viernes, 28 de octubre de 2011

Níobe


Monte Sipilo (Turquia) imaxes tomadas da rede
Enlace
Ovidio, Metamorfose, libro VI (146-312)

Níobe
era filla de Tántalo e casou con Anfíon (que tocaba moi ben a lira), fillo de Antíope e Xúpiter, irmán xemelgo de Zeto. Níobe estaba moi orgullosa dos seus sete fillos e sete fillas, considerábase a máis feliz das nais.

Manto, a filla de Tiresias (adiviño cego de Tebas), que coñecía o porvir, pronunciara este vaticinio:

- "Isménides, marchade en tromba e ofrecede á Latona e aos dous Latoníxenas (Apolo e Diana) piadosos incensos acompañados de pregarias, e adornade de loureiro os vosos cabelos. Pola miña boca mándao Latona".

Todas as tebanas obedecen, adornan as súas frontes e ofrecen ao lume sagrado, incenso e oracións.

Cando chega Níobe acompañada dun cortexo de seguidores, magnífica pola súa roupa frixia de brocado de ouro, e tan fermosa como lle permite a súa cólera, axitando os cabelos que lle caen polos ombreiros, detívose e despois de pasear a súa mirada soberbia ao seu redor, dixo:

-"Que loucura é antepoñer deuses oídos a deuses vistos? E por que Latona é venerada nos altares e pola contra a miña divindade está aínda sen incenso?. O meu pai é Tantalo, ao que se lle permitiu probar as mesas dos deuses; a miña nai é a irmá das Pléiades; o xigantesco Atlas é o meu avó, o que sobre o seu pescozo sostén o eixo do mundo; Xúpiter o meu outro avó tamén teño a honra de telo como sogro. Téñenme medo os pobos de Frixia, son a señora do palacio real de Cadmo e a poboación que o habita está gobernada por min e o meu esposo. Ás miñas riquezas hai que engadir a miña figura, digna dunha deusa; pero engade aínda as sete fillas e outros tantos fillos e pronto tamén xenros e noras. Preguntade agora os motivos que teño para estar orgullosa, atrevédevos a poñer por riba de min á Titánida Latona... Ela só foi nai de dous fillos...Son demasiado grande para que poida facerme dano a Fortuna... As miñas posesións están fóra de temor... Dádevos présa en abandonar eses cultos e quitade o loureiro dos cabelos".

A xente fai caso a Níobe e deixa sen rematar o culto a Latona.
Latona dálle as queixas aos seus fillos, Apolo e Diana, que baixan a vingar á súa nai, matando a todos os fillos varóns de Níobe. Cando chegou a nova aos pais, Anfíon atravesou o seu peito coa espada. Níobe aflixida dobrase sobre os corpos fríos e dálles os seus últimos beixos. Levanta os seus brazos ao ceo e di:

-"Aliméntate, cruel Latona, coa miña dor, aliméntate e sacia o teu corazón co meu loito, sacia o teu fero corazón. Estas sete mortes significan o meu enterro. Gózate e trunfa, inimiga vitoriosa. Pero, por que vitoriosa?. Máis me queda a min na desgraza que a ti na túa felicidade: incluso despois de tantas mortes sigo ganando eu".


Cando rematou de falar comezaron a caer mortas as súas fillas, unha por unha. Cando xa só quedaba unha viva, a nai tapouna co seu corpo gritando:

- "Déixame só a máis pequena! De entre tantas pídoche á máis pequena, só a unha!".

Mentres suplica morre aquela pola que suplica. Sen prole xa, sentou entre os seus fillos, fillas e marido sen vida, e pola súa desgraza volveuse ríxida: a brisa xa non move os seus cabelos, na súa cara hai unha cor exsangüe, os seus ollos están inmóbiles e nada hai vivo xa naquela figura. Por dentro a mesma lingua xélida pégaselle ao padal e as veas cesan de ter movemento, xa non pode dobrar o pescozo, nin os brazos fan movemento, nin os pés camiñan, as súas vísceras convertéronse en pedra. Pero aínda así, chora.

Uns ventos fortes levan ao seu corpo a súa patria, suxeita no cume da montaña, licúase e aínda agora seguen os mármores manando lágrimas

D
un risco do monte Sípilo (Turquía) mana unha fonte, din que a rocha é Níobe petrificada e a fonte, as súas lágrimas perpetuas.




Versión en castelán



Níobe
era hija de Tántalo y se casó con Anfíon(que tocaba moi ben a lira), hijo de Antíope y Júpiter, hermano gemelo de Zeto. Níobe estaba muy orgullosa de sus siete hijos y siete hijas, se consideraba la más feliz de las madres.


Manto, la hija de
Tiresias (adivino ciego de Tebas), que conocía el porvenir, había pronunciado este vaticinio:


- "
Isménides, marchad en tromba y ofreced a la Latona y a los dos Latoníxenas (Apolo y Diana) piadosos inciensos acompañados de plegarias, y adornad de laurel vuestros cabellos. Por mi boca lo manda Latona".

Todas las
tebanas obedecen, adornan sus frentes y ofrecen al fuego sagrado, incienso y oraciones.


Cuando llega
Níobe acompañada de un cortejo de seguidores, magnífica por su ropa frigia de brocado de oro, y tan hermosa como le permite su cólera, agitando los cabellos que le caen por los hombros, se detuvo y después de pasear su mirada soberbia a su alrededor, dijo:


-"Que locura es anteponer dioses oídos a dioses vistos? Y por que
Latona es venerada en los altares y por el contrario mi divinidad está aún sin incienso?. Mi padre es Tantalo, al que se le permitió probar las mesas de los dioses; mi madre es la hermana de las Pléyades; el gigantesco Atlas es mi abuelo, el que sobre su cuello sostiene el eje del mundo; Júpiter, mío otro abuelo, también tengo la honra de tenerlo como suegro. Me tienen miedo los pueblos de Frigia, soy la señora del palacio real de Cadmo y la población que lo habita está gobernada por mí y mi esposo. A mis riquezas hay que añadir mi figura, digna de una diosa; pero añade aún las siete hijas y otros tantos hijos y pronto también yernos y nueras. Preguntad ahora los motivos que tengo para estar orgullosa, atreveos a poner por encima de mí a la Titánida Latona... Ella sólo fue madre de dos hijos... Soy demasiado grande para que pueda hacerme daño la Fortuna... Mis posesiones están fuera de temor... Daros prisa en abandonar esos cultos y quitad el laurel de los cabellos".

La gente hace caso a
Níobe y deja sin rematar el culto a Latona. Latona le da las quejas a sus hijos, Apolo y Diana, que bajan a vengar a su madre, matando a todos los hijos varones de Níobe. Cuando llegó la noticia a los padres, Anfíon atravesó su pecho con la espada. Níobe afligida doblada sobre los cuerpos fríos les da sus últimos besos. Levanta sus brazos al cielo y dice:


-"Te alimentas, cruel
Latona, con mi dolor, te alimentas y sacias tu corazón con mi luto, y sacias tu fiero corazón. Estas siete muertes significan mi entierro. Tú disfruta y triunfa, enemiga victoriosa. Pero, por que victoriosa?. Más me queda a mí en la desgracia que a ti en tu felicidad: incluso después de tantas muertes sigo ganando yo".

Cuando terminó de hablar comenzaron a caer muertas sus hijas, una por una. Cuando ya sólo quedaba una viva, la madre la tapó con su cuerpo gritando:


- "
Déjame sólo la más pequeña! De entre tantas te pido a la más pequeña, sólo una!".

Mientras suplica muere aquella por la que suplica. Sin prole ya, se sentó entre sus hijos, hijas y marido sin vida, y por su desgracia se volvió rígida; la brisa ya no mueve sus cabellos, en su cara hay un color exangüe, sus ojos están inmóviles y nada hay vivo ya en aquella figura. Por dentro la misma lengua gélida se le pega al paladar y las venas cesan de tener movimiento, ya no puede doblar el cuello, ni los brazos hacen movimiento, ni los pies caminan, sus vísceras se convirtieron en piedra. Pero aun así, llora. Unos vientos fuertes llevan su cuerpo a su patria, sujeta en la cumbre de la montaña, se licua
y aun ahora siguen los mármoles manando lágrimas
De un
risco del monte Sípilo (Turquía) mana una fuente, dicen que la roca es Níobe petrificada y la fuente, sus lágrimas perpetuas.





miércoles, 26 de octubre de 2011

Beleza


O meu cabalo Khalil

Os teus fillos non son os teus fillos,

son fillos e fillas da vida


desexosa de si mesma.



Non veñen de ti, senón a través de ti,


e aínda que estean contigo,


non che pertencen.



Podes darlles o teu amor,


pero non os teus pensamentos, pois,


eles teñen os seus propios pensamentos.



Podes abrigar os seus corpos,


pero non as súas almas, porque elas


viven na casa de mañá,


que non podes visitar,


nin sequera en soños.



Podes esforzarte en ser coma eles,


pero non procures facelos


semellantes a ti


porque a vida non retrocede


nin se detén no onte.



Ti es o arco do cal os teus fillos,


como frechas vivas son lanzados.



Deixa que a inclinación,


na túa man de porteiro


sexa para a FELICIDADE


Khalil Gibrán


Versión en castelán


Tus hijos no son tus hijos,
son hijos e hijas de la vida
deseosa de sí misma.

No vienen de ti, sino a través de ti,
y aunque estén contigo,
no te pertenecen.

Puedes darles tu amor,
pero no tus pensamientos, pues,
ellos tienen sus propios pensamientos.

Puedes abrigar sus cuerpos,
pero no sus almas, porque ellas
viven en la casa de mañana,
que no puedes visitar,
ni siquiera en sueños.

Puedes esforzarte en ser como ellos,
pero no procures hacerlos
semejantes a ti
porque la vida no retrocede
ni se detiene en el ayer.

Tú eres el arco del cual tus hijos,
como flechas vivas son lanzados.

Deja que la inclinación,
en tu mano de arquero
sea para la FELICIDAD

Khalil Gibrán

sábado, 22 de octubre de 2011

Cave canem





Os farsantes


Tiña un can Xeneroso,


regalo dun seu curmán da montaña.


—"Valeche pouco, —lle dixo


cando llo trouxo— para gardar a casa:


Aínda que o maten non morde a ninguén e só


xa ves, que ten boa planta,


(o can alzaba un metro)


e ladra, iso si, ladra,


ladra, sen que se canse,


o mesmo un día ou dous, que unha semana.


agora, se lle berran algo forte


ou lle ensinan, non máis, unha aguillada,


xa tes o can metido


debaixo dunha mesa ou dunha cama.


—"Sírveme o can —o Xeneroso dixo—


iso era o que eu buscaba:


un farsante! .Verás como o respectan


e non hai un que se lle suba ás barbas".


Encargoulle un colar con moitos cravos,


ordenou fixesen unha casa


de ladrillos, e logo


con cadea de ferro o can amarra,


e por se fose pouco, pintar fixo


sobre unha grosa táboa


un letreiro que avisa a todo o mundo


que o can é fero e traba.


Ninguén máis xa na finca se lle mete,


nin á froita lle van, nin ás patacas.


do can que trouxo Xeneroso corre


entre os veciños do lugar a fama,


e pode, dende entón, moi tranquilo


a perna solta xa durmir na cama.



Cantos homes coñezo,

que aínda que ben non resulte a comparanza,


son como o can de Xeneroso: só


aparentan e ladran.


Hai que ver a soberbia con que ordenan!,


o imperio con que mandan!


Para eles nada de respecto é digno:


ao vello insultan, e á muller aldraxan.


Sostennos, como ao can, as aparencias,


deféndeos só a farsa.


Amador Montenegro


Versión en Castelán



Los farsantes



Tenía un perro Generoso,

regalo de un primo suyo de la montaña.


"Te vale poco, -le dijo,


cuando se lo trajo-, para guardar la casa:


Aunque lo maten no muerde a nadie y sólo


ya ves, que tiene buena planta,


(el perro alzaba un metro)


y ladrar, eso sí, ladra,


ladra, sin que se canse,


lo mismo un día o dos, que una semana.


Ahora, si le gritan algo fuerte


o le enseñan, no más, una aguijada,


ya tienes el perro metido


debajo de una mesa o de una cama".


"Me sirve el perro, - Generoso dijo-


eso era lo que yo buscaba:


¡un farsante! .Verás como lo respetan


y no hay nadie que se le suba a las barbas".


Le encargó un collar con muchos clavos,


ordenó hicieran una casa


de ladrillos, y luego


con cadena de hierro el perro amarra,


y por sí fuera poco, pintar hizo


sobre una gruesa tabla


un letrero que avisa a todo el mundo


que el perro es fiero y muerde.


Nadie más ya en la finca se le mete,


ni a la fruta le van, ni a las patatas.


del perro que trajo Generoso corre


entre los vecinos del lugar la fama,


y puede, desde entonces, muy tranquilo


a pierna suelta ya dormir en la cama.




Cuantos hombres conozco,


que aunque bien no resulte la comparanza,


son como el perro de Generoso: sólo


aparentan y ladran.


¡Hay que ver la soberbia con que ordenan!,


¡el imperio con que mandan!


Para ellos nada de respeto es digno:


al viejo insultan, y a la mujer aldrajan.


Los sostiene, como al perro, las apariencias,


los defiende sólo la farsa.


Amador Montenegr
o

jueves, 20 de octubre de 2011

Relatos






Dende hai tempo, pasa ao meu carón coma se non me coñecese, disimula mirando para o chan, facendo que busca algo no bolso ou xogando co móbil. Ao principio eu, inocente de min, pensei que en realidade ía distraída, e entón saudábaa, pero a forma de contestarme, deume a entender que pasaba de min e non quería falarme.



Intentei buscar na miña memoria a causa da súa actitude e non logrei lembrar ningún motivo para que me ignorase.



Coñecina haberá uns vinte anos, unha compañeira de traballo preguntoume se estaría disposta a axudar a unha amiga, chamárana dun instituto para facer unha substitución bastante longa, ela era licenciada en filosofía e a substitución que tiña que facer implicaba impartir tamén a materia afín de latín. Deille o meu teléfono para que ela me chamase. Cando o fixo, quedamos para falar de que forma a podía axudar.



Contoume o seu problema, tiña que dar clases de latín, na carreira non tivera esa materia e só a estudara no bacharelato e en COU. Sentín mágoa por ela e díxenlle que non se preocupase, eu comprometíame a prepararlle as clases todas as semanas. Quedamos en vernos todos os sábados pola mañá para poder explicarlle as clases que ela ía impartir a semana seguinte e ao mesmo tempo, tamén lle preparaba os exercicios que tiñan que facer os alumnos naquela semana.



Tiña clases de segundo, terceiro e COU. As de segundo non houbo problema, pronto se puxo ao día e a min case non me deu traballo, pero as de terceiro e COU eran máis serias, en COU non podía ter fallos porque os alumnos xogábanse o aprobado de selectividade e a nota para poder entrar na carreira desexada.



Cando levabamos dúas semanas, díxome que lle tiña que dicir canto lle ía cobrar, porque ela así íase sentir moito mellor.



Nun principio, non souben que dicirlle, porque eran dúas ou tres horas dos sábados, máis o tempo que eu perdía preparándolle a tradución, a análise sintáctica e morfolóxica dos texto que levaba para traballar ao longo da semana, axudala a corrixir os exames, ... Non quería aproveitarme da súa situación e posto que ela quería pagarme para sentirse mellor, eu podía pórlle un prezo simbólico, quedamos en que me pagaría 2.000 pesetas á semana.



Así pasaron máis de tres meses, as últimas semanas, agora non lembro se tres ou máis deixou de pagarme, díxome que non tiña cartos, que tiña que esperar uns días e a min non me preocupou.



Un sábado non apareceu nin me chamou, o luns chameina eu, estaba preocupada porque non tiña materia para explicar aquela semana.



-Isa que che pasou o sábado, estás enferma?



-Non, non cho dixen?. Dende o mércores estou na casa, xa me rematou a substitución.



-...



-Xa te chamarei para pagarche o que che debo e devolverche o libro que me emprestaches.



Non lembro se falamos máis, xa hai 20 anos disto, nin me chamou para pagarme nin me devolveu o libro.



E agora, cando me torce a cara, eu fago propósitos todos os días de parala e lembrarlle que me debe polo menos un libro.



Pero non me atrevo, son covarde.





Versión en castelán



Desde hace tiempo pasa a mi lado como si no me conociese, disimula mirando para el suelo, buscando algo en el bolso o jugando con el móvil. Al principio yo, inocente de mí, pensé que en realidad iba distraída, y entonces la saludaba, pero la forma de contestarme, me dio a entender que pasaba de mí y no quería hablarme.


Intenté buscar en
mis recuerdos la causa de su actitud y no logré recordar ningún motivo para que me ignorase.

La conocí habrá unos veinte años, una compañera de trabajo me preguntó si estaría dispuesta a ayudar a una amiga, la habían llamado de un instituto para hacer una sustitución bastante larga, ella era licenciada en filosofía y la sustitución que tenía que hacer implicaba impartir también la materia afín de latín. Le di mi teléfono para que ella me llamara. Cuando lo hizo, quedamos para hablar y buscar la forma de cómo podía ayudarla.

Me contó su problema, tenía que dar clases de latín, en la carrera no había tenido esa materia y sólo la había estudiado en el bachillerato y COU. Sentí lástima por ella y le dije que no se preocupase, yo me comprometía a prepararle las clases todas las semanas. Quedamos en vernos todos los sábados por la mañana, para poder explicarle las clases que ella iba a impartir la semana siguiente y al mismo tiempo, también le preparaba los ejercicios que tenían que hacer los alumnos en aquella semana.

Tenía clases de segundo, tercero y COU. Las de segundo no hubo problema, pronto se puso al día y a mí casi no me dio trabajo, pero las de tercero y COU eran más serias, en COU no podía tener fallos porque los alumnos se jugaban el aprobado de selectividad y la nota para poder entrar en la carrera deseada.

Cuando llevábamos dos semanas, me dijo que le tenía que decir cuanto le iba a cobrar, porque ella así se iba a sentir mucho mejor.

En un principio, no supe que decirle, porque eran dos o tres horas de los sábados, más el tiempo que yo perdía preparándole la traducción, el análisis sintáctico y morfolóxico de los texto que llevaba para trabajar a lo largo de la semana, ayudarla a corregir los examenes, ...

No quería aprovecharme de su situación y puesto que ella quería pagarme para sentirse mejor, yo podía ponerle un precio simbólico, quedamos en que me pagaría 2.000 pesetas a la semana.

Así pasaron más de tres meses, las últimas semanas, ahora no recuerdo si tres o más, dejó de pagarme, me dijo que no tenía dinero, que tenía que esperar unos días y a mí no me preocupó.

Un sábado no apareció ni me llamó, el lunes la llamé yo, estaba preocupada porque no tenía materia para explicar aquella semana.

-Isa ¿qué te pasó el sábado, estás enferma?

-No, ¿no te lo dije?. Desde el miércoles estoy en casa, ya me terminó la sustitución.

-...

-Ya te llamaré para pagarte lo que te debo y devolverte el libro que me prestaste.

No recuerdo se hablamos más, ya hace 20 años de esto, ni me llamó para pagarme ni me devolvió el libro.

Y ahora, cuando me tuerce la cara, yo hago propósitos todos los días de pararla y recordarle que me debe por lo menos un libro.


Pero no me atrevo, soy cobarde.

martes, 18 de octubre de 2011

Días de lume e fume


Esta foto tomeina de internet






EU SON NINGUÉN. TI ES QUEN?

Eu son ninguén, ti es quen?
Es ninguén ti tamén?
Somos pois dous? -non o digas!

Pronto o divulgarían!
Ser alguén é unha fastío!
Que impúdico, cal a ra
presentarte todo o día
ao pantano que te admira!







Versión en castelán

YO SOY NADIE. ¿TÚ ERES QUIÉN?

Yo soy nadie, ¿tú
eres quién?
¿Eres nadie tú también?
Somos pues dos —¡no lo digas!
¡Pronto lo divulgarían!

¡Ser alguien es una lata!
¡Qué impúdico, cual la rana
presentarte todo el día
al pantano que te admira!

viernes, 14 de octubre de 2011

Froitos do outono




froitos do érbedo, os morogos


érbedo (a esta árbore adiqueille unha entrada hai algún tempo)

"A historia dos homes é a historia dos seus desencontros con deus, nin el nos entende a nós nin nós o entendemos a el", di Saramago en Caín.


A muller de Lot


Talvez mirei cara atrás por curiosidade.


Pero ademais de curiosidade puiden ter outras razóns.


Mirei cara atrás porque me deu tristeza a cunca de prata.


Por distracción: amarrando o cordón da sandalia.


Para non mirar máis a caluga xusta


do meu marido, Lot.


Pola seguridade repentina de que se eu morrese,


el non se detería


Pola desobediencia natural dos humildes.


Escoitando como nos perseguían.


Conmovida polo silencio, pensando que Deus cambiaría de idea.


As nosas dúas fillas perdíanse xa tras o outeiro.


Sentín a vellez en min. O afastamento.


O inútil de viaxar. Sono.


Mirei cara atrás mentres puña o meu fardelo no chan.


Mirei cara atrás preocupada polo seguinte paso.


No meu camiño apareceron serpes,


arañas, ratos de campo e pitos de voitre.


Nin bos, nin malos; simplemente o vivo, todo,


brincaba e arrastrábase por un temor colectivo.


Mirei cara atrás por soidade.


Pola vergoña de fuxir ás agachadas.


Polas ganas de berrar, de regresar.


Ou porque xusto entón soltouse o vento,


desatou o meu pelo e levantoume o vestido.


Sentín que me vían desde os muros de Sodoma


e morrían de risa, unha e outra vez.


Mirei cara atrás enchida de rabia.


Para gozar plenamente a súa ruína.


Mirei cara atrás por todas as razóns mencionadas.


Mirei cara atrás sen querer.


Foi só que unha rocha virou gruñindo baixo os meus pés.


Que unha greta de súpeto cortoume o paso.


Na beira un hámster axitaba as patas dianteiras.


E entón ambos miramos cara atrás.


Non, non. Eu seguín correndo, arrastrándome e rubindo


ata que a escuridade caeu do ceo,


e con ela cascallos ardendo e aves mortas.


Por falta de alento varias veces perdín o equilibrio.


Se alguén me viu, pensaría que bailaba.


É posible que tivese os ollos abertos.


Que caese mirando cara á cidade.



Wislawa Szymborska




Versión en Castelán


Madroño

"La historia de los hombres es la historia de sus desencuentros con dios, ni él nos entiende a nosotros ni nosotros lo entendemos a él”, dice Saramago en Caín




La mujer de Lot


Tal vez miré hacia atrás por curiosidad.


Pero además de curiosidad pude tener otras razones.


Miré hacia atrás porque me dio tristeza la escudilla de plata.


Por distracción: amarrándome el cordón de la sandalia.


Para no mirar más la nuca justa


de mi marido, Lot.


Por la seguridad repentina de que si yo muriera,


él no se detendría


Por la desobediencia natural de los humildes.


Escuchando cómo nos perseguían.


Conmovida por el silencio, pensando que Dios cambiaría de idea.


Nuestras dos hijas se perdían ya tras la colina.


Sentí la vejez en mí. El alejamiento.


Lo inútil de viajar. Sueño.


Miré hacia atrás mientras ponía mi hatillo en el suelo.


Miré hacia atrás preocupada por el siguiente paso.


En mi camino aparecieron serpientes,


arañas, ratones de campo y polluelos de buitre.


Ni buenos, ni malos; simplemente lo vivo, todo,


brincaba y se arrastraba por un temor colectivo.


Miré hacia atrás por soledad.


Por la vergüenza de huir a escondidas.


Por las ganas de gritar, de regresar.


O porque justo entonces se soltó el viento,


desató mi pelo y me levantó el vestido.


Sentí que me veían desde los muros de Sodoma


y se morían de risa, una y otra vez.


Miré hacia atrás llena de rabia.


Para gozar plenamente su ruina.


Miré hacia atrás por todas las razones mencionadas.


Miré hacia atrás sin querer.


Fue sólo que una roca giró gruñendo bajo mis pies.


Que una grieta de pronto me cortó el paso.


En la orilla un hámster agitaba las patas delanteras.


Y entonces ambos miramos hacia atrás.


No, no. Yo seguí corriendo, arrastrándome y trepando


hasta que la oscuridad cayó del cielo,


y con ella grava ardiendo y aves muertas.


Por falta de aliento varias veces perdí el equilibrio.


Si alguien me hubiera visto, pensaría que bailaba.


Es posible que haya tenido los ojos abiertos.


Que haya caído mirando hacia la ciudad.



Wislawa Szymborska

lunes, 3 de octubre de 2011

Grazas a todos aos que os preocupou a miña ausencia


Serán así as pegadas que van deixando na nosa alma os seres queridos cando se van?
¿Serán así las huellas que van dejando en nuestra alma los seres queridos cuando se van?

Durante o mes de setembro estiven perdida nunha mesta néboa, non actualicei o blogue porque non tiña nin podía dicir nada. Perdoade por volver de novo cunha entrada que xa hai tempo que saquei, daquela case non tiña seguidores polo que espero sexa unha novidade.
Estou preparando outra persoal pero aínda me costa moito expresar o que sento.

Mentres algo da mitoloxía.


O Hermafrodito


No libro IV da Metamorfose, Ovidio cóntanos a historia do
Hermafrodito.

Este era fillo de Afrodita e Hermes, en honra dos cales recibiu o seu nome, unha mestura do nome dos seus pais.


Afrodita (Venus para os romanos), ao sentirse culpable de adulterio, separouse do seu fillo e deixouno no monte Ida (en Frixia) ao cuidado das ninfas do monte (As Náiades), por quen foi criado.



Co paso do tempo, o neno converteuse nun mozo de gran beleza. Un bo día, Hermafrodito decidiu saír a percorrer as terras gregas. Indo de camiño a Caria, en Halicarnaso, o exceso da calor daquel día fíxoo aproximarse a un lago para refrescar o seu corpo, e sacando a roupa, púxose a nadar espido.


A náiade Salmacis, que era a única ninfa a quen el non coñecía, pasaba o seu tempo mergullándose no seu propio lago, peiteando os cabelos cun peite de madeira de buxo ou co corpo envolto nun vestido transparente, deitada sobre as follas brandas ou nas herbas e tamén noutras ocasións recollendo flores. Precisamente estaba a recoller flores cando viu ao mozo, e ao observar o seu corpo espido, sentiu unha atracción inmediata cara a el e non tardou en espirse e achegárselle para tratar de conquistalo, pero o mozo resistiuse.
Aínda así, a ninfa non desistiu no seu empeño e abrazouno fortemente, arrastrándoo ao fondo, mentres loitaba con el, suplicou aos deuses para que non separasen os seus corpos, dicindo: Aínda que loites, maldito, non por iso vas fuxir! Deuses, facede que nada poida xamais separalo de min nin separarme del!.

Os deuses, atendendo a súa súplica, concedéronlle o seu desexo e ambos corpos fusionáronse para sempre nun só ser, de dobre sexo.


Hermafrodito suplicou aos seus pais, os deuses, que todo mozo que se bañase naquel lago correse a súa mesma sorte. Desta forma, o lago arrebataría a virilidade a todo aquel que se bañase nel, tal como así llo concederon os deuses.


Este mito foi a orixe ao uso da expresión
"hermafrodita", para describir ás persoas intersexuais.



Versión en castelán


Durante el mes de septiembre estuve perdida en una densa niebla, no actualicé el blogue porque no tenía ni podía decir nada. Perdonad por volver de nuevo con una entrada que ya hace tiempo que saqué, entonces casi no tenía seguidores por lo que espero sea una novedad.
Estoy preparando otra personal pero aún me cuesta mucho expresar lo que siento.

Mientras algo de mitología.


El Hermafrodito

En el libro IV de la Metamorfosis, Ovidio nos cuentan la historia del Hermafrodito.

Éste era hijo de Afrodita y Hermes, en honra de los cuales recibió su nombre, una mezcla del nombre de sus padres.


Afrodita (Venus para los romanos), al sentirse culpable de adulterio, se separó de su hijo y lo dejó en el monte Ida (en Frixia) al cuidado de las ninfas del monte (Las Náyades), que lo criaron.


Con el paso del tiempo, el niño se convirtió en un chico de gran belleza. Un buen día, Hermafrodito decidió salir a recorrer las tierras griegas. Yendo de camino a Caria, en Halicarnaso, el exceso de calor de aquel día lo hizo aproximarse a un lago para refrescar su cuerpo, y sacando la ropa, se puso a nadar desnudo.


La náyade Salmacis, que era la única ninfa a quien él no conocía, pasaba su tiempo sumergiéndose en su propio lago, peinando los cabellos con un peine de madera de boj o con el cuerpo envuelto en un vestido transparente, acostada sobre las hojas blandas o en las hierbas y también en otras ocasiones recogiendo flores. Precisamente estaba recogiendo flores cuando vio al chico, y observando su cuerpo desnudo, sintió atracción inmediata hacia él, no tardndo en desnudarse y acercársele para tratar de conquistarlo, pero el chico se resistió.


A pesar de todo, la ninfa no desistió en su empeño y lo abrazó fuertemente, arrastrándolo al fondo, mientras luchaba con él, suplicó a los dioses para que no separaran sus cuerpos, diciendo:
Aunque luches, maldito, no por eso vas a huir! Dioses, haced que nada pueda jamás separarlo de mí ni separarme de él!.

Los dioses, atendiendo su súplica, le concedieron su deseo y ambos cuerpos se fusionaron para siempre jamás en un único ser, de doble sexo.


Hermafrodito suplicó a sus padres, los dioses, que todo joven que se bañara en aquel lago corriese su misma suerte. De esta forma, el lago arrebataría la virilidad a todo aquel que se bañase en él, tal como así se lo concedieron los dioses.


Este mito fue el origen al uso de la expresión
"hermafrodita", para describir a las personas intersexuais.