miércoles, 17 de febrero de 2010

Eu prosigo soñando


Khalil e Morocho

Arbusto con flor

Xacinto (o primeiro en chegar este ano)

Romeu (sempre ten flor)

Din que non falan as plantas, nin as fontes, nin os paxaros,


nin a onda cos seus rumores, nin co seu brillo os astros,



dino, pero non é certo, pois sempre cando eu paso,



de min murmuran e exclaman:



-Aí vai a tola soñando



coa eterna primavera da vida e dos campos,



e xa ben pronto, ben pronto, terá os cabelos canos,



e ve tremendo, atericida, que cobre a xeada o prado.



-Hai canas na miña cabeza, hai nos prados xeada,



mais eu prosigo soñando, pobre, incurable somnámbula,



coa eterna primavera da vida que se apaga



e a perenne frescura dos campos e as almas,



aínda que os uns esgótanse e aínda que as outras se abrasan.



Astros e fontes e flores, non murmuredes dos meus soños,



sen eles, como admirarvos nin como vivir sen eles?


A orillas del Sar, Rosalía de Castro



Versión en castelán (orixinal)

Dicen que no hablan las plantas, ni las fuentes, ni los pájaros

ni la onda con sus rumores, ni con su brillo los astros.

Lo dicen; pero no es cierto, pues siempre, cuando yo paso,

de mí murmuran y exclaman:

-Ahí va la loca, soñando

con la eterna primavera de la vida y de los campos,

y ya bien pronto, bien pronto, tendrá los cabellos canos,

y ve temblando, aterida, que cubre la escarcha el prado.

-Hay canas en mi cabeza, hay en los prados escarcha;

mas yo prosigo soñando, pobre, incurable sonámbula,

con la eterna primavera de la vida que se apaga

y la perenne frescura de los campos y las almas,

aunque los unos se agotan, y aunque las otras se abrasan.

¡Astros y fuentes y flores!, no murmuréis de mis sueños;

Sin ellos, ¿cómo admiraros, ni cómo vivir sin ellos?

Rosalía de Castro, A orillas del Sar


jueves, 11 de febrero de 2010

Vai de autobuses, topónimos e LESMAS


A Peroxa vista dende Coles


imaxe tomada da internet


Levaba máis de 30 anos sen subir a un autobús e onte decidín que xa ía sendo hora de probar as modernizacións que tiveran lugar dende entón.


Pedinlle á miña filla que me deixase na estación de autobuses da Coruña e coa miña bolsa ao lombo comecei o meu periplo.



Subín ata o primeiro piso para sacar o billete e preguntar a que hora saía o primeiro autobús para Ourense. Eran as once e o autobús saía ás once e media, entón baixei á plataforma a esperar. De cando en vez oíase unha voz que anunciaba os autobuses que saían e os que chegaban; chamoume moito a atención escoitar "
el autobús con destino a Arteijo va a efectuar su salida por el andén 19". Ao primeiro, pensei que oíra mal, pero de novo volveu a repetir o mesmo: "Arteijo, Arteijo, Arteijo".


Pensei, o mesmo é unha vila que eu non coñezo, e que así de golpe..., non podía crer que aínda houbese xente que traducise os nomes ao castrapo. Hoxe lembreime e busqueino no Google e a miña sorpresa foi maiúscula,
Arteijo municipio da Coruña en gallego Arteixo.


Haber se me aclaro, iso ocorría en tempos en que mandaba o anano do Ferrol, pero diso xa choveu e
os Topónimos son o que son e non teñen tradución. Naquela época o concello onde nacín tamén se chamaba "La Peroja". Imaxino que o filólogo que lle fixo a tradución ao Réxime ou ben foi o pobre cabalo que sae nas estatuas co ditador as costas ou, se foi unha persoa, decidiu que todo o que levaba "xe" en galego en castelán levaba "iota". Disto hai moito que falar pero queda para outra entrada, hoxe vou contar a viaxe en autobús.


Dúas horas e media dende a Coruña, media ducia de persoas nun autobús de corenta que tamén debía ser dos anos corenta, os ruídos eran máis fortes cós dun tractor e os amortecedores penso que aínda tiña os primeiros que lle puxeron, menos mal que non traía ovos, porque seguro que chegaban escachados. Durante toda a viaxe non fun quen de que o pé esquerdo compartira a calor co pé dereito, ao longo da miña vida nunca sentira esta sensación, un pé que me doía co frío e outro que tiña moita calor, despois de aturar isto un bo anaco, decidín cambiar de lado, e entón queceume o dereito e arrefrioume o esquerdo.



Se eliminamos todas estas incomodidades a viaxe non foi unha mala experiencia, dende a altura do autobús podes ver cousas que dende un coche non ves, pasamos por lugares, por onde teño pasado e coñezo pero descubrín cousas que nunca vira e só por iso valeu a pena viaxar en autobús.



Tamén me dei conta de que as cousas non cambiaran tanto ao longo dos anos, na media ducia que viñamos, non faltou o
BABOSO, vello sesentón, que non se lle levanta dende prehistoria e que busca rapazas novas para refregarse e meter man se poden.Sempre pensei que a estes tipiños, o mesmo que ás lesmas, as súas antenas detectan a quen se poden achegar sen correr risco, por detalles que vin despois, pois a Lesma baixou á metade de camiño, a moza non tiña moitas luces.





Versión en castelán


Llevaba más de 30 años sin subir a un autobús y ayer decidí que ya iba siendo hora de probar las modernizaciones que habían tenido lugar desde entonces.


Le pedí a mi hija que me dejara en la estación de autobuses de A Coruña y con mi bolsa a cuestas comencé mi periplo.



Subí hasta el primer piso para sacar el billete y preguntar a que hora salía el primer autobús para Ourense. Eran las once y el autobús salía a las once y media, entonces bajé al andén a esperar.



De vez en cuando se oía una voz que anunciaba los autobuses que salían y los que llegaban; me llamó mucho la atención escuchar "
el autobús con destino a Arteijo va a efectuar su salida por el andén 19". Al principio, pensé que había oído mal, pero de nuevo volvió a repetir lo mismo: "Arteijo, Arteijo, Arteijo".


Pensé, lo mismo es una villa que yo no conozco, y es que así de golpe..., no podía creer que aun hubiera gente que tradujera los nombres "
al castrapo". Hoy recordé esto y lo busqué en el Google y mi sorpresa fue mayúscula, Arteijo municipio de la Coruña en gallego Arteixo.


Haber si me aclaro, eso ocurría en tiempos en que mandaba el enano del Ferrol, pero de eso ya llovió y los
Topónimos son lo que son y no tienen traducción. En aquella época el ayuntamiento donde nací también se llamaba "La Peroja". Imagino que el filólogo que le hizo la traducción al Régimen o bien, fue el pobre caballo que sale en las estatuas con el dictador, o si fue una persona, decidió que todo lo que llevaba "equis" en gallego, en castellano llevaba "jota". De esto hay mucho que hablar, pero queda para otra entrada, hoy voy a contar el viaje en autobús.


Dos horas y media desde A Coruña, media docena de personas en un autobús de cuarenta que también debía ser de los años cuarenta, los ruidos eran más fuertes que los de un tractor y los amortiguadores pienso, que aún tenía los primeros que le pusieron, menos mal que no traía huevos, porque seguro que llegaban rotos. Durante todo el viaje no fui capaz de que el pie izquierdo compartiese el calor con el pie derecho, a lo largo de mi vida nunca había sentido esta sensación, un pie que me dolía con el frío y otro que tenía mucho calor, después de aguantar esto un buen rato, decidí cambiar de lado, y entonces se me calentó el derecho y me enfrió el izquierdo.



Si eliminamos todas estas incomodidades, el viaje no fue una mala experiencia, desde la altura del autobús puedes ver cosas que desde un coche no ves, pasamos por lugares, por donde he pasado varias veces y conozco pero descubrí cosas que nunca había visto y sólo por eso valió la pena viajar en autobús.



También me di cuenta de que las cosas no habían cambiado tanto a lo largo de los años, de la media docena que veníamos, no faltó el
BABOSO, viejo sesentón, que no se le levanta desde la prehistoria y que busca jóvenes para frotarse y meter mano si pueden. Siempre pensé que a estos tipejos, lo mismo que a las babosas, sus antenas detectan a quien se pueden acercar sin correr riesgo, por detalles que vi después, pues el Baboso bajó a mitad de camino, la joven no tenía muchas luces.

viernes, 5 de febrero de 2010

Costureiro as túas costuras



Onte tiña unha entrada feita para publicar e ao final elimineina, hoxe direivos que o fixen porque a fixera moi cabreada, no momento en escoitei na Galega que Adolfo Domínguez nos intentara facer un traxe aos traballadores deste país e soltara un montón de perlas pola súa boca(da súa boca só poden saír xoias).


Penso que ao facelo en quente era moi forte e eu cando decidín ter un blog, fíxeno para falar das miñas cousas, do que a min me gusta ler, dos meus poetas favoritos..., nunca tiven a intención de insultar a ninguén dende aquí, claro que cando comecei o blog, parecía que a política ía por mellor camiño, estabamos en Galicia en mellores mans ou iso parecía e non saía ningún costureiro, que deixou de gañar uns cantos euros, a dar os seus remedios caseiros para segundo el, solucionar a crise e que o señor -009 aplaudiu.


PALABRAS (Eu púxena en galego normativo)


Palabras hai que desacougan,


mancan,


queiman como un ácido


ou ferro candente


no lugar que máis doe


e que máis fere.


Un ten que botalas fóra de si


para que arrefrien e sexan,


un intre só, punto de lume


no grande xeo do mundo.


Acontece, ás veces que esta


nosa palabra desvalida


se fai canto e sentimento


aos que se lles nega


presenza e eternidade.


O sentimento pasa.


E o tempo deixa morrer


a queimante palabra en desamparo.




Manuel María, Oráculos para os cabaliños do demo



Versión en castelán

Ayer tenía una entrada hecha para publicar y al final la eliminé, hoy os diré que lo hice porque la había hecho muy enfadada, en el momento en escuché en la Galega que Adolfo Domínguez nos había intentado hacer un traje a los trabajadores de este país y había soltado un montón de perlas por la su boca (de su boca sólo pueden salir joyas) .

Pienso que al hacerlo en caliente era muy fuerte y yo cuando decidí tener un blog, lo hice para hablar de mis cosas, de lo que a mí me gusta leer, de mis poetas favoritos..., nunca tuve la intención de insultar a nadie desde aquí, claro que cuándo comencé el blog, parecía que la política iba por mejor camino, estábamos en Galicia en mejores manos o eso parecía y no salía ningún costurero, que dejó de ganar unos cuantos euros, a dar sus remedios caseros para según él solucionar la crisis y que el señor -009 aplaudió.



PALABRAS


Palabras hay que desasosiegan,

dañan,

queman como un ácido

o hierro al rojo vivo

en el lugar que más duele

y que más hiere.

Uno tiene que echarlas fuera de sí

para que enfríen y sean,

un rato solo, punto de fuego

en el gran hielo del mundo.

Sucede, a veces que esta

nuestra palabra desvalida

se hace canto y sentimiento

a los que se les niega

presencia y eternidad.

El sentimiento pasa.

Y el tiempo deja morir

la ardiente palabra en desamparo.

Manuel María, Oráculos para os cabaliños do demo


martes, 2 de febrero de 2010

Reflexións


imaxe baixada da internet


Cando chegas a certa idade e miras cara a atrás, ves como desde que tes recordos, non fuches máis ca un elo formando parte dunha cadea. Dende que naces estás suxeito a unhas normas estritas e xa establecidas con antelación e que a maioría das veces ninguén che vai preguntar se estás de acordo ou non, ti só tes que cumprilas.

Segundo onde che toque nacer, farante membro dunha comunidade e ninguén che vai preguntar se queres ser socio ou non. Alguén decide como te chamarán o resto da túa vida, se tes sorte igual chegue a gustarche o nome, se es muller fanche un buraco en cada orella e colgan uns pendentes, sempre me preguntei porque as mulleres tiñamos que levar pendentes ao nacer.

Cando te das conta xa pasaron algúns anos e comeza a verdadeira escravización, escolarízante e a partires diso terás que cumprir un horario que xa será para o resto da túa vida . Pero non só estarás atado a un horario, porque no escola hai unhas normas de obrigado cumprimento e si ti non as cumpres comezarán os problemas, ninguén vai pensar que tes dereito a ser ti mesmo, que non tes porque estar sentado cando en realidade che apetece saltar, que se te aburres coas matemáticas, que se o recreo dura moi pouco... un montón de preceptos que se os rompes arríscaste a ser obxecto de estudo.

Desde cativo hai que aprender as normas que establece a sociedade, non podes comer coas mans, tes que sentar dereito na mesa, non podes comer coa boca aberta, non podes arrotar, non podes soltar peidos, non podes, non podes..."iso non se di", "iso non se fai", "estás castigado".

Segundo vas avanzando en anos encontraraste con máis "non podes", cando te deas conta e se non reaccionas a tempo a túa vida non será máis ca un "non podes", pero tranquilo porque para a sociedade terás sido o elo perfecto, o que nunca rompeu a norma e todos dirán "era moi boa persoa".






Versión en castelán

Cuando llegas a cierta edad y miras hacia atrás, ves como desde que recuerdas, no fuiste más que un eslabón formando parte de una cadena. Desde que naces estás sujeto a unas normas estrictas y ya establecidas con antelación y que la mayoría de las veces nadie te va a preguntar se estás de acuerdo o no, ti sólo tienes que cumplirlas.

Según donde te toque nacer, te harán miembro de una comunidad y nadie te va a preguntar se quieres ser socio o no.
Alguien decide como te llamarán el resto de tu vida, si tienes suerte igual llegue a gustarte el nombre, si eres mujer te hacen los agujeros en las orejas y te cuelgan unos pendientes, siempre me pregunté porque las mujeres teníamos que llevar pendientes al nacer.

Cuando te des cuenta ya pasaron algunos años y comienza la verdadera esclavización, te escolarizan y a partir de ahí tendrás que cumplir un horario que será para el resto de tu vida . Pero no sólo estarás atado a un horario, porque en la escuela hay unas normas de obligado cumplimiento y sí tú no las cumples comenzarán los problemas, nadie va a pensar que tienes derecho a ser tú mismo, que no tienes porque estar sentado cuando en realidad te apetece saltar, que si te aburres con las matemáticas, que si el recreo dura muy poco... un montón de preceptos que si los rompes te arriesgas a ser objeto de estudio.


Desde niño hay que aprender las normas que establece la sociedad, no puedes comer con las manos, tienes que sentar derecho en la mesa, no puedes comer con la boca abierta, no puedes erutar, no puedes soltar pedos, no puedes, no puedes..."eso no se dice", "eso no se hace", "estás castigado".

Según vas avanzando en años te encontrarás con más "no puedes", cuando te des cuenta y si no reaccionas a tiempo tu vida no será más que un "no puedes", pero tranquilo, porque para la sociedad habrás sido el eslabón perfecto, el que nunca rompió la norma y todos dirán "era muy buena persona".

sábado, 30 de enero de 2010

MANIFESTO POLA SOLIDARIEDADE




Ninguén ten a potestade de elixir o lugar onde vai nacer, nin as posibilidades económicas da familia que o vai acoller ou do país no que vai desenvolverse a súa existencia. A terra ten extraordinarias riquezas, pero todos sabemos que están moi mal repartidas, e que conviven neste planeta azul xentes que se poden permitir todos os luxos con outras que non poden sobrevivir por falta de alimentos, de hixiene, ou dunha mínima asistencia sanitaria. O noso é un mundo de contrastes, pero agora non hai desculpa. Cos excedentes de produción que apodrecen cada día no primeiro mundo poderíase solucionar a fame do terceiro, pero..., qué?... sae máis barato deixalos perder que transportalos, a pesar de todos os medios (de trasporte, conservación de alimentos, etc...)dos que dispoñemos na actualidade. Por iso, creo que chegou a hora de facer algo e o primeiro paso, dos moitos que hai que dar para solucionar esta traxedia humana, é tomar conciencia todos. Iso tratamos os blogueiros que publicamos hoxe este manifesto:


QUEN SOMOS:

Os que subscribimos este manifesto somos cidadáns no pleno uso dos nosos dereitos civís, e titulares da soberanía popular, da que emanan os poderes do Estado. Os asinantes dirixímonos a todos os cidadáns do mundo, coñecedores da situación de atraso, fame e enfermidade na que se atopa gran parte da poboación humana nun momento histórico, como o actual, no que se dispoñen dos suficientes medios políticos, económicos e científicos que puidesen solucionar estes problemas. Este manifesto ten vocación de universalidade, e vai dirixido a toda a humanidade, por iso a versión orixinal en español será traducida a diversas linguas, pois o noso propósito consiste en facer ouvir a voz da opinión pública nos lugares nos que se toman as decisións políticas e económicas do mundo.

A QUEN NOS DIRIXIMOS:

Dirixímonos á clase política gobernante dos nosos países, composta por aqueles que eliximos, libremente, nunhas eleccións democráticas; así como aos máis altos mandatarios das Organizacións Internacionais, como a O.N.U. e aos Presidentes e Gobernos dos países máis ricos da terra.

MANIFESTÁMOSLLES:

1.- Que este texto ten a súa orixe na constatación da extrema situación de necesidade e de fame que sofre unha gran parte da poboación da Terra e na desigual e inxusta repartición de bens que existe actualmente no mundo.

2.- Que consideramos que dita situación é intrinsecamente perversa e non admisible nin moral nin eticamente, dado que todos os seres humanos nacen libres e iguais. Igualmente, temos presente que todos os cidadáns do mundo teñen eses dereitos desde o mesmo instante do seu nacemento e non como unha promesa futura cuxa conquista dependa da realidade política, social ou económica dos seus países.

3.- Que defendemos que é completamente inxusto, inmoral e un crime humanitario punible ante os tribunais internacionais e a Historia que, en pleno Século XXI, existan seres humanos que pasen fame no mundo, e que morran por iso. Que é un agravante dese crime que, existindo as leis internacionais suficientes, así como os medios técnicos, económicos e científicos para corrixir devandita situación, os que exercen o poder no mundo non leven a cabo as accións necesarias para solucionar o que xeracións futuras cualificarán de verdadeiro xenocidio no que serán culpables todos aqueles que, tendo os medios para solucionar o problema, non os empregaron.

4.- Que consideramos que esta inxusta situación é contraria ao dereito Natural, aos Dereitos humanos e ás normas da máis elemental ética, e entendemos que chegou o momento de que a voz da opinión pública esixa dos seus gobernantes o final de tal estado de cousas.

5.- Que o presente manifesto non é un manifesto utópico; e que tampouco é un manifesto político, nin se pretende co mesmo a instauración dunha nova orde política ou socio-económico mundial, nin ningún menoscabo do tecido empresarial, sanitario e social do mundo desenvolvido, senón a máis elemental xustiza cos desfavorecidos. POR TODO ISO,

ESIXIMOS aos nosos GOBERNANTES:

1.- A adopción de medidas inmediatas e urxentes para paliar tal situación de fame, enfermidade e desnutrición no terceiro mundo. Consideramos que tales medidas non constitúen unha utopía, senón que son perfectamente viables e posibles.

2.- Manter o compromiso de cumprir os Obxectivos do Milenio que, establecidos por Nacións Unidas no ano 2000, definen os principios aos que ha axustarse a actuación dos países e do sistema económico internacional para superar, co horizonte fixado en 2015, as inxustizas que afectan á humanidade.

3.- A realización de accións solidarias sistemáticas cos países máis desfavorecidos e que se estableza unha orde lóxica e humana de prioridades na política económica, con proxectos intelixentes que creen riqueza e postos de traballo nos países pobres, facilitando un desenvolvemento sustentable e un progreso que lles axude, ademais, á consolidación dunha rede sanitaria, económica e social estable que faga imposible o retorno á situación de partida e favoreza a consolidación dun réxime político interno democrático.

4.- Que se tomen as medidas necesarias para que os países ricos destinen unha parte dos seus orzamentos á creación de riqueza e de empresas nos países máis desfavorecidos; así como a adopción dun acordo internacional, que debería subscribirse na ONU de obrigado cumprimento para os países desenvolvidos.

5.- A implantación dun código ético que regule a estratexia das empresas multinacionais, así como a eliminación dos paraísos fiscais e a aplicación da taxa Tobin ás transaccións comerciais internacionais, que permita crear un fondo de solidariedade xestionado por Nacións Unidas.

6.- Non aceptaremos simples declaracións de principios que non se traduzan en políticas concretas. En definitiva, APELAMOS ao sentido da xenerosidade e da humanidade de todos, e fundamentalmente da clase política internacional. Desde a terra que espera e cre firmemente na Solidariedade que constrúa un mundo mellor e máis xusto, a 30 de xaneiro de 2010"" ..

miércoles, 27 de enero de 2010

Homenaxe a Mariel Manrique


luns martes xoves
venres sábado



A estrela número 4:
Os Nenos



"Abandonada á furia das ondas e do monstruoso animal, Andrómeda non era só unha fermosa doncela encadeada, castigada polo pecado alleo. No fondo era unha nena espida, posuída polo medo e a necesidade de amor".

"illic inmeritam maternae pendere linguae
Andromedam poenas iniustus iusserat Ammon".( Metamorfose lib. IV (670-671)
"alí o inxusto Amón mandara a Andrómeda, que non o merecía, pagar o castigo que debía a súa nai, por falar demais"

¿Has visto a esta menor?

Viches a esta menor?



imaxes baixadas da internet


Miro tu foto pegada en la pared de la comisaría.
Miro a túa foto apegada na parede da comisaría.

Ya pasó tanto tiempo desde que te fuiste

Xa transcorreo tanto tempo dende que te fuches

que tu foto podría ser la de un fantasma.

que a túa foto podería ser a dunha pantasma.

Pero tus ojos verdes insisten en brillar

Pero os teus ollos verdes insisten en brillar

(¿cómo se puede brillar así desde un papel desfigurado?)

(como se pode brillar así desde un papel estragado?)

y tu sonrisa todavía se suelta y se abre como un piano.

e o teu sorriso aínda se solta e se abre coma un piano.

Una Unidad Funcional de Instrucción en lo Correccional

Unha Unidade Funcional de Instrución no Correccional

te buscó y se cansó de buscarte.

buscoute e cansouse de buscarte.

Dónde estás, Jacqueline?

Onde estás, Jacqueline?

Tenías el pelo negro sujeto en dos colitas

Tiñas o pelo negro suxeito en dúas coletas

y al borde de la foto, el cuello de una camisa a cuadros.

e ao bordo da foto, o colo dunha camisa a cadros.

Tenías solamente siete años y no sé

Tiñas só sete anos e non sei

si los tuviste para siempre o los sobrepasaste.

se os tiveches para sempre ou os superaches.

Podrías no estar. O estar en cualquier parte.

Poida que xa non esteas. Ou esteas en xalundes.

Te convertiste en una aguja que penetra hasta el hueso.

Convertícheste nunha agulla que penetra até o óso.

En una serie de intuiciones y pistas desconectadas.

Nunha serie de intuicións e pistas desconectadas.

En un signo de interrogación que sabe a hiel.

Nun signo de interrogación con sabor ao fel

¿Quién te mordió, te cuidó, te desgarró, te preparó la cama?

Quen te trabou, te coidou, te esgazou, che preparou a cama?

¿Quién se apropió de vos y te condujo

Quen se apropiou de ti e te conduciu

a la república enloquecedora de la nada?

á república enlouquecedora de ningures?

¿Quiénes son? ¿Quién es? ¿Quien fue?

Quen son? Quen é? Quen foi?

¿Quién te tapó la boca y se llevó tu cara?

Quen che tapou a boca e levou a túa cara?

Tu felicidad no miente en esa foto. Dudo que te maltrataran.

A túa felicidade non mente nesa foto. Dubido que te maltratasen.

Si hubieras necesitado irte,

Se tiveses necesidade de irte,

también hubieras necesitado regresar.

tamén terías necesidade de retornar.

Pero la única evidencia es que no volviste.

Pero a única certeza é que non volviches.

¿Dónde estás Jacqueline?

Onde estás Jacqueline?

¿Qué fosa en este mundo puede ser tan honda?

Que foxo neste mundo pode ser tan fondo?

¿Cómo será esperarte cada día?

Como será esperarte día tras día?

¿Cómo será gritar y que ni el eco responda?

Como será berrar e que nin o eco responda?














lunes, 25 de enero de 2010

A semana de MARIEL MANRIQUE



O luns



O xoves



O venres



O martes



O sábado


O mercores será o día que eu lle adique a entrada a

MARIEL MANRIQUE