miércoles, 13 de octubre de 2010

Un poema para a miña árbore preferida


Así está cargado de froitos o meu acivro





Teño outra entrada adicada ao acivro do 31 de decembro do 2008 http://dilaida-dilaida.blogspot.com/2008/12/o-acivro.html. Só está en galego se alguén quere a tradución non ten máis que pedirmo.


Tiven catro fillos e algunhas árbores
plantei, e espero plantar máis na miña vida,
pero o acivro sempre será a miña preferida.

Chegou ás miñas mans cando só era unha póliña,

anos na cidade, alí, colocado nunha esquina,
no balcón da habitación das miñas fillas.

Dende que chegou a Lavandeira,
de froitos, flores e follas verde oliva,
o meu acivro sempre está cheo de vida.




Versión en castelán


Tengo otra entrada dedicada al acebo del 31 de diciembre del 2008 http://dilaida-dilaida.blogspot.com/2008/12/o-acivro.html. Sólo está en gallego, si a alguien le interesa en castellano, sólo tiene que pedírmelo.


Tuve cuatro hijos y algunos árboles

planté, y espero plantar más en mi vida,

pero el acebo siempre será mi preferido.


Llegó a mis manos cuando sólo era una ramita,

años en la ciudad, allí, colocado en una esquina,

en el balcón de la habitación de mis hijas.


Desde que llegó a Lavandeira,

de frutos, flores y hojas verde oliva,

mi acebo siempre está lleno de vida.

viernes, 8 de octubre de 2010

Penélope esperando a Ulises

concurso Paradela





Esta es la versión en galego a continuación está la versión en castellano


Todas as tardes Penelope senta naquel vello sofá, herdado da súa nai, está cansa, sempre está cansa. A súa xornada comeza antes de romper o día. O primeiro que fai polas mañás, despois de tomar un café, para espertar, é muxir ás vacas, para que cando os rapaces se levanten, xa estea o leite fervido e poidan almorzar.


Despois de mandalos á escola quédanlle un montón de angueiras que facer, ten que atender os animais, a uns darlle de comer na corte aos outros levalos ao prado, ás galiñas botalas para o curral; baixar á horta para arrancar algunha mala herba, volver para recoller a casa e facer a comida. Esa é a súa vida, día tras día, ano tras ano, os luns o mesmo que os domingos, só ten para ela aqueles intres polas tardes, mentres non saen da escola.


Dende o sofá, alonga o brazo e acende a radio, está a punto de comezar a novela. Mentres tece xerseis para os fillos, destece na súa mente, pouco a pouco, os recordos e os soños pasados e futuros.


A súa vida seméllase a esas novela da radio; xa ía para cinco anos que Ulises marchara para México, ao principio escribía e mandaba cartos, pero as cartas pasaron a tardar cada vez máis e os cartos que chegaban eran cada vez menos, agora xa case non había cartas, nin cartos, pero ela sabía que algún día el volvería. Coñecía, porque llo contarán, o motivo daquel cambio, había outra muller, unha Circe, pero ela seguía a esperar, porque tarde ou cedo el tiña que volver, ela era o seu porto de destino; mentres ese día non chegase seguía a tecer e destecer, loitando para que aos fillos non lles faltase nada.


Pola noite, despois de deitar aos nenos, antes de volver ao sofá, ela comproba que as portas e fiestras están ben pechadas, aínda recorda cando o Baldomero lle deu aquel susto, había daquilo case un ano, lembra como a sorprendeu alí sentada ao carón do lume, zurcindo uns calcetíns. Estaba a escoitar a radio e non o oíu chegar, el entrou coma se tivese toleado, coa petrina aberta, co pene na man, apuntando cara ela, e non o pensou dúas veces, colleu a agulla e cravoulla na punta; os seus beizos debuxan un sorriso, ao lembrar o berro que meteu e como fuxiu manchando todo de sangue, porque sangue, miña madriña! aquilo parecía coma se lle sacasen a billa á cuba do viño, pero fora bo, non volveu a molestala.


É tarde, ten que descansar, mañá será outro día, pero amárgalle meterse naquela cama fría, xélida dende hai moito tempo, deixaría a radio acesa, escoitándoa chegará o sono a liberala por unhas horas.

-> Versión en castelán


Todas las tardes Penelope se sienta en aquel viejo sofá, heredado de su madre, está cansada, siempre está cansada. Su jornada comienza antes de nacer el día. Lo primero que hace por las mañanas, después de tomar un café, para despertase, es ordeñar las vacas, para que cuando los niños se levanten, ya esté la leche hervida y puedan desayunar.
Después de mandarlos a la escuela le quedan un montón de faenas que hacer, tiene que atender los animales, a unos darles de comer en la cuadra, a otros llevarlos al prado, a las gallinas echarlas para el corral; bajar a la huerta para arrancar alguna mala hierba, volver para recoger la casa y hacer la comida. Esa es su vida, día tras día, año tras año, los lunes lo mismo que los domingos; sólo tiene para ella aquellos ratos por las tardes, mientras no salen de la escuela.

Desde el sofá, estira el brazo y enciende la radio, está a punto de comenzar la novela; mientras teje jerseys para los hijos, desteje en su mente, poco a poco, los recuerdos y los sueños pasados y futuros.
Su vida se parece a esas novelas de la radio, ya casi hace cinco años que Ulises había marchado para México, al principio escribía y mandaba dinero, pero las cartas pasaron a retrasarse cada vez más y el dinero que llegaba eran cada vez menos, ahora ya casi no llegaban cartas, ni dinero, pero ella sabía que algún día él volvería. Conocía, porque se lo habían contado, el motivo de aquel cambio, había otra mujer, una Circe, pero ella seguía esperando, porque tarde o temprano él tenía que volver, ella era su puerto de destino, mientras ese día no llegase seguía tejiendo y destejiendo, luchando para que a los hijos no les faltara nada.

Por la noche, después de acostar a los niños, antes de volver al sofá, ella comprueba que las puertas y ventanas están bien cerradas, aun recuerda cuando Baldomero le dio aquel susto, hacía de aquello casi un año, cuando la sorprendió allí sentada, delante del fuego, zurciendo unos calcetines. Estaba escuchando la radio y no lo oyó llegar, él entró como si hubiera enloquecido, con la bragueta abierta, con el pene en la mano, apuntando hacia ella, y no lo pensó dos veces, cogió la aguja y se la clavó en la punta; sus labios dibujan una sonrisa, al recordar el grito que soltó y como huyó manchando todo de sangre, porque sangre, ¡mi madriña! aquello parecía como si le sacaran la llave a la cuba del vino, pero le había servido de escarmiento, no volvió a molestarla.


Es tarde, tiene que descansar, mañana será otro día, pero le da pereza meterse en aquella cama fría, gélida desde hace mucho tiempo; dejaría la radio encendida, escuchándola llegará el sueño, para liberarla por unas horas.

viernes, 1 de octubre de 2010

Cousas de todos os días


Mixa, o gatiño branco era fillo dela a outra gatiña foi adoptada


Unha señora do barrio, a típica que non perde a misa ningún día, á que encontras a calquera hora na rúa murmurando e facéndolle traxes á medida a calquera veciño. Entra no supermercado, despois de estar falando na rúa, e vai pedíndolle a todo o mundo que a deixe pasar que anda moi apurada.

Unha moza cun neno de uns 3 anos, déixaa pasar diante, e a muller moi amable, fálalle ao rapaz e pregúntalle como se chama; como o neno non contesta, a moza dille "chámase Andre". A muller engurra o nariz e dille "será Andrés", "non", contesta a moza "é André". Entón a muller dille "Pues si vivís aquí tenéis que usar los nombres que tenemos aquí, que eres familia del que está pidiendo en la puerta"?

A moza non contestou, simplemente preferiu ignorar o comentario, eu quedeime coas ganas de pór a "zugacirios" no seu lugar, pero optei por ignorala tamén.


Hai tempo na porta do supermercado estaban sempre 3 ou 4 mendigos, normalmente romaneses, un día chegou o que está agora, autóctono, e non sei o que fixo, pero botou aos outros e quedouse el só co negocio.


Chega as 9 da mañá e vaise pola noite, ás veces fai un descanso e vai tomar un café ao bar ou a mercar tabaco. Segundo lle contou a unha das miñas fillas, que se interesou pola súa vida, está a sacar diariamente uns 100 €. Ninguén diría que está a pedir, el ponse na porta, como se fose o porteiro e axuda de cando en vez as persoas maiores que van con moita carga.
Este home chámase André e é galego.



-> Versión en castelán



Una señora del barrio, la típica que no pierde misa ningún día, a la que encuentras a cualquier hora en la calle murmurando y haciéndole trajes a medida a cualquier vecino.


Entra en el supermercado, después de estar hablando en la calle, y va pidiéndole a todo el mundo que la deje pasar que anda muy apurada.
Una chica con un niño de unos 3 años, la deja pasar delante, y la mujer muy amable, le habla al niño y le pregunta cómo se llama; como el niño no contesta la joven le dice "se llama Andre". La mujer arruga la nariz y le dice "será Andrés", "no", contesta la joven "es André".

Entonces la mujer le dice
"Pues sí vivís aquí tenéis que usar los nombres que tenemos aquí, ¿qué eres familia del que está pidiendo en la puerta"?

La joven no contestó, simplemente prefirió ignorar el comentario, yo me quedé con las ganas de poner a la "chupacirios" en su lugar, pero opté por ignorarla también.



Hace tiempo en la puerta del supermercado estaban siempre 3 o 4 mendigos, normalmente rumanos, un día llegó el que está ahora, autóctono, y no sé lo que hizo, pero echó a los otros y se quedó él sólo con el negocio.


Llega a las 9 de la mañana y se va por la noche, a veces hace un descanso y va a tomar un café al bar o a comprar tabaco. Según le contó a una de mis hijas, que se interesó por su vida, está sacando diariamente unos 100 € . Nadie diría que está pidiendo, él se pone en la puerta, como si fuera el portero, ayuda de vez en cuando las personas mayores que van con mucha carga.
Este hombre se llama André y es gallego.

miércoles, 29 de septiembre de 2010

A tía Porreta


Onte cando estaba a coller figos para os meus cabalos, pasaron pola miña mente recordos da miña infancia, sen dúbida un claro síntoma de que me estou facendo vella.

Cando era unha meniña na miña aldea vivía unha velliña que tiña por alcume a tía Porreta.

A carón da súa casa, os meus avós tiñan unha figueira que ao redor do tronco saíanlle moitos gromos, eu metíame no medio a coller figos, cando os había, e a vixiar o que facía a pobre da muller que vivía soa.

Sempre pensei que era unha bruxa e que traía rapaces metidos no saco branco que sempre puña ás costas cando ía a algún lugar.

Pasaba longas temporadas na capital e cando volvía ela e o seu saco, este sempre ía moi avultado. Imaxino que ela sabía que eu a vixiaba e sempre que me vía dicíame "vén aquí rapaza que te meto no saco" .

Eu saía correndo a esconderme na casa e pasaban días ata que me atrevía de novo a ir vixiar.


Esta poesía é de
Filomena Dato e ten a virtude de que cando a leo, póñolle "á bruxa" a imaxe que a miña memoria conserva da tía Porreta.

A BRUXA

Pobre velliña eslombada
baixo do peso dos anos,
que quizais desenganos
aumentaron e o pesar.

Negra, fraca e consumida
pola fame e a tristura
esa infeliz criatura
case que cega de chorar.


Vive soa cos pesares
sen que ninguén a condoia,
só o pau en que se apoia
fai compaña a súa dor.

Todos a miran de esguello
e foxen cando ela pasa,

e non hai choza nin casa
onde non inspire horror.

Nunca fixo mal á ninguén;
mais se se pon un meniño
pouco á pouco mirradiño,
sempre ela culpa ha de ter.


Ela leva a culpa toda
se algún gando enferma ou morre:
e nin ninguén a socorre,
nin ninguén a pode ver.


E a infeliz namentres tanto,
que é de todos maldicida

ponse á pensar que na vida

sempre lle tocou sufrir.

Cando era moza era probe
e fea e ninguén a miraba,
ningún mozo a cortexaba
e en vez de se divertir nas festas,
choraba sempre
bagoas
que ninguén vía
planta ardente
que caía
enriba do corazón.
E agora que é vella
e se atopa
sen agarimo nin amparo,
aldráxana sen reparo,
ninguén lle ten compaixón.


->Versión en castelán

Ayer cuando estaba cogiendo higos para mis caballos, pasaron por mi mente recuerdos de mi infancia, sin duda un claro síntoma de que me estoy haciendo vieja.

Cuando era una niña en mi aldea vivía una viejecita que los vecinos le tenía el apodo de "la tía Porreta".

Junto a su casa, mis abuelos tenían una higuera que alrededor del tronco le salían muchos brotes, yo me metía en medio a coger higos, cuando los había, y a vigilar lo que hacía la pobre mujer que vivía sola.

Siempre pensé que era una bruja y que traía niños metidos en el saco blanco que ponía a las espaldas cuando iba a algún lugar. Pasaba largas temporadas en la capital y cuando volvía ella y su saco, este siempre iba muy abultado.

Imagino que ella sabía que yo la vigilaba y siempre que me veía me decía "ven aquí niña que te meto en el saco" .

Yo corría a esconderme en casa y pasaban días hasta que me atrevía a volver a ir a vigilar


Esta poesía es de Filomena Dato, cuando la leo, le pongo a la bruja la imagen que mi memoria conserva de la tía Porreta.

La versión original original en esta dirección: http://bvg.udc.es/paxina.jsp?id_obra=FoPoGa++1&alias=Filomena+Dato+Muruais&id_edicion=FoPoGa++1001&formato=texto&pagina=20&cabecera=%3Ca+href %3D%22ficha_obra.jsp%3Fid%3DFoPoGa++1%26alias%3DFilomena+Dato+Muruais%22+class%3D%22nombreObraPaxina%22%3EFollatos%3C%2Fa%3E&maxpagina=47&minpagina=1

La BRUJA

Pobre
viejecita encorvada
bajo el peso de los años,
que quizás desengaños
aumentaron y el pesar.

Negra, flaca y consumida
por el hambre y la tristeza
esa infeliz criatura
casi qué ciega de llorar.

Vive sola con los pesares
sin que nadie se
compadezca,
sólo el palo en que se apoya
hace compaña a su dolor.

Todos la miran de soslayo
y huyen cuándo ella pasa,
y no hay choza ni casa
donde no inspire horror.

Nunca hizo mal a la nadie;
mas si se pone un niño
poco a la poco muy delgado,
siempre ella culpa ha de tener.

Ella lleva la culpa toda
si algún ganado enferma o muere,
y ni nadie la socorre,
ni nadie la puede ver.


Y la infeliz mientras tanto,
que es de todos maldecida
se ponen a pensar que en la vida
siempre le tocó sufrir.

Cuando era moza era pobre
y fea y nadie la miraba,
ningún joven la cortejaba
y en vez de divertirse en las fiestas,
lloraba siempre lágrimas
que nadie veía planta ardiente
que caía encima del corazón.
Y ahora que es vieja
y se encuentra sin cariño ni amparo,
ultrajada sin reparo,
nadie le tiene compasión.

lunes, 27 de septiembre de 2010

jueves, 16 de septiembre de 2010

A que se debe o mal carácter de Isadora?



Isadora



Checha




Dorian e Sofía



Isadora viviu ata hai pouco tempo na capital, o seu carácter sempre foi moi forte, e cando estaba no piso, ela era a que decidía onde quería estar en cada momento e había que ter tino, porque non permitía ser molestada. Só comía os pensos dunha marca en concreto, e prefería pasar sen comer a probar outra cousa.


No mes de Xuño decidimos, por diversas causas, que ía ir para a finca, os primeiros días pasouno moi mal, case non a viamos e eu tiña moita mágoa porque case non comía.


Agora Isadora xa volve ser a xefa, atrévese con todos, ao pobre Dorian bátelle todos os días e sempre que lle dá a gana, ao velo vai correndo, dálle dúas ou tres veces coa pata na cabeza e berra ela coma se no canto de dálas, as recibise.
Ata onte, aos cans parecía terlles un pouco de medo, cando eles saían a dar o paseo, ela rubía ao sabugueiro ou a figueira e dende alí miraba o que facían. Onte decidiu que ela non tiña porque agocharse, nun principio fíxolles fronte cunha cancela por medio, pero ao ver que os cans pasaban dela e non lle facían caso, pasou por baixo da cancela e deu un chouto para baterlle á Checha, foi tan rápida que a cadela
cando quixo reaccionar, a gata xa estaba do outro lado da cancela e protestando e ameazando como se a ofendida fose ela.



->Versión en castelán


Isadora vivió hasta hace poco tiempo en la capital, su carácter siempre fue muy fuerte, y cuando estaba en el piso, era la que decidía donde quería estar en cada momento y había que tener cuidado, porque no permitía ser molestada. Sólo comía los piensos de una marca en concreto, prefería pasar sin comer a probar otra cosa.

En el mes de Junio decidimos, por diversas causas, que iba a ir para la finca, los primeros días lo pasó muy mal, casi no la veíamos y yo tenía mucha pena porque casi no comía.

Ahora Isadora ya vuelve a ser la jefa, se atreve con todos, al pobre Dorian le pega todos los días y siempre que le da la gana, al verlo va corriendo, le da dos o tres veces con la pata en la cabeza y chilla ella como si en vez de ser la que da, fuese la que recibe.

Hasta ayer, a los perros parecía tenerles un poco de miedo, cuando ellos salían a dar el paseo, ella trepaba al saúco o a la higueira y desde allí contemplaba lo que hacían. Ayer decidió que ella no tenía porque esconderse, en un principio les hizo frente con una cancilla por medio, pero al ver que los perros pasaban de ella y no le hacían caso, pasó por debajo de la cancilla y dio un brinco para pegarle a Checha, fue tan rápida que la perra cuando quiso reaccionar, la gata ya estaba del otro lado de la cancilla y protestando y amenazando cómo si la ofendida fuera ella.


domingo, 29 de agosto de 2010

Progne e Filomela








Pandión, en agradecemento á axuda prestada na guerra polo tracio Tereo, ofrécelle a este en matrimonio á súa filla Progne , así comeza a lenda na Metamorfose (VI, 424-669).

Celébrase a voda de Progne e Tereo sen a asistencia de Xuno, a protectora do matrimonio, nin o Himeneo nin a Graza.

Comeza o relato cunha inexplicable e manifesta hostilidade dos deuses. As Euménides prepáranlles o leito e na noite nupcial póusase, sobre o tellado da alcoba, un bufo sinistro.


Con tales presaxios únense Progne e Tereo e o pouco tempo son pais de Itis; durante algúns anos son moi felices.

Despois de pasar algún tempo
"lam tempora Titanlquinque per autumnos repetiti duxerat anni," (438-439), Progne desexa estar coa súa irmá e Tereo, compracente, vai el en persoa a pedir permiso ao seu sogro para poderse levar a Filomela, pero, cando a ve ... "magno diues Philomela paratu, diuitior forma ,..." ( 451-2), namórase.

Narra Ovidio como nace a paixón en Tereo ...
"flagrat uitio gentisque suoque" (460) e como xa non pode senón darlle voltas no seu pensamento e no seu corazón, atizando cada vez máis a chama prendida; é esta paixón a que o fai elocuente (engadindo bágoas á súa petición) e parecer un esposo exemplar. Filomela ignorante da desgraza que se lle aveciña, acaba de convencer ao pobre Pandión que a entrega á custodia de Tereo.

Ao termo da viaxe, Tereo encerra a Filomela e viólaa.


Ameaza a doncela con ir contando o que lle pasou e non lle importa anunciar a súa deshonra se con iso dá a coñecer a perversidade del, pero con iso só consegue suscitar a ira de Tereo que lle corta a lingua cunhas tenazas:
"«... radix micat ultima linguae, ipsa iacet terraeque tremens inmurmurat atrae, utque salire solet mutilatae cauda colubrae, palpitat et moriens dominae uestigia quaeret." (557-560).

Despois desta atrocidade Tereo volveu a utilizar aquel corpo para deleite e despois de tales accións, volve a Progne, que ao ver ao esposo, busca a súa irmá; pero el mente e cóntalle que a súa irmá morreu.


Filomela, no seu encerro e sen lingua, vese imposibilitada para revelar nada, pero ..
."Grande doloris ingenium est, miserisque uenit sollertia rebus" (574-5) tece a súa desgraza e envíalla a Progne por medio dunha escrava. Ao recibilo Progne, «a dor seloulle a boca» e fai que adique os seus esforzos a preparar a vinganza.

A noite en que se celebran os festivais de Baco, sae Progne vestida de bacante e vai buscar á súa irmá, á que tamén viste coma ela.Lévaa ao palacio e medita a vinganza, todo é pouco para Tereo. Vendo que Itis achégase ao seu colo en busca de alumiños, exclama: ...
"Quamles similis patri! ..." (621-2); esta frase faille concibir o único castigo que considera xusto para o seu marido e, vencendo a súa debilidade maternal, mentres a criatura, intuíndo o que vai pasar, xeme ... "mater, mater ..." (640), ela crávalle a espada "nec uultum uertit" (642) e Filomela córtalle o pescozo.

Descortizado, cociñan un banquete para Tereo que, crendo que era un rito tradicional dos pais de Progne, devora ao seu propio fillo.

Cando Tereo quere ver ao seu fillo "Ityn huc accersite" (652), intus habes, quem poscis" (655), "Dentro tes a quen pides", di a nai chea de gozo; Tereo non entende ... ata que Filomela, tola de pracer, lle mostra a cabeza do malpocado neno. "
Tereo ingenti mensas clamore repellit" (661) Tereo con grandes berros tira a mesa e, trastornado pola dor, chora ... Ao fin, colle a espada e persegue ás irmás. Pola velocidade con que unhas foxen e outro persegue, todos se metamorfosean en paxaros: unha diríxese ás fragas, reiseñor (Filomela), a outra aos tellados, andoriña (Progne) coas plumas marcadas de sangue, e el, Tereo, transfórmase nun paxaro que ten na cabeza unha crista; o pico prolongase desmesuradamente substituíndo a longa lanza; a bubela é o paxaro e ten o aspecto dun guerreiro armado.




Paroleira andoriña,

Sobre o balcón pousada,

Sinxela viaxeira,

Chea de doce graza;

Do rei Tereo esposa,

Triste de antiga mágoa:


Suspende, oh vaga Progne,

A túa queixosa charla;

Non cantes máis, o pico

Acubilla baixo das ás;

E do teu longo canto,

Un pouquiño descansa.


Non turbes da fermosura,

A sosegada cámara,

Coa túa canción, que acaso,




Fala da ardente África:

Oh! permite que durma,

Do amor fatigada,

Baixo dos ledos pregues,

Do pavillón de gran:

Non espertes os ecos

Que repousan en calma,

—Pola espléndida e rica teitume,

Entre as follas anchas.

E. Pondal, Queixume dos pinos
*Esta versión púxena eu en galego actual





Os videos tomeinos prestados de Youtube


-> Versión en castelán

La familia. Pandión, en agradecimiento a la ayuda prestada en la guerra por el tracio Tereo, le ofrece a éste en matrimonio a su hija Progne , así comienza la leyenda en la Metamorfosis (VI, 424-669).

Se celebra la boda de Progne y Tereo sin la asistencia de Juno, la protectora del matrimonio, ni el Himeneo ni la Gracia.


Comienza el relato con una inexplicable y manifiesta hostilidad de los dioses. Las Euménides preparan el lecho nupcial y se posa, sobre el tejado de la alcoba, un búho siniestro.


Con tales presagios se unen Progne y Tereo y al poco tiempo son padres de Itis; durante algunos años son muy felices.


Con el tiempo "
Iam tempora Titanlquinque per autumnos repetiti duxerat anni," (438-439), Progne desea ver a su hermana y Tereo, complaciente, va él en persona a pedir permiso a su suegro para poder llevarse a Filomela, pero, cuando la ve ... "magno diues Philomela paratu, diuitior forma ,..." ( 451-2), se enamora.

Narra Ovidio como nace la pasión en Tereo ... "flagrat uitio gentisque suoque" (460) y como ya no puede sino darle vueltas en su pensamiento y en su corazón, atizando cada vez más la llama prendida; es esta pasión la que lo hace más elocuente (añadiendo lágrimas a su ruego) y parecer un esposo ejemplar. Filomela ignorante de la desgracia que se le avecina, acaba de convencer al pobre Pandíon, que la entrega a la custodia de Tereo.

Al término del viaje, Tereo encierra a Filomela y la viola.


Amenaza la doncella con ir contando lo que le pasó y no le importa anunciar su deshonra si con eso da a conocer la perversidad de él, pero sólo consigue suscitar la ira de Tereo que le corta la lengua con unas tenazas: "
«... radix micat ultima linguae, ipsa iacet terraeque tremens inmurmurat atrae, utque salire solet mutilatae cauda colubrae, palpitat et moriens dominae uestigia quaeret." (557-560).

Después de esta atrocidad Tereo volvió a utilizar aquel cuerpo para deleitarse y después de tales acciones, vuelve a Progne, que al ver al esposo, busca a su hermana, pero él prefiere mentir y contarle que su hermana murió.


Filomela, en su encierro y sin lengua, se ve imposibilitada para revelar nada, pero ..."Grande doloris/ ingenium est, miserisque uenit sollertia rebus" (574-5): teje su desgracia y se la envía a Progne por medio de una esclava. Al recibirlo Progne «el dolor le selló la boca» y hace que dedique sus esfuerzos a preparar la venganza.

La noche en que se celebran las fiestas de Baco, sale Progne vestida de bacante y va a buscar a su hermana, a la que también viste como ella. La lleva al palacio y medita la venganza: todo es poco para Tereo. Viendo que Itis se acerca a su regazo en busca de caricias, exclama: ... "Quamles similis patri! ..." (621-2); esta frase le hace concebir el único castigo que considera justo para su marido y, venciendo su debilidad maternal, mientras la criatura, intuyendo lo que va a pasar, gime ... "mater, mater ..." (640), ella le clava la espada "nec uultum uertit" (642) y Filomela le corta el cuello.

Descuartizado, cocinan un banquete para Tereo que, creyendo que era un rito tradicional de los padres de Progne, devora a su propio hijo.


Cuando Tereo quiere ver a su hijo: "I
tyn huc accersite" (652), intus habes, quem poscis" (655), "dentro tienes a quien pides", dice la madre llena de gozo; Tereo no entiende ... hasta que Filomela, loca de placer, le muestra la cabeza del desdichado niño." Tereo ingenti mensas clamore repellit" (661) Tereo con grandes gritos tira la mesa y, trastornado por el dolor, llora ...
Al fin, coge la espada y persigue a las hermanas. Por la velocidad con que unas huyen y otro persigue, todos se metamorfosean en pájaros: una se dirige a los bosques, el ruiseñor (Filomela), otra a los tejados, la golondrina (Progne), con las plumas marcadas de sangre, y él, Tereo se transforma en un pájaro que tiene en la cabeza una cresta; el pico prolongara desmesuradamente sustituyendo la larga lanza; la abubilla es el pájaro y tiene el aspecto de un guerrero armado.




Parlanchina golondrina,
Sobre el balcón posada,
Sencilla viajera,
Llena de dulce gracia;
Del rey Tereo esposa,
Triste de antigua pena.

Suspende, oh vaga Prógne,
Tu quejosa charla;
No cantes más, el pico
Cobija bajo el ala;
Y de tu largo canto,
Un ratito descansa.

No turbes de hermosura,
La sosegada cámara,
Que tu canción, acaso,

Habla de la ardiente África:
¡Oh! permite que duerma,
Del amor fatigada,
Bajo los alegres pliegues,
Del pabellón de grana:
No despertéis los ecos
Que reposan en calma,
Por la espléndida y rica techumbre,
Entre las hojas anchas.