sábado, 10 de marzo de 2012

Cousas que lin en algures


No mundo ten que haber de todo. Por tanto cada quen nace coa súa estrela que ha de levar polo camiño das ciencias, das letras, ..., ou da nugalla. Hai quen aprende moito, e hai quen non sabe aprender, como o caso dun home que non sabía contar, e cando lle preguntaban cuantos pitos tiña a súa pita, para dicir que eran cinco, dicía: "ten dúas veces dous e despois un".

Tamén hai xente que quere conseguir tanto, que non consigue nada.


O Venancio era dos que se contentaban con pouco. Un día quixo sacar os pés das alforxas e marchou a Francia na procura de traballo, pero como a maiores de ser pouco lido era un fervellasverzas non botou sequera seis meses en Francia (enfermou de saudade e só resistiu o tempo xusto para gañar para a viaxe de volta). A min gustábame moito falar con el, para que me contase cousas da emigración, do que pouco el sabía, pois naqueles seis meses estivo morando nun alpendre onde só había xente española.


- E que tal te entendías cos franchutes? -preguntaba eu.


- O francés é moi fácil -respondeu o Venancio- O pan chámase "pen" o viño "ven", os ganchos "cousas tortas" e o resto coma nós.


- E que difícil o poñen nos libros! -dixen eu.


Non era a primeira vez que me atopaba coa xente que ten moita facilidade para aprender idiomas.

Un día, un amigo contoume unha anécdota cun portugués que estaba empregado de camareiro nun hotel onde se hospedaba, e preguntoulle:


- O señor, que desexa? -Continuaron a falar na súa linguaxe. Resultou ser do Algarve e pensou que el era do Porto.


-Que tal se leva cos españois -preguntou o meu amigo


-Muito ben, mais teño a dicirlle que estes españois son moi burros, xa levo aquí seis meses, e aínda non aprenderon a falar en portugués comigo.


-E voce que tal fala español?


-O español é muito fácil: o "presunto" chámase "gamón" e os "carneiros" son "ovegas".


-Outro Venancio! -pensei eu cando mo contou o meu amigo.

Hai xente que ten moita facilidade para aprender linguas pero se non queren ser coma o Venancio e o portugués deberían de respectar as súas normas.




Versión en castelán

En este mundo tiene que haber de todo. Por tanto cada cual nace con su estrella que ha de llevar por el camino de las ciencias, de las letras, ..., o de la pereza. Hay quien aprende mucho, y hay quien no sabe aprender, como el caso de un hombre que no sabía contar, y cuando le preguntaban cuantos pollos tenía su gallina, para decir que eran cinco, decía: "tiene dos veces dos y después uno".

También hay gente que quiere conseguir tanto, que no consigue nada.

Venancio era de los que se contentaban con poco. Un día quiso sacar los pies de las alforjas y marchó a Francia en busca de trabajo, pero como además de ser poco leído era un culo de mal asiento, no estuvo siquiera seis meses en Francia (enfermó de morriña y sólo resistió el tiempo justo para ganar para el viaje de vuelta). A mí me gustaba mucho hablar con él, para que me contara cosas de la emigración, de la cual poco él sabía, pues en aquellos seis meses estuvo viviendo en un cobertizo donde sólo había gente española.

- Y que tal te entendías con los franchutes? -preguntaba yo.

- El francés es muy fácil -respondió Venancio- El pan se llama "pen" el vino "ven", los ganchos "cosas torcidas" y el resto como nosotros.

- Y que difícil lo ponen en los libros! -dije yo.

No era la primera vez que me encontraba con la gente que tiene mucha facilidad para aprender idiomas.

Un día, un amigo me contó una anécdota con un portugués que estaba empleado de camarero en el hotel donde se hospedaba, y le preguntó:


- El señor, que desea? -Continuaron hablando en su lenguaje. Resultó ser del Algarve y pensó que él era de Oporto.


-Que tal se lleva con los españoles -preguntó mi amigo

-Muy bien, pero tengo que decirle que estos españoles son muy burros, ya llevo aquí seis meses, y aun no aprendieron a hablar en portugués conmigo.

-Y usted que tal habla español?

-El español es muy fácil: el "presunto" se llama "gamón" y los "carneiros" son "ovegas".

-Otro Venancio! - pensé yo cuando me lo contó mi amigo.

Hay gente que tiene mucha facilidad para aprender lenguas pero también debería respetar sus normas.



jueves, 8 de marzo de 2012

Por que non hai un día adicado aos homes?



Maternidade, Rafael Zabaleta. Museo de Arte Moderno. Barcelona



Como se explica a contradición de que as desigualdades persistan no século XXI, e con todo cada vez se vexan menos?.


A función social da imaxe da muller emprendedora e triunfante que difunden os medios de comunicación, é a de ocultar o bosque detrás da árbore.

Fronte á imaxe da muller triunfadora de superwoman, que se difunde actualmente, ocúltase a realidade de moitas mulleres mergulladas en traballos menos valorados cós dos homes ou desvalorizados por completo, como é o "non traballo" das amas da casa".



Versión en castelán



¿Cómo se explica la contradicción de que las desigualdades persistan en el siglo XXI, y sin embargo cada vez se las vea menos?.

La función social de la imagen de la mujer emprendedora y triunfante que difunden los medios de comunicación, es la de ocultar el bosque detrás del árbol.

Frente a la imagen de la mujer triunfadora de superwoman, que se difunde actualmente se oculta la realidad de muchas mujeres sumergidas en trabajos menos valorados que los de los hombres o desvalorizados por completo, como es el "no trabajo" de las amas de casa".

sábado, 3 de marzo de 2012

O boi e o carrizo


Ovos de Coren

Estaba a meditar sobre as portadas dalgúns xornais


El País -> Rajoy planta cara a Bruselas
ABC -> Rajoy marca su terrritorio
La Razón -> Rajoy cien por cien realista
La Vanguardia -> Rajoy se planta

E lembrei este conto:

Andaba un día un carrizo a briquiños na procura de herbiñas e vermes por un prado. Un boi pacía ao carón do carrizo e, como o paxaro era tan pequeno o boi non o viu e por pouco non lle pon unha pata enriba e o esmaga. O carrizo botouse a un lado e pareceulle moi mal que o boi non o vise ou o fixese de menos, deixándose levar pola carraxe, plantouse voando no espiñazo do boi, deulle dous couces coas súas patas e díxolle furioso.

-Ei, ti! Seica queres que te revente?



http://youtu.be/6-ROHA5FXa4



Versión en castelán


Estaba meditando s
obre las portadas de algunos periódicos

El País -> Rajoy planta cara a Bruselas
ABC -> Rajoy marca su terrritorio
La Razón -> Rajoy cien por cien realista

La Vanguardia -> Rajoy se planta

Y recordé este cuento:

Andaba un reyezuelo (el pajarito más pequeño de la avifauna gallega) dando saltos buscando hierbas y gusanos por un prado. Un buey pastaba al lado del reyezuelo y, como el pájaro era tan pequeño el buey no lo vio y por poco no le pone una pata encima y lo aplasta. El pájaro se echó a un lado y le pareció muy mal que el buey no lo viese o lo menospreciase, dejándose llevar por la cólera, se plantó volando en el espinazo del buey, le dio dos coces con sus patas y le dijo furioso.

-¡Oye, tú! ¿Acaso quieres que te reviente?



jueves, 1 de marzo de 2012

As Matronalia


Camelias en marzo

Xuno na mitoloxía clásica era unha das deusas máis importantes. Raíña dos deuses, muller e irmá de Xúpiter. Era a protectora das mulleres e venerábana baixo diferentes nomes. As festas na súa honra, as Matronalia, celebrábanse o 1 de marzo.

A data da festa foi asociada coa dedicación dun templo a Xuno Lucina (que presidía o nacemento dos nenos e que se encargaba de auxiliar ás mulleres durante o parto), no outeiro do Esquilino ao redor de 268 a. C., e posiblemente tamén unha conmemoración da paz entre os romanos e os sabinos.


Nese día, as mulleres participaban nos rituais no templo, aínda que os detalles non foron conservados, excepto coa observación de que levaban o pelo solto (contrario ao decoro romano, que requiría levalo recollido) e non se lles permitía usar cintos ou anoar a súa roupa en ningures.

As matronas ofrecían unha coroa de flores a Xuno o día do aniversario do seu templo; o mesmo día os seus maridos oran pola súa saúde e entréganlles agasallos e diñeiro: este diñeiro serve sobre todo para celebrar os ritos do Esquilino e para o banquete que as matronas preparan coas súas mans para os escravos masculinos da súa familia.

As explicacións máis antigas desta festa moi escura, refírese ao nacemento, sobre todo ao de Romulo (Ovidio, Fastos, 3, 233) e á fecundidade das mulleres. En todo caso, o feito de que as mulleres cubran por si mesmas os gastos da liturxia -é verdade que coas pezas recibidas do paterfamilias- parece indicar que asumen por iso toda a responsabilidade.



Versión en castelán


Juno en la mitología clásica era una de las diosas más importantes. Reina de los dioses, mujer y hermana de Júpiter. Era la protectora de las mujeres y la veneraban bajo diferentes nombres. Las fiestas en su honra, las Matronalia, se celebran el 1 de marzo.

La fecha de la fiesta fue asociada con la dedicación de un templo a Juno Lucina (que presidía el nacimiento de los niños y que se encargaba de auxiliar a las mujeres durante el parto), en la colina del Esquilino alrededor de 268 la. C., y posiblemente también una conmemoración de la paz entre los romanos y los sabinos.


En ese día, las mujeres participaban en los rituales en el templo, aunque los detalles no fueron conservados, excepto con la observación de que llevaban el pelo suelto (contrario al decoro romano, que requería llevarlo recogido) y no se les permitía usar cintos o anudar su ropa en ninguna parte.

Las matronas ofrecían una corona de flores a Juno el día del aniversario de su templo; el mismo día sus maridos oran por su salud y les entregan regalos y dinero: este dinero sirve sobre todo para celebrar los ritos del Esquilino y para el banquete que las matronas preparan con sus manos para los esclavos masculinos de su familia.

Las explicaciones más antiguas de esta fiesta muy oscura, se refiere al nacimiento, sobre todo al de Romulo (Ovidio, Fastos, 3, 233) y a la fecundidad de las mujeres. En todo caso, el hecho de que las mujeres cubran por sí mismas los gastos de la liturgia -es verdad que con las piezas recibidas del paterfamilias- parece indicar que asumen por eso toda la responsabilidad.
















sábado, 25 de febrero de 2012

San Andrés de Teixido




A lenda di que amarrado a unha cruz en forma de aspa, San Andrés morreu na cidade grega de Patras e o seu corpo chegou á costa galega nunha barca de pedra (o mesmo que Santiago e tamén a Virxe, moito nos gustan aos galegos as barcas de pedra ). Segundo parece, aínda que non lle gustou moito o sitio quedouse porque Deus díxolle
"Quédate aquí Andrés, que de vivos ou de mortos todos te virán ver".

Outra lenda di que un día apareceu en Teixido o mismísimo Cristo, ía con San Pedro, e como sentise sede e a falta dunha fonte en que saciala, colleu unha mazá e dentro da mazá atopou a San Andrés, e este intentou persuadir a Cristo para que o sacase de alí, a onde non chegaba case ningún peregrino, mentres todos ían a Compostela. Como lle deu mágoa o santo, Cristo regaloulle unha fonte e prometeulle que ninguén entraría no Ceo se antes non peregrinaba ao seu santuario en Teixido, de aí vén o dito: "A San Andrés de Teixido vai de morto quen non vai de vivo" . Na " fonte do Santo", os romeiros deben de beber auga dos tres canos (hai quen fala de 7 grolos de cada un deles). Tras pedir un desexo, poden saber se este será concedido, se botan unha faragulla de pan na pila da auga. Se a faragulla flota, o desexo cumprirase, se pola contra afúndese a petición será rexeitada.

Outra crenza, de San Andrés de Teixido, é que unha planta que medra nesta contorna, a herba de namorar, provoca o namoramento das parellas ou da persoa desexada.

O camiño de San Andrés ten un carácter triplo: por terra, por mar e polo ceo. As estrelas son almas, e seguen o camiño de San Andrés, que remata mesmo enriba da capela, ou sexa, a Vía Láctea, tamén chamada Camiño de Santiago.

O camiño do mar fíxoo o propio santo e alí está, ao pé dos cantís, a barca de pedra na que chegou.


O camiño nos últimos tramos está marcado por milladoiros. O romeiro debe levar unha pedra e depositala nun deles. Tamén debe respectar aos animais e plantas do camiño, pois coma as pedras, son almas. Xa que din as lendas que na forma en que se vai a Teixido, despois de mortos, é reencarnados en lagartos, sapos, cobras, corvos, insectos, ... Ata as caveiras son almas en peregrinación. E outras almas van cos vivos, acompáñanos na súa viaxe: hai que lles deixar sitio no coche, no autobús, na mesa, ... Van buscalos ao cemiterio e dinlles: "
Fulano, imos!", e a Teixido coa alma do parente.

Unha das tradicións consiste en volver da romaría co ramo de San Andrés. O ramo consta dunha vara de abeleira, e atadas nela, varias poliñas de teixo. Ao ramo tamén se lle pon algo de "herba de namorar".




Versión en castelán

La leyenda dice que atado a una cruz en forma de aspa, San Andrés murió en la ciudad griega de Patras y su cuerpo llegó a la costa gallega en una barca de piedra (lo mismo que Santiago y también la Virgen, mucho nos gustan a los gallegos las barcas de piedra). Según parece, aunque no le gustó mucho el sitio se quedó, porque Dios le dijo "Quédate aquí Andrés, que de vivos o de muertos todos te vendrán a ver".

Otra leyenda dice que un día apareció en Teixido el mismísimo Cristo, iba acompañada por San Pedro, y como sintiera sed y a falta de una fuente donde saciarla, cogió una manzana y dentro de la manzana encontró a San Andrés, y este intentó persuadir a Cristo para que lo sacara de allí, a donde no llegaba casi ningún peregrino, mientras todos iban a Compostela. Como tuvo lástima del santo, Cristo le regaló una fuente y le prometió que nadie entraría en el Cielo si antes no peregrinaba a su santuario en Teixido, de ahí viene el dicho: "A San Andrés de Teixido va de muerto quien no va de vivo" . En la " fuente del Santo", los romeros deben de beber agua de los tres caños (hay quien habla de 7 tragos de cada uno de ellos). Tras pedir un deseo, pueden saber si este será concedido, si echan una miga de pan en la pila del agua. Si la miga flota, el deseo se cumplirá, si por el contrario se hunde la petición será rechazada.

Otra creencia es que una planta que crece en este entorno, la hierba de enamorar, provoca el enamoramiento de las parejas o de la persona deseada.

El camino de San Andrés tiene un carácter triple: por tierra, por mar y por el cielo. Las estrellas son almas, y siguen el camino de San Andrés, que termina mismo encima de la capilla, o sea, la Vía Láctea, también llamada Camino de Santiago.

El camino del mar lo hizo el propio santo y allí está, al pie de los acantilados, la barca de piedra, en la que llegó.


El camino en los últimos tramos está marcado por "humilladeros". El romero debe llevar una piedra y depositarla en uno de ellos. También debe respetar a los animales y plantas del camino, pues como las piedras, son almas. Ya que dicen las leyendas que en la forma en que se va a Teixido, después de muertos, es reencarnados en lagartos, sapos, culebras, cuervos, insectos, ... Hasta las calaveras son almas en peregrinación. Y otras almas van con los vivos, los acompañan en su viaje: hay que dejarles sitio en el coche, en el autobús, en la mesa, ...Los van a buscar al cementerio y les dicen: "Fulano, vamos!", y a Teixido con el alma del pariente.


Una de las tradiciones consiste en volver de la romería con el ramo de San Andrés. El ramo consta de una vara de avellano, y atadas en ella, varias ramitas de tejo. Al ramo también se le pone algo de "hierba de enamorar".

jueves, 23 de febrero de 2012

Tal día coma hoxe, en 1837, naceu Rosalía de Castro




Xa non mana a fonte, esgotouse o manancial;
xa o viaxeiro alí nunca vai a súa sede a apagar.

Xa non agroma a herba, nin florece o narciso,
nin nos aires espallan o seu recendo os lirios.

Só a canle areosa da seca corrente
lémbralle ao sedento o horror da morte.

Mais non importa!; de lonxe outro regueiro murmura
onde humildes violetas o espazo perfuman.

E dun salgueiro a ramaxe, ao mirarse nas ondas,
tende en torno da auga a súa fresquísima sombra.

O sedento viaxeiro que o camiño atravesa,
humedece os beizos na linfa serena
do regueiro que a árbore coas súas ramas sombrea,
e ditoso esquécese da fonte xa seca.

A orillas del Sar, Rosalía de Castro


Versión en castelán


Sólo el cauce arenoso de la seca corriente
le recuerda al sediento el horror de la muerte.

¡Mas no importa!; a lo lejos otro arroyo murmura
donde humildes violetas el espacio perfuman.

Y de un sauce el ramaje, al mirarse en las ondas,
tiende en torno del agua su fresquísima sombra.

El sediento viajero que el camino atraviesa,
humedece los labios en la linfa serena
del arroyo que el árbol con sus ramas sombrea,
y dichoso se olvida de la fuente ya seca.
A orillas del Sar, Rosalía de Castro

miércoles, 15 de febrero de 2012

As Lupercalia


Pantallas - Xinzo (Ourense) imaxe tomada de internet


Cigarróns - Verin (Ourense) imaxe tomada de internet



Peliqueiros -Laza (Ourense) imaxe tomada de internet.

Xinzo-Verin -Laza é o triangulo máis importante do entroido en Galicia.


As similitudes entre as Lupercalia romanas e os peliqueiros de Laza (Ourense), os cigarróns de Verin (Ourense), os pantallas de Xinzo (Ourense) é clara (segundo algúns autores), sobre todo tendo en conta a forte romanización que afectou á Gallaecia.

O 15 de febreiro, na Antiga Roma, celebrábase as festas Lupercalia. O seu nome deriva supostamente de lupus (lobo, animal que representa a Fauno Luperco) e hircus (macho cabrío). Disque foron instituidas por Evandro en honor de Pan Liceo (tamén chamado Fauno Luperco, o que protexía ao lobo, e protexía contra Februo, deus dos infernos etrusco, similar a Plutón).

Os Luperci reuníanse o 15 de febreiro na gruta do Lupercal (máis tarde coñecida como Rumial en honor a Rómulo e Remo) no monte Palatino.

Baixo a sombra dunha figueira, os Luperci, celebraban o sacrificio dun can e dun castrón, animais que eran considerados impuros e comíanos acompañados da mola (fariña ritual preparada por as Vestais. Despois, cun coitelo manchado do sangue dos animais, pasábano pola fronte dos luperci e a continuación limpábase a mancha cun guecho de la, impregnada con leite de cabra. Os luperci espidos, só tapados coas peles dos animais en tiras, saían correndo arredor do monte Palatino, por un camiño de pedras, e golpeaban a todos os que atopaban ao seu paso. O feito de ser golpeado polas tiras de coiro dos luperci equivalía a un acto de purificación, e chámabase februario.

Os luperci ían espidos, porque na época de Rómulo e Remo, cando as mulleres romanas eran estériles, sendo consultado o óraculo da deusa Xuno, este dixo: "Nais do Lacio, que vos fecunde un macho cabrio". E por iso os luperci van espidos, uncidos co sangue de animaís impuros.

Din que este rito aumentaba a fertilidade das mulleres, ao golpealas coas tiras de pel, púñanse as súas carnes de cor púrpura.


Versión en Castelán


Xinzo-Verín- Laza es el triangulo de los carnavales máis importante de Galicia

Las similitudes entre las Lupercalia romanas y los "peliqueiros" de Laza (Ourense), los "cigarróns" de Verin (Ourense), los "pantallas" de Xinzo (Ourense) es clara (según algunos autores), sobre todo, habida cuenta, la fuerte romanización que afectó a la Gallaecia.

El 15 de febrero, en la Antigua Roma, se celebraba las fiestas Lupercalia. Su nombre deriva supuestamente de lupus (lobo, animal que representa a Fauno Luperco) y hircus (macho cabrío). Por lo visto fueron instituidas por Evandro en honor de Pan Liceo (también llamado Fauno Luperco, el que protegía al lobo, y protegía contra Februo, dios de los infiernos etrusco, similar a Plutón).

Los
Luperci se reunían el 15 de febrero en la gruta del Lupercal (más tarde conocida como Rumial en honor a Rómulo y Remo) en el monte Palatino.

Bajo la sombra de una higuera, los Luperci, celebraban el sacrificio de un perro y de un macho cabrío, animales que eran considerados impuros y los comían acompañados de la mola (harina ritual preparada por las Vestales). Después, con un cuchillo manchado con la sangre de los animales, lo pasaban por la frente de los luperci y a continuación se limpiaba la mancha con un mechón de lana, impregnada con leche de cabra. Los luperci desnudos, sólo tapados con las pieles de los animales en tiras, salían corriendo alrededor del monte Palatino, por un camino de piedras, y golpeaban a todos los que encontraban a su paso. El hecho de ser golpeado por las tiras de cuero de los luperci equivalía a un acto de purificación, y se llamaba februario.

Los luperci iban desnudos, porque en la época de Rómulo y Remo, cuando las mujeres romanas eran estériles, siendo consultado el óraculo de la diosa Juno, este dijo: "Madres del Lacio, que os fecunde un macho cabrio". Y por eso los luperci van desnudos, uncidos con la sangre de animales impuros.
Dicen que este rito aumentaba la fertilidad de las mujeres, al golpearlas con las tiras de piel, se ponían sus carnes de color púrpura.