jueves, 25 de noviembre de 2010

Coloca estes consellos detrás de todas as portas da túa casa


Zar non pode entender que nos pasa aos humanos


->Só ten máis forza física, ti es tanto coma el, tes a mesma ou máis intelixencia e es máis lista porque ti es unha muller.


->Se hai un abuso só, DÉIXAO, non permitas que haxa máis, só é un covarde con complexo de inferioridade, non está arrepentido, volverá a facelo, e volverá a pedir perdón, NON PERDOES A PRIMEIRA, É A ÚNICA FORMA DE QUE NON SE REPITA .

->Non permitas que cambie a túa forma de pensar. Empeza dicindo o que lle gusta que poñas, como tes que levar o pelo, se tes que ir coa cara lavada ou non, controlándoche os cartos, aínda que sexas ti quen os gana, controlándoche os amig@s. Nunca permitas que te cambie, esa é a primeira batalla, na túa man está que remate aí a guerra.


->Non te quere máis porque controle a túa vida, só se quere el e ti non es máis có xoguete que ten na casa e se non te libras del, acabarás esnaquizada ou nun recuncho no trasteiro.




Versión en castelán


-> Sólo tiene más fuerza física, tú eres tanto como él, tienes la misma o más inteligencia y eres más lista porque tú eres una mujer.

->Si hay un abuso solo, DÉJALO, no permitas que haya más, sólo es un cobarde con complejo de inferioridad, no está arrepentido, volverá a hacerlo, y VOLVERÁ a pedir perdón, NO PERDONES La PRIMERA, ES La ÚNICA FORMA DE QUE NO SE REPITA .

->No permitas que cambie tu forma de pensar. Comienza diciendo lo que le gusta que pongas, como tienes que llevar el pelo, si tienes que ir con la cara lavada o no, controlándote el dinero, aunque seas tu quien lo gana, controlándote los amig@s. Nunca permitas que te cambie, esa es la primera batalla, en tu mano está que termine ahí la gran guerra.


->No te quiere más porque controle tu vida, sólo se quiere él y tú no eres más que el juguete que tiene en casa y si no te libras de él, terminarás destrozada o en un rincón en el trastero.

martes, 23 de noviembre de 2010

Non creas todo o que che din



Gadis acaba de estrear un novo vídeo.


Fixádevos que bos consellos nos dan aos galegos, pero



¡¡¡OLLO!!!
SÓ É PUBLICIDADE.



Nos supermercados GADIS non podemos vivir coma galegos. Se queremos mercar xurelos, sardiñas, pescada ou ollomol, ..., eles venden jurel, sardinas, merluza ou besugo, ...A froita só ten o nome en castelán e na carnicería ocorre o mesmo.

Entón, como me piden que eu viva coma galega?


-> Isto ocorre dende que goberna Feijóo9 e os seus colegas.




No supermercado GADIS de Xoán Nóvoa en Ourense, só viven como casteláns.


-> Axudádeme a denunciar, fixádevos se nas vosas localidades tamén están a estafar aos galegos.