viernes, 26 de diciembre de 2008

Danae



























D
anae. Gustav Klimt

Danae era filla de Acrisio, rei de Argos e de Eurídice. Este rei soubo por un oráculo que o seu neto lle arrebataría o trono, polo que decidiu encerrar á súa única filla nunha torre de bronce co fin de que non chegase a coñecer a ningún home e impedir deste xeito chegar a ter unha descendencia que co tempo poría en perigo a súa vida.

Unha vez Xupiter/Zeus decatouse da beleza e os encantos da nova princesa prisioneira e decidiu posuíla. Para iso metamorfeouse en choiva de ouro e entrou na torre onde se atopaba Danae.
As razóns do seu cambio de forma habería que buscalas tanto no seu interese de non espertar as sospeitas da súa esposa Xuno/Hera, como no interese de poder burlar a vixilancia de Acrisio.
Tras as relacións de Zeus con Danae, esta queda embarazada e dá a luz a Perseo.
O rei de Argos, que non se cre a fecundación divina, manda que ambos sexan arroxados ao mar nun baúl. Finalmente arribarán na illa de Séfiros onde serán salvados e recollidos por Dictis, irmán do tirano Polidectes.
Algúns anos máis tarde, Polidectes, o rei, namorouse de Danae e quixo afastar a Perseo, que se convertera nun mozo moi valeroso . Durante un banquete e recorrendo ao engano, conseguiu facerlle prometer que traería a cabeza dunha das tres gorgonas, Medusa, un monstro con cabelos de serpe e un rostro tan aterrador que convertía en pedra a todo aquel que se atrevía a miralo, tarefa que se consideraba imposible.
Partiu, Perseo, á aventura e grazas á súa astucia arrebatoulles ás parcas o seu único ollo e así conseguiu que lle indicasen o camiño cara ás ninfas, as cales lle deron unhas sandalias aladas, un zurrón e o casco de Hades, que facía do seu portador invisible e Atenea agasallouno cun escudo máxico para que non tivese que mirar directamente ao monstro, para rematar, Hermes proporcionoulle unha afiada fouce de aceiro para cortar a cabeza. Cando chegou á morada das gorgonas, estas estaban durmidas, así que aproveitou e cortou a cabeza da que era mortal e fuxiu co casco que o facía invisible. Finalmente, o mozo regresou ao ano seguinte a Séfiros logo de diversas aventuras, xusto a tempo de rescatar a Dánae e a Dictis que estaban refuxiados nun templo fuxindo de Polidectes, polo que lle ensinou a este a cabeza de Medusa petrificándoo, seguidamente ao decatarse que Dictis defendera a Danae dos continuos ataques de Polidectes, converteuno en rei de Séfiros.
Pero antes de chegar a Séfiros, cando viña de volta, voando grazas ás súas sandalias aladas, viu a Andrómeda (encadeada a unhas rochas, espida) e namorouse dela. Baixou á praia a falar con Cefeo e Casiopea para pedir a súa man se a libraba do monstro mariño. Os pais aceptaron de mala gana. Perseo loitou co monstro mariño, matouno e usou a cabeza de Medusa (que convertía en pedra a quen a miraba) para petrificar ao animal e convertelo en coral. Despois desatou a Andrómeda pero Casiopea negouse a cumprir a súa promesa, porque xa lle prometera a súa man ao príncipe Axenor. Perseo loitou contra el e o seu séquito e logo de matar a moitos viuse obrigado a usar a cabeza de Medusa e petrificou aos que quedaban. Andrómeda casou felizmente con Perseo.
Dánae acompañou a Perseo e á súa prometida Andrómeda ata Argos, pero Acrisio temendo o seu tráxico destino fuxiu a Tesalia á cidade de Larisa situada no país dos pelasgos. Perseo levado polo seu desexo de coñecer ao seu avó, foi buscalo e así ambos se atoparon nos xogos organizados polo rei do país, onde Acrisio ía como espectador e Perseo como participante. Durante unhas probas, un disco lanzado por Perseo matou ao rei por accidente. Ao saber a identidade da vítima rendeulle honras fúnebres ao seu avó e como non ousaba reclamar o trono de Argos tras o sucedido cambiouno polo trono de Tirinto cun curmán de Danae.

Argos (O que vixiaba a Io)

Argos, dotado para a vixianza polos seus multiples ollos ( temos que lembrar que Xuno entregáralle a Io para que a vixiara e Xupiter/Zeus non puidese arrimarse a ela), permitíalle a Io pacer durante o día, de noite pechábaa e atábaa con cadeas. Ninguén recoñece a Io, nin sequera o seu pai, nin as súas irmás e como non pode comunicarse con palabras cunha pata escribe na terra o que lle pasou, Inaco, o seu pai, chora pola súa desgraza mentres abraza a súa filla; Argos arranca á filla dos brazos de seu pai e lévaa a uns pastizais máis afastados; el sitúase no cume dun monte e dende alí vixia en todas as direccións.
Xupiter sente remordementos polas desgrazas de Io e entón chama ao seu fillo Mercurio e ordénalle dar morte a Argos. Mercurio baixa á terra disfrazado de pegureiro e vai xuntando polo campo unhas cabras e condúceas ata onde está Argos, mentres toca o caramillo. Senta a carón de Argos e falan e disfrutan coa música; ao fin consegue dobregar os ollos vixiantes, Argos pecha todos os ollos canso de tantas historías e entón o deus aproveita e féreo coa súa espada e despois tírao dende o cume do monte.
Ao ver isto, Xuno recolle os cen ollos de Argos e colócaos nas plumas do pavo real (ave consagrada a Xuno) enchendo a súa cola de estreladas perlas, tamén se enfada moitísimo e víngase en Io enviándolle unha Erimis (un tabán) que a aguilloa incesantemente obrigándoa a fuxir. Despois de fuxir e fuxir, Io, chega a carón do río Nilo e cae de xeonllos na beira da auga e con penosos bruídos, levanta a cabeza, o que pode, cara o ceo, pidindo a fin das súas desgrazas.
Xupiter xúralle a súa muller que nunca máis lle vai "poñer os cornos", mostrase moi agarimoso, dille que ela é o máis importante da súa vida, que o de Io e as demais foi algo que quere olvidar(así son os homes). Xuno perdoa e Io recobra a súa figura, máis tarde, parirá a Épafo.
Io converteuse en raíña de Exipto e a súa morte foi adorada coma deusa Isis.

lunes, 22 de diciembre de 2008

O apalpador



NOITE DO APALPADOR
Xurxo Valcarlcel

Esta noite feiticeira,
loguiño de te durmir,
entre a neve silandeira
o Apalpador ha de vir.

Baixará dende a Rogueira,
devesa moi misteriosa,
onde habitan a bidueira
e a faia máis preciosa.

Por Campelo pasará,
por Mostaz e por Moreda,
en Esperante estará,
e tamén irá a Noceda.

Por Pacios, por Mercurín,
por Folgoso e A Seara...
como non, Ferramulín,
igual verá a súa cara.

Cubrirao a nevarada,
a boina branca terá,
e a toda casa abrigada
a sorpresa levará.

O carboeiro imponente
moitos traballiños ten,
palpar barrigas da xente
e facer carbón moi ben.

Os rueiros serán seus
na xeada escuridade,
entrará en casa dos teus
coa súa inmensa bondade.

Irá polo corredor
sen facer ningún ruído,
retirará o cobertor
por ver quen está durmido.

Sexas neno ou rapariga,
durante a noite cumprida,
tocarache na barriga
e verá que está mantida.

E con agarimo fondo,
dende o seu corazón puro,
pedirá con falar dondo
que non teñas porvir duro.

E ó acordares co abrente
sentirás un arrecendo,
de castañas, seu presente,
que poderás ir comendo.

Non busques logo a compaña
de quen che quere mantenza,
pois xa estará na montaña
na cabana da fervenza.

Sempre alí con Novoneyra,
o cantor dos tesos cumes,
sentados xunto a lareira
quecendo con moi bos lumes.

Isto foi publicado na Voz de Galicia o 3/12/2008

Unha figura con posibles raíces precristiás e con parentes no País Vasco e Cantabria
A figura do Apalpador, pouco estudada ata hoxe polos investigadores do folclore galego, parece presentar moita similitude con outros personaxes tradicionais das festas do Nadal do norte da Península, como o coñecido Olentzero do País Vasco e o Esteru, presente nas lendas de Cantabria e da zona oriental de Asturias. Estes personaxes son, respectivamente, un carboeiro e un leñador que viven habitualmente no monte e levan agasallos aos nenos ao finalizar o ano.
As orixes destas tradicións están pouco claras, pero a maioría dos investigadores coinciden en relacionalas coas antigas festividades agrarias do solsticio de inverno. Segundo este criterio, estes personaxes serían supervivencias de crenzas relixiosas anteriores á implantación do cristianismo e virían a simbolizar o renacemento anual do sol e do seu poder benéfico sobre o mundo natural e a sociedade humana. No seu estudo sobre o Apalpador, José André López opina que este personaxe é «anunciador da fartura, da protección, da alianza coa boa fortuna». Tradicións similares, segundo cren moitos expertos, deron orixe a outros personaxes típicos do Nadal divulgados por toda Europa, como San Nicolao ou Papá Noel.
A diferenza destas figuras ou do Olentzero -un personaxe ben implantando na moderna cultura urbana do País Vasco-, o mito do Apalpador ficou circunscrito a algunhas poboacións da montaña lucense, onde só o recordan hoxe algunhas persoas.

viernes, 19 de diciembre de 2008

Xesús, un campesiño xudeo do ano 1?

Este é o título que a revista Clio lle dá ao artigo da páxina 3 da revista neste mes de decembro.
No artigo que se encontra dentro dunha serie "Mentiras da historía" di que segundo os estudos de Jordi Vidal, investigador da Universidade de Londres, que si aceptamos que Xesús naceu en tempos de Herodes o Grande, deberemos tamén observar que Xesús naceu, como mínimo, no ano 4 antes da nosa era, pois este é o ano en que morreu Herodes o Grande. Este contrasentido que tal vez se deba ao monxe Dionisio o Exiguo, que no século VI creou un calendario litúrxico que contaba os anos dende o nacemento de Xesús.
Sucede o mesmo coa data do nacemento, o 25 de decembro. Segundo o Evanxeo de Lucas, a noite na que naceu Xesús había pastores cuidando aos rabaños á intemperie, actividade imposible en Palestina a finais de decembro debido ás baixas temperaturas.
Poida que a elección do 25 de decembro como data da natividade de Xesús debeuse a vontade dos primeiros cristiáns en facer que coincida o seu nacemento coa festividade dunha das divinidades máis populares no Imperio Romano, Mitra.
Mitra era o deus indo-iraniano da xustiza e o mitraísmo foi unha das relixións máis populares do antigo Imperio Romano, sobre todo entre os soldados. A historía de Xesucristo ten tantas cousas en común coa de Mitra, que se chegou a sospeitar que o cristianismo era un derivado da fe persa.
Chegaron ata nós moi poucos documentos sobre o mitraísmo, así que o que se sabe extraeuse das pinturas sacras atopadas nos mitreos, que eran os templos onde se rendía culto ao divos Mitra.
Mitra naceu o 25 de decembro, nunha cova escura e os pastores foron os primeiros que o atoparon e o adoráron.
Trouxéronlle agasallos, ouro e esencias.
A súa nai era unha virxe, chamada Nai de Deus.
Mitra era un lazo de unión entre Deus e a xente. Era un representante de Ahura Mazda na Terra.
Foi enviado polo Pai para que se cumprisen os seus desexos na Terra, e o seu sacrificio ten como finalidade a redención do xénero humano.
O transitus (viaxe de Mitra co touro sobre os ombreiros) recorda ao Vía Crucis do Evanxeo.
Os mitraístas crían na resurrección, na comuñón con pan e viño, no ceo e no inferno.
Mitra recibía apelativos da Luz, o Bo Pastor, A Verdade.
O día sacro do mitraísmo era o domingo.
O mitraísmo represéntase cunha cruz nun círculo, que simboliza o sol. As catro esquinas da cruz representan o ano solar. No Cristianismo, a cruz representa o sufrimento.
A finais do século IIIa.C., fundiuse a relixión mitraica co culto ao sol e cristalizaron na nova relixión do Sol Invictus. O emperador Aureliano fíxoa oficial no ano 274 a.C. e cada 25 de decembro celebrábase o festival do Natalis Solis Invicti (o nacemento do sol invencible).
Mitra, cuxos orixes son moi anteriores ao cristianismo, naceu na noite máis longa do ano. Simbolizaba o nacemento da luz e a esperanza e a renovación da natureza. O nacemento de Cristo situouse na mesma data do calendario solar.
A finais do século III, comezou a decaer o mitraísmo. A forte competencia do cristianismo, apoiado por Constantino I O Grande, rouboulle adeptos. Ademais, o mitraísmo excluía ás mulleres que si tiñan dereito a participar no cristianismo.
O cristianismo desprazou ao mitraísmo no século IV, ata converterse na única relixión oficial do imperio con Teodosio (379-394). O mitraísmo prohibiuse oficialmente no ano 391, aínda que se mantivo a súa práctica clandestina durante algún tempo.
Os mítreos, unha especie de covas onde cavían unhas 30 ou 40 persoas acabaron sendo as criptas de moitas igrexas cristiás.

jueves, 18 de diciembre de 2008

AS EGUAS PREÑADAS POLO VENTO»

Un dos máis soados mitos relacionados coa vella Hispania foi o das eguas ás que fecundaba o vento; mito que foi moi popular na Antigüidade, a pesar de transcorrer nun “finis terrae”.

Consiste na crenza, ou máis ben na afirmación (pois para os antigos o mito, a diferenza da fábula, é unha “vera narratio”), dun feito tomado como certo: Preto de Olisipo (Lisboa), as eguas, volvéndose cara ao Océano, isto é, cara ao Occidente, podían ser fecundadas polo vento do Oeste, o Zephyrus grego (Favonius romano), un vento reconocidamente cálido e vivificador. Preñadas así por un deus, parían poldros velocísimos pero que morrían pronto.
O mito é referido con distintos detalles por dezasete escritores antigos, desde Homero na Ilíada (s. IX-VIII a.C.) ata autores cristiáns do século IV-V d.C. como Lactancio e san Agustín, pasando por tratadistas tan serios como Aristóteles, o propio Plinio o Vello ou Claudio Aeliano na súa “De natura animalium”. Pero, a pesar destes testemuños antigos, a crítica histórica moderna veuno considerando un bulo ou como expresión ambigua dunha estrutura social de tipo matriarcal.

Na "Historia de las mujeres" no volume dedicada a Idade Media, no capitulo "La mujer y los alientos" fala que Alberto Magno evoca o caso da muller que, segundo propia confesión, obtiña pracer coa acción do vento. Esta anécdota serve para esbozar a comparación frecuente entre a muller e a egua, capaz de concevir grazas á acción do vento.



Versión en castelán


LAS YEGUAS PREÑADAS POR El VIENTO»

Uno de los más célebres mitos relacionados con la vieja Hispania fue el de las yeguas a las que fecundaba el viento; mito que fue muy popular en la Antigüedad, a pesar de trascurrir en un "finis terrae".

Consiste en la creencia, o más bien en la afirmación (pues para los antiguos el mito, a diferencia de la fábula, es una "vera narratio"), de un hecho tomado cómo cierto: Cerca de Olisipo (Lisboa), las yeguas, volviéndose hacia el Océano, esto es, hacia el Occidente, podían ser fecundadas por el viento del Oeste, el Zephyrus griego (Favonius romano), un viento reconocidamente cálido y vivificador. Preñadas así por un dios, parían potros velocísimos pero que morían pronto. El mito es referido con distintos detalles por diecisiete escritores antiguos, desde Homero en la Ilíada (s. IX-VIII la.C.) hasta autores cristianos del siglo IV-V d.C. como Lactancio y san Agustín, pasando por tratadistas tan serios como Aristóteles, el propio Plinio el Viejo o Claudio Aeliano en su "De natura animalium". Pero, a pesar de estos testimonios antiguos, la crítica histórica moderna lo consideró uno bulo o como expresión ambigua de una estructura social de tipo matriarcal.

En la "Historia de las mujeres" en el volumen dedicada la Edad Media, en el capitulo "La mujer y los alientos" cuenta que Alberto Magno evoca el caso de la mujer que, según propia confesión, obtenía placer con la acción del viento. Esta anécdota sirve para esbozar la comparación frecuente entre la mujer y la yegua, capaz de concebir gracias a la acción del viento.







miércoles, 17 de diciembre de 2008

Seres fantásticos galegos

As Mouras: Son mulleres belísimas e encantadas que viven nos fontes, castros e penedos. Unha destas mouras é Ana Manana.
Esta moura vive nuha fonte que leva o seu nome, nuns penedos próximos ao Pozo Meimón, no río Miño, moi preto da cidade de Ourense. Sábese que é fermosísima e viste de branco.
Contan que un galego que voltaba da sega en Castela topou no camiño cun señor moi ben vestido, que lle preguntou de onde era e se sabía do Pozo Meimón. O labrego respondeu que si, e entón o señor díxolle:
- Ti queres ser rico?
- Home!
- Pois entón vas onda o Maimón, achégaste a fonte que está a carón e berras tres veces: Ana Manana!. Á terceira sairá unha señora moi fermosa e dáslle este queixo que che dou. Fixate que ten catro cornos. Ela hacho de agradecer facéndote rico. Pero coida de non llo contar a ninguén, e aínda menos a túa muller.
-Ai, ho! Iso está feito!
O labrego atou o queixo nun pano e seguiu camiño mentres lle daba á cabeza botando as contas da leiteira. Antes de ir ao Meimón, como levaba tanto tempo fóra da casa, pasou a ver a súa muller; ao ver esta o paquete que levaba nas mans, díxolle :
-Vai, home, tráesme un galano!
- Non muller. Isto é un encargo que me fixeron. Non se che ocorra tocalo.
- E non podo velo?
-Non
- E para min non hai nada?
-Polo de agora non. Ti non toques o paquete e xa verás cando volva de facer o encargo. Non che ha pesar.
Nun descoido a muller abriu o pano, viu o queixo, gorentoulle, e rebandoulle un corno. Logo envolveuno e deixouno onde estaba. O home, sen saber, colleu o queixo e marchou cara ao Maimón. Chegou a fonte e berrou:
-Ana Manana! Ana Manana! Ana Manana!
Saiu a moura, belísima pero moi irada:
-Que queres?
-Traioche este paquete
-A ver!. Que fixeches?. Non che dixeron que non lle tocaras? -dixo ao ver o queixo sen un corno. Pousou o queixo no chan e este volveuse un cabalo, pero coxo, faltáballe unha pata.
- Agora non podes desencantarme. Este é o cabalo no que ía marchar e mira como está. Perdiches as riquezas coas que ía agasallarte. Vaite para a casa e lévalle á túa muller esta faixa, e o único que che podo dar. Cando estea para parir poslla.
A dama e o cabalo desapareceron pola boca da fonte. O home colleu a faixa e marchou pero ocorréuselle ver que tal lle quedaría a faixa a súa muller e púxoa a redor do tronco dunha sobreira, entón unha labarada queimou faixa e sobreira.
Existe unha clara relación de Ana Manana con Ana, Dana ou Diana, deusa das augas e das fontes e do outro mundo, a quen están dedicados o río Ana (ou sexa Guadiana) a Lagoa de Anna (Albufera de Valencia), o Coto de Doñana, os ríos D`nieper, D`niester, Don, Danubio, etc. É a mesma que a Anna Purna india e Anna Perenna romana. Foi cristianizada como Santa Ana (?). Trátase con toda evidencia da mesma figura que "as xanas" asturianas e "as anjanas" cántabras.
Dicionario dos seres Míticos Galegos. Editorial Xerais