martes, 18 de octubre de 2011

Días de lume e fume


Esta foto tomeina de internet






EU SON NINGUÉN. TI ES QUEN?

Eu son ninguén, ti es quen?
Es ninguén ti tamén?
Somos pois dous? -non o digas!

Pronto o divulgarían!
Ser alguén é unha fastío!
Que impúdico, cal a ra
presentarte todo o día
ao pantano que te admira!







Versión en castelán

YO SOY NADIE. ¿TÚ ERES QUIÉN?

Yo soy nadie, ¿tú
eres quién?
¿Eres nadie tú también?
Somos pues dos —¡no lo digas!
¡Pronto lo divulgarían!

¡Ser alguien es una lata!
¡Qué impúdico, cual la rana
presentarte todo el día
al pantano que te admira!

viernes, 14 de octubre de 2011

Froitos do outono




froitos do érbedo, os morogos


érbedo (a esta árbore adiqueille unha entrada hai algún tempo)

"A historia dos homes é a historia dos seus desencontros con deus, nin el nos entende a nós nin nós o entendemos a el", di Saramago en Caín.


A muller de Lot


Talvez mirei cara atrás por curiosidade.


Pero ademais de curiosidade puiden ter outras razóns.


Mirei cara atrás porque me deu tristeza a cunca de prata.


Por distracción: amarrando o cordón da sandalia.


Para non mirar máis a caluga xusta


do meu marido, Lot.


Pola seguridade repentina de que se eu morrese,


el non se detería


Pola desobediencia natural dos humildes.


Escoitando como nos perseguían.


Conmovida polo silencio, pensando que Deus cambiaría de idea.


As nosas dúas fillas perdíanse xa tras o outeiro.


Sentín a vellez en min. O afastamento.


O inútil de viaxar. Sono.


Mirei cara atrás mentres puña o meu fardelo no chan.


Mirei cara atrás preocupada polo seguinte paso.


No meu camiño apareceron serpes,


arañas, ratos de campo e pitos de voitre.


Nin bos, nin malos; simplemente o vivo, todo,


brincaba e arrastrábase por un temor colectivo.


Mirei cara atrás por soidade.


Pola vergoña de fuxir ás agachadas.


Polas ganas de berrar, de regresar.


Ou porque xusto entón soltouse o vento,


desatou o meu pelo e levantoume o vestido.


Sentín que me vían desde os muros de Sodoma


e morrían de risa, unha e outra vez.


Mirei cara atrás enchida de rabia.


Para gozar plenamente a súa ruína.


Mirei cara atrás por todas as razóns mencionadas.


Mirei cara atrás sen querer.


Foi só que unha rocha virou gruñindo baixo os meus pés.


Que unha greta de súpeto cortoume o paso.


Na beira un hámster axitaba as patas dianteiras.


E entón ambos miramos cara atrás.


Non, non. Eu seguín correndo, arrastrándome e rubindo


ata que a escuridade caeu do ceo,


e con ela cascallos ardendo e aves mortas.


Por falta de alento varias veces perdín o equilibrio.


Se alguén me viu, pensaría que bailaba.


É posible que tivese os ollos abertos.


Que caese mirando cara á cidade.



Wislawa Szymborska




Versión en Castelán


Madroño

"La historia de los hombres es la historia de sus desencuentros con dios, ni él nos entiende a nosotros ni nosotros lo entendemos a él”, dice Saramago en Caín




La mujer de Lot


Tal vez miré hacia atrás por curiosidad.


Pero además de curiosidad pude tener otras razones.


Miré hacia atrás porque me dio tristeza la escudilla de plata.


Por distracción: amarrándome el cordón de la sandalia.


Para no mirar más la nuca justa


de mi marido, Lot.


Por la seguridad repentina de que si yo muriera,


él no se detendría


Por la desobediencia natural de los humildes.


Escuchando cómo nos perseguían.


Conmovida por el silencio, pensando que Dios cambiaría de idea.


Nuestras dos hijas se perdían ya tras la colina.


Sentí la vejez en mí. El alejamiento.


Lo inútil de viajar. Sueño.


Miré hacia atrás mientras ponía mi hatillo en el suelo.


Miré hacia atrás preocupada por el siguiente paso.


En mi camino aparecieron serpientes,


arañas, ratones de campo y polluelos de buitre.


Ni buenos, ni malos; simplemente lo vivo, todo,


brincaba y se arrastraba por un temor colectivo.


Miré hacia atrás por soledad.


Por la vergüenza de huir a escondidas.


Por las ganas de gritar, de regresar.


O porque justo entonces se soltó el viento,


desató mi pelo y me levantó el vestido.


Sentí que me veían desde los muros de Sodoma


y se morían de risa, una y otra vez.


Miré hacia atrás llena de rabia.


Para gozar plenamente su ruina.


Miré hacia atrás por todas las razones mencionadas.


Miré hacia atrás sin querer.


Fue sólo que una roca giró gruñendo bajo mis pies.


Que una grieta de pronto me cortó el paso.


En la orilla un hámster agitaba las patas delanteras.


Y entonces ambos miramos hacia atrás.


No, no. Yo seguí corriendo, arrastrándome y trepando


hasta que la oscuridad cayó del cielo,


y con ella grava ardiendo y aves muertas.


Por falta de aliento varias veces perdí el equilibrio.


Si alguien me hubiera visto, pensaría que bailaba.


Es posible que haya tenido los ojos abiertos.


Que haya caído mirando hacia la ciudad.



Wislawa Szymborska

lunes, 3 de octubre de 2011

Grazas a todos aos que os preocupou a miña ausencia


Serán así as pegadas que van deixando na nosa alma os seres queridos cando se van?
¿Serán así las huellas que van dejando en nuestra alma los seres queridos cuando se van?

Durante o mes de setembro estiven perdida nunha mesta néboa, non actualicei o blogue porque non tiña nin podía dicir nada. Perdoade por volver de novo cunha entrada que xa hai tempo que saquei, daquela case non tiña seguidores polo que espero sexa unha novidade.
Estou preparando outra persoal pero aínda me costa moito expresar o que sento.

Mentres algo da mitoloxía.


O Hermafrodito


No libro IV da Metamorfose, Ovidio cóntanos a historia do
Hermafrodito.

Este era fillo de Afrodita e Hermes, en honra dos cales recibiu o seu nome, unha mestura do nome dos seus pais.


Afrodita (Venus para os romanos), ao sentirse culpable de adulterio, separouse do seu fillo e deixouno no monte Ida (en Frixia) ao cuidado das ninfas do monte (As Náiades), por quen foi criado.



Co paso do tempo, o neno converteuse nun mozo de gran beleza. Un bo día, Hermafrodito decidiu saír a percorrer as terras gregas. Indo de camiño a Caria, en Halicarnaso, o exceso da calor daquel día fíxoo aproximarse a un lago para refrescar o seu corpo, e sacando a roupa, púxose a nadar espido.


A náiade Salmacis, que era a única ninfa a quen el non coñecía, pasaba o seu tempo mergullándose no seu propio lago, peiteando os cabelos cun peite de madeira de buxo ou co corpo envolto nun vestido transparente, deitada sobre as follas brandas ou nas herbas e tamén noutras ocasións recollendo flores. Precisamente estaba a recoller flores cando viu ao mozo, e ao observar o seu corpo espido, sentiu unha atracción inmediata cara a el e non tardou en espirse e achegárselle para tratar de conquistalo, pero o mozo resistiuse.
Aínda así, a ninfa non desistiu no seu empeño e abrazouno fortemente, arrastrándoo ao fondo, mentres loitaba con el, suplicou aos deuses para que non separasen os seus corpos, dicindo: Aínda que loites, maldito, non por iso vas fuxir! Deuses, facede que nada poida xamais separalo de min nin separarme del!.

Os deuses, atendendo a súa súplica, concedéronlle o seu desexo e ambos corpos fusionáronse para sempre nun só ser, de dobre sexo.


Hermafrodito suplicou aos seus pais, os deuses, que todo mozo que se bañase naquel lago correse a súa mesma sorte. Desta forma, o lago arrebataría a virilidade a todo aquel que se bañase nel, tal como así llo concederon os deuses.


Este mito foi a orixe ao uso da expresión
"hermafrodita", para describir ás persoas intersexuais.



Versión en castelán


Durante el mes de septiembre estuve perdida en una densa niebla, no actualicé el blogue porque no tenía ni podía decir nada. Perdonad por volver de nuevo con una entrada que ya hace tiempo que saqué, entonces casi no tenía seguidores por lo que espero sea una novedad.
Estoy preparando otra personal pero aún me cuesta mucho expresar lo que siento.

Mientras algo de mitología.


El Hermafrodito

En el libro IV de la Metamorfosis, Ovidio nos cuentan la historia del Hermafrodito.

Éste era hijo de Afrodita y Hermes, en honra de los cuales recibió su nombre, una mezcla del nombre de sus padres.


Afrodita (Venus para los romanos), al sentirse culpable de adulterio, se separó de su hijo y lo dejó en el monte Ida (en Frixia) al cuidado de las ninfas del monte (Las Náyades), que lo criaron.


Con el paso del tiempo, el niño se convirtió en un chico de gran belleza. Un buen día, Hermafrodito decidió salir a recorrer las tierras griegas. Yendo de camino a Caria, en Halicarnaso, el exceso de calor de aquel día lo hizo aproximarse a un lago para refrescar su cuerpo, y sacando la ropa, se puso a nadar desnudo.


La náyade Salmacis, que era la única ninfa a quien él no conocía, pasaba su tiempo sumergiéndose en su propio lago, peinando los cabellos con un peine de madera de boj o con el cuerpo envuelto en un vestido transparente, acostada sobre las hojas blandas o en las hierbas y también en otras ocasiones recogiendo flores. Precisamente estaba recogiendo flores cuando vio al chico, y observando su cuerpo desnudo, sintió atracción inmediata hacia él, no tardndo en desnudarse y acercársele para tratar de conquistarlo, pero el chico se resistió.


A pesar de todo, la ninfa no desistió en su empeño y lo abrazó fuertemente, arrastrándolo al fondo, mientras luchaba con él, suplicó a los dioses para que no separaran sus cuerpos, diciendo:
Aunque luches, maldito, no por eso vas a huir! Dioses, haced que nada pueda jamás separarlo de mí ni separarme de él!.

Los dioses, atendiendo su súplica, le concedieron su deseo y ambos cuerpos se fusionaron para siempre jamás en un único ser, de doble sexo.


Hermafrodito suplicó a sus padres, los dioses, que todo joven que se bañara en aquel lago corriese su misma suerte. De esta forma, el lago arrebataría la virilidad a todo aquel que se bañase en él, tal como así se lo concedieron los dioses.


Este mito fue el origen al uso de la expresión
"hermafrodita", para describir a las personas intersexuais.

miércoles, 31 de agosto de 2011

Cousas da vida





As catro son fermosas, locen a súa fermosura cada unha á súa maneira, sen facer de menos á súa veciña, non necesitan presumir dos seus antergos, porque elas locen polos seus méritos e teñen claro que os méritos non se herdan.


Disque sempre lle estaba a contar o mesmo, ela non soportaba a aquela muller, pero non tiña más remedio que seguir indo todos os días limpar a súa casa. Vixiaba mentres ela limpaba, ía detrás pasando a man a ver se deixara algo sen limpar, e mentres a perseguía de habitación en habitación, non paraba de falar, preguntáballe o mesmo todos os días.


- Os seus fillos que fan, están a aprender un oficio?


- Xa lle dixen que están no instituto.


- Ai, agora estuda todo o mundo!, é o mesmo que sexas fillo dun médico ou no seu caso dunha muller do servizo. Claro despois pasa o que pasa..., eses rapaces... nunca chegan a nada. O meu neto vai ser avogado coma o seu pai e o seu avó e os seus fillos terían que ser o que son os seus pais.


- Pois non, señora, os meus fillos van ser o que eles queiran, para iso teñen aos seus pais que traballan para eles. E vostede, xa que quere que o seu neto sexa avogado, faría ben en vixialo e ir preguntar ao instituto as veces que vai a clase.


Disque, despois de algúns anos un dos fillos do albanel e a "chacha" é profesor no mesmo instituto no que el estudou e o outro traballa como periodista nun xornal de tirada nacional, o neto da "señora" despois de ter fracasado na universidade, fíxose das xuventudes dun partido político e hai quen di que sendo neto e fillo de quen é, poida que o agarde un "bo futuro".


Versión en castelán


Las cuatro son hermosas, lucen su hermosura cada una a su manera, sin menospreciar a su vecina, no necesitan presumir de sus antepasados, porque ellas lucen por sus méritos y tienen claro que los méritos no se heredan.


Por lo visto, siempre le estaba contando lo mismo, ella no soportaba a aquella mujer, pero no tenía más remedio que seguir yendo todos los días a limpiar su casa. Vigilaba mientras ella limpiaba, iba detrás pasando la mano a ver si había dejado algo sin limpiar, y mientras la perseguía de habitación en habitación, no paraba de hablar, le preguntaba lo mismo todos los días.

- Sus hijos que hacen, están aprendiendo un oficio?

- Ya le dije que están en el instituto.

- ¡Ai, ahora estudia todo el mundo!, lo mismo da que seas hijo de un médico o en su caso de una mujer del servicio. Claro después pasa lo que pasa..., esos chicos... nunca llegan a nada. Mi nieto va a ser abogado como su padre y su abuelo y sus hijos tendrían que ser lo que son sus padres.

- ¡Pues no!, señora, mis hijos van a ser lo que ellos quieran, para eso tienen a sus padres que trabajan para ellos. Y usted, ya que quiere que su nieto sea abogado, haría bien en vigilarlo e ir a preguntar al instituto las veces que va a clase.

Por lo visto después de algunos años uno de los hijos del albañil y la "chacha" es profesor en el mismo instituto en el que él estudió y el otro trabaja como periodista en un periódico de tirada nacional, el nieto de la "señora" después de haber fracasado en la universidad, se hizo de las juventudes de un partido político y dicen que siendo nieto e hijo de quién es, puede que le espere un "buen futuro".




jueves, 25 de agosto de 2011

Cousas da vida




Levaba anos sen vela, aínda que non vivían lonxe unha da outra. Xa non lembraba a última vez que falaron ou discutiron, porque iso era o que fixeran as últimas veces.

Viuna que viña pola beirarrúa de enfronte e recoñeceuna ao momento, pasaran moitos, moitos anos, estaba máis vella, máis gorda, pero era "ela".


-Mira, enfronte, aí vén a túa avoa.


-Ah, pois si, é a túa nai, que facemos?


-Eu seguir, ti o que queiras.


-Pois ti verás, se non queres falarlle, eu sigo. É a túa nai, a miña es ti. Ademais a última vez que a atopei na rúa só facía falarme do guapo que é o outro neto, coma se eu fose a curmá do pobo. Esqueceuse que ao meu irmán aínda non o coñece.

"Ela" seguiu como se non as vira, aínda que era difícil non ver á súa filla e á súa neta, pero ela xa tiña experiencia nisto, non era a primeira vez que o facía.


Nunca a quixo coma unha filla, cando era meniña, unha das poucas veces que foran xuntas pola rúa, atoparon a unha coñecida.

-Canto tempo sen verte!, que é da túa vida?... e esta rapaza, é túa irmá?

Non se atreveu a abrir a boca para negala, pero a súa filla viu como movía a cabeza para afirmar que era a súa irmá.

Por que discutiran a última vez?. Precisamente porque "ela" esqueceu que estaba a falar coa súa filla, o subconsciente xogoulle unha mala pasada.

Había algún tempo, unha amiga que vive no mesmo edificio no que vive "ela", chamouna por teléfono para contarlle que ouvira como lle dicía a unha veciña que só tiña tres fillas e un neto.




Que pode mover a unha muller a esquecer, avergoñarse, repudiar, vivir de costas ao fill@, a pesar de que o único delito de es@ fill@ foi haber nacido?




Por que a filla non cruzou a rúa e se acercou á súa nai ?

Por que non perdoar unha vez máis?







->Versión en castelán




Llevaba años sin verla, aunque no vivían lejos una de la otra. Ya no recordaba la última vez que hablaron o discutieron, porque eso era lo que hacían las últimas veces.


La vio que venía por la acera de enfrente y la reconoció al momento, habían pasado muchos, muchos años, estaba más vieja, más gorda, pero era "ella".


-Mira, enfrente, ahí viene tu abuela.


-Ah, pues sí, es tu madre, ¿qué hacemos?


-Yo seguir, tú lo que quieras.


-Pues tú verás, si no quieres hablarle, yo sigo. Es tu madre, la mía eres tú. Además la última vez que la encontré en la calle sólo hacía hablarme de lo guapo que es el otro nieto, como si yo fuera la prima del pueblo. Se olvidó que a mi hermano aún no lo conoce.


"Ella" siguió como si no las hubiera visto, aunque era difícil no ver a su hija y a su nieta, pero ella ya tenía experiencia en esto, no era la primera vez que lo hacía.


Nunca la quiso como una hija, cuando era niña, una de las pocas veces que fueran las dos juntas por la calle, encontraron a una conocida.

-¡Cuánto tiempo sin verte!, ¿qué es de tu vida?... ¿ y esta niña, es tu hermana?

No se atrevió a abrir la boca para negarla, pero su hija vio como movía la cabeza para afirmar que era su hermana.


¿Por qué habían discutido la última vez?. Precisamente porque "ella" olvidó que estaba hablando con su hija, el subconsciente le jugó una mala pasada.



Hacía tiempo, una amiga que vive en el mismo edificio en el que vive "ella", la llamó por teléfono para contarle que había oído como le decía a una vecina que sólo tenía tres hijas y un nieto.



¿Qué puede mover a una mujer a olvidar, avergonzarse, repudiar, vivir de espaldas a un(@) hij@ a pesar de que el único delito de es@ fill@ fue el haber nacido?



¿
Por qué la hija no cruzó la calle y se acercó a su madre?

¿Por qué no perdonar una vez más?


miércoles, 24 de agosto de 2011

Reflexións


Foto tomada http://www.xeologosdelmundu.org/?q=es/node/847


Foto tomada de http://bamopablog.files.wordpress.com/2008/04/pies-descalzos.jpg


Foto tomada de http://efluvismodiario.blogspot.com/2011/04/al-90.html




Foto tomada de http://www.elmundo.es/elmundo/2011/08/19/espana/1313737025.html

Cal é o verdadeiro representante do Cristo, do que falan os evanxeos?

¿Cuál es el verdadero representante del Cristo, del que hablan los evangelios?

domingo, 21 de agosto de 2011

Relendo a Unamuno




Hoxe espertei pensando na obra de Unamuno "San Manuel Bueno, mártir", unha das obras literarias que máis me marcou. Hai moitos anos que a lin por vez primeira, pero dende aquela, volvín moitas veces.

A inmortalidade e a fe son o tema da novela, as grandes obsesións do autor. Pero exponse como a alternativa entre unha verdade tráxica e unha felicidade ilusoria.


"... cando volviamos para a casa, vimos unha moza, unha cabreira, que moi tesa sobre un alto na aba da montaña, á vista do lago estaba a cantar cunha voz máis fresca que as augas deste. Don Manuel detívome, e sinalándome, dixo: "Mira parece como se rematara o tempo, como se a moza estivera aí sempre, e como está, e cantando como está, e cando empezou a miña conciencia, como estará cando se me acabe. Esa moza forma parte, coas rochas, as nubes, as árbores, as augas, da Natureza e non da Historia"

"... Déixaos! É tan difícil facelos comprender onde acaba a crenza ortodoxa e onde comeza a superstición! E máis para nós. Déixaos, pois, mentres, consólanse. Vale máis que o crean todo, aínda que sexan cousas contraditorias entre si, a non que non crean nada. Iso de que o que cre demais acaba por non crer nada, é cousa de protestantes. Non protestemos. A protesta mata o contento."




Versión en castelán


Hoy desperté pensando en la obra de Unamuno "San Manuel Bueno, martir", una de las obras literarias que más me marcó. Hace muchos años que la leí por vez primera, pero desde entonces, volví muchas veces.

La inmortalidad y la fe son el tema de la novela, las grandes obsesiones del autor. Pero se exponen cómo la alternativa entre una verdad trágica y una felicidad ilusoria.


"..
. cuando volvíamos para la casa, vimos una chica, una pastora, que muy tiesa sobre un picacho en la falda de la montaña, a la vista del lago estaba cantando con una voz más fresca que las aguas de este. Don Manuel me detuvo, y señalándome, dijo: "Mira parece como se hubiera acabado el tiempo, como si la joven hubiera estado ahí siempre, y como está, y cantando como está, y cuando empezó mi conciencia, como estará cuando se me acabe. Esa chica forma parte, con las rocas, las nubes, los árboles, las aguas, de la Naturaleza y no de la Historia"

"... ¡Déjalos! ¡Es tan difícil hacerlos comprender dónde acaba la creencia ortodoxa y dónde empieza la superstición! Y más para nosotros. Déjalos, pues, mientras, se consuelan. Vale más que lo crean todo, aun cosas contradictorias entre sí, a no que no crean nada. Eso de que el que cree demasiado acaba por no creer nada, es cosa de protestantes.
No protestemos. La protesta mata el contento."