miércoles, 18 de marzo de 2009

De Amicitia

Lelio da amizade.- Cicerón VII. 23.


E sendo moitas e moi grandes as vantaxes que contén a amizade, a que entre todas sobresae é que ela fai brillar aos nosos ollos a luz dunha boa esperanza para o futuro e non permite ao ánimo o desalento nin a prostración. Pois o que contempla a un amigo verdadeiro, ve nel coma a súa propia imaxe. Así pola amizade os ausentes fanse presentes; os pobres, ricos; os débiles, fortes -máis difícil de dicir aínda- os mortos vivos: tanta é a estima, a memoria e a nostalxia dos amigos que os acompañan. Pola que, a morte de aqueles parece feliz, a vida de estes, digna de eloxios. Que se eliminas do mundo os vínculos do afecto, ningunha casa, ningunha cidade quedará en pé; nin o cultivo do campo permanecerá. Se isto non se entende, o grande que é a forza da amizade e da concordia, pode percibirse polas disensións e polas discordias. Que casa hai, en efecto, tan sólida, que cidade tan firme que non poda ser destruída de raíz polos odios e as divisións?. De isto, pódese xulgar canto ben hai na amizade.

Versión orixinal:

Cumque plurimas et maximas commoditates amicitia contineat, tum illa
nimirum praestat omnibus, quod bona spe praelucet in posterum nec debilitari animos aut cadere patitur. Verum enim amicum qui intuetur, tanquam exemplar aliquod intuetur sui. Quocirca et absentes adsunt, et egentes abundant, et inbecilli valent, et -quod difficilius dictu est,- mortui vivunt: tantus eos honos, memoria, desiderium prosequitur amicorum.Ex quo illorum beata mors videtur, horum vita laudabilis. Quod si exemeris ex rerum natura benivolentiae coniunctionem, nec domus ulla, nec urbs stare poterit; ne agri quidem cultus permanebit. Id si minus intellegitur, quanta vis amicitiae concordiaeque sit, ex dessensionibus atque discodiis percipi potest. Quae enim domus tam stabilis, quae tam firma est civitas, quae non odiis es discidiis funditus possit everti?. Ex quo, quantum boni sit in amicitia, iudicari potest.

4 comentarios:

mariajesusparadela dijo...

Pois, sí, hai que volver ós clásicos.

Juan Antonio dijo...

Ola Querida amiga veño agradecerche as túas visitas e deixarche un pequeno poema?

O teu buscándome e eu esperándoche
Neste mundo imaxinario, sentíame só
Esperando que chegases para poder volver intercambiar
Frases e secretos outra vez
Quedemos para escoitar o son das nosas voces
E contemplar as nosas almas
Espéroche nos meus soños e pensamentos
Cando reciba as letras que ao espazo mandabas
Terminase a miña ansiedade de saber de ti
Por iso escribo frases soñando??
Bicos deas dos meus soños

Dilaida dijo...

Pois si, María Jesús, e que poida que teñamos máis tecnoloxía, pero eu opino que os humanos non somos tan distintos aos de hai mil anos, e o problema e que sabemos os erros que eles cometeron e nós estamos a cometer os mesmos.

Juan Antonio GRAZAS.Es muy bello, muchas, muchas Gracias.

aaaa dijo...

Ay dilaida me uno a estas palabras tan sabias, la fuerza de la amistad mueve lo más profundo de nuestro ser cuando es sincero, verdadero y generoso.

bss