martes, 2 de agosto de 2011

A campá da casa do cego (Concurso Paradela)




->Versión en galego

Disque el quedara cego cando aínda era un meniño, foi por culpa dunha enfermidade desas que se teñen cando somos pequenos. Sempre foi moi raro e nunca o viron falar cos veciños, só saudaba ao pasar e pobre do rapaz que se lle puxese no camiño, zorregáballe co caxato. Non sabemos onde coñeceu a aquela muller, pero un día apareceu con ela na aldea e dende aquela vivían os tres, o can, a muller e o cego. Ela parecía boa muller e non che era mal feita, non sei como puido arrimarse a el. Tíñaa sempre controlada, cando ela se paraba con alguén a falar, el tocaba esa campá que ten colgada na porta e se non chegaba ao instante, ao pasar por o seu carón soltáballe un golpe co caxato. O malnacido ver non vía, pero tíñache unha puntería de carallo, contoume Antón que un día cando estaba nas cepas que estreman coa súa horta, viu como lle tiraba un sacho e lle deu con el na cabeza, despois ela fuxiu correndo cara á casa coa cabeza chea de sangue.
Disque un día ela desapareceu e non se soubo máis dela, hai quen di, que aproveitou cando el estaba durmindo e fuxiu andando ata a cidade. O cego pasou aquela mañá tocando a campá, segundo ían pasando as horas o badalo soaba máis forte, parecía que ía romper, ao final meteuse dentro da casa. Un bo día, din que o viron saír cun saco ao lombo, ía acompañado do can e colleron o camiño que leva ao río. Dende aquela, hai días que se escoita, á noitiña, unha ou dúas badaladas, hai quen di que é o vento, pero soa tan triste que máis ben parece outra cousa. Os rapaces xogando, de cando en vez, poñen como reto ir tocar a campá, na aldea están convencidos que na casa do cego hai pantasmas.


->Versión en castelán

Por lo visto él se había quedado ciego siendo un niño, fue por causa de una enfermedad de esas que se tienen cuando somos pequeños. Siempre fue muy raro y nunca lo vieron hablar con los vecinos, sólo saludaba al pasar y pobre del chaval que se le pusiera en el camino, le daba con el bastón. No se sabe donde conoció a aquella mujer, pero un día apareció con ella en la aldea y desde entonces vivían los tres, el perro, la mujer y el ciego. Ella parecía una buena mujer y no era fea, no sé como pudo arrimarse a él. La tenía siempre controlada, cuando ella se paraba con alguien a hablar, él tocaba esa campana que está colgada en la puerta y si no llegaba al instante, al pasar a su lado le soltaba un golpe con el bastón. El malnacido, ver no vía, pero tenía una puntería de carajo. Me contó Antón que un día cuando estaba en la viña que linda con su huerta, vio como le tiraba un sacho y le daba con él en la cabeza, después ella huyó, corriendo hacia la casa, con la cabeza llena de sangre.
Por lo visto un día desapareció y no se supo más de ella, hay quien dice, que aprovechó mientras él estaba durmiendo y huyó andando hasta la ciudad. El ciego pasó aquella mañana tocando la campana, según iban pasando las horas el badajo sonaba más fuerte, parecía que iba a romper, al final se metió dentro de casa. Un buen día, lo vieron salir con un saco a cuestas, iba acompañado del perro y cogieron el camino que lleva al río. Desde entonces, algunos días se escucha, al anochecer, una o dos campanadas, hay quien dice que es el viento, pero suena tan triste que más bien parece otra cosa. Los niños jugando, de vez en cuando, ponen como reto ir a tocar la campana, en la aldea están convencidos que en la casa del ciego hay fantasma.

viernes, 29 de julio de 2011

Granito



Aí están, no cume do monte, sen mantas nin sombreiros,

as grises pedras de granito soportando veráns e invernos,


testemuñas silandeiras das vicisitudes do tempo,


conservan na súa memoria as marcas que deixaron


macetas, cuñas, punteiros, ciceis, buxardas, pauferros,


e moitas outras ferramentas dos mestres canteiros.



De granito son os pazos, de granito os cruceiros


tamén é a lareira na que cociñaban os antergos,


de granito son as airas para mallar o centeo


e sobre o granito álzanse os nosos cabaceiros,
as paredes das casas e as lápidas dos cemiterios.
veneramos ao granito nos nosos monumentos.






Versión en castelán


Ahí están, en la cumbre del monte, sin mantas ni sombreros,


las grises piedras de granito, soportando veranos e inviernos,


testigos silenciosos de las vicisitudes del tiempo,


conservan en su memoria las marcas que dejaron

mazas, cuñas,cinceles, bujardas, palancas, punteros

y otras muchas herramientas de los maestros canteros.



De granito son los pazos, de granito los cruceiros

de granito es el lar en el que cocinaban los ancestros,


de granito son las eras para trillar el centeno

y también sobre granito se alzan los horreos gallegos,


las paredes de las casas y las lápidas de los cementerios,

veneramos al granito en nuestros monumentos.

lunes, 18 de julio de 2011

Os pés e a cabeza



Interesante o que dí Antón Losada no xornal "elPeriódico. com"


O porque foi, quen o sabe?
"Ao menos noticia seria

non teño", mais certo día
rifaron pés e cabeza:

«Eu son quen mando,berraba
a segunda, con fachenda,
do corpo todos os membros
préstanme humilde obediencia.
»


Movéronse mans e brazos,

estómago, peito e pernas;
pero aguantaron caladiños
os insultos da cabeza,
quizais por vello costume,

quizais porque máis de cerca
vendo as cousas, contemplaban
as verdades que se encerran
naquelas palabras, ou
por xulgaren con máis ciencia,
mais os pés (os máis humildes

dos membros que o corpo encerra).

Dixeron: «nós dende agora

non queremos obediencia
prestar á quen de tal xeito
nos provoca, con que veñan
sobre nós cantos castigos
mandar de aló enriba queiran.»

En efecto, empenándose
o corpo deu todo en terra,
e mentres que por estaren
do chan ambos pés máis cerca
nada sufriron, en troques

quedou partida a cabeza.

Quitar calquera xa pode

desta fábula a secuencia,
tendo en conta que causaron
só os pés a ruína enteira
de todo o corpo, e que foi
a máis mancada a cabeza.

Fábulas i epigramas, Amador Montenegro

Está posta en galego normativo


Versión en castelán


Interesante lo que dice Antón Losada en elPeriódico.com

Porque fue, ¿quien lo sabe?
"Al menos noticia seria
no tengo", pero cierto día
discutieron pies y cabeza:
Enlace

«Yo son quien mando,

chillaba
la segunda, con presunción,

del cuerpo todos los miembros

me prestan humilde obediencia.»

Se movieron manos y brazos,
estómago, pecho y piernas;
pero aguantaron calladitos
los insultos de la cabeza,
quizás por vieja costumbre,
quizás porque más de cerca
viendo las cosas, contemplaban
las verdades que se encierran
en aquellas palabras, o
por juzgar con más ciencia,
pero los pies (los más humildes
de los miembros que el cuerpo encierra),

Dijeron: «nosotros desde ahora
no queremos obediencia
prestar a quien de tal manera

nos provoca, con que vengan


sobre nosotros cuantos castigos
mandar de allá arriba quieran.»

En efecto, desplomado
el cuerpo dio todo en tierra,
y mientras que por estar
del suelo ambos pies más cerca
nada sufrieron, en canjes
quedó partida a cabeza.

Quitar cualquier ya puede
de esta fábula la secuencia,
toda vez que causaron
sólo los pies la ruina entera
de todo el cuerpo, y que fue
la más dañada la cabeza.

jueves, 7 de julio de 2011

Era un gato metido nun testo...





Hai uns días puxen unhas fotos de Isadora co seu fillo nunha actitude moi cariñosa, aos poucos días, Isadora decidiu que o seu fillo xa tiña idade para vivir a súa propia vida e apartouno do seu lado, cada vez que el intentaba estar xunto a ela, o único que recibía, nun principio, era un... "miiiiiiia...uuuu!" (vaite xa... non molestes), pero como el seguía a insistir, entón a nai decidiu apartalo dunha vez por todas, cada vez que o vía preto dela, púñase en actitude de atacar.

Pobre Dexter!, non comprendía porque a súa nai xa non quería darlle de mamar e xogar con el, e non só iso, senón que tamén lle comía a comida especial para bebés, porque ela decidiu que sabía mellor ca dela.

Despois de varios días, agora Dexter xa aprendeu a vivir só, xa é un gato independente, e aprendeu a defender a súa comida, aínda que de vez en cando hai que axudalo, porque a súa nai non lle ten medo, pero él inténtao.

É un gato escalador, gústalle moito rubir ás árbores e aos tellados, tamén lle gusta xogar co teclado do ordenador e á hora da sesta decidiu que ía facela nun testo baleiro, dende hai uns días, sobre a tres e media da tarde, métese no testo e dorme unha hora ou dúas. A foto fíxenlla cando esta a espertarse.



Versión en castelán


Hace unos días puse unas
fotos de Isadora con su hijo en una actitud muy cariñosa, a los pocos días, decidió que su hijo ya tenía edad para vivir su propia vida y lo apartó de su lado, cada vez que él intentaba estar junto a ella, lo único que recibía, en un principio, era un "¡miiiiiia...uuuuu!" (vete ya... no molestes), pero como él seguía insistiendo, entonces la madre decidió apartarlo de una vez por todas, cada vez que se acercaba, se ponía en actitud de atacar.

¡Pobre Dexter!, no comprendía porque su madre ya no quería darle de mamar y jugar con él, y no sólo eso, sino que también le comía la comida especial para bebés, porque decidió que sabía mejor que la de ella.


Después de varios días, ahora, ya sabe vivir sólo, es un gato independiente, aprendió a defender su comida, aunque de vez en cuando hay que ayudarlo, porque su madre no le tiene miedo, pero él lo intenta.


Es un gato escalador, le encanta subir por los árboles y los tejados, también le gusta jugar con el teclado del ordenador y a la hora de la siesta, decidió que la iba a hacer en un tiesto vacío, desde hace unos días, sobre las tres y media de la tarde, se mete en el tiesto y duerme una hora o dos. La foto se la hice cuando estaba despertándose.

miércoles, 6 de julio de 2011

Herba / Hierba (Concurso Paradela, Xullo 2011)



Versión en galego


«O mundo é un carro de herba, do cal cada un toma o que pode».


As gadañas e as fouces quedaron atrás,

os mestres pintores xa non se poderían inspirar,

naquelas mulleres dobradas baixo a calor estival.



Lembro cando era rapaza, todos iamos segar,

os adultos coas gadañas,

os rapaces coas forcadas a desengavelar

para ao día seguinte de novo engavelar,


a herba no carro á palleira ía parar.


A vida é un prado onde sempre hai herbas que cortar!

así percorremos os camiños que imos deixando atrás,

hai que empacalas todas, pero sen mesturar,

as pacas das boas herbas debémolas conservar,

na palleira ben secas, para no inverno usar.

As malas herbas deixalas podrecer ou pódense queimar

e servirán para o campo estercar.

Hai prados que xa non teñen herba boa que cortar

as malas son máis fortes e invadiron o lugar.



Versión en castellano


«El mundo es un carro de hierba, del cual cada uno toma lo que puede».


Las guadañas y las hoces quedaron atrás,

los maestros pintores ya no se podrán inspirar,

en aquellas mujeres dobladas bajo el calor estival.

Recuerdo cuando era niña, íbamos todos a segar,

los adultos con las guadañas,

los niños con la horca a desengavillar,

para al día siguiente de nuevo engavillar,

la hierba en la carreta al pajar iba a parar.

La vida es un prado, donde siempre hay hierbas que cortar!

así recorremos los caminos que vamos dejando atrás,

hay que empacarlas todas, pero sin mezclar,

las pacas de las buenas hierbas las debemos conservar,

en el pajar bien secas, para en invierno usar.

Las malas hierbas
dejarlas pudrir o se pueden quemar

y servirán para el campo abonar.

Hay prados que ya no tienen hierbas buenas que cortar

las malas son más fuertes e invadieron el lugar.




martes, 28 de junio de 2011

En que animais está a metamorfosear o goberno da Xunta?



Enlace

O profesorado galego reacciona. E faino a través dun movemento "apartidista e plural na defensa do ensino público galego, á marxe de organizacións sindicais, pero non necesariamente en contra delas", rezan os seus principios.
Galicia Hoxe


Hoxe día 28 de Xuño é o aniversario do traslado dos restos mortais de Castelao ao Panteón de Galegos Ilustres e hoxe saíu á rúa a derradeira publicación do xornal en lingua galega Galicia Hoxe.



Ovido no libro X (560-707) da Metamorfose cóntanos a historia de Atalanta e Hipomenes.

A deusa Venus, baixo a sombra dun álamo , descansando ao carón de Adonis, cóntalle esta historia:

Esta era unha moza que vencía a todos os homes correndo e non se podía dicir se era máis fermosa pola gloria dos seus pés ou polo don da súa beleza. Un día consultou o oráculo para saber se lle conviña casar e este díxolle "Non che convén un esposo, fuxe de telo. E aínda así non conseguirás librarte e viva veraste privada de ti mesma".
Atalanta vive nas fragas, fuxindo do montón de pretendentes que queren casar con ela, poñéndolles unha condición: " Non me conseguiredes a non ser que me venzades na carreira, o que venza, casará comigo, os outros morrerán, esa será regra da competición".

Hipómenes sentou como espectador da carreira pensando "Como pode haber alguén que busque esposa a tanto risco?". Pero cando viu o rostro e o corpo de Atalanta quedou pasmado e levantando as mans dixo: "Perdoade todos os que acabo de censurar sen coñecer o premio". Pensándoo mellor e despois de ver como vence aos outros mozos, pensa "Por que vou deixar sen probar a sorte?, aos valentes o poder dos deuses axúdaos".

O mozo sen temor, despois de ver o que lles pasara aos que o precederan, erguese no medio dos espectadores e fixando na moza a mirada, dille: "Por que buscas unha gloria fácil vencendo aos febles?. Mídete comigo..."

Mentres el lle conta quen é e enxalza a todos os seus antepasados a moza contémplao e non sabe se prefire ser vencida ou ganar, e di: "Que deus malévolo quere perder a este e lle ordena aspirar a este matrimonio con perigo da súa preciosa vida? Non vallo tanto, ao meu xuízo. E non é que me impresione a súa fermosura, senón o feito de que aínda é un neno...
...
Hipómenes reclama que eu asista á carreira e conmovida decido socorrelo.

Hai un campo co nome de Támaso, que é a mellor zona da terra de Chipre, zona que me consagraron dende hai tempo. Na metade do campo hai unha chaira onde brilla unha árbore amarela coas pólas de amarelo ouro: de alí viña e levaba tres froitas de ouro que coa miña man collera da árbore e sen que ninguén puidese verme máis ca el, presenteime a Hipómenes e mostreille como podían serlle de utilidade.

As trompetas dan a sinal e comeza a carreira, o público anima a Hipómenes que fatigado ve que a meta aínda está moi lonxe, entón tira unha das tres froitas. A moza queda atónita, descoida a carreira e colle do chan o ouro, o mozo adianta e os espectadores aplauden. Ela de novo recupera na carreira o tempo perdido e de novo o mozo queda atrás, pero ela detense polo lanzamento doutra froita. Xa só quedaba o último tramo da carreira "asísteme agora" di " deusa a quen debo este obsequio", e para que ela tardase máis en volver, tirou con moita forza o resplandecente ouro a un lado do campo e en dirección transversal. A moza parecía dubidar en ir buscala, pero eu obrigueina a collela e unha vez que colleu a mazá, xa fixen máis pesada e estorbei a Atalanta tanto polo peso como pola detención, e a moza quedou atrás; o vencedor levou o premio.

Acaso non merecín que me dera as grazas, que me ofrecese incenso, Adonis?. Nin se lembrou de darme as grazas e do incenso esqueceuse. Isto provocou a miña cólera, ofendida polo desprezo, propúxenme dar un escarmento.

Pasaban eles ao carón do templo, oculto na espesa fraga, que estaba adicado á deusa Cibeles, e eu aconséllolles descansar; daquela Hipómenes foi invadido por un inoportuno desexo, suscitado por min, de xacer con Atalanta. Ao carón do templo había un recuncho semellante a unha cova, cun revestimento natural de pedra pómez, lugar consagrado desde antigo pola relixión, onde o sacerdote do templo levara moitas imaxes de madeira de antigos deuses. Alí entra Hipómenes e Atalanta e profanan o santuario. A deusa Cibeles castigounos. Comezaron a medrarlles unhas guedellas azafranadas cubrindo o pescozo, os dedos curváronselles formando gadoupas ,
... en vez de palabras emiten ruxidos e tascan cos seus dentes os freos de carro de Cibeles, convertidos en leóns.





Versión en castelán


El profesorado gallego reacciona. Y lo hace a través de un movimiento "apartidista y plural en la defensa de la enseñanza pública en gallego, al margen de organizaciones sindicales, pero no necesariamente en contra de ellas", rezan sus principios. Galicia Hoxe

Hoy día 28 de Junio es el aniversario del traslado de los restos mortales de Castelao al Panteón de Gallegos Ilustres y hoy salió a la calle la última publicación del periódico en lengua gallega Galicia Hoxe.


Ovido en el libro X (560-707) de la Metamorfosis nos cuentan la historia de Atalanta e Hipómenes.

La diosa Venus, bajo la sombra de un álamo , descansando junto a Adonis, le cuenta esta historia:

Esta era una joven que vencía a todos los hombres corriendo y no se podía decir si era más hermosa por la gloria de sus pies o por el don de su belleza. Un día consultó el oráculo para saber si le convenía casarse y este le dijo "No te conviene un esposo, huye de tenerlo. Y aun así no conseguirás librarte y viva te verás privada de ti misma".
Atalanta vive en los bosques huyendo de los pretendientes que quieren casarse con ella, poniéndoles una condición: " No me conseguiréis a no ser que me venzáis en la carrera, el que venza, se casará conmigo, los otros morirán, esa será la regla de la competición".
Hipómenes se sentó como espectador de la carrera pensando "¿Como puede haber alguien que busque esposa a tanto riesgo?". Pero cuando vio el rostro y el cuerpo de Atalanta quedó pasmado y levantando las manos dijo: "Perdonad todos los que acabo de censurar sin conocer el premio". Pensándolo mejor y después de ver como vence a los otros jóvenes, piensa "¿Por qué voy a dejar sin probar la suerte?, a los valientes el poder de los dioses los ayuda".
El joven sin temor, después de ver lo que les había pasado a los que lo habían precedido, se levanta en medio de los espectadores y fijando en la chica la mirada, le dice: "¿Por qué buscas una gloria fácil venciendo a los endebles?. Mídete conmigo..."
Mientras él le cuenta quién es y ensalza a todos sus antepasados la joven lo contempla y no sabe si prefiere ser vencida o ganar, y dice: "¿Qué dios malévolo quiere perder a éste y le ordena aspirar a este matrimonio con peligro de su preciosa vida? No valgo tanto, a mi juicio. Y no es que me impresione su hermosura, sino el hecho de que aún es un niño...
...
Hipómenes reclama que yo asista a la carrera y conmovida decido socorrerlo.

Hay un campo con el nombre de Támaso, que es la mejor zona de la tierra de Chipre, zona que me consagraron desde hace tiempo. En la mitad del campo hay una llanura donde brilla un árbol amarillo con las ramas de amarillo oro: de allí venía y llevaba tres frutas de oro que con mi mano había cogido del árbol y sin que nadie pudiera verme más que él, me presenté a Hipómenes y le mostré cómo podían serle de utilidad.

Las trompetas dan la señal y comienza la carrera, el público anima a Hipómenes que fatigado ve que la meta aun está muy lejos, entonces tira una de las tres frutas. La joven queda atónita, descuida la carrera y coge del suelo el oro, el joven se adelanta y los espectadores aplauden. Ella de nuevo recupera en la carrera el tiempo perdido y de nuevo el joven queda atrás, pero ella se detiene por el lanzamiento de otra fruta. Ya sólo quedaba el último tramo de la carrera "asísteme ahora" dice " diosa a quien debo este obsequio", y para que ella tardara más en volver, tiró con mucha fuerza el brillante oro a un lado del campo y en dirección transversal. La joven parecía dudar en ir a buscarla, pero yo la obligué a cogerla y una vez que cogió la manzana, ya la hice más pesada y estorbé a Atalanta tanto por el peso como por la detención y la joven quedó atrás; el vencedor llevó el premio.

¿Acaso no merecí que me diera las gracias, que me ofreciera incienso, Adonis?. Ni se acordó de darme las gracias y del incienso se olvidó. Esto provocó mi cólera, ofendida por el desprecio, me propuse dar un escarmiento.
Pasaban ellos junto al templo, oculto en el espeso bosque, que estaba dedicado a la diosa Cibeles, y yo les aconsejo descansar; entonces Hipómenes fue invadido por un inoportuno deseo, suscitado por mí, de yacer con Atalanta.
A un lado del templo había un rincón semejante a una cueva, con un revestimiento natural de una piedra pómez, lugar consagrado desde antiguo por la religión, donde el sacerdote del templo había llevado muchas imágenes de madera de antiguos dioses. Allí entran Hipómenes y Atalanta y profanan el santuario. La diosa Cibeles los castigó. Comenzaron a crecerle unas melenas azafranadas cubriendo el cuello, los dedos se les curvaron formando zarpas , ... en vez de palabras emiten rugidos y tascan con sus dientes los frenos del carro de Cibeles, convertidos en leones.

miércoles, 22 de junio de 2011

Quero reivindicar que tamén hai cansfrauta e cadelasfrauta.



A min non me importa ser unha cadelafrauta que xa teño adestrado ao Zar de bailarín, e non tardando moito, teremos unha orquestra, para actuar nas prazas e xardíns.

(A mi no me importa ser una perraflauta que ya tengo adiestrado al Zar de bailarín, y dentro de poco, tendremos una orquesta, para actuar en las plazas y jardines.)



Goucho e Susi manexan todos os instrumentos

(Groucho y Susi manejan todos los instrumentos)



Greta será a cantanta.



-Ola Rosa! Esa que está aí, que vén sendo, a túa filla?

-¡Hola Rosa! Esa que está ahí, ¿no será tu hija?

-Pois claro, é a miña rapaza.

-Pues claro, es mi niña

-Éche ben feitiña, ven aquí rapaza, como te chamas?

- Es muy guapa, ven aquí niña, ¿cómo te llamas?

-Rosiña e cando sexa moza vou ser cantanta.

-Rosiña y cuando sea mayor voy a ser cantanta.