domingo, 10 de junio de 2012

Fabricantes de teas e trampas




































  http://www.dioivo.eu/





As arañas emporcallan todo coa súa baba, miran para nós dende o alto, ríndose ao ver como caemos na súa trampa.






miércoles, 6 de junio de 2012

Nuño


Naceu no mes de marzo e aínda non tiña nome. 
Isto do nome nós levámolo con moito respecto, porque é algo moi serio, tes que cargar con el toda a vida e se non che gusta, a carga non é fácil.



Dende esta fin de semana xa ten nome, Iker foi o encargado de decidir como se ía chamar no futuro, non o dubidou nin un segundo "Nuño, Nuño, Nuño". Hai que dicir que debía ser o nome que el estaba esperando porque dende o primeiro momento, foi dicir "Nuño" e el ir  onde o chamaban.

Aquí están os seis comendo cereixas, Nuño foi o primeiro que se apuntou.


Versión en castelán

Nació en el mes de marzo y aun no tenía nombre.
Esto del nombre nosotros lo llevamos con mucho respeto, porque es algo muy serio, tienes que cargar con él toda la vida y si no te gusta, la carga no es fácil.


Desde este fin de semana ya tiene nombre, Iker fue el encargado de decidir cómo se iba a llamar en el futuro, no lo dudó ni un segundo "Nuño, Nuño, Nuño". Hay que decir que debía ser el nombre que él estaba esperando porque desde el primer momento, fue decir "Nuño" y él ir a dónde lo llamaban.


Aquí están los seis comiendo cerezas, Nuño fue el primero que se apuntó.

sábado, 2 de junio de 2012

O Camiño


No mundo non hai máis ca un camiño que só ti podes percorrer.
A onde conduce? Non preguntes, sígueo.
Quen dixo que un home xamais se eleva tan alto como cando non sabe a onde pode levalo o seu camiño?
 Friedrich Nietzsche



Versión en castelán

En el mundo no hay más que un camino que sólo tú puedes recorrer.
¿A dónde conduce? No preguntes, síguelo.
¿Quién dijo que un hombre jamás se eleva tan alto como cuando no sabe a dónde puede llevarlo su camino"?
Friedrich Nietzsche

martes, 29 de mayo de 2012

O Freixo


Freixos coa flor, Fragas do Eume

Freixos nas Fragas  do Eume

 

O freixo é unha árbore de terreos moi húmidos, pertence á mesma familia que a oliveira.  Atópase nas beiras dos ríos.
 
En tempos antigos, o freixo utilizábase para facer os eixos dos carros, xugos, etc. A codia , a do medio, é boa para a dor de cabeza. Tamén a súa codia substituía a quinina antes de que viñese a Europa, e baixa a febre. Esta decocción ten efectos aperitivos e dixestivos.

 As súas follas son purgantes. As mesmas follas pódense utilizar contra a  mordedela das cobras, e por iso din que ningunha se achega a esta árbore. A decocción das follas  utilízase como diurético e laxante, producen uns notables efectos depurativos. Favorece a eliminación de ácido úrico e cristais de urato e oxalato, tamén é antirreumático.

Noutras épocas  consumíanse os froitos  curtidos, a codia, as raíces, e as follas tenras.  As follas son boas para a alimentación do gando.

A madeira é de cor parda amarelenta, pesada, flexible, dura   e resistente aos golpes. Utilízase para: mangos de ferramentas,  mobiliario, raquetas de tenis, ...  Dá un carbón de primeira calidade.

Na mitoloxía grega o freixo tivo un importante papel, estaba consagrado a Poseidón, deus dos mares e océanos, tamén dos ríos e lagos. Disque a lanza coa que Aquiles matou a Héctor era de freixo sagrado. O freixo está protexido polas ninfas Meliades. Nas vodas de Peleo e Tetis hai quen conta que Zeus dispuxo que asistisen os doce deuses Olímpicos e cincuenta ninfas á cerimonia que se celebrou na praia, na ladeira do monte Pelion. Entre os agasallos que recibiu Peleo dise que recibiu unha lanza de freixo como símbolo de soberanía.

Na mitoloxía xermánica o freixo é considerado como a árbore do mundo, que conten en si toda a forza do universo: "É o máis grande e fermoso de todas as árbores. As súas pólas sosteñen o ceo e os seus froitos son as estrelas, mentres que tres inmensas raíces sostéñeno e susténtano".

Na mitoloxía nórdica, disque no mundo dos homes (Midgard) no seu centro había un gran freixo chamado Yggdrasil que era a árbore da vida. Cóntase que Yggdrasil sostiña o ceo e na súa copa vivía unha aguia, e entre os ollos da aguia un gabián. Polo tronco do freixo sagrado corría o esquío pasando novas e insultos entre a aguia e o dragón, que vivía ao lado dunha das raíces do freixo sagrado. Catro cervos corrían polas súas pólas e o orballo que caía da súa cornamenta formaba os ríos do mundo. O gran freixo tiña tres raíces.

Para os celtas o freixo é unha árbore sagrada. As súas pólas eran utilizadas polos druídas para facer varas e lanzas, as súas sementes utilizábanas para a adiviñación, e crían que a súa madeira e follas tiñan diferentes propiedades máxicas. Era o máximo representante do ciclo vital da natureza, pois é a primeira árbore en anunciar o outono nas súas follas e tamén é a primeira árbore en anunciar a primavera. Para os celtas esta árbore conectaba o mundo dos homes co dos deuses e conectaba tamén os tres planos da existencia, presente pasado e futuro. Disque os paus das vasoiras das bruxas estaban feitos de madeira de freixo.
Os nacidos no mes do freixo (
do 25 de maio ao 3 de xuño e do 22 de novembro ao 1 de decembro). Tenden a posuír unha natureza dual. Por unha banda son persoas con unha percepción psíquica moi desenvolvida e unha grande creatividade, mentres que por outra banda son moi prácticos e conscientes da realidade. Son persoas moi compasivas e unha intuición moi desenvolvida, moi espirituais e teñen interese polos temas metafísicos e filosóficos.
No aspecto negativo da personalidade os nativos do mes do freixo poden deixarse influenciar demasiado pola opinión dos demais e perder a confianza en si mesmos. As persoas nacidas neste mes arbóreo celta séntense atraídas polo mar. De natureza soñadora.



Versión en castelán

El fresno es un árbol de terrenos muy húmedos, pertenece a la misma familia que el olivo.  Se encuentra en las orillas de los ríos, sobre todo en la mitad norte de Galicia.
Antiguamente, el fresno se utilizaba para hacer los ejes de los carros, yugos, etc. La corteza, la de en medio, es buena para el dolor de cabeza. También su corteza sustituía la quinina antes de que viniera a Europa, y baja la fiebre. Esta decocción tiene efectos aperitivos y digestivos.
 Sus hojas son purgantes. Las mismas hojas se pueden utilizar contra la  mordedura de las culebras, y por eso dicen que ninguna se acerca a este árbol. La decocción de las hojas  se utiliza como diurético y laxante, producen unos notables efectos depurativos. Favorece la eliminación de ácido úrico y cristales de urato y oxalato, también es antirreumático.
En otras épocas  se consumían los frutos  curtidos, la corteza,  las raíces y las hojas tiernas.  Las hojas son buenas para la alimentación del ganado.
La madera es de color pardo amarillento, pesada, flexible, dura   y resistente a los golpes. Se utiliza para: mangos de herramientas,  mobiliario, raquetas de tenis, ...  Da un carbón de primera calidad.

En la mitología griega el fresno tuvo un importante papel, estaba consagrado a Poseidón, dios de los mares y océanos, también de los ríos y lagos. Por lo visto la lanza con la que Aquiles mató la Héctor era de fresno sagrado. El fresno está protegido por las ninfas Meliades. En las bodas de Peleo y Tetis hay quien cuenta que Zeus dispuso que asistiesen los doce dioses Olímpicos y cincuenta ninfas a la ceremonia que se celebró en la playa,  en la ladera del monte Pelion. Entre los regalos que recibió Peleo se dice que recibió una lanza de fresno como símbolo de soberanía.

En la mitología germánica el fresno es considerado como el árbol del mundo, que reune en sí toda la fuerza del universo: "Es el más grande y hermoso de todos los árboles. Sus ramas sostienen el cielo y sus frutos son las estrellas, mientras que tres inmensas raíces lo sostienen y lo sustentan".

En la mitología nórdica, por lo visto en el mundo de los hombres (Midgard) en su centro había un gran fresno llamado Yggdrasil que era el árbol de la vida. Se cuenta que Yggdrasil sostenía el cielo y en su copa vivía un águila, y entre los ojos del águila un gavilán. Por el tronco del fresno sagrado corría la ardilla pasando noticias e insultos entre el águila y el dragón, que vivía  al lado de una de las raíces del fresno sagrado. Cuatro ciervos corrían por sus ramas y la llovizna que caía de su cornamenta formaba los ríos del mundo. El gran fresno tenía tres raíces.

Para los celtas el fresno es un árbol sagrado. Sus ramas eran utilizadas por los druidas para hacer varas y lanzas, sus semillas las utilizaban para la adivinación, y creían que su madera y hojas tenían diferentes propiedades mágicas. Era el máximo representante del ciclo vital de la naturaleza, pues es el primer árbol en anunciar el otoño en sus hojas y también es el primero de los árboles en anunciar la primavera. Para los celtas este árbol conectaba el mundo de los hombres con el de los dioses y conectaba también los tres planos de la existencia, presente pasado y futuro. Por lo visto los palos de las escobas de las brujas estaban hechos de madera de fresno.
Los nacidos en el mes del fresno (del 25 de mayo al 3 de junio y del 22 de noviembre al 1 de diciembre), tienden a poseer una naturaleza dual. Por una parte son personas con una percepción psíquica muy desarrollada y una gran creatividad, mientras que por otra parte son muy prácticos y conscientes de la realidad. Son personas muy compasivas y una intuición muy desarrollada, muy espirituales y tienen interés por los temas metafísicos y filosóficos.
En el aspecto negativo de la personalidad los nativos del mes del fresno pueden dejarse influenciar demasiado por la opinión de los demás y perder la confianza en sí mismos. Las personas nacidas en este mes arbóreo celta se sienten atraídas por el mar, y son de naturaleza soñadora.















domingo, 27 de mayo de 2012

Unha tarde calquera

porco, marrán, cocho, cochino, suíno

 

Unha bandada de pardais rechouchía

entre o follame da espesa madreselva

e, rachada en farrapos na carballeira

penetra a luz do sol. É primavera.


Corren  os porquiños pola leira,

mentres o clarín do galo sona,

e negros estorniños e merlos  vixían

dende o alto castiñeiro, as cereixas.


Versión en castelán



Una bandada de gorriones  gorjeaba

entre el follaje de la espesa madreselva

y, rota en jirones  en la robleda

penetra la luz del sol. Es primavera.


Corren los cerditos por la finca,

mientras el clarín del gallo suena,

negros estorninos y mirlos vigilan

desde el alto castaño, las cerezas.




































































































 

lunes, 21 de mayo de 2012

Lagarto Lagarto

Lagarto nun penedo da ermida da Virxe de Chamorro (Ferrol)


 Rolda de prensa de Mariano Rajoy desde o cume da OTAN en Chicago. O presidente do Goberno comeza defendendo a misión da alianza en Afganistán

Rajoy asegura que mantivo dúas reunións bilaterais con Obama
, aínda que non se falou da situación da banca, "si da situación económica española, europea e do euro"



-> Segundo a mitoloxía galega os lagartos son inimigos das mulleres, pois ao velas prodúcelles unha enorme dor de cabeza, por iso as perseguen tenazmente. Tamén se introduce polo sexo feminino. En cambio son amigos dos homes. Un home pode durmir tranquilamente a sesta sen temor das cobras, sempre que haxa lagartos preto. Se unha serpe se aproxima o lagarto esperta ao dormente, dándolle golpiños co rabo na cara, botándolle pedriñas, meténdolle a cola na orella, mordéndoo ou rañándoo nos pés.
Torrando no forno un lagarto de lombo azul vivo, facéndoo po, recollendo ese po nunha caixa de sándalo, mesturándoo en viño ou café e dándolle ese bebedizo á persoa amada conséguese o seu amor.
Co unto do lagarto fáise unha pomada para curar as cambras. Tamén se curan facendo cruces sobre a pel cunha fouce mollada con sangue deste animal.
O mellor remedio contra seca consiste en queimar lagartos.
Hai lagartos que son humanos encantados por un feitizo, como o Neno-lagarto e o Home-lagarto. Tamén os hai que, como as cobras, gardan tesouros.
-> Na mitoloxía clásica Demeter/Ceres, deusa das colleitas,  estando na casa de Meganira e Hipotoon, mentres se atopaba na Ática, aleitou a Demofonte, o fillo máis pequeno que acababa de nacer. Abante que era o primoxénito do matrimonio, un día burlouse da deusa porque bebía covizosa dun porrón con auga de avea e menta; como castigo viuse metamorfoseado en lagarto.


Versión en castelán

Rueda de prensa de Mariano Rajoy desde la cumbre de la OTAN en Chicago. El presidente del Gobierno comienza defendiendo la misión de la alianza en Afganistán

Rajoy asegura que ha mantenido dos reuniones bilaterales con Obama, aunque no se ha hablado de la situación de la banca, "sí de la situación económica española, europea y del euro"


-> Según la mitología gallega los lagartos son enemigos de las mujeres, pues al verlas les produce un enorme dolor de cabeza, por eso las persiguen tenazmente. También se introduce por el sexo femenino. En cambio son amigos de los hombres. Un hombre puede dormir tranquilamente la siesta sin temor de las cobras, siempre que haya lagartos cerca. Si una serpiente se aproxima el lagarto despierta al durmiente, dándole golpecitos con el rabo en la cara, echándole piedrecillas, metiéndole la cola en la oreja, mordiéndolo o rascándolo en los pies.
Achicharrando en el horno un lagarto de lomo azul intenso, haciéndolo polvo, recogiendo ese polvo en una caja de sándalo, mezclándolo con vino o café y dándole ese bebedizo a la persona amada se consigue su amor.
Con el unto del lagarto se hace una pomada para curar los calambres. También se curan haciendo cruces sobre la piel con una hoz mojada con sangre de este animal.
El mejor remedio contra la sequía consiste en quemar lagartos.
Hay lagartos que son humanos encantados por un hechizo, como el Niño-lagarto y el Hombre-lagarto. También los hay que, como las culebras, guardan tesoros.


-> En la mitología clásica Demeter/Ceres, diosa de las cosechas,  estando en la casa de Meganira y Hipotoon, mientras se encontraba en la Ática, amamantó la Demofonte, el hijo más pequeño que acababa de nacer. Abante que era el primogénito del matrimonio, un día se burló de la diosa porque bebía codiciosa de un botijo con agua de avena y menta; como castigo se vio metamorfoseado en lagarto.


jueves, 17 de mayo de 2012

Día das letras galegas


As Fragas do Eume 

AS PALABRAS

Vén o ar ateigado de palabras,
cada mañá chamando aos nosos vidros,
para pór a xermolar son e semente.
As palabras decote
están falando
e somos nós os xordos á mensaxe
que no seo das sílabas carrexan.
                                           Valentín Paz Andrade