lunes, 16 de febrero de 2009

As árbores baixo a protección dos deuses

Noutro tempo, os deuses escolleron as árbores que querían tomar baixo a súa protección. A Xúpiter/Zeus gustoulle o carballo (Quercus) a Venus o mirto/ arraián (Myrtus), a Febo/Apolo o loureiro (Laurea nobilis), a Cibeles o piñeiro (Pinus) e o álamo (Populus celsa)) a Hercules.
Minerva/ Atenea admirada preguntoulles por que escollían árbores esteriles.
Xúpiter díxolle o motivo: para que non pareza que vendemos ás árbores este honor polos seus froitos.
Por Hercules! - dixo Minerva- cada quen dirá o que queira pero a min resúltame máis agradable a oliveira polo seu froito".
Entón o pai dos deuses e creador dos homes falou así:
- "Filla miña! con razón todos che chaman sabia. Se non é útil o que facemos, vana é a gloria"
A fábula aconsella non facer nada que non reporte proveito.


Esta é unha fábula de Fedro

Olim, quas vellent esse in tutela sua,
divi legerunt arbores. Quercus Iovi
et myrtus Veneri placuit, Phoebo laurea,
pinus Cybebae, populus celsa Herculi.
Minerva, admirans, quare steriles sumerent
interrogavit. Causam dixit Iuppiter:
"Honorem fructu ne videamur vendere."
"At, mehercules, narrabit quod quis voluerit,
oliva nobis propter fructum est gratior."
Tum sic deorum genitor atque hominum sator:
"O nata, merito sapiens dicere omnibus !
Nisi utile est quod facimus, stulta est gloria."
Nihil agere, quod non prosit, fabella admonet.

3 comentarios:

rivela dijo...

Gracias pola preciosa poesia de Machado que deixaches no meu blog.Espero que ti tamén estes disfrutando xa da primavera dende o teu rincón de Ourense. Biquiños

mariajesusparadela dijo...

Eu, sen sabiduría, tamén lle quero ás árbores polos seus froitos, feito polo qué, en galego son todos femininos menos dúos ou tres (para confirmala regra...)Velaí a intelixencia galega: a denominación de quen da froitos, feminina, á forza.

Dilaida dijo...

rivela si que disfruto destes días, no meu xardín os narcisos,xacintos e nardos están comezando a pórse preciosos, por non falar das camelias, espero que agora non veña a choiva a fastidiala.

María Jesús a sabiduria galega xa se sabe que é moita e se iso fose pouco tamén somos respetuosos, por iso respetamos a orixe das palabras e damos aos nomes o xénero que tiñan na súa lingua de orixe, o mesmo que a ortografía, e non dicimos "hace frío ou hace 20 años" porque sabemos moi ben que nin facemos o frío nin anos.