viernes, 14 de agosto de 2009

O ESPELLO E A VERDADE


Están a facer as presentacións: Harpo dálle un bico a Bela (ese bultiño negro), Greta dálle a pata, non vaia ser...

Esta é unha fábula de Concepción Arenal


Nunha das viaxes

Que tivo a mala idea

De facer non sei con que obxecto

A Verdade
sobre a terra,

Oíu dun espello amigo

Sentidas e amargas queixas.

«De que me serve, dicía

Que, fiel ás túas advertencias,


Repita forma e cores


Con semellanza perfecta,


O mesmo ao pobre esmoleiro

E ao que nada na opulencia,


Ao labrador e ao ferreiro


Como aos reis e raíñas,


E diga a verdade pura


Sen reviravoltas nin cautelas?


Vanse de min satisfeitos,

Aínda que incrible pareza,


Igualmente os fermosos


Que os de horrible presenza.


Digo a un vello: «Esa perruca

Vese desde media legua.»

E el vai moi oco pensando

«Ninguén que é perruca acerta.»

Dígolle: «Tes engurras»,

A unha melindrosa vella,

E ela pensa alá entre si:

«Pois teño a cara tersa.»

Ponse o chato narices,

Outro vai e cérnaas,


O gordo quítase carnes,


O que é fraco auméntaas,


Multiplicar o pequeno,

O que é moi alto réstase,


E, en fin, a ningún oín:


«Que feo son! ou «que fea!»


Se algún remedio eficaz

Non buscas desta epidemia,


Teme que o teu santo imperio


Do mundo desapareza.»


«Non, respondeu a Verdade

Coa face grave e serena

A miña dominación é xusta


E será por iso eterna.


Se talvez por excepción

Se subtrae o home a ela,


Esta excepción que te irrita


Casos hai en que aproveita.


Di: se xordo o amor propio

Ás túas verdades non fóra,


Como se consolarían


Os horribles e as feas?


Que mal hai se vai unha moza,

Moi erguida e satisfeita,


A súa fealdade ostentando


Coma se fose beleza?


É ridícula! Que importa

Sempre que ditosa sexa?


Abunda a vaidade


Porque o mérito escasea,


E en paz vive cada cal


Ignorando a súa miseria.»


Ao ver un ente risible

Que oco fachendea,


Máis frívolo polos seus defectos


Que outros hai coas súas belezas,


Os sabios de brocha gorda

O absurdo cacarexan,


E o home bo e prudente


Bendí á Providencia.




Versión original en Castellano

EL ESPEJO Y LA VERDAD

En uno de los viajes

Que tuvo la mala idea

De hacer no sé con qué objeto

La Verdad
sobre la tierra,

Oyó de un espejo amigo

Sentidas y amargas quejas.

«¿De qué me sirve decía

Que, fiel a tus advertencias,


Repita forma y colores


Con semejanza perfecta,


Lo mismo al pobre mendigo

Y al que nada en la opulencia,


Al labrador y al herrero


Como a los reyes y reinas,


Y diga la verdad pura


Sin rodeos ni cautelas?


Vanse de mí satisfechos,

Aunque increíble parezca,


Igualmente los hermosos


Que los de horrible presencia.


Digo a un viejo: «Esa peluca

Se ve desde media legua.»


Y él va muy hueco pensando

«Nadie que es peluca acierta.»


Dígole: «Tienes arrugas»,

A una remilgada vieja,

Y ella piensa allá entre sí:

«Pues tengo la cara tersa.»

Pónese el chato narices,

Otro va y se las cercena,


El gordo se quita carnes,


El que es flaco las aumenta,


Multiplícase el pequeño,

El que es muy alto se resta,


Y, en fin, a ninguno he oído:


«¡Qué feo soy! o «¡qué fea!»


Si algún remedio eficaz

No buscas de esta epidemia,


Teme que tu santo imperio


Del mundo desaparezca.»


«No, respondió la Verdad

Con la faz grave y serena

Mi dominación es justa


Y será por eso eterna.


Si tal vez por excepción

Se sustrae el hombre a ella,


Esta excepción que te irrita


Casos hay en que aprovecha.


Di: ¿si sordo el amor propio

A tus verdades no fuera,


Cómo se consolarían


Los horribles y las feas?


¿Qué mal hay si va una joven,

Muy erguida y satisfecha,


Su fealdad ostentando


Como si fuera belleza?


¡Es ridícula! ¿Qué importa

Siempre que dichosa sea?


Abunda la vanidad


Porque el mérito escasea,


Y en paz vive cada cual


Ignorando su miseria.»


Al ver un ente risible

Que hueco se pavonea,


Más vano por sus defectos


Que otros hay con sus bellezas,


Los sabios de brocha gorda

El absurdo cacarean,


Y el hombre bueno y prudente


Bendice a la Providencia.

Os Camiños na Galiza

A Santa Compaña ( Estadea, Estantiga, Rolda, As da noite, Pantalla, Avisóns, Pantaruxada).



Peto das ánimas Cruceiro

imaxes tomadas da internet



O concepto "Lares Viais" fai alusión a unhas divinidades funerarias ligadas aos camiños, aos cruces dos mesmos e aos desprazamentos. A proliferación en Gallaecia destas deidades pode asociarse á pervivencia de crenzas prerromanas locais adoptadas pola relixión que trouxo Roma.

Do panteón romano foron os númenes Lares os idóneos para absorver un sentimento relixioso característico e case exclusivo dos aboríxenes galaicos. Os Lares referencian o carácter múltiple e funerario da divinidade que encobren, mentras que Viais fala dos camiños, onde estas divinidades se manifesta. A unión das dúas partículas define unha totalidade.

San Martiño Dumiense denuncia esta realidade, e arremete contra os costumes galaicos de iluminar os cruces dos camiños e califica isto como produto dunha cultura diabólica.


Nos seres míticos galegos atopamos restos destas crenzas na "Santa compaña" (
"procesión de mortos ou almas en pena que nas brétemas da noite, a partir das doce, percorren errantes as sendas e camiños dunha parroquia"). Esta procesión vai encabezada por un vivo portando unha cruz e un caldeiro de auga bendita seguido de todas as ánimas con velas acesas, non sempre visibles, notándose a súa presenza polo cheiro a cera e o vento que levanta ó seu paso. Aparecen nos cruces dos camiños e solicitan luz de cirio, flores e outras ofrendas .

Os Petos de ánimas
e tamén os Cruceiros que coroan os camiños galegos sitúanse nos cruces de camiños e estas manifestacións relixiosas presentan chamativas analoxías coa "Santa compaña" e coa que supoñemos a súa manifestación romana "os Lares Viais". Os petos de ánimas e os Cruceiros están directamente relacionados e ligados aos camiños e cruces de camiños onde se lles rinde culto; teñen un carácter de multiplicidade xa que están presentes as ánimas do Purgatorio, ánimas que reclaman axuda por medio de ofrendas, que poden ser florais, de luz, etc.


A peregrinación a Santiago de Compostela é testimuño vivo e en auxe, da vinculación do Camiño a espiritualidade galaica.
Capaz de exportar unha relixiosidade que aínda que é semellante á de moitos centros de peregrinación, como A Meca, Xerusalén ou Roma, posue un algo de autóctono.


Santiago é o primeiro centro de peregrinación da cristiandade en Europa, despois de Roma.
Como sabemos o culto a Santiago non consiste só en “bicar ao santo” senón, tamén, en percorrer un Camiño. Este Camiño correspóndese co do sol, sempre dirección leste-oeste. A Viaxe que non remataba en Compostela, como acontece dende o século IX, senón no mar e contemplando o solpor que da paso a escuridade e as brétemas, aunando nun instante fugaz catro elementos: Auga, Aire, Lume e Terra.

A "Invención" tramada ao redor do século IX do achadego do corpo de apóstolo, presenta analoxías coa idea da vinculación da morte ao Camiño en Galiza. Quizais resulte factible pensar na posibilidade de que o obxectivo desta "Invención" fora o derradeiro gran esforzo cristianizador destinado a erradicar definitivamente as persistentes herexías galaicas vinculadas ao Camiño, nun momento crítico, ano 800, no que só parte do territorio da antiga Gallaecia permanece ao marxe das invasións musulmáns.

É un momento decisivo para o futuro da reconquista cando xorde a nova do descubrimento da tumba dun discípulo de Xesús "in fínibus Gallaecia". Esta invención foi a única medida capaz de canalizar o sentimento que caracterizou dende sempre ao noroeste. Este sentimento levaba, o mesmo que aínda leva actualmente a determinadas persoas a dirixirse na dirección do sol, ata velo morrer nos brazos do mar.


A verdadeira necesidade de sacar partido deste sentimento, será o aglutinador espiritual das forzas cristiáns contra o islam cristalizará na figura de Santiago no século IX.


O costume de levar unha cuncha de vieira de volta a casa, cosida ao traxe do peregrino, simboliza que anteriormente esta viaxe remataba no mar. Era unha proba infalible e demostraba que a persoa chegara ao final do seu camiño. Esta evidencia quedará desfigurada cando o gremio dos Concheiros, no século XII, reúna e venda con exclusividade as cunchas de “vieira” na cidade de Santiago.

Os camiños son sagrados en Galiza porque o sistema viario natural primeiro e romano despois, remataba en diversos e significativos "finisterrae".

Santuarios como os de San Andrés de Teixido, A pedra de Abalar en Muxía, o Cristo das barbas douradas de Fisterra, non xorden da nada. Intuímos que son lugares cristianizados de cultos populares que viñan dende a Prehistoria.

O camiño do sol parece concibirse como metáfora da vida: e os camiños naturais rematan no mar en Galiza. Esta experiencia relixiosa materialízase na produción artística en forma de dólmen monumental, de pinturas ou grabados con alusiones ao solpor, de idolillos funerarios, petroglifos da Idade do Bronce situados nas rutas naturais de tránsito e visibles só cando o sol se pon, de aras aos Lares Viais, lendas da Santa Compaña, Petos de ánimas, Cruceiros simples ou de capela, arte románica vencellada ao Camiño de Santiago ou orfebrería compostelana tradicional baseada na conxunción de acibeche e prata, marfíl ou ámbar, idea que non deixa de incidir na constante dual do Solpor.

Floro no século II d. C relata a expedición de Decimo Xuño Bruto a esta rexión efectuada no ano 138-7 a. C, e dí: Decimo Bruto, percorrida toda a costa do Océano como vencedor, un pouco mais aló dos célticos e os lusitanos e os pobos de toda Gallaecia, e do esquecemento, pánico dos soldados, non retirou os seus estandartes antes de descubrir, non sen certo medo e horror de sacrilexio, o sol que cae no mar e o lume xurdido da auga. (Floro, I, 33, 12).



BIBLIOGRAFÍA
Arqueoloxía e Arte na Galicia prehistórica e romana”. Monografías, Museu Arqueolóxico e Histórico de A Coruña, pp. 31-94.
BERMEJO BARRERA, J.C.,: “ Los dioses de los caminos” en Los dioses de la Galicia romana, Follas Novas ed.
“A relixión castrexa”, en Historia de Galicia. Alambra , 36-39. Mitología y mitos de la hispania prerromana. Akal Universitaria. Madrid.
DÍAZ Y DÍAZ, M. C. (1999): “Epístola Leonis Pape de Translatione Sancti Iacobi In Galleciam”. Compostelanum, VOL 43.
LLINARES GARCÍA, M. : Mouros, ánimas, demonios. El imaginario popular gallego. Akal ed. 1990.
MTRANOY, A., “La Galice romaine”. París. USERO, R. : El Santuario de San Andrés de Teixido. Fundación Villabrille. Madrid.




VERSIÓN en CASTELLANO

El concepto "Lares Viais" hace alusión a una divinidad funeraria de carácter múltiple ligada a los caminos, a las encrucijadas y a los desplazamientos. La proliferación en Gallaecia de estas deidades puede asociarse a la pervivencia de creencias prerromanas locales adoptadas por la joven religión que trajo Roma.

Del panteón romano fueron los númenes Lares los idóneos para absorber un sentimiento religioso característico y casi exclusivo de los aborígenes galaicos. Los Lares hacen referencia el carácter múltiple y funerario de la divinidad que encubren, mientras que Viais habla de los caminos, donde estas divinidades se manifiestan. La unión de las dos partículas define una totalidad.


San Martiño Dumiense denuncia esta realidad, y arremete contra las costumbres galaicas de iluminar las encrucijadas de los caminos y califica como producto de una cultura diabólica.


En los ser míticos gallegos encontramos restos de estas creencias en la "Santa Compaña" ("procesión de muertos o almas en pena que en las brumas de la noche (a partir de las doce) recorren errantes las sendas y caminos de una parroquia"), .Esta procesión va encabezada por un vivo llevando una cruz y un cubo de agua bendita seguido de todas las ánimas con velas encendidas, no siempre visibles, notándose su presencia por el olor a cera y el viento que levanta a su paso. Aparecen en las encrucijadas y solicitan luz de cirio, flores y otras ofrendas.

Los "Petos de ánimas" y también los "Cruceiros" están directamente relacionados y ligados a los caminos y encrucijadas en donde se les rinde culto; tienen un carácter de multiplicidad ya que están presentes las almas del Purgatorio, almas que reclaman ayuda por medio de ofrendas, que pueden ser florales, de luz, etc.


La peregrinación a Santiago de Compostela es testimonio vivo y en auge de la vinculación del Camino a la espiritualidad galaica. Capaz de exportar una religiosidad que aunque es semejante a la de muchos centros de peregrinación, como La Meca, Jerusalén o Roma, poseen un algo de autóctono.


Santiago de Compostela es el primero centro de peregrinación de la cristiandad en Europa, después de Roma. Como sabemos el culto a Santiago no consiste sólo en "besar al santo" sino, también, en recorrer un Camino. Este Camino se corresponde con el del sol, siempre dirección este-oeste. Viaje que no terminaba en Compostela, como ocurre desde el siglo IX, sino en el mar y contemplando el atardecer que da paso a la oscuridad y las brumas aunando en un instante fugaz cuatro elementos: Agua, Aire, Fuego y Tierra.


La "invención" tramada en torno al siglo IX del hallazgo del cuerpo de apóstol, presenta analogías con la idea de la vinculación de la muerte al Camino en Galiza. Quizás resulte factible pensar en la posibilidad de que el objetivo de esta "Invención" había sido el último gran esfuerzo cristianizador destinado a erradicar definitivamente las persistentes herejías galaicas vinculadas al Camino, en un momento crítico, año 800, en el que sólo parte del territorio de la antigua Gallaecia permanece al margen de las invasiones musulmanes. Es un momento decisivo para el futuro de la reconquista cuando surge la noticia del descubrimiento de la tumba de un discípulo de Jesús "in fínibus Gallaecia".


Esta "invención" fue la única medida capaz de canalizar el sentimiento que caracterizó desde siempre al Noroeste. Este sentimiento llevaba, e incluso, aún lleva actualmente, a determinadas personas a dirigirse en la dirección del sol, hasta verlo morir en los brazos del mar. La verdadera necesidad de sacar partido de este sentimiento, será el aglutinador espiritual de las fuerzas cristianas contra el islam y cristalizará en la figura de Santiago en el siglo IX.


La costumbre de llevar una concha de vieira de vuelta a casa, cosida al traje del peregrino, simboliza que anteriormente este viaje terminaba en el mar. Era una prueba infalible y demostraba que la persona había llegado al final de su camino. Esta evidencia quedará desfigurada cuando el gremio de los "Concheiros", en el siglo XII, reúna la venta con exclusividad de las conchas de "vieira" en la ciudad de Santiago.



Los caminos son sagrados en Galiza porque el sistema viario natural primero y romano más tarde, terminaba en diversos y significativos "finisterrae". Santuarios como los de Sano Andrés de Teixido, La piedra de Aballar en Muxía, el Cristo de las barbas doradas de Fisterra, no surgen de la nada. Intuimos que son lugares cristianizados de cultos populares que venían desde la Prehistoria.


El camino del sol se concibe como metáfora de la vida: y los caminos naturales terminan en el mar en Galiza. Esta experiencia religiosa se materializa en la producción artística en forma de dólmen monumental, de pinturas o grabados con alusiones al atardecer, de "idolillos" funerarios, petroglifos de la Edad del Bronce situados en las rutas naturales de tránsito y visibles solo a la puesta del sol, de aras en los "Lares Viais", leyendas de la "Santa Compaña", "Petos de ánimas","Cruceiros" simples o de capilla, arte románica unida al Camino de Santiago u orfebrería compostelana tradicional basada en la conjunción del azabache y la plata, marfil o ámbar, idea que no deja de incidir en la constante dual del Atardecer.

Floro en el siglo II d. C relata la expedición de Decimo Junio Bruto a esta región efectuada en el año 138-7 la. C, y dice: Decimo Bruto, recorrida toda la costa del Océano cómo vencedor, un poco mas allá de los célticos y los lusitanos y los pueblos de toda Gallaecia, y del olvido, pánico de los soldados, no retiró sus estandartes antes de descubrir, no sin cierto miedo y horror de sacrilegio, el sol que cae en el mar y el fuego surgido del agua. (Floro, I, 33, 12).


miércoles, 12 de agosto de 2009

O diaño bulreiro


Calabacíns da miña horta


Dicían o outro día algúns xornais galegos: Feijóo baralla tamén separar aos escolares pola lingua
?


Seres Míticos Galegos
O diaño bulreiro é especialista en transformacións, pode verse de home descoñecido, de home ben traxeado montado nun cabalo, nunha burra branca, coa forma de carneiro, de becerro ou mesmo un vulto sen forma definida ou tamén pode ir disfrazado de político. Poucas veces é agresivo, pero si moi molesto, e en ocasión sinistro. En realidade as cousas que mellor fai e despistar aos viaxeiros e meterlles medo.



VERSIÓN EN CASTELÁN


Decían hace pocos días algunos periódicos gallegos
: Feijóo baraja (en gallego, "baralla" también significa discusiones entre varias personas, conversaciones sobre cosas de poca importancia, remover y mezclar cosas sin orden incluso personas) también separar a los escolares por la lengua.
¿?




Seres Míticos Gallegos




El diablo "burleiro" es especialista en transformaciones, puede verse de hombre desconocido, de hombre bien trajeado montado en un caballo, en una burra blanca, con la forma de carnero, de becerro o incluso un bulto sin forma definida o también puede ir disfrazado de político. Pocas veces es agresivo, pero sí muy molesto, y en ocasión siniestro. En realidad las cosas que mejor hace es despistar a los ciudadanos y meterles miedo.

viernes, 7 de agosto de 2009

Aí vai unha de Machado


Greta insinándolle a Harpo quen manda na casa


Greta atacando a mazaira
ANDEI MOITOS CAMIÑOS

Andei moitos camiños,
abrín moitas vereas,
naveguei en cen mares
e atraquei en cen ribeiras.

En todas partes vin
caravanas de tristeza,
soberbios e melancólicos
bébedos de sombra negra,

e pedantóns ao pano
que miran, calan e pensan
que saben, porque non beben
o viño das tabernas.

Mala xente que camiña
e vai apestando a terra...

E en todas partes vin
xentes que danzan ou xogan
cando poden, e traballan
os seus catro palmos de terra.

Nunca, se chegan a un sitio,
preguntan a onde chegan.
Cando camiñan, cabalgan
a lombos de mula vella,

e non coñecen a présa
nin aínda nos días de festa.
Onde hai viño, beben viño;
onde non hai viño, auga fresca

Son boas xentes que viven,
traballan, pasan e soñan,
e nun día como tantos
descansan baixo a terra.




Versión orixinal

HE ANDADO MUCHOS CAMINOS

He andado muchos caminos,
he abierto muchas veredas,
he navegado en cien mares
y atracado en cien riberas.

En todas partes he visto
caravanas de tristeza,
soberbios y melancólicos
borrachos de sombra negra,

y pedantones al paño
que miran, callan y piensan
que saben, porque no beben
el vino de las tabernas.

Mala gente que camina
y va apestando la tierra...

Y en todas partes he visto
gentes que danzan o juegan
cuando pueden, y laboran
sus cuatro palmos de tierra.

Nunca, si llegan a un sitio,
preguntan adónde llegan.
Cuando caminan, cabalgan
a lomos de mula vieja,

y no conocen la prisa
ni aun en los días de fiesta.
Donde hay vino, beben vino;
donde no hay vino, agua fresca

Son buenas gentes que viven,
laboran, pasan y sueñan,
y en un día como tantos
descansan bajo la tierra.

miércoles, 5 de agosto de 2009

As miñas cabeleiras

Isto ocorreu hai moitos anos, e forma parte deses recordos que cando vas acumulando anos, che veñen a memoria de cando en vez.
Ata que cumprín os 10 anos fun a escola da aldea onde nacín. A escola era unha casa que non tiña divisións interiores, alí, na mesma sala, estabamos rapaces e rapazas de todas as idades e cursos. Os máis pequenos nas primeiras mesas e os maiores ao final ao carón da porta. A mestra colocábanos en dúas filas, as nenas nun lado e os nenos noutro. É dicir, estabamos xuntos, pero non revoltos.
Eu era daquela unha das máis cativas e estaba nas primeiras mesas.
Ocórreo que un rapaz, dos maiores, que o coñeciamos polo alcume de "O Cambiao", xa estaba comezando a súa carreira de "amigo do alleo", intentou roubar na tenda da aldea e a tendeira pillouno "coas mans na masa" e díxollo a mestra.
A dona Lola, así se chamaba a mestra, era das que opinaba que os malos costumes sácanse a paus. Decidiu que lle ía dar unha boa malleira, entón comezou cunha vara de abeleira que sempre tiña a carón da súa mesa. Esta vara tiña múltiples usos, servía como punteiro para marca no mapa, cando estudabamos xeografía, servía para golpear o chan cando falabamos, para medirnos as costas cando nos portabamos mal...
Cando a mestra comezou a dar coa vara a "O Cambiao" nas costas e nas pernas, non sei se foi por exceso de uso, a vara rompeu e como aínda a muller non estaba satisfeita e quería seguir, ocorréuselle mandarme a min, que estaba na primeira mesa, buscar unha vide a viña que estaba ao lado da escola, e que era "o aseo" que utilizabamos @s alumn@s, nunca souben cal era o da mestra.
Eu obedecín e trouxen a primeira vide que encontrei, pero debía ser defectuosa porque ao darlle o primeiro golpe con ela, rompeu. Entón mandoume por outra e díxome que trouxese unha que non rompese, segundo ía saíndo os rapaces maiores ao pasar por onda eles, mirábanme e dicían baixiño "rómpea, rómpea, rómpea".
Pobre de min! A quen lle facía caso?. Decidín que lles tiña máis medo aos rapaces que a mestra, pois xa non era a primeira vez que se divertían turrándome polas cabeleiras (xogaban a tocar as campás). Collín unha vide e dobreina e despois volvín a estarricala, para que a mestra non o notase, ela estaba tan enrabechada que nin mirou para ela, pero cando lle soltou o primeiro golpe a vide rompeu.
Eu xa sentara na miña cadeira e de pronto mira para min e dime "Ven aquí" e cando estiven ao seu lado, co cacho de vide que lle quedara na man, deume a min nas pernas ata que cansou.
Levei as pernas marcadas para a casa, pero iso non evitou que ao saír, os rapaces tamén quixesen tocar as campás coas miñas cabeleiras. A mesmas cabeleiras, que un día, cando tiña 10 anos, cortei rentes ás orellas, cansa de que me turrasen por elas.
Na miña casa houbo un gran desgusto, a ninguén lle entraba na cabeza que unha boa mañá, despois de que a miña avoa, con toda a súa paciencia e o seu cariño, me peiteara, eu busquera un intre que ninguén me víra, collín unhas tesoiras e corteinas. Todos se enfadaron, ata o meu avó que nunca me rifara, tiven o castigo correspondente e ninguén me fixo caso cando eu me defendía dicindo "son miñas e córtoas cando quero".




Versión en castelán
Esto ocurrió hace muchos años, y forma parte de eses recuerdos que cuando vas acumulando años, te vienen a la memoria de vez en cuando.
Hasta que cumplí los 10 años fui a la escuela de la aldea donde nací. La escuela era una casa que no tenía divisiones interiores, allí, en la misma sala, estábamos niños y niñas de todas las edades y cursos. Los más pequeños en las primeras mesas y los mayores al final cerca de la puerta. La maestra nos colocaba en dos filas, las niñas en un lado y los niños en otro. Es decir, estábamos juntos, pero no revueltos.
Yo era, en aquel momento, una de las más pequeñas y estaba en las primeras mesas.
Ocurrió que un chaval, de los mayores, que lo conocíamos por el apodo de "O Cambiao", ya estaba comenzando su carrera de "amigo de lo ajeno", intentó robar en la tienda de la aldea y la tendera lo pilló "con las manos en la masa" y se lo dijo a la maestra.
Doña Lola, así se llamaba la maestra, era de las que opinaba que las malas costumbres se sacan a palos. Decidió que le iba a dar una buena paliza, entonces comenzó con una vara de avellano que siempre tenía al lado de su mesa. Esta vara tenía múltiples usos, servía como puntero para marca en el mapa, cuando estudiábamos geografía, servía para golpear el suelo cuando hablábamos y para medirnos la espalda cuando nos portábamos mal.
Cuando la maestra comenzó a dar con la vara a "O Cambiao" en la espalda y en las piernas, no sé si fue por exceso de uso, la vara rompió y como aún la mujer no estaba satisfecha y quería seguir, se le ocurrió mandarme a mí, que estaba en la primera mesa, buscar una vara de vid a la viña que estaba junto a la escuela, y que era "el aseo" que utilizábamos l@s alumn@s, nunca supe cuál era el de la maestra.
Yo obedecí y traje la primera vara que encontré, pero debía ser defectuosa porque al darle el primer golpe con ella, rompió. Entonces me mandó por otra y me dijo que trajese una que no rompiese, según iba saliendo los chavales mayores al pasar a su lado, me miraban y decían bajito " rómpela, rómpela".
¡Pobre de mí! ¿A quién le hacía caso? Decidí que les tenía más miedo a l@s niñ@s que a la maestra, pues ya no era la primera vez que se divertían tirándome por las trenzas (jugaban a tocar las campanas). Cogí una vara de vid y la doblé y después volví a estirarla, para que la maestra no lo notara, ella estaba tan enfadada que no miró para ella, pero cuando le soltó el primer golpe, la vara rompió.
Yo ya me había sentado en mi silla y de pronto mira para mí y me dice "Ven aquí" y cuando estuve a su lado, con el trozo de vara que le había quedado en la mano, me dio a mí en las piernas hasta que se cansó.
Llevé las piernas marcadas para casa, pero eso no evitó que al salir, los chaval@s también quisieran tocar las campanas con mis trenzas.
Las mismas trenzas, que un día, cuando tenía 10 años, corté a ras de las orejas, cansada de que me tirasen por ellas.
En mi casa hubo un gran disgusto, a nadie le entraba en cabeza que una buena mañana, después de que mi abuela, con toda su paciencia y su cariño, me había peinado, yo busqué un momento que nadie me veía, cogí unas tijeras y las corté. Todos se enfadaron, incluso mi abuelo que nunca me había regañado; tuve el castigo correspondiente y nadie me hizo caso cuando yo me defendía diciendo "son mías y las corto cuando quiero".



martes, 4 de agosto de 2009

A Lúa


Os antigos galegos adoraban a Lúa honrábana con bailes chamados "chafarranchainas", nas noites de lúa chea.

Como parella do Sol, a Lúa é de sexo feminino. Pelexaron, o sol botoulle borralla na cara, e a Lúa guindoulle agullas ao Sol. E así quedaron como son, a Lúa condenada a andar de noite e ser comida polo lobo. Hai quen di que cando non se ve, é que a tragou o león. As manchas que se lle ven son un home cun feixe de silvas ás costas condenado a ser visto por todos; Deus castigouno por traballar en domingo.

A Lúa mide e anuncia o tempo. O calendario das lúas rexe a agricultura e cada fase, ou cuarto, propicia ou desaconsella moitos labores no campo. Goberna as mareas e cando sobe o mar morren os enfermos. O tempo meteorolóxico tamén se pode ler na lúa. Se o cuarto ten os cornos para enriba, anuncia choiva, e se os ten envorcados, tempo seco. Cando é chea anuncia choiva se ten circo, e calor se está avermellada. Tamén pode ser que anuncie guerras.

Inflúe moito na vida da xente, rexe o humor e o amor, xa que home/muller que che gusta vese reflectido/a nela. Tamén se lle piden cartos dicindo "Nova Lúa que me ves, dáme diñeiro para todo o mes". Pero se se lle tiran pedras acábase o mundo.

O luar é bo para curar o mal de Aire, o tangaraño, a dor de moas, as epilepsias, o fogo ardente, os malos partos, os perigos de augas correntes e as consecuencias das malas linguas. Pero se é luar de Eclipse é moi malo e o que toca non se pode comer. Tamén se di que a luz da lúa empreña as mulleres. Os nenos que dormen ao luar espertan con medo e coa voz tomada, ou perden o sentido. Son os aluados ou lunáticos. Así mesmo, as persoas que toman o luar ou o luar pardo, que é o seu reflexo, póñense desa cor, amarelada, son os aluarados.

A Lúa nace cada vez que comeza un cuarto crecente. Cando remata o cuarto minguante, morre e, aos tres días, renace; nese momento prodúcense moitos partos e comezan os cambios de tempo, prognosticándose así o tempo que vai vir mentres dura esa fase. Todos os cuartos de xaneiro son de Lúa Morta, e non son propicios para nada. Aínda así é neste mes cando se sementan as ervellas para que non as coma a curuxa e hai quen, por ser a primeira do ano, a prefire: "Lúa a de xaneiro e amor o primeiro".

Lúa Vella (ou Chea) "é mellor un día de lúa vella ca dous de nova". Favorece todas as cousas: nacen bos e sans os animais, pódase a cepa nova, córtanse as madeiras, bótanse as patacas e seméntanse os legumes, cóllense os froitos e córtase o pelo para que renaza forte e sen canas. Cando a muller queda en cinta nesta lúa será un neno.

Lúa Nova "se trona na lúa nova, trinta días é mollada", pois os desta lúa son tronos femia e traen moita máis auga cós outros. "Deus te bendiga, lúa nova, para que non doia denten nin moa". Cortase a madeira polo pé, nunca as pólas, pódase a cepa vella, enxértanse as árbores, as vacas que paren na lúa nova dan máis leite. Se se capan os touros e son negros, vólvense roxos. A la que se tinxe non queda ben tinguida.Cando a muller queda en cinta nesta lúa será unha nena.

Lúa en Crecente favorece o comezo de empresas e negocios, faise a marmelada para que medre nas cuncas, aprovéitanse os baños de mar na de agosto, mátanse os porcos para que medre a carne tendo coidado de non poñela ao luar, e sálgase para que non lle entren os vermes.

Lúa en Minguante "cando minguar a lúa non comece cousa ningunha" agás curar e afumar a carne do mes de xaneiro e sementar algúns legumes. "Se un neno nace en minguante, o seu irmán será igualante".

Bibliografía: Dicionario dos seres Míticos Galegos, Editorial Xerais



Castelán


Los antiguos gallegos adoraban la Luna la honraban con bailes llamados "chafarranchainas", en las noches de luna llena.

Como pareja del Sol, la Luna es de sexo femenino. Pelearon, el sol le echó ceniza en la cara, y la Luna le arrojó agujas al Sol. Y así quedaron como son, la Luna condenada a andar de noche y ser comida por el lobo. Hay quien dice que cuando no se ve, es que la tragó el león. Las manchas que se le ven son un hombre con un manojo de zarzas a la espalda condenado a ser visto por todos; Dios lo castigó por trabajar en domingo.

La Luna mide y anuncia el tiempo. El calendario de las lunas rige la agricultura y cada fase, o cuarto, propicia o desaconseja muchas labores en el campo. Gobierna las mareas y cuando sube el mar mueren los enfermos. El tiempo meteorológico también se pode leer en la luna. Si el cuarto tiene los cuernos para arriba, anuncia lluvia, y se los tiene volcados, tiempo seco. Cuando es llena anuncia lluvia si tiene circo, y calor se está rojizo. También puede ser que anuncie guerras.

Influye mucho en la vida de la gente, rige el humor y el amor, ya que el /la hombre/mujer que te gusta se ve reflejado/a en ella. También se le pide dinero diciendo "Nueva Luna que me ves, me das dinero para todo el mes". Pero si se le tiran piedras se acaba el mundo.

La luz de la luna es buena para curar el mal de Aire, mal de ojo, el dolor de muelas, las epilepsias, el fuego ardiente, los malos partos, los peligros de aguas corrientes y las consecuencias de las malas lenguas. Pero si es luz de Eclipse es muy mala y lo que toca no se pode comer. También se dice que la luz de la luna deja en cinta a las mujeres. Los niños que duermen a la luz de la luna despiertan con miedo y con la voz ronca, o pierden el sentido. Son los locos o lunáticos. Asimismo, las personas que toman la luz de la luna o luz parda, que es su reflejo, se ponen de ese color, amarillento, son los lunáticos.

La Luna nace cada vez que comienza un cuarto creciente. Cuando termina el cuarto menguante, muere y, a los tres días, renace; en ese momento se producen muchos partos y comienzan los cambios de tiempo, pronosticándose así el tiempo que va a venir mientras dura esa fase. Todos los cuartos de enero son de Luna Muerta, y no son propicios para nada. Aun así es en este mes cuando se siembran las habas para que no las como la lechuza y hay quien, por ser la primera del año, la prefiere: "Luna la de enero y amor el primero".

Luna Vieja (o Llena) "es mejor un día de luna vieja que dos de la nueva". Favorece todas las cosas: nacen buenos y sanos los animales, se poda la cepa joven, se cortan las maderas, se echan las patatas y se siembran las legumbres, se cogen los frutos y se corta el pelo para que crezca fuerte y sin canas. Cuando la mujer queda en cinta en esta luna será un niño.

Luna Nueva "si truena en la luna nueva, treinta días es mojada", pues los de esta luna son truenos hembra y traen mucha más agua que los otros. “Dios te bendiga, luna nueva, para que no me duela dienten ni muela". Se talaran los árboles, nunca las ramas, se poda la cepa vieja, se injertan los árboles, las vacas que paren en la luna nueva dan más leche. Si se castran los toros y son negros, se vuelven rubios. La lana que se tiñe no queda bien teñida. Cuando la mujer queda en cinta en esta luna será una niña.


Luna en Creciente favorece el comienzo de empresas y negocios, se hace la mermelada para que crezca en los tazones, se aprovechan los baños de mar en la de agosto, se matan los cerdos para que crezca la carne teniendo cuidado de no ponerla a la luz de la luna, y se sala para que no le entren los gusanos.

Luna en Menguante "cuando mengua la luna no comience cosa ninguna" excepto curar y ahumar la carne del mes de enero y sembrar algunas legumbres. "Si un niño nace en menguante, su hermano será igualante".


viernes, 31 de julio de 2009

Amores III (IV 1-10) Ovidio




Home cruel, nada obtés ao impores un gardián a túa xuvenil compañera, son inútiles as túas precaucións; cada unha debe ser protexida pola súa propia virtude. Se algunha, sen nada que temer, é casta, esa é realmente casta; aquela que non traizoa porque non pode, traizoa.
Vixiaches o corpo, mais a alma é adúltera. Ningunha pode ser gardada, se ela non quere

Dure vir, inposito tenerae custode puellae nil agis;
ingenio est quaeque tuenda suo.

Si qua metu dempto casta est, ea denique casta est;
quae, quia non liceat, non facit,
illa facit! ut iam servaris bene corpus, adultera mens est; 5
nec custodiri, ne velit, ulla potest.

Non podes gardar o corpo, mesmo que atranques todo; ti fechas todo por fóra, e o adúltero está alí dentro. Ao que lle é permitido pecar, peca menos; o propio poder torna as sementes da corrupción máis febles.

Nec corpus servare potes, licet omnia claudas;
omnibus exclusis intus adulter erit.
Cui peccare licet, peccat minus;
ipsa potestas
semina nequitiae languidiora facit. 10






Castelán

Hombre cruel, nada obtienes al imponer un guarda a tu juvenil compañera, son inútiles tus precauciones; cada una debe ser protegida por su propia virtud. Si alguna, sin nada que temer, es casta, esa es realmente casta; aquella que no traiciona porque no puede, traiciona. Vigilaste el cuerpo, pero el alma es adúltera. Ninguna puede ser guardada, si ella no quiere

No puedes guardar el cuerpo, incluso aunque atranques todo; tu cierras todo por fuera, y el adúltero está allí dentro. Aquel a quién es permitido pecar, peca menos; el propio poder torna las semillas de la corrupción más endebles.