Hoxe cando escoitaba as novas pola mañanciña veume a cabeza aquel baile dos anos sesenta que se chamaba "A Yenka"; esquerda, esquerda, dereita, dereita, adiante, atrás un, dous, tres...e volta a comezar.
O señor FeijÓO9 novo presidente da Xunta, grazas a que moitos galegos dicidiron darlle a maioría absoluta, anunciou "que cumprirá a promesa que fixo en campaña de que sexan os pais os que elixan a lingua de estudos dos seus fillos de 0 a 3 anos. Adiantou que acabará coas galescolas e que derrogará o decreto de ensinanza, de xeito que desaparece a política da implantación progresiva do galego no ensino. Con estas medidas, dá o primeiro paso atrás dende a chegada da democracia na normalización do galego e incluso retrocede na política lingüística que marcou Manuel Fraga" Xornal.com
Que nos pasa aos galegos? Nunca imos poder liberarnos de todos eses complexos que arrastramos ao longo da historia? Quen lle ía dicir a "Católica" que seis séculos despois aínda seguiriamos arrastrando a condea por apoiar á Beltranexa?
Un pobo que perde as súas raíces deixa de ser pobo, iso sabíao ben a Sabela por iso desterrou aos nosos nobres e mandou para aquí aos nobres que non coñecían o galego para que o pobo que sempre mira cara aos ricos tivese vergoña de falar galego.
Ten o señor FeijÓO9 algún complexo por ser galego, segundo teño entendido é dos Peares, o pobo dos catro concellos e de dúas provincias (Ourense e Lugo), eu aínda nunca o escoitei falar en galego correcto, todo o máis que chegou foi falar en "castrapo".
Que mal hai en que os nosos nenos dominen o galego e o castelán? Non é unha persoa máis culta, cantos máis idiomas saiba?.
Non se trata de deixar de lado o castelán, é a lingua do Estado, pero o Galego é o noso. De que nos serve ser galegos se non coñecemos a nosa lingua?.
Eu penso que os extremismos non son bos, da igual que sexan de dereitas como de esquerdas, pero este "nacionalismo español" eu opino que non é nada bo.