miércoles, 15 de febrero de 2012

As Lupercalia


Pantallas - Xinzo (Ourense) imaxe tomada de internet


Cigarróns - Verin (Ourense) imaxe tomada de internet



Peliqueiros -Laza (Ourense) imaxe tomada de internet.

Xinzo-Verin -Laza é o triangulo máis importante do entroido en Galicia.


As similitudes entre as Lupercalia romanas e os peliqueiros de Laza (Ourense), os cigarróns de Verin (Ourense), os pantallas de Xinzo (Ourense) é clara (segundo algúns autores), sobre todo tendo en conta a forte romanización que afectou á Gallaecia.

O 15 de febreiro, na Antiga Roma, celebrábase as festas Lupercalia. O seu nome deriva supostamente de lupus (lobo, animal que representa a Fauno Luperco) e hircus (macho cabrío). Disque foron instituidas por Evandro en honor de Pan Liceo (tamén chamado Fauno Luperco, o que protexía ao lobo, e protexía contra Februo, deus dos infernos etrusco, similar a Plutón).

Os Luperci reuníanse o 15 de febreiro na gruta do Lupercal (máis tarde coñecida como Rumial en honor a Rómulo e Remo) no monte Palatino.

Baixo a sombra dunha figueira, os Luperci, celebraban o sacrificio dun can e dun castrón, animais que eran considerados impuros e comíanos acompañados da mola (fariña ritual preparada por as Vestais. Despois, cun coitelo manchado do sangue dos animais, pasábano pola fronte dos luperci e a continuación limpábase a mancha cun guecho de la, impregnada con leite de cabra. Os luperci espidos, só tapados coas peles dos animais en tiras, saían correndo arredor do monte Palatino, por un camiño de pedras, e golpeaban a todos os que atopaban ao seu paso. O feito de ser golpeado polas tiras de coiro dos luperci equivalía a un acto de purificación, e chámabase februario.

Os luperci ían espidos, porque na época de Rómulo e Remo, cando as mulleres romanas eran estériles, sendo consultado o óraculo da deusa Xuno, este dixo: "Nais do Lacio, que vos fecunde un macho cabrio". E por iso os luperci van espidos, uncidos co sangue de animaís impuros.

Din que este rito aumentaba a fertilidade das mulleres, ao golpealas coas tiras de pel, púñanse as súas carnes de cor púrpura.


Versión en Castelán


Xinzo-Verín- Laza es el triangulo de los carnavales máis importante de Galicia

Las similitudes entre las Lupercalia romanas y los "peliqueiros" de Laza (Ourense), los "cigarróns" de Verin (Ourense), los "pantallas" de Xinzo (Ourense) es clara (según algunos autores), sobre todo, habida cuenta, la fuerte romanización que afectó a la Gallaecia.

El 15 de febrero, en la Antigua Roma, se celebraba las fiestas Lupercalia. Su nombre deriva supuestamente de lupus (lobo, animal que representa a Fauno Luperco) y hircus (macho cabrío). Por lo visto fueron instituidas por Evandro en honor de Pan Liceo (también llamado Fauno Luperco, el que protegía al lobo, y protegía contra Februo, dios de los infiernos etrusco, similar a Plutón).

Los
Luperci se reunían el 15 de febrero en la gruta del Lupercal (más tarde conocida como Rumial en honor a Rómulo y Remo) en el monte Palatino.

Bajo la sombra de una higuera, los Luperci, celebraban el sacrificio de un perro y de un macho cabrío, animales que eran considerados impuros y los comían acompañados de la mola (harina ritual preparada por las Vestales). Después, con un cuchillo manchado con la sangre de los animales, lo pasaban por la frente de los luperci y a continuación se limpiaba la mancha con un mechón de lana, impregnada con leche de cabra. Los luperci desnudos, sólo tapados con las pieles de los animales en tiras, salían corriendo alrededor del monte Palatino, por un camino de piedras, y golpeaban a todos los que encontraban a su paso. El hecho de ser golpeado por las tiras de cuero de los luperci equivalía a un acto de purificación, y se llamaba februario.

Los luperci iban desnudos, porque en la época de Rómulo y Remo, cuando las mujeres romanas eran estériles, siendo consultado el óraculo de la diosa Juno, este dijo: "Madres del Lacio, que os fecunde un macho cabrio". Y por eso los luperci van desnudos, uncidos con la sangre de animales impuros.
Dicen que este rito aumentaba la fertilidad de las mujeres, al golpearlas con las tiras de piel, se ponían sus carnes de color púrpura.


domingo, 12 de febrero de 2012

É Rajoy o "Mil mañas"?



Por falta de escarvadentes (a crise é moi negra), Dorian amáñase como pode. Pero fixádevos que guapiño me é, loce tanto coma as flores que están ao seu carón.

O outro día, estando os dous tombados tomando a raxeira, contoume unha anécdota que lle pasara a el cun raposo que andaba roldando pola aldea.

Conta Dorian que o raposo presumía de saber moitas mañas para poder librarse dos inimigos, de feito, chamábanlle o mil mañas, e sempre presumía como había que facer en cada caso para escapar ben sempre.

-Cantas mañas sabes ti? -preguntou o raposo

-Eu non sei máis ca unha e media, que é subir pola primeira árbore que teña a man e ir detrás da que me dá de comer, miañando, miañando, ... , ata que aburrida de escoitarme, bota a comida no prato -contestou Dorian.

-Ben poucas son...! Xa se ve que non me gañas a listo pois eu seiche mil mañas e máis un saco cheo -dixo o raposo.

Conta Dorian que unha tardiña que ían falando así, pasaron por diante dunha horta arrodeada dun muro, e dentro ouviron cantar unhas galiñas. Propúxolle o raposo entrar na horta e ofreceulle a Dorian un cacho de galiña se entraba con el. Dorian aceptou, e entrou de contado na horta rubindo por un castiñeiro e baixando por unha pereira que había ao lado do muro.

O raposo andou mirando e por fin, encontrou un sitio onde a parede era máis baixa por fóra. Cando estivo dentro, entrou moi amodo no galiñeiro e matou axiña unha pita. Mais, cando quixo matar a segunda, empezaron todas a cantar e saíron dous cans que había na casa e, detrás deles, o amo cun fungueiro na man.

Dorian, que tal viu, rubiu pola primeira árbore que atopou xunto do muro e saltou para fóra, mais o raposo andou a corre dun lado para outro, brinca de aquí, brinca de alí, intentando saltar o muro ata que, dunha vez, enganchárono os cans e entre eles e máis o home matárono.


Despois, tirárono no curral e deixárono alí cos dentes regañados.


Dorian, que rubira a un carballo, estivo mirando todo o que pasara, e así que viu que marcharan todos, baixouse do carballo e, achegándose ao raposo, díxolle:

-Ei, mil mañas, ti ris ou regañas? Ti coas mil e máis o saco e gañou con unha e media o gato!

O Dorian fíxo un pouco de trampa e contoume un conto que antes lera nun libriño que me colleu. O libro é:
Contos Populares. Maruxa Barrio, Enrique Harguindey. Ed. Galaxia


Versión en castelán


Por falta de un palillo(la crisis es muy negra), Dorian se arregla como puede. Pero fijaos que guapiño es, luce tanto como las flores que están a su lado.

El otro día, estando los dos tumbados tomando el sol, me contó una anécdota que le había pasado con un zorro que andaba rondando por la aldea.

Cuenta Dorian que el zorro presumía de saber muchas mañas para poder librarse de los enemigos, de hecho, le llamaban el mil mañas, y siempre presumía como había que hacer en cada caso para huir siempre y salir bien.

-Cuántas mañas sabes tú? -preguntó el zorro

-Yo no sé más que una y media, que es subir por el primer árbol que tenga a mano y también ir detrás de la que me da de comer maullando, maullando, ..., hasta que aburrida de escucharme, me echa la comida en el plato -contestó Dorian.

-Bien pocas son...! Ya se ve que no me ganas a listo pues yo sé mil mañas y más un saco lleno -dijo el zorro.

Cuenta Dorian que un atardecer que iban hablando así, pasaron por delante de un huerto cercado con un muro, dentro oyeron cantar unas gallinas. Le propuso el zorro entrar en la huerta y le ofreció a Dorian un trozo de gallina si entraba con él. Dorian aceptó, y entró al momento en la huerta, trepando por un castaño y bajando por un peral que había del otro lado del muro.

El zorro estuvo mirando, y por fin, encontró un sitio donde la pared era más baja por fuera. Cuando estuvo dentro, entró muy despacio en el gallinero y mató rápido una gallina. Pero, cuando quiso matar la segunda, comenzaron todas a cantar y salieron dos perros que había en la casa y, detrás de ellos, el amo con una tranca en la mano.


Dorian, al verlo, trepó por el primer árbol que encontró junto al muro y saltó para fuera, pero el zorro estuvo corriendo de un lado para otro, saltando de aquí, saltando de allí, intentando saltar el muro hasta que, de pronto, lo cogieron los perros y entre ellos y el hombre lo mataron. Después, lo tiraron en el corral y lo dejaron allí enseñando los dientes.

Dorian, que había trepado a un roble, estuvo mirando todo lo que había pasado, y cuando vió que habían marchado todos, se bajó del roble y, acercándose al zorro, le dijo:

-Eh, mil mañas, te ríes o amenazas? Tú con las mil y el saco y ganó con una y media el gato!


Dorian hizo un pouco de trampa y me contó un cuento que antes había leido en un libro que me cogió. El libro es:
Contos Populares. Maruxa Barrio, Enrique Harguindey. Ed. Galaxia