miércoles, 26 de mayo de 2010

Xa chegaron as cereixas







"Quen a boa árbore se achega, ben acobexa".


A súa orixe etimolóxica, aínda que hai varias teorías, unha das máis aceptadas, afirma que os gregos relacionándoa co seu lugar de orixe chamaban a esta froita "kerasos".

Os romanos denominárona "cerasus" de onde procedería o vocábulo actual, cereixa.

Herodoto menciona esta froita ao relatar como vivían uns habitantes de Scythia. Dicía: "A árbore do cal obteñen a súa comida chámase árbore póntica. Ten o tamaño dunha figueira e produce froitos grandes como unha faba que teñen un óso dentro. Cando esta froita está madura, esprémena cunha tea e producen un mollo negro e denso. Eles chupan o seu mollo ou o mesturan con leite e bébeno..."

Plinio di que a cerdeira provén da antiga colonia grega Kerasos de situada na costa do mar Negro. As cereixas constituían un cultivo local moi importante.

Lúculo,xeneral romano, que dirixía as lexións na guerra contra Mitrídates descubriunas e levounas a Roma, facéndoas moi populares en todo o Imperio.

Na mitoloxía romana vinculábase a Venus, deusa do amor.

A relación desta froita co amor existe en moitas culturas centroeuropeas, onde está arraigado o costume de presaxiar o futuro das mozas, mediante os ósos das cereixas recentemente comidas. As mozas pregúntanse cando contraerán matrimonio. Van collendo un óso tras outro a medida que contestan "este ano, o ano próximo, algunha vez, nunca". O último elixido é a resposta. Existe tamén a tradición de que os noivos beban unha infusión de flores de cerdeira para que lles traia boa sorte no futuro.

Noutras ocasións esta árbore relacionouse co escuro, o oculto e máxico. Os feiticeiros e bruxas da Idade Media utilizaban unha póla de cerdeira para realizar os seus sortilexios.

En Xapón, a cerdeira é cultivada como planta de xardinaría sendo admirada pola beleza das súas flores. No país nipón celébrase anualmente a festa da contemplación das cerdeiras en flor, que eles denominan Hanami.

Dúas adiviñas o que acerte pode vir ás cereixas

Un home subiu a unha cerdeira

onde cereixas había.


El, cereixas non tomou;


el, cereixas non deixou:


Cantas cereixas había?





É un froito delicioso


aínda que non é o máis carnoso.


A súa pel é vermella e brillante




->Versión en castelán


Quien a buen árbol se arrima buena sombra le cobija


Su origen etimológico, aunque hay varias teorías, una de las más aceptadas, afirma que los griegos relacionándola con su lugar de origen, llamaban a esta fruta "kerasos". Los romanos la denominaron "cerasus" de donde procedería el vocablo actual, cereza.

Herodoto menciona esta fruta al relatar como vivían unos habitantes de Scythia. Decía: "El árbol del cual obtienen su comida se llama árbol póntico. Tiene el tamaño de una higuera y produce frutos grandes como un haba y tienen un hueso dentro. Cuando esta fruta está madura, la exprimen con una tela y producen un jugo negro y denso. Ellos chupan su jugo o lo mezclan con leche y lo beben..."

Plinio dice que el cerezo proveen de la antigua colonia griega de Kerasos, situada en la costa del mar Negro. Las cerezas constituían un cultivo local muy importante.
Lúculo, general romano, que dirigía las legiones en la guerra contra Mitrídates, las descubrió y las llevó a Roma, haciéndolas muy populares en todo el Imperio.

En la mitología romana se vinculaban a Venus, diosa del amor.
La relación de esta fruta con el amor existe en muchas culturas centro - europeas, donde está arraigada la costumbre de presagiar el futuro de las chicas, mediante los huesos de las cerezas recién comidas. Las jóvenes se preguntan cuándo contraerán matrimonio. Van cogiendo un hueso tras otro a medida que contestan "este año, el año próximo, alguna vez, nunca". El último elegido será la respuesta.
Existe también la tradición de que los novios beban una infusión de flores de cerezo para que les traiga buena suerte en el futuro. En otras ocasiones este árbol se relacionó con el oscuro, lo oculto y mágico. Los hechiceros y brujas de la Edad Media utilizaban una rama de cerezo para realizar sus sortilegios.
En Japón, el cerezo es cultivado como planta de jardinería siendo admirado por la belleza de sus flores. En este país se celebra anualmente la fiesta de la contemplación de los cerezos en flor, que ellos denominan Hanami.

Dos adivinanzas, al que acierte puede venir a las cerezas



Un hombre subió a un cerezo

donde cerezas había.

Él, cerezas no tomó;

él, cerezas no dejó:

¿Cuántas cerezas había?


Es un fruto delicioso,


aunque no es el más carnoso.


Su piel es roja y brillante.

lunes, 24 de mayo de 2010

Nigella damascena






Barbas de vello (Arañuela, Cabellos de Venus)


A primeira margarida do xardín

Estaba a preparar unha nova páxina e de novo publicouse soíña, cando me dei conta xa non había remedio. Non sei o que está a pasar.

miércoles, 19 de mayo de 2010

Que alguén mo explique, eu non o entendo




Pido perdón a todos os meus seguidores, cando estaba a escribir esta entrada, aínda non rematara, nin estaba corrixida, sen saber por que , ao mellor fixen algo que non debería, publicouse ela soliña; entón decidín suprimila.



Cada día que pasa comprendo menos certas cousas.

Hoxe todo o PP anda medio revolto polo que dixo Evo Morales ou porque a presidenta de Arxentina saíu na defensa do xuíz Garzón.

O primeiro enténdoo e non vou entrar a valoralo, non me gusta que ninguén faga acusacións sen presentar probas, e isto é valido para todos, aínda que sexan persoas coas que comparto moitas ideas.

Estiven a ver o vídeo onde a voceira do PP insulta á presidenta de Arxentina, "los menos indicados para dar lecciones de Justicia y de seguridad jurídica a nadie".

E vostedes, señora voceira, poden dar leccións de Xustiza e seguridade xurídica?.

Por que están tan cabreados co xuíz Garzón?


É o caso Gürtel o culpable?.

Non hai moito escoitei dicir que os do PP non querían corruptos no seu partido, daquela, por que esa xenreira contra Garzón?.

Deberíanlle estar moi agradecidos, el só pretendía meter no cárcere aos corruptos e librar ao partido de toda esa xente.




Versión en castelán


Pido perdón a todos mis seguidores, estaba escribiendo esta entrada, todavía no había terminado, ni estaba corregida, sin saber por qué se publicó ella solita; como es lógico la suprimí y no tuve más remedio que repetirla.


Cada día que pasa comprendo menos ciertas cosas.


Hoy todo el PP anda medio revuelto por lo que dijo Evo Morales o porque la presidenta de Argentina salió en defensa del juez Garzón.

Lo primero lo entiendo y no voy a entrar a valorarlo, no me gusta que nadie haga acusaciones sin presentar pruebas, y esto es valido para todos, aunque sean personas con las que comparto muchas ideas.


Estuve viendo el vídeo donde la portavoz del PP insulta a la presidenta de Argentina, "los menos indicados para dar lecciones de Justicia y de seguridad jurídica a nadie".

¿Y usted, señora portavoz, pueden dar lecciones de Justicia y seguridad jurídica?.


¿Por qué están tan enfadados con el juez Garzón?
.

¿Es el caso Gürtel el culpable?.


No hace mucho tiempo escuché que los del PP no querían corruptos en su partido, entonces ¿por qué esa manía contra Garzón?.

Le deberían estar muy agradecidos, él sólo pretendía meter en la cárcel a los corruptos y librar al partido de toda esa gente.

jueves, 13 de mayo de 2010

Disque se anda á procura dun POLÍTICO



Este é un enxerto feito este ano; que sorte teriamos se os que nos gobernan soubesen enxertar así!!!.



Somos fillos da época,

a época é política.

Todos os teus asuntos, os nosos, os vosos;


asuntos diúrnos, asuntos nocturnos,

son asuntos políticos.

Queiras ou non queiras,


os teus xenes teñen un pasado político;

a pel, un matiz político;

os ollos, un aspecto político.

O que dis, así soa,

o que calas, tamén soa,

de calquera forma, político.

Camiñando pola fraga, pola selva,

son políticos os teus pasos

sobre un fundamento político.


Os poemas apolíticos son políticos tamén,


e arriba brilla a lúa,

un obxecto non lunático.

Ser ou non ser, esa é a cuestión.

Que pregunta, contésteme, cariño.

Unha pregunta política.

Non é necesario sequera que sexas un ser humano


para cobrar importancia política.

É suficiente con que sexas petróleo,

forraxe ou materia reciclada.

Ou unha mesa de debates sobre cuxa forma

se discutiu meses:


onde negociaremos sobre a vida e a morte?

sobre unha redonda ou nunha cadrada?.

Mentres tanto, morreu xente,

morreron animais,

arderon casas,

e perdéronse campos de cultivo,

como nos tempos antigos,

e menos políticos.


Fillos da época, Wislawa Szymborska


->Versión en castelán


Debajo de la fotografía: Este es un injerto de este año; ¡¡¡qué suerte tendríamos si los que nos gobiernan supieran injertar así!!!.


Somos hijos de la época,


la época es política.

Todos tus asuntos, los nuestros, los vuestros;


asuntos diurnos, asuntos nocturnos,

son asuntos políticos.

Quieras o no quieras,

tus genes tienen un pasado político;


la piel, un matiz político;


los ojos, un aspecto político.

Lo que dices, así suena,

lo que callas, también suena

de cualquier forma, político.

Caminando por el bosque, por la selva,

son políticos tus pasos

sobre un fundamento político.

Los poemas apolíticos son políticos también,

y arriba brilla la luna,

un objeto no lunático.


Ser o no ser, ésa es la cuestión.

Qué pregunta, contésteme, cariño.


Una pregunta política.

No es necesario siquiera que seas un ser humano

para cobrar importancia política.

Es suficiente con que seas petróleo,

forraje o materia reciclada.

O una mesa de debates sobre cuya forma

se ha discutido varios meses:


¿dónde negociaremos sobre la vida y la muerte?

¿sobre una redonda o en una cuadrada?.

Mientras tanto, ha muerto gente,

han muerto animales,

han ardido casas,

y se han perdido campos de cultivo,

como en los tiempos antiguos,

y menos políticos.

Hijos de la época, Wislawa Szymborska

martes, 11 de mayo de 2010

O érbedo,

Heracles loitando con Xerión,
imaxes tomadas da rede:

O érbedo, erbedo, erbedro, esbedro, erbedeira, moroteiro, morongueiro, morodoeiro, amoroqueiro, mirogueiro, albedro (Arbutus unedo).

A lenda de Hércules e Xerión foi descrita por diversos poetas gregos entre eles por Estesícoro de Himera no 590 a.C quen compuxo un poema, de nome Xerioneis (Historia de Xerión) .

"Como décimo traballo Heracles tiña que ir buscar o gando de Xerión a Eriteia. É esta unha illa, situada nas proximidades do Océano, que agora se chama [ Tartessos ], esta illa estaba habitada por Xerión...[...]. Xerión tiña os corpos de tres homes unidos polo ventre, e divididos en tres desde os costados e as coxas. Era propietario dun vermello rabaño [de bois]. Euritión era o seu pastor e o seu can gardián, Orto, de dúas cabezas,.... Viaxando a través de Europa foi buscar o rabaño de Xerión, e matou moitas bestas salvaxes. Foise a Libia e ao pasar por Tartessos levantou as dúas columnas, unha a cada lado, nos límites de Europa e de África, como monumento da súa viaxe. Ao longo da súa viaxe foi abrasado polo sol e el dobrou o seu arco contra o sol. O sol, admirado do seu atrevemento, deulle unha copa de ouro, coa que atravesaría o Océano. Chegou a Eriteia e hospedouse no monte Abas. O can divisouno e precipitouse sobre el, pero golpeouno coa súa maza. Cando o pastor veu salvar ao can, Heracles matouno tamén. [ Outro Pastor], que pastoreaba o rabaño de Hades naquel lugar, contoulle a Xerión o sucedido. Xerión sorprendeu a Heracles á beira do río Antemo, no preciso momento de levar o rabaño. Loitou con el e matouno. Heracles embarcou o rabaño na copa, atravesou o mar cara a [Cádiz] e devolveu a copa ao Sol".

Do sangue do xigante Xerión xurdiu o érbedo, unha árbore que florece e dá froitos ao mesmo tempo; e sempre na época en que as Pléiades relocen especialmente no firmamento. A imaxe mítica de Xerión expresa moi ben o vigor co que é capaz de rexurdir este arbusto tras un incendio ou a tala do bosque, con gromos de cortiza avermellada que medran moi rápido, cubrindo a terra espida e protexendo o chan. Dese modo, favorece de forma moi eficaz a rexeneración do bosque.

Esa vitalidade asombrosa e capacidade de rexurdir das cinzas, así como a súa folla sempre verde, fixérono símbolo da inmortalidade.

Esta árbore, entre os romanos, estaba consagrado á ninfa Cardea, que vivía no Lucus Helerni, unha fraga sacra á beira do Tíber. Conta a súa lenda que se insinuaba aos incautos cos seus encantos co fin de atraelos ao corazón da fraga e alí burlábaos desaparecendo sen que nunca ninguén lograse atopala. Aquel xogo ramatou cando Xano se namorou dela e a ninfa non puido agocharse do deus das dúas caras que, a cambio do amor roubado, concedeulle o poder de espantar ás bruxas, así como de curar aos nenos, aos enfermos e aos enfeitizados. Segundo conta Ovidio, cando a invocaban, usaba unha variña de érbedo coa que tocaba por tres veces as portas e os limiares conxurando desa maneira todo mal, «o seu poder é abrir o que está pechado e pechar o que está aberto».

Os romanos utilizaban esta árbore nas súas cerimonias fúnebres, tal como conta Virxilio na Eneida, cando relata o derradeiro adeus a Palente (Libro XI) "Outros, solícitos, tecen con varas de érbedo e pólas de aciñeira o armazón dun brando féretro, e dan sombra con teito de follas ao leito así formado..."



Versión castelán

El madroño

La leyenda de Hércules y Gerión fue descrita por diversos poetas griegos entre ellos por Estesícoro de Himera en torno al 590 a.C. quien compuso un poema, de nombre Geryoneis (Historia de Gerión.

"Como décimo trabajo se ordenó a Heracles el ir a buscar el ganado de Gerión a Eriteia. Es esta una isla, situada en las proximidades del Océano, que ahora se llama [ Tartessos ], esta isla estaba habitada por Gerión...[...]. Gerión tenía los cuerpos de tres hombres unidos por el vientre, y divididos en tres desde los costados y los muslos. Era propietario de un rojo rebaño [de bueyes]. Euritión era su pastor y su perro guardián, Orto, de dos cabezas,.... Viajando a través de Europa a buscar el rebaño de Gerión, Heracles mató muchas bestias salvajes. Se fue a Libia, [Africa], y al pasar por Tartessos levantó las dos columnas, una a cada lado, en los límites de Europa y de África, como monumento de su viaje. A lo largo de su viaje fue abrasado por el sol y él dobló su arco contra el sol. El sol, admirado de su atrevimiento, le dio una copa de oro, con la que atravesaría el Océano. Llegó a Eriteia y se hospedó en el monte Abas. El perro lo divisó y se precipitó sobre él, pero le golpeó con su maza. Cuando el pastor vino a salvar al perro, Heracles lo mató también. [ Otro Pastor], que pastoreaba el rebaño de Hades en aquel lugar, le contó a Gerión lo sucedido. Gerión sorprendió a Heracles al lado del río Antemo, en el preciso momento de llevarse el rebaño. Luchó con él y le mató. Heracles embarcó el rebaño en la copa, atravesó el mar hacia [Cádiz] y devolvió la copa al Sol".

De la sangre del gigante Gerión surgió el madroño, un árbol que florece y da frutos al mismo tiempo; y siempre en la época en que las Pléyades relucen especialmente en el firmamento. Esta imagen mítica de Gerión expresa muy bien el vigor con el que es capaz de resurgir este arbusto tras un incendio o la tala del bosque, con retoños de corteza rojiza que crecen muy rápido, cubriendo la tierra desnuda y protegiendo el suelo. De ese modo, favorece de forma muy eficaz la regeneración del bosque.

Esa vitalidad asombrosa y capacidad de resurgir de las cenizas, así como su hoja siempre verde, lo han hecho símbolo de la inmortalidad.

Este árbol, entre los romanos, estaba consagrado a la ninfa Cardea, que vivía en el Lucus Helerni, un bosque sagrado a orillas del Tíber. Cuenta su leyenda que se insinuaba a los incautos con sus encantos con el fin de atraerlos al corazón del bosque y allí los burlaba desapareciendo sin que nunca nadie lograra encontrarla. Aquel juego terminó cuando Jano se enamoró de ella y la ninfa no pudo esconderse del dios de las dos caras que, a cambio del amor robado, le concedió el poder de espantar a las brujas, así como de curar a los niños, a los enfermos y a los hechizados. Según cuenta Ovidio, cuando se la invocaba, usaba una varita de madroño con la que tocaba por tres veces las puertas y los umbrales conjurando de esa manera todo mal, «su poder es abrir lo que está cerrado y cerrar lo que está abierto». Los romanos utilizaban este árbol en sus ceremonias fúnebres, tal como cuenta Virgilio en la Eneida, cuando relata el último adiós a Palente (Libro XI) " Otros, solícitos, tejen con varas de madroño y ramas de encina el entramado de un blando féretro, y dan sombra con techo de hojas al lecho así formado..."

jueves, 6 de mayo de 2010

O Teixo (Taxus baccata)



A autora da foto é Soledad Felloza

Teixedal de Casaio en Pena Trevinca Ourense

Imaxes tomadas destas páxinas:

http://www.fotonatura.org/galerias/general/197747/

http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2008/05/07/proxecto-dous-miles-5-o-teixedal-de-casaio-en-pena-trevinca/
(nesta páxina encontraredes máis fotografías do Teixedal de Casaio e un video que vale a pena velo)

É unha das árbores máxicas dos celtas, e o seu culto déixanos aínda hoxe en día unha grande cantidade de ritos entre os pobos descendentes da antiga cultura celta.

Segundo algúns historiadores o suicidarse con veleno de teixo era algo común entre tribos celtas. A cantidade de teixos existentes, en ermidas, igrexas e cemiterios dan conta da importancia relixiosa desta árbore aínda hoxe. Así por exemplo en Inglaterra e Galés din que o teixo fai fuxir ao diaño. Na Bretaña Francesa dise que só pode haber un teixo en cada cemiterio, e así cada raíz chega á boca de cadanseu cadáver. Esta lenda en Gran Bretaña, di que chega á boca dos mortos para así sacar os segredos que non se dixeron en vida e estes percorren o teixo ata que son liberados ao vento polas follas.

O teixo é a árbore máis lonxeva da natureza. Existen exemplares míticos, como o teixo de Ankerwyke, situado a beiras do río Támesis, en Gran Bretaña, ao que se lle supón unha idade non inferior aos 2.500 anos. A árbore asistiu ao xuramento da Carta Magna no ano 1215.

Un vella lenda irlandesa conta que o mosteiro de San Albeus foi fundado por orde dun anxo sobre un cume chamado Ymlech Ibuir (topónimo que simboliza a presenza do teixo). Outra lenda irlandesa cita a fada Fand, a cal vive baixo un teixo en Cend Tracha, xunto ao dolmen do mesmo nome. Así mesmo en Asturias hai censadas máis de 200 ermidas e igrexas cun teixo á beira.

O teixo escocés de Foringall supera os 2000 anos e antigamente había unha igrexa e un monumento funerario.

A madeira de teixo é imputrescible. Unha calidade que explica por que os viquingos a utilizaban para soster as velas das súas embarcacións. Ata o século XV os ingleses construían os seus arcos con este material, pola súa formidable elasticidade.

Na provincia de Ourense hai un bosque de Teixos sensacional, o Teixedal de Casaio, é un prodixio da natureza, único en Europa, ocupa unha ladeira de pena Trevinca desde hai centos de miles de anos, é un bosque único, singular. Tamén no Xurés e no Courel hai teixos. Por suposto hai teixos en moitos cemiterios galegos.

Segundo a lenda Robin Hood e Maid Marian coñecéronse e casaron á sombra dun teixo, que aínda se conserva no cemiterio anexo á igrexa de San Cuthbert, en Doveridge. Trátase dun teixo femia de máis de mil anos.
Shakespeare utiliza o poderoso veleno do teixo para asasinar a Hamlet.

Segundo Vicente Risco os galaicos que trataban de frear o avance das tropas romanas suicidáronse colectivamente no monte Medulio engulindo o veleno extraído do teixo.

A árbore máis vella de Europa é un teixo, está en Fortingall (Escocia). Ten 5.000 anos e conserva unha vitalidade desbordante. A lenda sostén que baixo as súas pólas naceu Poncio Pilato.



Versión en castelán


El Tejo

Es uno de los árboles mágicos de los celtas, y su culto nos deja aún hoy en día una gran cantidad de ritos entre los pueblos descendientes de la antigua cultura celta.

Según algunos historiadores el suicidio con veneno de tejo era algo común entre tribus celtas.La cantidad de tejos existentes, en ermitas, iglesias y cementerios dan cuenta de la importancia religiosa de este árbol aun hoy. Así por ejemplo en Inglaterra y Galés dicen que el tejo hace huir al diablo. En la Bretaña Francesa se dice que sólo puede haber un tejo en cada cementerio, y así cada raíz llega a la boca de un cadáver. Esta leyenda en Gran Bretaña, dice que llega a la boca de los muertos para así sacar los secretos que no se dijeron en vida y estos recorren el tejo hasta que son liberados al viento por las hojas.

El tejo es el árbol más longevo de la naturaleza. Existen ejemplares míticos, como el tejo de Ankerwyke, situado a orillas del río Támesis, en Gran Bretaña, al que se le supone una edad no inferior a los 2.500 años. El árbol asistió, al juramento de la Carta Magna en el año 1215.

Uno vieja leyenda irlandesa cuenta que el monasterio de San Albeus fue fundado por orden de un ángel sobre una loma llamada Ymlech Ibuir (topónimo que simboliza la presencia del tejo).

Otra leyenda irlandesa cita la hada Fand, la cual vive bajo un tejo en Cend Tracha, junto al dolmen del mismo nombre.

Asi mismo en Asturias hay censadas más de 200 ermitas e iglesias con un tejo al lado.

El tejo escocés de Foringall supera los 2000 años y antiguamente había una iglesia y un monumento funerario.

La madera de tejo es imputrescible. Una calidad que explica porque los vikingos la utilizaban para sostener las velas de sus embarcaciones. Hasta el siglo XV los ingleses construían sus arcos con este material, a la vista de su formidable elasticidad.

En la provincia de Ourense hay un bosque de Tejos sensacional, el Teixedal de Casaio, es un prodigio de la naturaleza, único en Europa, ocupa una ladera de Peña Trevinca desde hace cientos de miles de años, es un bosque único, singular. También en el Xurés y en el Courel hay tejos. Por supuesto hay tejos en muchos cementerios gallegos.

Según la leyenda Robin Hood y Maid Marian se conocieron y se casaron a la sombra de un tejo, que aún se conserva en el cementerio anejo a la iglesia de San Cuthbert, en Doveridge. Se trata de un tejo femia de más de mil años.

Shakespeare utiliza el poderoso veneno del tejo para asesinar la Hamlet.

Según Vicente Risco los galaicos que trataban de frenar el avance de las tropas romanas se suicidaron colectivamente en el monte Medulio tragando el veneno extraído del tejo.

El árbol más viejo de Europa, es un tejo, está en Fortingall (Escocia). Existe una leyenda, que sostiene, que bajo sus ramas nació Poncio Pilato.



jueves, 29 de abril de 2010

Dicía Solón



Solón (640 A.C.-558 a.C.). Lexislador grego

*Pasaron moitos séculos, a época arcaica grega, quedou xa moi lonxe, pero as palabras de Solón, a min, parécenme moi actuais.


-> As leis son semellantes ás teas de araña; deteñen ao débil e lixeiro e son desfeitas polo forte e poderoso.


..............................................................................................................................................

e que o Bo Goberno deixa todo en boa orde e equilibrio,

e a miúdo apresa aos inxustos con cepos e grillóns;

alisa asperezas, detén o exceso, borra o abuso,

e agosta os gromos dun progresivo desastre,

endereita sentenzas torcidas, suaviza os actos soberbios,

refrea a disensión, e frea tamén a mala rabia cobizosa,

e o home todo con el teno a punto e conforme.

Fragmento'Eunomía' (Bo Goberno), de Solón de Atenas (600 a.C)



Versión en castelán



* Pasaron muchos siglos, la época arcaica griega queda ya muy lejos, pero las palabras de Solón me parecen tan actuales


-> Las leyes son semejantes a las telas de araña; detienen al débil y ligero y son deshechas por el fuerte y poderoso.


....................................................................................

y que el Buen Gobierno deja todo en buen orden y equilibrio,

y a menudo apresa a los injustos con cepos y grilletes;

alisa asperezas, detiene el exceso, borra el abuso,

y agosta los brotes de un progresivo desastre,

endereza sentencias torcidas, suaviza los actos soberbios,

refrena la disensión, y frena también la mala rabia envidiosa,

y el hombre todo con él lo tiene a punto y conforme.

Fragmento 'Eunomía' (Buen Gobierno), de Solón de Atenas (600 a.C)