y cogieron el camino que lleva al río. Desde entonces, algunos días se escucha, al anochecer, una o dos campanadas, hay quien dice que es el viento, pero suena tan triste que más bien parece otra cosa. Los niños jugando, de vez en cuando, ponen como reto ir a tocar la campana, en la aldea están convencidos que en la casa del ciego hay fantasma.

viernes, 29 de julio de 2011

Granito



Aí están, no cume do monte, sen mantas nin sombreiros,

as grises pedras de granito soportando veráns e invernos,


testemuñas silandeiras das vicisitudes do tempo,


conservan na súa memoria as marcas que deixaron


macetas, cuñas, punteiros, ciceis, buxardas, pauferros,


e moitas outras ferramentas dos mestres canteiros.



De granito son os pazos, de granito os cruceiros


tamén é a lareira na que cociñaban os antergos,


de granito son as airas para mallar o centeo


e sobre o granito álzanse os nosos cabaceiros,
as paredes das casas e as lápidas dos cemiterios.
veneramos ao granito nos nosos monumentos.






Versión en castelán


Ahí están, en la cumbre del monte, sin mantas ni sombreros,


las grises piedras de granito, soportando veranos e inviernos,


testigos silenciosos de las vicisitudes del tiempo,


conservan en su memoria las marcas que dejaron

mazas, cuñas,cinceles, bujardas, palancas, punteros

y otras muchas herramientas de los maestros canteros.



De granito son los pazos, de granito los cruceiros

de granito es el lar en el que cocinaban los ancestros,


de granito son las eras para trillar el centeno

y también sobre granito se alzan los horreos gallegos,


las paredes de las casas y las lápidas de los cementerios,

veneramos al granito en nuestros monumentos.