viernes, 20 de enero de 2012

Un debuxo de Castelao e unha fábula










Coa calma que sabemos que gasta sempre o sapo, marchaba un, non lembro, xa onde foi nin cando, para onde nin que fin levaba. Metida, como teñen por costume, nun burato, achábase unha cobra, que en son de burla lle di: "Amigo, se non apura máis o paso apóstolle e non perdo, de seis a sete cartos que ao fin a onde quere chegar, lle levará un ano".


Parouse un intre o sapo e o corpo revirando para ver á que falaba, e contesta o bo sapo: "Si é certo, amiga miña, que sempre vou a modo, que gasto moita calma, que non altero o paso, en troques, non se fixa que nunca vou de arrastro?"


Se moitos que eu coñezo, e o nome aquí me calo, en vez de ir como a cobra marcharan como o sapo, pregunto eu, medrarían, tal como vemos hoxe, tanto?



Versión en castelán

Con la calma que sabemos que tiene siempre el sapo, marchaba uno, no recuerdo, ya donde fue ni cuando, para donde ni que meta llevaba. Metida, como tienen por costumbre, en un agujero, se hallaba una culebra, que en tono de burla le dice: "Amigo, si no apura más el paso le apuesto y no pierdo, de seis a siete monedas que al final a donde quiere llegar, le llevará un año".


Se paró un mometo el sapo y dándose media vuelta para ver a la que así hablaba, le contesta el buen sapo: "Sí es cierto, amiga mia, que siempre voy despacio, que lo tomo con calma, que no altero el paso, a cambio, ¿no se fija que nunca me voy arrastrando?
"

Si muchos que yo conozco, y el nombre aquí me callo, en vez de ir como la cobra marchasen como el sapo, pregunto yo, ¿crecerían, tal como vemos hoy, tanto?

lunes, 16 de enero de 2012

O aire na mitoloxía galega




Hai dúas castes de aires; os comúns e os que emanan de persoas, animais, obxectos, astros ou lugares, case todos malos e prexudiciais para a saúde e mesmo a pervivencia humana. Nos aires comúns e nos ventos viven seres sen nome, daniños para os animais, as plantas e a xente. Os ventos ruíns, os soáns, os lurpios, os cativos, os coados, a xoína, as correntes e os remuíños provocan andazos, rompen cristais, causan accidentes, enfermidades e mortes.

Non se sabe de onde veñen. Algúns nacen en montes e penedos coñecidos, coma o Penido da Capelada, preto de Teixido, que pare os aires que danan as colleitas. Dun seixo quebrado de San Xoán da Cova, no Ulla, dise que é alxibe de tormentas e odre dos ventos.

Así e todo hai tamén ventos bos. Na Capelada corre algún que empreña eguas. En todo caso, esconxúranse con facilidade facendo unha cruz cos dedos.

O mal do aire, producido polos aires emanados, é unha doenza con variedade de síntomas (dores, mala dixestión, inapetencia, fatiga, afeccións na pel, etc.). Recibe infinidade de nomes segundo os animais, persoas, estados, obxectos, astros, lugares que o provocan.

O curandeiro, sabio, sabia, pastequeiro, tallador ou sandador, antes de proceder a confirmar a existencia dun Mal de Aire, fai unha proba que consiste en lavar ao enfermo con auga de sete fontes ou dunha soa que nunca estiñe, e despois de pasar esa auga por un pano de lamanisco. Sobre o pano de mesa aparecen os pelos do causante do mal. Se se confirma a doenza, procede ao tratamento e aínda que a variedade de ensalmos, rituais, fórmulas, etc., é enorme, hai pautas comúns como son os lavados a arrepelo e os fumazos, xunto cunha ampla e ás veces secreta variedade de recitados.

Todos os aires son temidos, pero o máis temido é o aire morto. Cando os mortos expiran, botan un bafo que chama pola persoa a quen llo botan. Urxe conxuralo, volverlle o aire, para que non lle tire pola vida ao afectado.

Bibliografía: Dicionario dos seres Míticos Galegos. Xoán R. Cuba, A. Reigosa, X. Miranda. Ed. Xerais


Versión en castelán


Hay dos clases de aires; los comunes y los que emanan de personas, animales, objetos, astros o lugares, casi todos malos y perjudiciales para la salud e incluso la pervivencia humana. En los aires comunes y en los vientos viven seres sin nombre, dañinos para los animales, las plantas y la gente. Los vientos "ruíns", los "soáns", los "lurpios", los "cativos", los "coados", la "xoína", las "correntes" y los "remuíños" provocan epidemias, rompen cristales, causan accidentes, enfermedades y muertes.

No se sabe de donde vienen. Algunos nacen en montes y peñas conocidas, como el Penido de la Capelada, cerca de Teixido, que pare los aires que dañan las cosechas. De una piedra quebrada de San Xoán da Cova, en el Ulla, se dice que es aljibe de tormentas y odre de los vientos.

Sin embargo hay también vientos buenos. En la Capelada corre algún aire que empreña yeguas. En todo caso, se conjura con facilidad haciendo una cruz con los dedos.

El mal del aire, producido por los aires emanados, es una dolencia con variedad de síntomas (dolores, mala digestión, inapetencia, fatiga, afecciones en la piel, etc.). Recibe infinidad de nombres según los animales, personas, estados, objetos, astros, lugares que lo provocan.

El curandero, sabio, sabia, "pastequeiro", "tallador" o sanador, antes de proceder a confirmar la existencia de un Mal de Aire, hace una prueba que consiste en lavar al enfermo con agua de siete fuentes o de una sola que nunca ha dejado de manar agua, y después de pasar el agua por un paño adamascado. Sobre el mantel aparecen los pelos del causante del mal. Si se confirma la dolencia, se procede al tratamiento y aunque la variedad de salmos, rituales, fórmulas, etc., es enorme, hay pautas comunes como son los lavados a contrapelo y los humazos, junto con una amplia y a veces secreta variedad de recitados.

Todos los aires son temidos, pero el más temido es el "aire muerto". Cuando los muertos expiran, echan un aliento que llama por la persona a quien se lo echan. Urge conjurarlo, devolverle el aire, para que no le tire por la vida al afectado.

domingo, 15 de enero de 2012

Español/castelán





A miña opinión sobre español/castelán, cando falamos do idioma oficial dun país chamado España.

É lóxico que todas aquelas persoas foráneas cando se refiren á lingua oficial de España, lle chamen español, pero para os autóctonos, se temos en conta que España é un estado, formado por Comunidades Autónomas e que algunhas delas tamén teñen outra lingua oficial, considero que eses idiomas (galego, vasco, catalán, valenciano, ...) tamén son españois, non si?


Se eu unha galega(no DNI pon que son española), digo que vou falar español, a que lingua me refiro? se Galicia forma parte do estado, o galego tamén é ""español". Penso que deberíamos chamar ás cousas polo seu nome, porque cando escoito a algún galego dicir que fala ou escribe en español a min dáme a sensación de que está menosprezando o galego, facéndoo aínda máis pequecho do que é e anulándoo, aínda máis, por culpa dun xigante chamado español, que non é máis ca o castelán que tivo a fortuna de converterse na lingua oficial dun estado imperialista.


Sempre me chamou moito a atención cando nas escolas, mesmo os profesores, chaman "clases de lengua" cando son clases de castelán e cando se refiren ao galego din simplemente "clases de galego".

Que pasa, o galego non é unha lingua?. Eu estou segura que moitos fano sen mala intención o mesmo que moitos pais cando veñen dicindo "Só suspendeu o galego, iso non ten importancia",
ou cando imos mercar e pedimos "japuta" (que soa horrible) no canto de "castañeta", ou ""besugo" no canto de "ollomol", ... .

É só un pequeno matiz pero, penso eu, que está a danar a nosa lingua máis do que pensamos
.



Versión en castelán


Mi opinión sobre
español/castellano, cuando hablamos del idioma oficial de un país llamado España.

Es lógico que todas aquellas personas foráneas cuando se refieren a la lengua oficial de España, le llamen español, pero para los autóctonos, si tenemos en cuenta que España es un estado, formado por Comunidades Autónomas y que algunas, también tienen otra lengua oficial, considero que esos idiomas (gallego, vasco, catalán, valenciano, ...) también son españoles, ¿no es cierto?


Si yo, una gallega (en el DNI pone que soy española), digo que voy a hablar español, ¿a qué lengua me refiero? si Galicia forma parte del estado, el gallego tambíen es español. Pienso que deberíamos llamar a las cosas por su nombre, porque cuando escucho a algún gallego decir que habla o escribe en español a mí me da la sensación de que está menospreciando el gallego, haciéndolo aun más pequeño de lo que es y anulándolo aun más, por culpa de un gigante llamado español, que no es más que el castellano que tuvo la fortuna de convertirse en la lengua oficial de un estado imperialista.


Siempre me llamó mucho la atención cuando en las escuelas, incluso los profesores, llaman "clases de lengua" cuando son clases de castellano y cuando se refieren al gallego dicen simplemente "clases de gallego".


¿Qué pasa, el gallego no es una lengua?.Yo estoy segura que muchos lo hacen sin mala intención, lo mismo que muchos padres cuando vienen diciendo "Sólo suspendió el gallego, eso no tiene importancia"; o cuando vamos a la compra y pedimos "japuta" (que suena horrible) en vez de "castañeta", o ""besugo" en vez de "ollomol", ...


Es sólo un pequeño matiz pero, pienso que está dañando nuestra lengua más del que pensamos.


martes, 10 de enero de 2012

Agora que Rajoy espertou, Dexter vai durmir


Dexter preparándose para botar unha sesta.

-> E por fin... o presidente dixo «Achegamos a nosa historia, a nosa convición. E achegamos aos mercados unha maioría sólida que apoiaron os españois, e estabilidade política para recuperar a confianza. Ir cara a un modelo onde as Administracións Públicas non gasten o que non teñen».


Bando


Prohíbese, por orde da Alcaldía,
que medren porque si
as rosas do xardín municipal.

Dende agora as pombas teñen
que pedir licencia para voar.
Prohíbeselle á lúa
andar ceiba de noite polo ceo.

A lúa é unha tola que anda espida
dando mal exemplo ás nenas castas
e aos fillos de familia.
Pagarán trabucos os poetas.

Prohíbese soñar de 10 a 11.
Prohíbese tamén derramar bágoas.
Pódese chorar tan só cando hai seca
para que non fiquen baldeiros os pantanos.
Un só se pode emocionar
os Xoves e Domingos
cando toca a Banda do Concello no quiosco.
Están fóra de Lei
as estrelas, a Primavera,

as flores e os paxaros.

Dáse este bando en tal e cal
para que se cumpra
de orde do Alcalde.

Carimbado, firmado e rubricado.

Manuel María, Documentos persoais


Versión en castelán


-> Y por fin... el presidente dijo «Aportamos nuestra historia, nuestra convicción. Y aportamos a los mercados una mayoría sólida que han apoyado los españoles, y estabilidad política para recuperar la confianza. Ir hacia un modelo donde las Administraciones Públicas no gasten lo que no tienen».


Bando

Se prohibe, por orden de la Alcaldía,
que crezcan porque sí
las rosas del jardín municipal.
Desde ahora las palomas tienen
que pedir licencia para volar.
Se prohibe a la luna

andar libre de noche por el cielo.
La luna es una loca que anda desnudada

dando mal ejemplo a las niñas castas
y a los hijos de familia.
Pagarán impuestos los poetas.

Se prohibe soñar de 10 a 11.
Se prohibe también derramar lágrimas.
Se puede llorar tan sólo cuando hay sequía
para que no queden vacios los pantanos.
Uno sólo se puede emocionar
los Jueves y Domingos
cuando toca
la Banda del Ayuntamiento en el quiosco.
Están fuera de Ley
las estrellas, la Primavera,

las flores y los pájaros.
Se da este bando en tal y cual

para que se cumpla
de orden del Alcalde.
Sellado, firmado y rubricado.


Manuel María, Documentos persoais






martes, 3 de enero de 2012

Unha fábula e flores en xaneiro



Mentres un cangrexo ía camiñando sinuosamente marcha atrás, golpeou as súas costas nos arrecifes das augas. Disque a súa nai, co desexo de que avanzase con paso áxil, deulle uns consellos: "Non andes sinuosamente, fillo, nin botes cara atrás os teus pés tortos; máis ben, dirixe en líña recta os teus andares con esforzo e dá pasos seguros cara adiante".
O fillo respondeulle :
"Fareino, se ti vas diante miña; se me ensinas o camiño recto, eu seguireite con máis seguridade".


Versión en castelán

Mientras un cangrejo iba caminando sinuosamente marcha atrás, golpeó su lomo en los arrecifes de las aguas. Por lo visto su madre, con el deseo de que avanzase con paso ágil, le dio unos consejos: "No andes sinuosamente, hijo, ni eches hacia atrás tus pies torcidos; más bien, dirige en línea recta tus andares con esfuerzo y da pasos seguros hacia delante".
El hijo le respondió : "Lo haré, si tú vas delante de mi; si me enseñas el camino recto, yo te seguiré con más seguridad".


viernes, 30 de diciembre de 2011

A man





A man é a que lembra.


Viaxa a través dos anos,


desemboca no


presente sempre lembrando.



Apunta, nerviosamente,


o que vivía esquecido.


a man da memoria,


sempre rescatándoo.



As fantasmais imaxes


iranse solidificando,


irán dicindo quen eran,


por que regresaron.



Por que eran carne de soño,


puro material nostálxico.


A man vai rescatándoas


do seu limbo máxico.


José Hierro, de "Cuaderno de Nueva York” 1998



En Castelán

La mano es la que recuerda.
Viaja a través de los años,
desemboca en el presente
siempre recordando.

Apunta, nerviosamente,
lo que vivía olvidado.
la mano de la memoria,
siempre rescatándolo.

Las fantasmales imágenes
se irán solidificando,
irán diciendo quién eran,
por qué regresaron.

Por qué eran carne de sueño,
puro material nostálgico.
La mano va rescatándolas
de su limbo mágico.

José Hierro, de “Cuaderno de Nueva York” 1998

martes, 27 de diciembre de 2011

Toxos e néboa


A flor do inverno, o alecrín. Aló, ao lonxe a cidade, Ourense na néboa.


Hai moitos anos, Alguén moi sabio, deume un consello e dixo así: "Cando te atopes no teu camiño un montón de toxos bravos, deses que só con miralos xa parece que pican, non te pares, nin intentes buscar outro camiño máis fácil. Respira forte, despois toma alento, e sigue de fronte, os toxos só pican aos que non son quen de conter a respiración e se dan por vencidos antes de comezar".









Versión en castelán

La flor del invierno, el alecrín. Allá, en la lejanía la ciudad, Ourense en la niebla.


Hace muchos años, Alguien muy sabio, me dio un consejo y dijo así: "Cuando te encuentres en tu camino un montón de tojos bravos, de esos que sólo con mirarlos ya parece que pinchan, no te pares, ni intentes buscar otro camino más fácil. Respira fuerte, después toma aliento, y sigue de frente, los tojos sólo pinchan a los que no saben contener la respiración y se dan por vencidos antes de empezar".