miércoles, 10 de junio de 2009

Iris


Iris


O lirio recibiu o seu nome de Iris, filla de Taumante e da Oceánida Electra, é a personificación do Arco da Vella, e a mensaxeira dos deuses, xunto con Mercurio, sobre todo de Xúpiter e Xuno. As súas irmás eran as Harpías, monstros alados femininos.
A etimoloxía do seu nome deriva do verbo "eire" (anunciar).

Na Iliada ten un importante papel. O seu nome serviu a Homero para designar tanto o arco (fenómeno atmosférico) como a personificación da deusa cuxo voo producía o fenómeno ao atravesar o ceo. "
Como caen as nubes de neve ou o xeada saraiba, a impulso do Bóreas, nacido do éter; tan rápida e apresurada voaba a lixeira Iris" Iliada, canto XV


Na Metamorfose, Ovidio no libro I, nos versos adicados ao Diluvio, di:
"A mensaxeira de Xuno, Iris, vestida de moitas cores, trae novas augas e leva alimento ás nubes." (Nuntia Iunonis varios induta colores concipit Iris aquas alimentaque nubibus adfert).
No libro IV (Ino e Atamante) di:
"Alegre volve Xuno, e ao disporse a entrar no ceo purificouna con frescas augas a Taumantiada Iris." (Laeta redit Iuno; quam caelum intrare parantem roratis lustravit aquis Thaumantias Iris).

A deusa transportaba as almas das mulleres ao mundo subterráneo. Por iso o lirio utilizábase para ornamentar as tumbas.
Luís VII adoptou o lirio no seu emblema durante as cruzadas, de xeito tal que o seu nome foi evolucionando de "flor de Luís" a "flor de lis", cuxas tres follas foron logo símbolo da verdade, a sabedoría e o valor.


Porque de ti se viron adorados,
teño un vaso de lirios xuvenís:
uns visten pureza de marfís;
os outros veludos afelpados.
Flores que senten, cálices alados
que semellan ter soños sutís,
son os lirios, xa brancos e xentís,
xa como cardeais coagulados.
Cando a morte volva un ámbar de ouro
as túas longas mans de ilusión que adoro,
irei lirios nelas a tecerche.
E mesturarán os seus talos quebradizos
cos seus dedos cruzados e pallizos,
que finxirán os lirios da morte!

Salvador Rueda


martes, 9 de junio de 2009

A rosa e o caravel


Caraveis da China

Roseira

Roseira e caraveis da China




Roseira, menos presunción
onde están os caveis,
pois serán mañá espiñas
as que agora rosas son.


De que serve presumir,
roseira, de bo parecer,
se aínda non acabas de nacer
cando empezas a morrer?
Fai chorar e rir
vivo e morto o teu roibén
nun dia ou nun sol:
desde o Oriente ao solpor
vai a túa fermosura nun paso,
e en menos a túa perfección.
Roseira, menos presunción
onde están os caraveis,
pois serán mañá espiñas
as que agora rosas son.


Non é moi grande a vantaxe
que a túa calidade mellora:
se son as túas toucas a aurora,
é a noite a túa mortalla.
Non hai floriña tan baixa
que non te alcance de días,
e das túas cabalerías,
por descendente da alba,
estase rindo a malva,
cabeleira dun terrón.


Roseira, menos presunción
onde están os caraveis,
pois serán mañá espiñas
as que agora rosas son.


Francisco de Quevedo