domingo, 11 de noviembre de 2012


Hoxe é o día de san Martiño, o patrón de Ourense. Día de magostos, as castañas son as protagonistas, pero tamén os chourizos asados, as sardiñas e o viño. Aquí na capital, a xuventude sobe ao Montealegre e alí seguindo a tradición de hai moitos anos tratan de pasalo o mellor posible.

Mentres eu intentando recuperarme da operación e tratando de asimilar (porque aínda non o fixen totalmente) todo o que me espera a partir de agora.
Como vos contei na entrada anterior o luns día 5 tiña visita ao oncólogo, foi só para coñecernos e cambiar impresións e tamén para que, por orde del, o martes me colocasen un "reservorio" (unha especie de dispositivo que serve, entre outras cousas, para introducir a quimio no sangue. O venres de novo tiña visita ao oncólogo, pero o doutor que me leva non estaba e recibiume unha doutora que me propuxo un tratamento alternativo. Trátase dun estudo clínico que se está a facer a nivel nacional, patrocinado por distintos laboratorios. É un estudo personalizado, chámase VISNU_cribado, e máis ou menos tratarían de estudar " os marcianos malignos" que invadiron o meu organismo e atacalos segundo a resistencia e as características que eles presenten.

Eu saín convencida da entrevista, e teño claro que vou firmar os papeis, estou convencida que se ese estudo non serve para axudarme a min, no futuro quizais axude a outras persoas e para min iso é máis que suficiente. Así que o martes irei entregar a autorización e se todo marcha como a doutora me explicou, comezaríamos a quimio na seguinte semana ou na outra, porque hai que darlle un tempo á operación que cure ben e antes hai que facer un estudo das células canceríxenas no sangue e un TAC.

E ata aquí a crónica da miña guerra particular, perdoade que non poda aínda falar doutras cousas máis interesantes, pero nestes intres só podo falar disto.
 
Grazas a todos por darme ánimos, por deixar un comentario neste blogue e pídovos perdón por facervos perder o tempo co meu problema.


Versión en castelán

Hoy es el día de san Martín, el patrón de Ourense. Día de magostos, las castañas son las protagonistas, pero también los chorizos asados, las sardinas y el vino. Aquí en la capital, la juventud sube al Montealegre y allí siguiendo la tradición de hace muchos años tratan de pasarlo lo mejor posible.
Mientras yo intentando recuperarme de la operación y tratando de asimilar (porque aún no lo hice totalmente) todo lo que me espera a partir de ahora.
Como os conté en la entrada anterior el lunes día 5 tenía visita al oncólogo, fue sólo para conocernos y cambiar impresiones y también para que, por orden de él, el martes me colocaran un "reservorio" (una especie de dispositivo que sirve, entre otras cosas, para introducir la quimio en la sangre). El viernes de nuevo tenía visita al oncólogo, pero el doctor que me lleva no estaba y me recibió una doctora que me propuso un tratamiento alternativo. Se trata de un estudio clínico que se está haciendo a nivel nacional, patrocinado por distintos laboratorios. Es un estudio personalizado, se llama VISNU_cribado, y más o menos tratarían de estudiar " los marcianos malignos" que invadieron mi organismo y atacarlos según la resistencia y las características que ellos presenten.

Yo salí convencida de la entrevista, y tengo claro que voy a firmar los papeles, estoy convencida que si ese estudio no sirve para ayudarme a mí, en el futuro quizás ayude a otras personas y para mí eso es más que suficiente. Así que el martes iré a entregar la autorización y si todo marcha como la doctora me explicó,  comenzaría la quimio en la siguiente semana o en la otra, porque hay que darle un tiempo a la operación que cure bien y antes hay que hacer un estudio de las células cancerígenas en la sangre y un TAC.

Y hasta aquí la crónica de mi guerra particular, perdonad que no pueda aun hablar de otras cosas más interesantes, pero en estos momentos sólo puedo hablar de esto.

Gracias a todos por darme ánimos, por dejar un comentario en este blog y os pido perdón por haceros perder el tiempo con mi problema.