jueves, 22 de enero de 2009

A chorima/ chorida/ alecrin...





Alecrín, alecrín dourado

que naceu no monte

sin ser semiado.

Ai, amor, amor

¿quen che dixo a tí

que a flor do toxo

era o alecrín?

Alecrín, alecrín dos mollos

que pola túa culpa

choran os meus ollos.

Ai, amor, amor

¿quen che dixo a tí

que a flor do toxo

se chamaba asi?






A chorima é a flor do toxo. É unha flor moi olorosa de cáliz amarelo e pétalos de 13-20 mm de cor amarela clara. O froito é negro, dun tamaño arredor dos 15 mm, moi veludo e tóxico.

Existen numerosas variantes dialectais: charuma, cherumia, chirumia, chorida, chorimas, chourima, churida, churuma e chusmigo. Na fala mindoniense dise xorima.

Frases:

Ser un toxo: ser moi pouco agarimoso, pouco sociábel

A raíz do toxo verde é moi mala de arrincar e os amores primeiros son malos de olvidar: cantiga sobre a lembranza dos primeiros amores

Menos dá un toxo: hai que proveitar todo Pica coma un toxo: pica moito

Flor de toxo, cariño puto: moi bonita e atractiva pero chea de pinchos


lunes, 19 de enero de 2009

A figueira







A figueira é un das árbores máis antigas cultivada polo home.
É a primeira árbore que se cita na Biblia.
Na mitoloxía grega está relacionada con acontecementos e deuses que testemuñan a súa orixe ctónico(designa ou fai referencia aos deuses ou espíritos do inframundo por oposición ás deidades celestes), en cambio na India considérase unha árbore sacra.


Naturalmente, na mitoloxía grega existe moita información sobre a figueira. Unha das referencias máis directas faise na batalla dos Titáns. O paso da época dos deuses ctónicos aos solares non foi pacífica. O mito conta que as batallas entre os aliados de Zeus, os Cíclopes, e os seguidores de Crono, os Titáns, duraron nove anos. Ao final, os Titáns afundíronse no fondo da Terra, na escuridade do Tártaro, do cal Zeus saíu vencedor. Excepto un deles, todos se afundiron nas sombras. Syké(figueira) regresou á luz, en forma dunha árbore.

Segundo outra versión, a Figuera debe a súa existencia a Dioniso. Venerouse como árbore de Dioniso e ao mesmo tempo de Príapo.


Unha terceira versión conta que a deusa Deméter regalou a Figueira ao pobo de Ática, onde se refuxiou cando gardaba loito polo rapto de Persefona.


A particular relación que existe entre a Figueira e os deuses da terra, da auga, da lama obsérvase na súa forma. A madeira é de cor gris como a cor das rochas, porosa, e incombustible. É húmida e carece de resina. Ao manter a humidade nos poros, é moi resistente a grandes secas.


A figueira na cultura popular galega

Lamas Carvajas recolle o uso dos figos, entre outras cousas, para curar o tangaraño (raquitismo) dos nenos , colgándollos do pescozo. LisQuiben recolle outro uso medicinal, neste caso para curar o mal do torrón (unha enfermidade do bazo non definida): consiste en levar o meniño enfermo de noite a un prado no que medre unha figueira -ou unha moreira- e colocalo de pé sobre a herba, logo córtase o terrón ó redor dos pés e volven á casa co terrón posto sobre o bazo do enfermo. Así, segundo vai secando o terrón, vai curando o rapaz.

Moito máis estendido é o uso do leite dos figos e brevas (é dicir, do látex) para curar as espullas.

Locucións

  • Caer coma un figo maduro (ceder unha muller ós requirimentos sexuais dun home).
  • Estar coma unha bévera (dise dunha persoa chea de achaques).
  • Máis mol que unha bévera
  • Mirrado coma un figo
  • Ser coma a leña da figueira, recia de fume, fraca de madeira (aparentar máis do que se é).
  • Ser coma un figo (ser moi delicado, que non se lle pode tocar).

Refraneiro

  • A leña da figueira, recia de fume e fraca de madeira.
  • A negra con frío non vale un figo, a branca con xeada, nin figo nin nada.
  • A unha vella enriba dun muro, tembráballe o cu coma un figo maduro.
  • Ano de béveras, nunca acá veñas.
  • Ano de béveras, nunca o vexas.
  • Auga ó figo e para pera viño.
  • Cando a figueira ten folla, val ouro a solla.
  • Cando a gaivota busca unha figueira, anuncia tempestades desa maneira.
  • Cando hai uvas e figos, amaña os teus vestidos.
  • Con béveras e con figos non aproveitan os viños.
  • Con béveras, viño bebas, e con figos, auga e viño.
  • Con caracois, figos e béveras auga non bebas, pero o pan e o viño sexa tanto que todo o que comas ande nadando.
  • Con figos e béveras viño non bebas.
  • Con figos e béveras, auga bebas.
  • Con figos, bebe auga ou viño.
  • Deben nadar en viño os caracois, as béveras e os figos.
  • Digo e redigo que a bévera nunca foi figo.
  • Digo que a figueira non é figo, e así o digo.
  • En tempo de figos non hai amigos.
  • Figos á figueira, vellos á fogueira.
  • Figos á figueira, vellos á golfeira.
  • Folla na figueira, muxe na ribeira.
  • Nin morcilla sen figos nin voda sen pan trigo.
  • No tempo dos figos non hai amigos.
  • O figo na figueira, a froita na praza e a moza no mesón, tres cousas son que maduran sen sazón..
  • Ós figos, se son verdes, hai que darlle viño.
  • Primeiro a ameixa, despois a cereixa, despois o figo e o carrapichote meu amigo.
  • San Técola que vendima as uvas e os figos leva.
  • Santiago trae as béveras e os figos leva santa Tecla.

Cantigueiro

  • A miña muller é vella,/ de vella non me ten fillos,/ heina de mandar colgar/ nunha figueira de figos.
  • A miña muller é vella/ e de vella non ten fillos;/ heina de pór de espantallo/ nunha figueira dos figos.
  • A unha vella/ enriba dun muro/ tembláballe o cu/ coma un figo maduro.
  • A unha vella/ que estaba no muro/ tembráballe o cu/ como un figo maduro.
  • Eu non quero uvas,/ figos nin castañas,/ pero prás ameixas/ teño boas mañas.
  • O rei mandou unha carta/ dentro dun figo maduro:/ que as mulleres beban viño e os homes, mexo de burro.
  • ¡Quen fora reichiño roibo/ para cantar na túa figueira,/ pra non saír do teu horto/ e aniñar na túa silveira.
  • Vaia, que non tornas pouco/ da túa figueira, valeca!/ Eche segundo, meu neno,/ eche segundo a quen sexa.
  • Veña o aguinaldo logo,/ figos, viños e lacós:/ somos bos de conformar,/ non somos nada lapós.

Adiviñas

  • Adiviña adiviñador, ¿que froiteira carga sen a súa flor?.
  • Altas nais capeludas,/ mais fillos zaramboles. Adiviña ti, se podes.
  • Cen e cen fillos ten/ e todos a leite os mantén.

En tódolos casos, a solución é a figueira.

Bibliografía: http://gl.wikipedia.org/wiki/Figueira_(%C3%A1rbore)

viernes, 16 de enero de 2009

UNETE AL "MANIFIESTO POR LA SOLIDARIDAD". TODOS UNIDOS A PARTIR DEL PROXIMO DIA 30 DE ENERO

http://cornelivs.blogspot.com/2009/01/novedades-del-manifiesto.html

O meu acivro


Así de bonito estaba o pasado día 10 deste mes.

jueves, 15 de enero de 2009

Xacinto




Xacinto era un mozo oriúndo de Laconia, cuxa principal cidade era Esparta, fillo de Amiclas. Era guapo a rabiar, tanto que o deus Apolo namorouse perdidamente del. Apolo non se resistiu aos seus encantos e frecuentaba a súa compaña sempre que podía, tañendo a súa lira. Eran expertos ambos en conversacións e xogos, e así, entre bicos, alumiños e garatuxas diversas, transcorría o tempo; tan prendido estaba o deus do mortal. Nun destes momentos -onde as súas risas e esforzos enchían toda Lacedemonia- ocorreu a desgraza. Choros tan amargos non se escoitarían ata moito tempo despois. Xogaban os dous ao disco. Era a quenda de Febo(Apolo) e a competición acalorouse tanto como cando buscaban un o corpo do outro. Realizou entón un tiro fortísimo, con tal potencia que subindo este tan alto, tropezou con diversas nubes e elementos, e foi desviado do seu correcto camiño. Xacinto non quería ser menos que o deus e buscou a recepción con encomiable afán. Pero quixo o destino que o disco lanzado con tanta vehemencia golpease mortalmente ao fermoso rapaz. Nuns emotivos versos explícanos Ovidio na súa Metamorfose a angustia e a dor que neses momentos sentiu Apolo. Expresa primeiro a súa incredulidade, como axitou as súas mans en busca do máis mínimo hálito de vida. Vendo que non respondía, intenta custe o que custe aplicar os seus amplos coñecementos sanadores con ímprobo esforzo, ora reanímao enxugando as feridas, ora intenta pechar a fuxidiza vida que sente escaparse, deslizarse polos seus divinos dedos, ora aplícalle diversas plantas na profunda e mortal ferida. Todo é pouco. Un sentimento de culpa empeza a nacer no deus, séntese responsable desta morte, sente a perda da beleza no seu momento máis álxido, na mocidade. E canta, e coa súa lira e coa súa voz compón belos panexíricos nacidos da dor que supón a perda do ser amado. Díxolle entre outras cousas:(Te lyra pulsa manu, te carmina nostra sonabunt, floresque novus scripto gemitus imitabere nostros. Tempus et illud erit, quo se fortissimus heros addat in hunc florem folioque legatur eodem) "A ti proclamarate a lira a través das miñas mans, para ti as miñas cancións e novas flores no teu escrito, imitarán os meus lamentos. E chegará un tempo en que o máis valente dos heroes adscribirase a esta flor e será lido nos mesmos pétalos". Pero xa non o oe, o seu sangue cae no chan e, mesturándose coa terra, xermina o campo. Ao momento,alargadas flores púrpuras xorden, son similares aos lirios. Apolo, que o ve, séntese compracido, mais non é suficiente, nos pétalos escribe os seus lamentos "Ai, ai". A partir de entón os duros espartanos tivérono moi presente, e cada ano recordábano nas festas chamadas Xacintias, onde as flores eran protagonistas. E a partir de entón pódense contemplar nos extensos terreos floridos certas belezas que nacen erguidas sobre firmes talos. Se nos achegamos poderemos discernir certas marcas, algo así como "AI AI". Somos libres de imaxinar que efectivamente son os queixumes dun deus pola perdida do seu amante, dun fermoso e novo hyákinthos

miércoles, 14 de enero de 2009

Aracne


No libro VI da Metamorfose, Ovidio cóntanos o mito de Aracne "araña". O pai de Aracne foi Idmon "clarividente" e aínda que nacera nunha casa humilde en Hipepas (cidade de Lidia), a moza tecía vestidos moi fermosos e moi elegantes e as Ninfas ían contemplar o seu traballo; manexaba con tanta arte o fuso e a agulla que se vía ben que a mesma Palas fora a sua mestra, pero ela negábao e dicía: que compita comigo, se me vence entón aceptareino.
Entón Palas tomou a figura dunha vella e dixo: Non é despreciable todo o que trae a idade avanzada, cos anos vén a experiencia. Non desprecies os consellos, aspira a unha gloria que entre os mortais sexa a máxima no traballo da la, pero declárate inferior á deusa e pide perdón polas túas pretensións. Se llo pides ela darache o perdón.
Aracne míraa ferozmente, abandoa o seu traballo e co semblante enfurecido contesta: Vés privada de intelixencia e esgotada pola vellez, vivir demasiado daña moito; ese consello dállo a túa nora e se non a tes a túa filla, pero eu non o necesito, a miña actitude segue a ser a mesma. Por que non vén a deusa en persoa?. Por que se nega a esta competición?.
Entón a deusa dixo: Xa veu, e apartando a figura de vella mostrouse como Palas. Ao vela as Ninfas adoran a súa figura o mesmo que as mulleres que alí estaban, Aracne é a única que non se asusta e persiste na súa decisión.
Colocan en sitios distintos e preparan os teares, as dúas comezan a traballar con destreza. No tapiz da deusa, maxicamente bordado víanse os doce deuses principais do Olimpo en toda a súa grandeza e maxestade. Ademais, para advertir á rapariga, mostrou catro episodios exemplificando as terribles derrotas que sufrían os humanos que desafiaban aos deuses.
Pola súa banda, Aracne representou os amoríos deshonrosos dos deuses, como o de Zeus e Europa, Zeus e Dánae, entre moitos máis. A obra era perfecta, pero Palas encolerizada polo insulto feito aos deuses, tomou a súa lanza, rompeu o marabilloso tapiz e deulle un golpe á moza. Esta sen comprender, séntese totalmente humillada e deshonrada, e ten a coraxe de atarse ao pescozo un lazo, xa colgaba da corda cando a deusa compadecida suxeitouna e díxolle: Vive pero colga e esta sentenza sexa para ti e a túa linaxe. Despois regouna cos zumes dunha herba de Hécate e inmediatamente todo o seu corpo se converteu nunha araña.



Non teño palabras