sábado, 4 de febrero de 2012

Boa viaxe Wislawa Szymborska


Puiden ser eu mesma, pero sen que me sorprendese,
o que significaría
ser alguén completamente diferente.

WISLAWA SZYMBORSKA


FILLOS DA ÉPOCA



Somos fillos da nosa época,

e a nosa época é política.

Todos os teus, os meus, os nosos,os vosos

problemas diúrnos, e os nocturnos,

son problemas políticos.

Queiras ou non,

os teus xenes teñen un pasado político,

a túa pel un matiz político

e os teus ollos unha visión política.

Canto dis produce unha resonancia,

canto calas implica unha elocuencia

inevitablemente política.

Mesmo ao camiñar por bosques e pradarías

dás pasos políticos en terreo político.

Os poemas apolíticos son tamén políticos,

e no alto resplandece a lúa,

un corpo xa non luar.

Ser ou non ser, esta é a cuestión.

Que cuestión?, adiviña corazón:

unha cuestión política.

Adquirir significado político

nin sequera require ser humano.

Basta ser petróleo,

penso composto ou materia reciclada.

Ou a mesa de debates de deseño durante meses discutido:

redonda?, cadrada?, que mesa é mellor

para deliberar acerca da vida e da morte?

Mentres, perecía xente,

morrían animais,

ardían casas,

e os campos quedaban ermos

como en épocas remotas

e menos políticas.

szymborska_firr





Versión en Castelán


Pude haber sido yo misma, pero sin que me sorprendiera,
lo que habría significado
ser alguien completamente diferente.

WISLAWA SZYMBORSKA


HIJOS DE LA ÉPOCA


Somos hijos de nuestra época,

y nuestra época es política.

Todos tus, mis, nuestros, vuestros

problemas diurnos, y los nocturnos,

son problemas políticos.

Quieras o no,

tus genes tienen un pasado político,

tu piel un matiz político

y tus ojos una visión política.

Cuanto dices produce una resonancia,

cuanto callas implica una elocuencia

inevitablemente política.

Incluso al caminar por bosques y praderas

das pasos políticos en terreno político.

Los poemas apolíticos son también políticos,

y en lo alto resplandece la lunar,

un cuerpo ya no lunar.

Ser o no ser, ésta es la cuestión.

¿Qué cuestión?, adivina corazón:

una cuestión política.

Adquirir significado político

ni siquiera requiere ser humano.

Basta ser petróleo,

pienso compuesto o materia reciclada.

O la mesa de debates de diseño durante meses discutido:

¿redonda?, ¿cuadrada?, ¿qué mesa es mejor

para deliberar acerca de la vida y de la muerte?

Mientras, perecía gente,

morían animales,

ardían casas,

y los campos se quedaban yermos

como en épocas remotas

y menos políticas.


szymborska_firr

domingo, 29 de enero de 2012

Rosiña da Peza


A Rosiña cos piercings das orellas
(Rosiña con los piercings de las orejas)


Rosiña móstranos os piercings que leva no fociño.
(Rosiña nos muestra los piercings que lleva en el hocico)

Rosiña está tola por saír na Interviu, contáronlle que nesta revista saen moitas famosas.

Eu estiven a falar con ela, non quero que se faga ilusións, pois nas últimas portadas desta revista parece que a tendencia é sacalas máis "maduriñas" e ela aínda é unha rapariga.


Díxenlle que isto non funciona así, primeiro tiña que meterse nun
reality, ir á tele contar os trapos sucios da súa familia e dela mesma, pórse silicona en todo o corpo e cando xa non a coñecese nin a súa nai, o mesmo lle ofrecían saír na revista.

Non fun quen de convencela, máis ben convenceume ela a min.

Deixeille claro que non son moi boa nisto das fotos, non sei facer
photoshop.

Ela só me pediu que puxese que o dela é todo natural, non está operada de nada, pero se hai que facelo faise.





Versión en castelán



Rosiña está loca por salir en Interviu, le contaron que en esta revista salen muchas famosas.

Yo estuve hablando con ella, no quiero que se haga ilusiones, pues en las últimas portadas de esta revista parece que la tendencia es sacarlas más "maduritas" y ella aún es una muchacha.

Le dije que esto no funciona así, primero tenía que meterse en un reality, ir a la tele a contar los trapos sucios de su familia y de ella misma, ponerse silicona en todo el cuerpo y cuando ya no la conociera ni su madre, a lo mejor, le ofrecían salir en la revista.


No fui capaz de convencerla, fue ella la que me convenció a mi.


Le dejé bien claro que no soy muy buena en esto de las fotos, no sé hacer photoshop.


Ella sólo me pidió que pusiera que lo de ella es todo natural, no está operada de nada, pero si hay que hacerlo se hace.

miércoles, 25 de enero de 2012

É a mass media o opio das sociedades modernas ?




Papoulas, Mapoulas (Amapolas) no meu xardín, xuño 2011

Hoxe volveu ser a In-xustiza a protagonista neste país

-> Caso Marta del Castillo


-> Caso xuíz Garzón


O termo «opio» deriva do grego "ópion" que significa "zume", referíndose ao látex que exsuda a papoula ao cortala.

Segundo a mitoloxía grecorromana a papoula/mapoula foi entregada á humanidade pola deusa Ceres/Demeter deusa da agricultura.

Esta planta utilizouse durante séculos para aliviar a dor e o pesar.

O deus grego do sono, Hipnos, e o seu equivalente latino, Somnus, representábanse portando un recipiente contendo bulbos de mapoula.Un dos fillos de Hipnos, Morfeo deu nome á morfina, narcótico feito de opio.A morfina foi sintetizada por primeira vez entre 1807 e 1817 polo alemán Setürner.

Na rapsodia IV da Odisea, Homero di: Entre tanto, Helena, filla de Zeus, ocúpase doutro asunto; bota enseguida no viño un preparado marabilloso que suspende as dores e a cólera, e leva consigo o esquecemento de todos os males; o que o mestura na súa copa á súa bebida non derrama bágoas durante un día enteiro; nin aínda que lle morrese o pai ou a nai, aínda que o seu irmán ou o seu fillo amado fosen traspasados polo cobre, e el o vise cos seus propios ollos.

Os romanos acuñaron moedas coa figura da mapoula. No seu libro "Materia médica", Dioscórides describe o opio como algo que "quita totalmente a dor, mitiga a tose, refrea os fluxos estomacais e aplícase a quen non pode durmir". Por el sábese que a demanda de opio excedía a oferta, sendo frecuente a súa adulteración.

Durante o Imperio Romano o opio, como a fariña, foi un ben de prezo controlado, co cal non se permitía especular.

Con todo, este formidable consumo non xera problemas de orde pública ou privada. Aínda que se contan por millóns, os usuarios regulares de opio non se consideran enfermos nin marxinados sociais. O costume de tomar esta droga non se distingue de calquera outro costume. Por iso é polo que non haxa en latín unha expresión equivalente a «opiómano», aínda que xa había polo menos unha ducia de equivalentes a «dipsómano» (alcohólico).

Galeno, no século II d. C., usaba opio para múltiples afeccións e a pesar de que nunca mencionou cadros de adicción ao opio, a descrición que fai dun dos seus pacientes, o emperador Marco Aurelio, coincide bastante co cadro de adicción aos opiáceos.

Os árabes, aos que o Corán prohibe o uso do alcol, e que incorporaran o uso do haxix e o opio ás súas actividades sociais, levárono a China e á India, onde se empezou a cultivar.

O gran médico árabe Avicena no seu Canon, describía a preparación de opio e os seus usos. Foron os médicos árabes os que introduciron este coñecemento en Europa, a través da ocupación de la península Ibérica.



Versión en castelán


Hoy ha vuelto a ser la In-justicia la protagonista en este país.

-> Caso Marta del Castillo

-> Caso xuíz Garzón


El término «opio» deriva del griego "ópion" que significa ‘jugo’, refiriéndose al látex que exuda la adormidera al cortarla.

Según la mitología greco-latina la amapola fue entregada a la humanidad por la diosa Ceres.

Esta planta se utilizó durante siglos para aliviar el dolor y el pesar.


El dios griego del sueño, Hipnos, y su equivalente latino, Somnus, se representaban portando un recipiente conteniendo bulbos de amapola. Uno de los hijos de Hipnos, Morfeo dio nombre a la morfina, narcótico hecho de opio. La morfina fue sintetizada por primera vez entre 1807 y 1817 por el alemán Setürner.

En la rapsodia IV de la Odisea, Homero dice
: Entre tanto, Elena, hija de Zeus, se ocupa de otro asunto; echa enseguida en el vino un preparado maravilloso que suspende los dolores y la cólera, y lleva consigo el olvido de todos los males; el que lo mezcla en su copa a su bebida no derrama lágrimas durante un día entero; ni si quiera aunque se le muriese el padre o la madre, aun cuanto su hermano o su hijo amado fueran traspasados por el cobre, y él lo viera con sus propios ojos.

Los romanos acuñaron monedas con la figura de la amapola. En su libro "Materia médica", Dioscórides describe el opio como algo que «quita totalmente el dolor, mitiga la tos, refrena los flujos estomacales y se aplica a quienes dormir no pueden». Por él se sabe que la demanda de opio excedía la oferta, siendo frecuente su adulteración.

Durante el Imperio Romano el opio, como la harina, fue un bien de precio controlado, con el cual no se permitía especular.

Sin embargo, este formidable consumo no genera problemas de orden público o privado. Aunque se cuentan por millones, los usuarios regulares de opio no se consideran enfermos ni marginados sociales. La costumbre de tomar esta droga no se distingue de cualquier otra costumbre. De ahí que no haya en latín una expresión equivalente a «opiómano», si bien ya había al menos una docena de equivalentes a «dipsómano» (alcohólico)Están a .

Galeno, en el siglo II d. C., usaba opio para múltiples afecciones y a pesar de que nunca mencionó cuadros de adicción al opio, la descripción que hace de uno de sus pacientes, el emperador Marco Aurelio, coincide bastante con el cuadro de adicción a los opiáceos.

Los árabes, a los que el Corán prohíbe el uso del alcohol, y que habían incorporado el uso del hachís y el opio a sus actividades sociales, lo llevaron a China y a la India, donde se empezó a cultivar.

El gran médico árabe Avicena (980-1037 d.C.), en su "Canon", describía la preparación de opio y sus usos. Fueron los médicos árabes los que introdujeron este conocimiento en Europa, a través de la ocupación de la península Ibérica.

viernes, 20 de enero de 2012

Un debuxo de Castelao e unha fábula










Coa calma que sabemos que gasta sempre o sapo, marchaba un, non lembro, xa onde foi nin cando, para onde nin que fin levaba. Metida, como teñen por costume, nun burato, achábase unha cobra, que en son de burla lle di: "Amigo, se non apura máis o paso apóstolle e non perdo, de seis a sete cartos que ao fin a onde quere chegar, lle levará un ano".


Parouse un intre o sapo e o corpo revirando para ver á que falaba, e contesta o bo sapo: "Si é certo, amiga miña, que sempre vou a modo, que gasto moita calma, que non altero o paso, en troques, non se fixa que nunca vou de arrastro?"


Se moitos que eu coñezo, e o nome aquí me calo, en vez de ir como a cobra marcharan como o sapo, pregunto eu, medrarían, tal como vemos hoxe, tanto?



Versión en castelán

Con la calma que sabemos que tiene siempre el sapo, marchaba uno, no recuerdo, ya donde fue ni cuando, para donde ni que meta llevaba. Metida, como tienen por costumbre, en un agujero, se hallaba una culebra, que en tono de burla le dice: "Amigo, si no apura más el paso le apuesto y no pierdo, de seis a siete monedas que al final a donde quiere llegar, le llevará un año".


Se paró un mometo el sapo y dándose media vuelta para ver a la que así hablaba, le contesta el buen sapo: "Sí es cierto, amiga mia, que siempre voy despacio, que lo tomo con calma, que no altero el paso, a cambio, ¿no se fija que nunca me voy arrastrando?
"

Si muchos que yo conozco, y el nombre aquí me callo, en vez de ir como la cobra marchasen como el sapo, pregunto yo, ¿crecerían, tal como vemos hoy, tanto?

lunes, 16 de enero de 2012

O aire na mitoloxía galega




Hai dúas castes de aires; os comúns e os que emanan de persoas, animais, obxectos, astros ou lugares, case todos malos e prexudiciais para a saúde e mesmo a pervivencia humana. Nos aires comúns e nos ventos viven seres sen nome, daniños para os animais, as plantas e a xente. Os ventos ruíns, os soáns, os lurpios, os cativos, os coados, a xoína, as correntes e os remuíños provocan andazos, rompen cristais, causan accidentes, enfermidades e mortes.

Non se sabe de onde veñen. Algúns nacen en montes e penedos coñecidos, coma o Penido da Capelada, preto de Teixido, que pare os aires que danan as colleitas. Dun seixo quebrado de San Xoán da Cova, no Ulla, dise que é alxibe de tormentas e odre dos ventos.

Así e todo hai tamén ventos bos. Na Capelada corre algún que empreña eguas. En todo caso, esconxúranse con facilidade facendo unha cruz cos dedos.

O mal do aire, producido polos aires emanados, é unha doenza con variedade de síntomas (dores, mala dixestión, inapetencia, fatiga, afeccións na pel, etc.). Recibe infinidade de nomes segundo os animais, persoas, estados, obxectos, astros, lugares que o provocan.

O curandeiro, sabio, sabia, pastequeiro, tallador ou sandador, antes de proceder a confirmar a existencia dun Mal de Aire, fai unha proba que consiste en lavar ao enfermo con auga de sete fontes ou dunha soa que nunca estiñe, e despois de pasar esa auga por un pano de lamanisco. Sobre o pano de mesa aparecen os pelos do causante do mal. Se se confirma a doenza, procede ao tratamento e aínda que a variedade de ensalmos, rituais, fórmulas, etc., é enorme, hai pautas comúns como son os lavados a arrepelo e os fumazos, xunto cunha ampla e ás veces secreta variedade de recitados.

Todos os aires son temidos, pero o máis temido é o aire morto. Cando os mortos expiran, botan un bafo que chama pola persoa a quen llo botan. Urxe conxuralo, volverlle o aire, para que non lle tire pola vida ao afectado.

Bibliografía: Dicionario dos seres Míticos Galegos. Xoán R. Cuba, A. Reigosa, X. Miranda. Ed. Xerais


Versión en castelán


Hay dos clases de aires; los comunes y los que emanan de personas, animales, objetos, astros o lugares, casi todos malos y perjudiciales para la salud e incluso la pervivencia humana. En los aires comunes y en los vientos viven seres sin nombre, dañinos para los animales, las plantas y la gente. Los vientos "ruíns", los "soáns", los "lurpios", los "cativos", los "coados", la "xoína", las "correntes" y los "remuíños" provocan epidemias, rompen cristales, causan accidentes, enfermedades y muertes.

No se sabe de donde vienen. Algunos nacen en montes y peñas conocidas, como el Penido de la Capelada, cerca de Teixido, que pare los aires que dañan las cosechas. De una piedra quebrada de San Xoán da Cova, en el Ulla, se dice que es aljibe de tormentas y odre de los vientos.

Sin embargo hay también vientos buenos. En la Capelada corre algún aire que empreña yeguas. En todo caso, se conjura con facilidad haciendo una cruz con los dedos.

El mal del aire, producido por los aires emanados, es una dolencia con variedad de síntomas (dolores, mala digestión, inapetencia, fatiga, afecciones en la piel, etc.). Recibe infinidad de nombres según los animales, personas, estados, objetos, astros, lugares que lo provocan.

El curandero, sabio, sabia, "pastequeiro", "tallador" o sanador, antes de proceder a confirmar la existencia de un Mal de Aire, hace una prueba que consiste en lavar al enfermo con agua de siete fuentes o de una sola que nunca ha dejado de manar agua, y después de pasar el agua por un paño adamascado. Sobre el mantel aparecen los pelos del causante del mal. Si se confirma la dolencia, se procede al tratamiento y aunque la variedad de salmos, rituales, fórmulas, etc., es enorme, hay pautas comunes como son los lavados a contrapelo y los humazos, junto con una amplia y a veces secreta variedad de recitados.

Todos los aires son temidos, pero el más temido es el "aire muerto". Cuando los muertos expiran, echan un aliento que llama por la persona a quien se lo echan. Urge conjurarlo, devolverle el aire, para que no le tire por la vida al afectado.

domingo, 15 de enero de 2012

Español/castelán





A miña opinión sobre español/castelán, cando falamos do idioma oficial dun país chamado España.

É lóxico que todas aquelas persoas foráneas cando se refiren á lingua oficial de España, lle chamen español, pero para os autóctonos, se temos en conta que España é un estado, formado por Comunidades Autónomas e que algunhas delas tamén teñen outra lingua oficial, considero que eses idiomas (galego, vasco, catalán, valenciano, ...) tamén son españois, non si?


Se eu unha galega(no DNI pon que son española), digo que vou falar español, a que lingua me refiro? se Galicia forma parte do estado, o galego tamén é ""español". Penso que deberíamos chamar ás cousas polo seu nome, porque cando escoito a algún galego dicir que fala ou escribe en español a min dáme a sensación de que está menosprezando o galego, facéndoo aínda máis pequecho do que é e anulándoo, aínda máis, por culpa dun xigante chamado español, que non é máis ca o castelán que tivo a fortuna de converterse na lingua oficial dun estado imperialista.


Sempre me chamou moito a atención cando nas escolas, mesmo os profesores, chaman "clases de lengua" cando son clases de castelán e cando se refiren ao galego din simplemente "clases de galego".

Que pasa, o galego non é unha lingua?. Eu estou segura que moitos fano sen mala intención o mesmo que moitos pais cando veñen dicindo "Só suspendeu o galego, iso non ten importancia",
ou cando imos mercar e pedimos "japuta" (que soa horrible) no canto de "castañeta", ou ""besugo" no canto de "ollomol", ... .

É só un pequeno matiz pero, penso eu, que está a danar a nosa lingua máis do que pensamos
.



Versión en castelán


Mi opinión sobre
español/castellano, cuando hablamos del idioma oficial de un país llamado España.

Es lógico que todas aquellas personas foráneas cuando se refieren a la lengua oficial de España, le llamen español, pero para los autóctonos, si tenemos en cuenta que España es un estado, formado por Comunidades Autónomas y que algunas, también tienen otra lengua oficial, considero que esos idiomas (gallego, vasco, catalán, valenciano, ...) también son españoles, ¿no es cierto?


Si yo, una gallega (en el DNI pone que soy española), digo que voy a hablar español, ¿a qué lengua me refiero? si Galicia forma parte del estado, el gallego tambíen es español. Pienso que deberíamos llamar a las cosas por su nombre, porque cuando escucho a algún gallego decir que habla o escribe en español a mí me da la sensación de que está menospreciando el gallego, haciéndolo aun más pequeño de lo que es y anulándolo aun más, por culpa de un gigante llamado español, que no es más que el castellano que tuvo la fortuna de convertirse en la lengua oficial de un estado imperialista.


Siempre me llamó mucho la atención cuando en las escuelas, incluso los profesores, llaman "clases de lengua" cuando son clases de castellano y cuando se refieren al gallego dicen simplemente "clases de gallego".


¿Qué pasa, el gallego no es una lengua?.Yo estoy segura que muchos lo hacen sin mala intención, lo mismo que muchos padres cuando vienen diciendo "Sólo suspendió el gallego, eso no tiene importancia"; o cuando vamos a la compra y pedimos "japuta" (que suena horrible) en vez de "castañeta", o ""besugo" en vez de "ollomol", ...


Es sólo un pequeño matiz pero, pienso que está dañando nuestra lengua más del que pensamos.


martes, 10 de enero de 2012

Agora que Rajoy espertou, Dexter vai durmir


Dexter preparándose para botar unha sesta.

-> E por fin... o presidente dixo «Achegamos a nosa historia, a nosa convición. E achegamos aos mercados unha maioría sólida que apoiaron os españois, e estabilidade política para recuperar a confianza. Ir cara a un modelo onde as Administracións Públicas non gasten o que non teñen».


Bando


Prohíbese, por orde da Alcaldía,
que medren porque si
as rosas do xardín municipal.

Dende agora as pombas teñen
que pedir licencia para voar.
Prohíbeselle á lúa
andar ceiba de noite polo ceo.

A lúa é unha tola que anda espida
dando mal exemplo ás nenas castas
e aos fillos de familia.
Pagarán trabucos os poetas.

Prohíbese soñar de 10 a 11.
Prohíbese tamén derramar bágoas.
Pódese chorar tan só cando hai seca
para que non fiquen baldeiros os pantanos.
Un só se pode emocionar
os Xoves e Domingos
cando toca a Banda do Concello no quiosco.
Están fóra de Lei
as estrelas, a Primavera,

as flores e os paxaros.

Dáse este bando en tal e cal
para que se cumpra
de orde do Alcalde.

Carimbado, firmado e rubricado.

Manuel María, Documentos persoais


Versión en castelán


-> Y por fin... el presidente dijo «Aportamos nuestra historia, nuestra convicción. Y aportamos a los mercados una mayoría sólida que han apoyado los españoles, y estabilidad política para recuperar la confianza. Ir hacia un modelo donde las Administraciones Públicas no gasten lo que no tienen».


Bando

Se prohibe, por orden de la Alcaldía,
que crezcan porque sí
las rosas del jardín municipal.
Desde ahora las palomas tienen
que pedir licencia para volar.
Se prohibe a la luna

andar libre de noche por el cielo.
La luna es una loca que anda desnudada

dando mal ejemplo a las niñas castas
y a los hijos de familia.
Pagarán impuestos los poetas.

Se prohibe soñar de 10 a 11.
Se prohibe también derramar lágrimas.
Se puede llorar tan sólo cuando hay sequía
para que no queden vacios los pantanos.
Uno sólo se puede emocionar
los Jueves y Domingos
cuando toca
la Banda del Ayuntamiento en el quiosco.
Están fuera de Ley
las estrellas, la Primavera,

las flores y los pájaros.
Se da este bando en tal y cual

para que se cumpla
de orden del Alcalde.
Sellado, firmado y rubricado.


Manuel María, Documentos persoais