miércoles, 8 de abril de 2009

Vacacións



Ata o luns a todos os que seguen este blog, durante catro días estará pechado por vacacións.

Morocho


Morocho está enfadado, Khalil pórtase moi mal cando xogan, faille trampas e dálle moitos couces. El aínda que é máis alto non ten a axilidade do seu curmán.




Ola! chámanme Morocho, e son un cabalo hispano-árabe, nacín o mesmo día e a mesma noite que o meu curmán Khalil ( o 26 de xuño do 2005),pero eu sempre fun máis alto, iso é porque aínda que a miña nai Hadiga é irmá da súa nai Narda, é moito máis alta e o meu pai Lentisco, é de raza española e tamén é ben grande.
Os meus donos puxéronme Morocho despois de estar un tempo sen nome, non se puñan de acordo de como chamarme e como eu de pequeno tiña unha cor escura, pero non moi definida, empezáronme a chamar "morocho" e ao final quedoume ese nome.
A miña nai sempre foi moi boa comigo, deume de mamar ata os dezaoito meses e sempre se preocupo do que facía cando era pequeno, a verdade que algunhas veces era un pouco pesadiña, lembro cando fun por primeira vez ao prado con ela, colleume e fíxome andar arredor dos lindes do prado dúas veces para que eu vise ata onde podía chegar, ela vixiaba sempre e non deixaba que estivese lonxe do seu carón, a miña tía non se preocupaba tanto do meu curmán e deixábao facer o que el quería.
Hai veces que me porto un pouco mal, ultimamente collín o costume de ao chegar ao prado non esperar a que me saquen a cabezada e escapo correndo, por culpa disto tivéronme que castigar e agora lévanme cunha corda moi longa e unha cousa que me poñen, que non sei como se chama, pero que ao intentar escapar, faime dano e non podo seguir tirando, pois só manca cando tiro.
A primavera tenme un pouco nervioso só teño ganas de xogar co meu curmán e correr polo prado, aínda que o Khalil é un tramposo e como quere ganar sempre fai trampas e tírame ao chan e despois dáme patadas na cara, teño a cara chea de feridas das súas patadas; a min non me gusta pegarlle pero el é un bruto xogando.
A pesar de que teño o corpo tan grande eu sonvos moi medorento, téñolle medo ata aos gatos e cando a Mixa entra na miña corte a buscar ratos eu pásoo moi mal. Gústanme máis as mulleres que os homes, a verdade é que prefiro ir con elas ao prado e de paseo, poida que sexa porque elas déixanme facer máis transnadas e ademais van sempre contándome contos e falando comigo e se fago algo malo non me castigan.

martes, 7 de abril de 2009

A HIPOCRISÍA DA FORMIGA


imaxe tomada da internet



Para hipócrita non hai como a formiga

querendo facernos ver como traballa,

vén e vai, volve, torna, sobe e baixa

arrastrando ás veces unha miga.

Afán de logro din que a fustriga
e que por algures busca sacar tallada

e que deixa cantando entre a palla
á cigarra e que se vai á espiga.

Non fagas caso; a miga é a de antano
a mesma sempre, non máis que un pretexto
para pasear co xesto oufano

do atarefado que nos asedia.
Daquel que sabes tal é o amaño:
non fai senón pasear con arrogancia.

(versión orixinal)
Miguel de Unamuno

Para hipócrita no hay como la hormiga
queriendo hacernos ver como trabaja,
viene y va, vuelve, torna, sube y baja
arrastrando á las veces una miga.

Afán de logro dicen que la hostiga
y que do quiera busca sacar raja
y que deja cantando entre la paja
á la cigarra y que se va a la espiga.

No hagas caso; la miga es la de antaño,
la misma siempre, no más que un achaque
para pasearse con el gesto huraño

del atareado que nos trae en jaque.
De aquel que sabes tal es el amaño:
no hace sino pasear con grave empaque.





lunes, 6 de abril de 2009

O ZAPATEIRO METIDO A MÉDICO


Un mal zapateiro comido pola miseria púxose a exercer a medicina nun país onde non era coñecido, e vendendo un antídoto cun nome inventado adquiriu gran fama grazas á súa charlatanería.
Certo día que estaba no leito o rei daquel país cunha grave enfermidade, co fin de probar o seu saber, pediu unha copa para poñelo a proba, finxindo mesturar un veleno co antídoto -pero vertendo en realidade auga-, ordenoulle a este que bebese tamén a pócima, ofrecéndolle unha recompensa.
O temor a morrer fixo confesar ao zapateiro que se fixera un médico famoso, non porque tivese coñecementos de medicina, senón pola estupidez da xente.
Convocado o pobo en asemblea, o rei engadiu o seguinte:
-Ata onde credes que chega a vosa tolemia, que non dubidades en confiar as vosas vidas a quen ninguén confiou os seus pés para que os calzase?
Isto aplícase moi ben a aqueles cuxa necidade aporta ganancias aos desvergonzados.

Ex sutore medicus fallax vulgi iudicium

Malus cum sutor inopia deperditus
medicinam ignoto facere coepisset loco
et venditaret falso antidotum nomine,
verbosis adquisivit sibi famam strophis.
Hic cum iaceret morbo confectus gravi
rex urbis, eius experiendi gratia
scyphum poposcit; fusa dein simulans aqua
antidoto miscere illius se toxicum,
ebibere iussit ipsum posito praemio.
Timore mortis ille tum confessus est
non artis ulla medicae se prudentia,
verum stupore vulgo factum nobilem.
Rex advocate contione haec edidit:
“Quantae putatis esse vos dementiae,
qui capita vestra non dubitatis credere,
cui calceandos nemo commisit pedes?”

Hoc pretiñere vere ad illos dixerim,

quorum stultitia quaestus impudentiae est.
Fedro I-XIV