jueves, 12 de marzo de 2009

A Pega /Urraca

Unha Fábula de Tomás de Iriarte


A pega e a mona

La Urraca y la mona

A unha mona/ moi teimada/dixo un día/certa pega:

A una mona/ muy taimada/dijo un día/cierta urraca:

«Se viñeses, /á miña casa /¡cantas cousas /che enseñaría

«Si vinieras, /a mi casa /¡cuántas cosas /te enseñara!

Ti ben sabes /con que maña /roubo e gardo /mil alfaias.

Tú bien sabes /con qué maña /robo y guardo /mil alhajas.

Ven; se queres, /e veralas /escondidas /tras dunha arca.»

Ven; si quieres, /y veraslas /escondidas /tras de un arca.»

A outra dixo:/«Vaia en graza.»

La otra dijo:/«Vaya en gracia.»

E á paraxe /acompáñaa

Y al paraje /le acompaña.

Foi sacando /dona Pega /unha liga /colorada, /un parafuso /de casaca,

Fue sacando /doña Urraca /una liga /colorada, /un tontillo /de casaca,

unha fibela, /dúas medallas, /a conteira /dunha espada, /medio peite,

una hebilla, /dos medallas, /la contera /de una espada, /medio peine,

e unha vaiña /de tesoiras; /unha gasa, /un mal cabo /de navalla,
y una vaina /de tijeras; /una gasa, /un mal cabo /de navaja,

tres carabillas /de guitarra, /e outras moitas /bagatelas

tres clavijas /de guitarra, /y otras muchas /zarandajas.

«Que tal? dixo.

«¿Qué tal? dijo.

Vaia, irmá;/ Non me envexas? /Non se pasma?/De seguro outra

Vaya, hermana;/ ¿No me envidia? /¿No se pasma?/A fe que otra

da miña caste /en riqueza /non me iguala.»

de mi casta /en riqueza /no me iguala.»

A nosa mona /mirábaa /cun xesto /de pillabana:

Nuestra mona /la miraba /con un gesto /de bellaca:

e ao fin dixo: /«Aparvada! /xuntaches /lindos cacharros .

y al fin dijo: /«¡Patarata! /Has juntado /lindas maulas.

Aquí tes /quen che gaña, /porque é útil /o que garda.

Aquí tienes /quien te gana, /porque es útil /lo que guarda.

Se non, mira /as miñas queixadas. /Baixo delas, /camarada,

Si no, mira /mis quijadas. /Bajo de ellas, /camarada,

hai dous buchos /ou papadas, /que se encollen /e se ensanchan.

hay dos buches /o papadas, /que se encogen /y se ensanchan.

Como aquilo /que me basta, /e o sobrante /gardo en ambas

Como aquello /que me basta, /y el sobrante /guardo en ambas

para cando me faga falta, /ti amontoas, /toleirana,

para cuando /me haga falta, /tú amontonas, /mentecata,

trapos vellos /e refugallo /mais eu, noces, /abelás,

trapos viejos /y morralla; /mas yo, nueces, /avellanas,

doces, carne, /e outras cantas /provisións /necesarias.

dulces, carne, /y otras cuantas /provisiones /necesarias.

E esta mona /pillabana, /falou só /coa pega?

Y esta mona /redomada, /¿habló sólo /con la urraca?

Paréceme /que máis fala /con algúns /que fan gala

Me parece /que más habla /con algunos /que hacen gala

de confusas /misceláneas, /e trapalladas /sen sustancia.

de confusas /misceláneas, /y fárrago /sin sustancia.

O verdadeiro caudal de erudición non consiste en amorear moitas novas, senón en recoller con elección as útiles e necesarias.

El verdadero caudal de erudición no consiste en hacinar muchas noticias, sino en recoger con elección las útiles y necesarias.








As fotos tomeinas da internet

É da familia dos córvidos duns 45 cm de lonxitude. Na rexión ventral, o dorso e a parte das rémixes primarias, a plumaxe é de cor branca, e negra no resto do corpo. Cola moi longa. Vive en chairas, fragas, xardíns e campos, case sempre formando grupos, en ocasións moi numerosos. Aliméntase de insectos, vermes, caracois e vertebrados de pequenas dimensións, ata paxariños; tamén a froita e os ovos integran a súa dieta.
Cementa o niño con barro. É moi domesticable, aínda que nunca perde o característico costume de apoderarse de calquera obxecto brillante.
A finais de inverno e precedendo ao comezo do período da reprodución, as pegas congréganse en grupos moi numerosos e executan curiosas cerimonias colectivas, ruidosas e axitadas, cuxa finalidade non se coñece con exactitude.
Polo común, o niño da pega atópase na ramaxe alta das árbores; está dotado dun teito en forma de cúpula e dunha entrada lateral.
Os exemplares capturados novos domestícanse con facilidade e aprenden a xogar, a cantar melodías sinxelas e ata a pronunciar algunha palabras. Resultarían, pois, moi agradábeis, se non tivesen o costume de apoderarse dos obxectos brillantes e ocultalos, razón pola que se lle dá tamén o nome de "pega ladroa"; por outra banda, segundo parece, a súa denominación castelá (urraca) procede do árabe surrak, que significa ladrón, tamén se di que se chama así porque é como soa o seu canto "urrac" o reclamo da pega é un son alarmante, un repetitivo chak-ak-ak-ak-ak.

Urraca, nome de muller

Na historia de España, na Idade Media, o nome de Urraca foi común a varias mulleres que forman parte da historia e unha delas foi raíña de Galiza:

Urraca de Castela (s. X) filla do conde de Castela, Fernán González e casou co rei Ordoño III.

Urraca de Castela (s. XI-XII) filla do rei Fernando I, quen ao morrer distribuíu os seus estados entre os seus fillos, a Urraca tocoulle Zamora, que defendeu do asedio do seu irmán Sancho.

Urraca (XI-XII) raíña de Galiza, León e Castela. Era filla de Afonso VI e da súa terceira esposa Constanza de Borgoña. Antes da morte do seu pai, gobernou o Reino de Galiza a modo de tenza feudal, sendo nomeado o seu marido, Raimundo de Borgoña, Conde de Galiza. Foi nai de Afonso Raimúndez,o Emperador, proclamado rei en 1111 , co nome de Afonso VII, rei de Galiza, León e Castela.

Urraca de Castela (XII) filla bastarda do rei Afonso VII, casou con Garcia Ramírez, foi gobernadora de Asturias cando enviuvou e ata que casou con Álvaro Rodríguez.

Urraca de Castela (s. XII-XIII) raíña de Portugal.

Urraca López (XII-XIII) raíña de León, filla do señor de Biscaia, Lope Díaz de Haro, casou con Fernando II.


Mixa


Non son máis silenciosos os espellos
No son más silenciosos los espejos

nin máis furtiva a alba aventureira;
ni más furtiva el alba aventurera;

es, baixo a lúa, esa pantera
eres, bajo la luna, esa pantera

que nos é dado divisar de lonxe.
que nos es dado divisar de lejos.

Por obra indescifrable dun decreto
Por obra indescifrable de un decreto

divino, buscámoste vanamente;
divino, te buscamos vanamente;

túa é a soidade, teu o segredo.
tuya es la soledad, tuyo el secreto.

O teu lombo condescende ao moroso
Tu lomo condesciende a la morosa

alumiño da miña man. Admitiches,
caricia de mi mano. Has admitido,

desde esa eternidade que xa é esquecemento,
desde esa eternidad que ya es olvido,

o amor da man recelosa.
el amor de la mano recelosa.

Noutro tempo estás. Es o dono
En otro tiempo estás. Eres el dueño

dun ámbito pechado como un soño.
de un ámbito cerrado como un sueño.

Jorge Luis Borges (1899, 1986)












martes, 10 de marzo de 2009

A Primavera xa chegou ao meu xardín


Khalil e Morocho, a ver quen é forte


Groucho e Zar


O meu salgueiro chorón xa comeza a ter folla


O magnolio tamén ten flor


Esta é unha ameixeira


Dorian mira como a súa irmá Xaquira xoga cunha toupiña


A Chechiña, ela tamén quere unha foto. Que guapa!

Narcisos e nardos


Así de fermosa está unha das miñas camelias


Zar e Checha están a xogar con Dorian


Groucho e Zar tomando un descanso


Non sei como se chama este arbusto pero está moi fermoso

Narcisos no meu xardín


Xena e Mixa tomando o sol a hora da sesta

lunes, 9 de marzo de 2009

Galega e Feminista



Concepción Arenal naceu no Ferrol, Galiza, en 1820.Con ela naceu o feminismo en España, pois dende moza loitou por romper os canons establecidos para a muller, rebelándose contra a tradicional marxinación do sexo feminino, e reivindicando a igualdade en todas as esferas sociais para a muller.
É bastante probable que asistise á Universidade disfrazada de home, ás aulas da carreira de Dereito xa que nese momento non se permitía legalmente o acceso das mulleres aos estudos superiores en España.

Esta é unha das súas Fábulas a cal traducín ao galego.

EL SOBRIO Y EL GLOTÓN
O SOBRIO E O LARPEIRO

Había en un lugarón

Había nunha aldea

Dos hombres de mucha edad,

Dous homes de moita idade,

Uno de gran sobriedad

Un de gran sobriedade

Y el otro gran comilón.
E o outro gran comellón.

La mejor salud del mundo
A mellor saúde do mundo

Gozaba siempre el primero
Gozaba sempre o primeiro.

Estando de Enero a Enero
Estando de Xaneiro a Xaneiro

Débil y enteco el segundo.
Débil e esmirrado o segundo.

«¿Por qué el tragón dijo un día
«Por que o larpeiro dixo un día

Comiendo yo mucho más
Comendo eu moito máis

Tú mucho más gordo estás?
Ti moito máis gordo estás?


No lo comprendo a fe mía.»

Non o comprendo de veras.»

«Es le replicó el frugal
«É -replicoulle o frugal-

Y muy presente lo ten,
E teno moi presente,

Porque yo digiero bien,
Porque eu dixiro ben,

Porque tú digieres mal.»
Porque ti dixires mal.»

Haga de esto aplicación
Faga disto aplicación

El pedante presumido

O pedante presumido

Si porque mucho ha leído
Se porque moito leu

Cree tener instrucción,
Cre ter instrución,

Y siempre que a juzgar fuere
E sempre que ao xulgar for

La regla para sí tome:
A regra para si tome:

No nutre lo que se come
Non nutre o que se come

Sino lo que se digiere.
Senón o que se dixire.

























viernes, 6 de marzo de 2009

Esquerda, esquerda, dereita, dereita, adiante, atrás...

Hoxe cando escoitaba as novas pola mañanciña veume a cabeza aquel baile dos anos sesenta que se chamaba "A Yenka"; esquerda, esquerda, dereita, dereita, adiante, atrás un, dous, tres...e volta a comezar.
O señor FeijÓO9 novo presidente da Xunta, grazas a que moitos galegos dicidiron darlle a maioría absoluta, anunciou "que cumprirá a promesa que fixo en campaña de que sexan os pais os que elixan a lingua de estudos dos seus fillos de 0 a 3 anos. Adiantou que acabará coas galescolas e que derrogará o decreto de ensinanza, de xeito que desaparece a política da implantación progresiva do galego no ensino. Con estas medidas, dá o primeiro paso atrás dende a chegada da democracia na normalización do galego e incluso retrocede na política lingüística que marcou Manuel Fraga" Xornal.com
Que nos pasa aos galegos? Nunca imos poder liberarnos de todos eses complexos que arrastramos ao longo da historia? Quen lle ía dicir a "Católica" que seis séculos despois aínda seguiriamos arrastrando a condea por apoiar á Beltranexa?
Un pobo que perde as súas raíces deixa de ser pobo, iso sabíao ben a Sabela por iso desterrou aos nosos nobres e mandou para aquí aos nobres que non coñecían o galego para que o pobo que sempre mira cara aos ricos tivese vergoña de falar galego.
Ten o señor FeijÓO9 algún complexo por ser galego, segundo teño entendido é dos Peares, o pobo dos catro concellos e de dúas provincias (Ourense e Lugo), eu aínda nunca o escoitei falar en galego correcto, todo o máis que chegou foi falar en "castrapo".
Que mal hai en que os nosos nenos dominen o galego e o castelán? Non é unha persoa máis culta, cantos máis idiomas saiba?.
Non se trata de deixar de lado o castelán, é a lingua do Estado, pero o Galego é o noso. De que nos serve ser galegos se non coñecemos a nosa lingua?.
Eu penso que os extremismos non son bos, da igual que sexan de dereitas como de esquerdas, pero este "nacionalismo español" eu opino que non é nada bo.

jueves, 5 de marzo de 2009

A cadela Xena



Xena é máis pillabana que o pardal de Catulo.
Xena é máis pura que o bico dunha pomba.
Xena é máis cariñosa que todas as persoas.
Xena é máis preciosa que as perlas da India.
Xena é a miña cadela, o meu deleite.
Se se queixa, penso que fala.
Sente a tristeza e o gozo.
Apoiada sobre o colo, recóstase e colle o sono,
de xeito que se oe roncar.
Para que o día supremo non ma roube do todo,
retrateina co meu pequeno móbil:
na foto veredes unha Xena tan semellante,
que nin ela mesma é tan parecida a si mesma.
Nunha palabra: se pos á Xena a carón do seu retrato,
ora pensarás que as dúas son a de verdade,
ora pensarás que as dúas son o seu retrato.

Tomei a liberdade de adaptar algúns versos do epigrama de Marcial "A cadeliña Isa" para dedicarllo a miña Xena.

lunes, 2 de marzo de 2009

Algunhas das miñas fobias

Dos meus primeiros anos de escola lembro algo que ao longo dos anos nun puiden deixar atrás, era unha imaxe moi peculiar, un debuxo onde se representaba unha ponte moi alta con dez arcos pola que ía pasando a xente e os arcos abríanse segundo o pecado que se cométese e víase como caía a xente desde alto da ponte cara ao abismo. Non sei porque esa imaxe me marcou tanto, pero aínda agora hai días que soño con ela, teño verdadeiro pánico ás pontes, podo pasar por elas pero nunca mirar cara a abaixo.
Outra cousa que tamén me marcou para a toda vida foi a afección que tiña a mestra a quedar ben coa xente da aldea; resultas que naquela época cando morría alguén, tiñan ao defunto na casa e os veciños ían a facerlle compaña aos familiares; a mestra levábanos aos rapaces a rezar o rosario, alí diante do defunto, coa caixa aberta para que o vísemos, ela, a mestra, non entraba porque dicía "a mi me impresiona mucho y me pongo nerviosa". Lembro que eu pasaba moitísimo medo, despois soñaba durante varios días, ata que volvía a morrer outro veciño e eu tiña que pasar polo mesmo. Algunha vez intentei rebelarme e non entrar na casa do defunto, lembro que unha vez senteime nas escaleiras e a mestra fíxome levantar e entrar na casa tirándome do pelo, pero ela quedou fóra.
Agora moi preto dos sesenta, aínda sigo a ter un medo terrible aos mortos, non podo ir a un cemiterio soa e a pesar de que son consciente de que os mortos non poden facerme mal algún, sigo a ter moitísimo medo, tanto que lle pedín aos meus que cando eu morra non quero ir para ningún cemiterio, non teño medo a morte, pero si encontrarme entre os mortos.