jueves, 23 de diciembre de 2010

Un pequeno agasallo. FELIZ NADAL


Esta foto fíxena o día do solsticio de inverno, os días anteriores con temperaturas baixo cero.
Ela, aí de pé, conseguiu vencer todos os obstáculos, ninguén puido privala de ser unha fermosa rosa



Rosa que floreciches


ao sol do inverno xélido,


Tan xélido, tan húmido!

de mañás de néboas tristes.

tapando a calor do sol.

Gloriosa floración,

que xurdiu loitando,

cando xa agoniza o ano,


e comeza a nova estación.

Aos meus amigos, ofrézote
como agasallo

e como exemplo de superación
.








->Versión en Castellano



Esta foto la hice el día del solsticio de invierno, los días anteriores con temperaturas bajo cero.
Ella, ahí de pie, consiguió vencer todos los obstáculos, nadie le pudo privar de ser una hermosa rosa.


Rosa que floreciste

al sol de invierno gélido

¡Tan gélido, tan húmedo!

De mañanas de nieblas tristes

tapando el calor del sol.

Gloriosa floración

que surgió luchando,

cuando ya agoniza el año

y comienza la nueva estación.

A mis amigos te ofrezco, como regalo

y como ejemplo de superación.

lunes, 20 de diciembre de 2010

Ao Solpor



Este poema é de
JOSÉ ÁNGEL BUESA


Poema para o crepúsculo




Hora de soidade e de melancolía

en que case é de noite e case non é de día.



Hora para que volva todo o que se foi.


Hora para estar triste, sen preguntar por que.



Todo empeza a morrer cando nace o esquecemento.


E é tan doce buscar o que non se perdeu...



E é tan aceda esta angustia terriblemente certa


dun grande amor durmido que de súpeto esperta!





Versión en Castelán (la original)



Este poema es de JOSÉ ÁNGEL BUESA

Poema para el crepúsculo



Hora de soledad y de melancolía

en que casi es de noche y casi no es de día.



Hora para que vuelva todo lo que se fue.


Hora para estar triste, sin preguntar por qué.



Todo empieza a morir cuando nace el olvido.


Y es tan dulce buscar lo que no se ha perdido...



Y es tan agria esta angustia terriblemente cierta


de un gran amor dormido que de pronto despierta!

miércoles, 8 de diciembre de 2010

O carballo torto





-> Versión en Galego

Unha belota pequena xermolou baixo a terra, e ao chegar a primavera un carballo saíu dela, foi medrando paseniño, non tiña ningunha présa, ao carón do camiño, achegadiño, loitando polo espazo cunha longa pedra, na que sentaba a xente que ía camiño da feira.

Unha noite de agosto, noite de lúa chea, catro homes saíron polo camiño da aldea, eran uns fascistas que ían "pasear" a un que a semana pasada era o seu amigo. O home ía por diante, arrastrando os pés, as mans as costas, inclinada a cabeza, os outros ían armados e mandárono subirse á pedra, dúas balas no corpo do home, a outra pasou rozando unha orella, e non parou ata cravarse na madeira.

Caeu o corpo morto ao fondo daquela cuneta, tapárono con terra e volveron para a aldea. As raíces do carballo estarrecéronse de pena, parecía que os humanos perderan a cabeza, aqueles catro mozos, cando aínda eran nenos, xogaran baixo as súas pólas ou rubiran por elas buscando os niños.

Ao solpor, todos os días, unha muller, que daquela era case unha nena, ía sentar na pedra, bagoas amargas esvaraban polas súas meixelas, sempre levaba nas mans un ramallo de flores frescas, dáballes un bico e
deixábaas caer ata fondo da cuneta.

Os anos non pasaron en balde, a muller, que case era nena, xa é unha vella, paseniño, cun caxato, anda arrastrando as pernas, senta ao carón do carballo e espera..., leva décadas esperando que se faga xustiza na terra.


Agora, cos novos tempos, o camiño será estrada e estorban o carballo e a pedra, o tronco do carballo torto acabará na cheminea, primeiro será unha serra e despois un machado e unha maza romperán a dura madeira.


Os segredos do carballo morrerán na lareira!!!
e cando morra a vella, quen se lembrará do home da cuneta?

http://www.xornalgalicia.com/index.php?name=News&file=article&sid=73091
Justificar a ambos lados



-> Versión en castelán




Una bellota pequeña brotó bajo tierra, y al llegar la primavera un roble salió de ella, fue creciendo despacito, no tenía prisa alguna, a un lado del camino, acurrucado, luchando por el espacio con una larga piedra, en la que se sentaba la gente que iba a la feria.


Una noche de agosto, noche de luna llena, cuatro hombres salieron por el camino de la aldea, eran unos fascistas que iban a "pasear" a uno que la semana anterior era su amigo . El hombre iba por delante, arrastrando los pies, las manos en la espalda, inclinada la cabeza, los otros armados, lo mandaron subirse a la piedra, dos balas en el cuerpo del hombre la otra pasó rozando una oreja y no paró hasta clavarse en la madera.


Cayó el cuerpo muerto al fondo de aquella cuneta, lo taparon con tierra y regresaron a la aldea.
Las raíces del árbol se estremecieron de pena, parecía que los humanos habían perdido la cabeza, aquellos cuatro jóvenes, cuando todavía eran niños habían jugado bajo sus ramas o habían subido por ellas buscando nidos.

A la puesta de sol, todos los días, una mujer, que en aquellos tiempos era casi una niña, se sentaba en la piedra, lágrimas amargas resbalaban por sus mejillas, siempre traía en sus manos un ramillete de flores frescas, les daba un beso y las dejaba caer hasta el fondo de la cuneta.


Los años no pasaron en vano, la mujer, que casi era una niña, ahora es una vieja, despacio, con un bastón, anda arrastrando las piernas, se sienta al lado del roble y espera..., lleva décadas esperando que se haga justicia en la tierra.


Ahora con los tiempos modernos, el camino será carretera y estorban el roble y la piedra, el tronco del roble torcido acabará en la chimenea, primero será la sierra y después un hacha y una maza romperán la dura madera.


¡¡¡Los secretos del roble morirán en la hoguera!!! y cuando muera la vieja ¿quién recordará al hombre de la cuneta?

http://www.xornalgalicia.com/index.php?name=News&file=article&sid=73091

jueves, 2 de diciembre de 2010

Sopran malos ventos



Non atino a ver de onde sopra o vento;


roda a onda unhas veces deste lado



e outras daquel; nós polo medio



somos levados na negra nave,



soportando o mal tempo; a auga enche



a sentina cubrindo o pé do mastro,



deixa o velame xa ver a través



con grandes rachóns ao longo,



afrouxouse a entena, e o temón



os dous pés quédanseme ensarillados



entre as enxarcias, e iso é soamente



o que me salva: o cargamento todo



pola borda saltou ...



Alceo de Mitilene
foi un poeta grego da Antigüedade, natural de Mitilene, cidade da illa de Lesbos ( 630 a. C. - 580 a. C.). Foi contemporáneo e presunto amor da poetisa Safo,


-> Versión en Castelán


No acierto a ver de dónde sopla el viento;

rueda la ola unas veces de este lado

y otras de aquél; nosotros por en medio

somos llevados en la negra nave,

soportando el mal tiempo; el agua llena

la sentina cubriendo el pie del mástil,

deja el velamen ya ver a través

con grandes desgarrones a lo largo,

se ha aflojado la entena, y el timón

los dos pies se me quedan enredados

entre las jarcias, y eso es solamente

lo que me salva: el cargamento todo

por la borda saltó ...

Alceo de Mitilene fue un poeta griego de la Antigüedad, natural de Mitilene, ciudad de la isla de Lesbos (630 a. C. - 580 a. C.). Fue contemporáneo y presunto amor de la poetisa Safo.

Traducción de Juan Ferraté





jueves, 25 de noviembre de 2010

Coloca estes consellos detrás de todas as portas da túa casa


Zar non pode entender que nos pasa aos humanos


->Só ten máis forza física, ti es tanto coma el, tes a mesma ou máis intelixencia e es máis lista porque ti es unha muller.


->Se hai un abuso só, DÉIXAO, non permitas que haxa máis, só é un covarde con complexo de inferioridade, non está arrepentido, volverá a facelo, e volverá a pedir perdón, NON PERDOES A PRIMEIRA, É A ÚNICA FORMA DE QUE NON SE REPITA .

->Non permitas que cambie a túa forma de pensar. Empeza dicindo o que lle gusta que poñas, como tes que levar o pelo, se tes que ir coa cara lavada ou non, controlándoche os cartos, aínda que sexas ti quen os gana, controlándoche os amig@s. Nunca permitas que te cambie, esa é a primeira batalla, na túa man está que remate aí a guerra.


->Non te quere máis porque controle a túa vida, só se quere el e ti non es máis có xoguete que ten na casa e se non te libras del, acabarás esnaquizada ou nun recuncho no trasteiro.




Versión en castelán


-> Sólo tiene más fuerza física, tú eres tanto como él, tienes la misma o más inteligencia y eres más lista porque tú eres una mujer.

->Si hay un abuso solo, DÉJALO, no permitas que haya más, sólo es un cobarde con complejo de inferioridad, no está arrepentido, volverá a hacerlo, y VOLVERÁ a pedir perdón, NO PERDONES La PRIMERA, ES La ÚNICA FORMA DE QUE NO SE REPITA .

->No permitas que cambie tu forma de pensar. Comienza diciendo lo que le gusta que pongas, como tienes que llevar el pelo, si tienes que ir con la cara lavada o no, controlándote el dinero, aunque seas tu quien lo gana, controlándote los amig@s. Nunca permitas que te cambie, esa es la primera batalla, en tu mano está que termine ahí la gran guerra.


->No te quiere más porque controle tu vida, sólo se quiere él y tú no eres más que el juguete que tiene en casa y si no te libras de él, terminarás destrozada o en un rincón en el trastero.

martes, 23 de noviembre de 2010

Non creas todo o que che din



Gadis acaba de estrear un novo vídeo.


Fixádevos que bos consellos nos dan aos galegos, pero



¡¡¡OLLO!!!
SÓ É PUBLICIDADE.



Nos supermercados GADIS non podemos vivir coma galegos. Se queremos mercar xurelos, sardiñas, pescada ou ollomol, ..., eles venden jurel, sardinas, merluza ou besugo, ...A froita só ten o nome en castelán e na carnicería ocorre o mesmo.

Entón, como me piden que eu viva coma galega?


-> Isto ocorre dende que goberna Feijóo9 e os seus colegas.




No supermercado GADIS de Xoán Nóvoa en Ourense, só viven como casteláns.


-> Axudádeme a denunciar, fixádevos se nas vosas localidades tamén están a estafar aos galegos.



jueves, 18 de noviembre de 2010



Esta é a historia de Pedro e Manuela, el xa morreu, parouselle o corazón e marchou deixándoa soa a ela.

Disque hai tempo que deixaron de mirarse, durmían xuntos pero sen tocarse, subían e baixan a mesma retorta canella, sempre el pola dereita ela pola esquerda, non había amor, nin odio, só indiferenza.

Disque moitos veciños lle tiñan envexa, pensaban que eran unha feliz parella, pero ninguén coñecía a súa vida secreta, aquelas humillacións, aqueles insultos, aquelas borracheiras, todas aquelas noites en vela.

Disque todos os domingos saían en parella, collidos do brazo camiño da igrexa, saudaban aos veciños, amigos e parentela, lucindo no pescozo e dedos colares e sortellas, trofeos das batallas que ganara na perdida guerra.

Disque un mal día Pedro pasouse coa botella e sen poder controlarse comezou a pegar nela, como xa non había respecto foille fácil cruzar a barreira, Manuela aguantou aquela noite e ao día siguiente como se nada ocorrese, lembrou aquela seta que había algún tempo no conxelador escondera, e preparou un xantar para celebrar a primeira malleira, ela non puido comer, impidiullo unha forte dor de cabeza e cando Pedro acabou, fregou os pratos e sentou á espera...





Versión en Castelán


Ésta es la historia de Pedro y Manuela, él ya murió, se le paró el corazón y marchó dejándola sola a ella.

Por lo visto hace tiempo que dejaron de mirarse, dormían juntos pero sin tocarse, subían y bajan la misma retorcida calleja, siempre él por la derecha ella por la izquierda, no había amor, ni odio, sólo indiferencia.

Por lo visto muchos vecinos le tenían envidia, pensaban que eran una feliz pareja, pero nadie conocía su vida secreta, aquellas humillaciones, aquellos insultos, aquellas borracheras, todas aquellas noches en vela.

Por lo visto todos los domingos salían en pareja, cogidos del brazo camino de la iglesia, saludaban a los vecinos, amigos y parentela, luciendo en el cuello y dedos, collares y sortijas, trofeos de las batallas que había ganado en la perdida guerra.

Por lo visto un mal día, Pedro se pasó con la botella y sin poder controlarse comenzó a pegar en ella, como ya no había respeto le fue fácil cruzar la barrera, Manuela aguantó aquella noche y al día siguiente como si nada hubiera ocurrido, recordó aquella seta que hacía algún tiempo en el congelador había escondido, y preparó una comida para celebrar la primera paliza, ella no pudo comer ,se lo impidió un fuerte dolor de cabeza y cuando Pedro acabó, fregó los platos y se sentó a la espera...