martes, 9 de marzo de 2010

El desván de los monjes


http://imagenes.publico.es/resources/archivos/2010/3/8/1268072414270vareladn.jpg
http://www.publico.es/espana/300530/feijoo/roberto/varela/conselleiro/cultura/xunta/desvan/monjes/sobrado/monxes/gallego/toponimia


Esta é unha clase de balde para o conselleiro de cultura galega.

Mire vostede, señor conselleiro, a primeira norma que debe vostede seguir é non utilizar os tradutores autómaticos, eles non son máis que máquinas e se fose tan sinxelo ninguén estudaría idiomas ¿non cre?

Na Galiza hai algúns pobos que levan o nome de Sobrado que segundo o libro de "Os nomes de lugar" de Fernando Cabeza Quiles a súa orixe vén de "superatu" "elevación, altura", aparece na documentación antiga como "superato", nun escrito do ano 952, que é a primeira escritura da fundación do mosteiro: "in loco qui nuncupatur superato...", en 1238 aparece a forma "superado" e 1199 "Superaddo".

Desván
en castelán en galego é faio, faiado. "


"Sobrado" é a parte alta da casa, primeiro piso, onde está normalmente a vivenda, porque mire ao mellor vostede ten a habitación no faiado pero a maioría dos galegos de aldea, témola no sobrado, no faiado están os trastos.

Se hai algo moito peor que a ignorancia é o cinismo. Non olvide que é de sabios recoñecer os erros.
Vostede dixo "Desván de los monjes" hai probas, cando tiña que dicir SOBRADO DOS MONXES.
Agora repita 100 veces: "Os topónimos non se traducen".




Versión en castelán

Esta es una clase gratis para el conselleiro de cultura gallega.

Mire usted, señor conselleiro, la primera norma que debe usted seguir es no utilizar los traductores autómaticos, ellos no son más que máquinas y si fuera tan sencillo nadie estudiaría idiomas ¿no cree?

En la Galicia hay algunos pueblos que llevan el nombre de Sobrado que según el libro de "Os nomes de lugar" de Fernando Cabeza Quiles su origen viene de "superatu" "elevación, altura", aparece en la documentación antigua como "superato", en un escrito del año 952, que es la primera escritura de la fundación del monasterio: "in loco qui nuncupatur superato...", en 1238 aparece la forma "superado" y 1199 "Superaddo".

Desván en castellano en gallego es faio, faiado.

"Sobrado" es la parte alta de la casa, primer piso, donde está normalmente la vivienda, porque mire a lo mejor usted tiene la habitación en el desván pero la mayoría de los gallegos de aldea, la tenemos en el sobrado, en el desván están los trastos.
Si hay algo mucho peor que la ignorancia es el cinismo. No olvide que es de sabios reconocer los errores.
Usted dijo "Desván de los monjes" hay pruebas, cuando tenía que decir SOBRADO DOS MONXES.
Ahora repita 100 veces: "Los topónimos no se traducen".

lunes, 8 de marzo de 2010

Filomena Dato unha feminista do século XIX


Filomena Dato Muruais naceu en Ourense no ano 1856 morreu na Coruña en 1929.
Foi unha das escritoras máis significativas da denominada literatura feminista da segunda metade do século XIX, non só pola amplitude da súa obra en lingua galega, senón tamén pola súa faceta como oradora en varios foros en defensa das mulleres. Galiza e a muller son temas recorrentes na obra da autora ourensá. A súa carreira literaria comezou en 1891 coa publicación do libro Follatos. Trátase dun conxunto de corenta e cinco poemas, integramente en galego. Esta obra comeza co texto "Defensa das mulleres"—exactamente o mesmo título que o Discurso XVI do Teatro Crítico e Universal (1726-1740) do P. Feixóo—, onde a autora desmonta os tópicos máis frecuentes na súa época sobre as mulleres, recorrendo a figuras como María Pita ou Rosalía de Castro. En 1887 gañou con esta composición o certame de poesía 'Cidade de Ourense' na honra do Padre Feixóo. A súa é unha poesía romántica, descritiva, popular. Na década dos oitenta Filomena Dato converteuse non só nunha poeta profusamente premiada senón, e sobre todo, nunha das voces máis sobranceiras do feminismo galeguista de entre séculos. De feito é a segunda escritora, logo de Rosalía, que publica un libro en galego no século XIX. O seu era un feminismo católico e "racional", como diría Sara Ínsua, ben diferente do feminismo radical e masculino que caracterizaba ás sufraxistas inglesas contemporáneas. Pero, iso si, nos seus escritos e nos seus discursos constátase o protagonismo das mulleres, especialmente das que pertencían ás clases populares, sobre as que escribiu diversos cadros en verso e prosa salientando as súas calidades e a súa difícil situación. Colaborou en diversos xornais como El Heraldo Gallego, Galicia recreativa ou o Álbum literario, onde atopamos numerosas composicións da autora. En 1906, ano da fundación da RAG, foi nomeada académica correspondente xunto con outras literatas contemporáneas como Carmen Beceiro, Emilia Calé, Sofía Casanova, Sarah Lorenzana, Clara Corral Aller...



NEVE (Eu púxena en galego normativo)
Por branca nevada
os campos cubertos


parecen desertos,

tan sós están.

Pobriña da alma
que está máis deserta
de neve cuberta

de inverno e verán!

A neve dos campos
o sol a derrete
e ás veces promete


cosecha mellor,

que baixo da saba
que tanto branquexa

o xérmen latexa



de novo verdor.


A neve da dubida


que cae sobre o peito,

matando de a feito


os xermes vai,

e as santas crenzas
xa nunca florecen,
xamais reverdecen

na alma en que caen
.


Bibliografia: http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=FilDato+1&alias=Filomena+Dato+Muruais&solapa=obras


Versión en castelán

Filomena Dato Muruais nació en Ourense en el año 1856 murió en la Coruña en 1929.

Fue una de las escritoras más significativas de la literatura feminista de la segunda mitad del siglo XIX, no sólo por la amplitud denominada de su obra en lengua gallega, sino también por su faceta como oradora en varios foros en defensa de las mujeres. Galicia y la mujer son temas recurrentes en la obra de la autora ourensana. Su carrera literaria comenzó en 1891 con la publicación del libro Follatos. Se trata de un conjunto de cuarenta y cinco poemas, íntegramente en gallego. Esta obra comienza con el texto "Defensa de las mujeres" -exactamente el mismo título que el Discurso XVI del Teatro Crítico y Universal (1726-1740) del P. Feijóo- donde la autora desmonta los tópicos más frecuentes en su época sobre las mujeres, recurriendo a figuras como María Pita o Rosalía de Castro. En 1887 ganó con esta composición el certamen de poesía 'Ciudad de Ourense' en honra del Padre Feijóo.

La suya es una poesía romántica, descriptiva, popular. En la década de los ochenta, Filomena Dato se convirtió no sólo en una poetisa profusamente premiada sino, y sobre todo, en una de las voces más singulares del feminismo galleguista de entre siglos. De hecho es la segunda escritora, después de Rosalía, que publica un libro en gallego en el siglo XIX. El suyo era un feminismo católico y "racional", como diría Sara Ínsua, bien diferente del feminismo radical y masculino que caracterizaba a las sufragistas inglesas contemporáneas. Pero, eso sí, en sus escritos y en sus discursos se constata el protagonismo de las mujeres, especialmente de las que pertenecían a las clases populares, sobre las que escribió diversos cuadros en verso y prosa destacando sus cualidades y su difícil situación. Colaboró en diversos periódicos como El Heraldo Gallego, Galicia recreativa o el Álbum literario, donde encontramos numerosas composiciones de la autora. En 1906, año de la fundación de la RAG, fue nominada académica corresponsal junto con otras literatas contemporáneas como Carmen Beceiro, Emilia Calé, Sofía Casanova, Sarah Lorenzana, Clara Corral Aller...


NIEVE

Por blanca nevada

los campos cubiertos

parecen desiertos,

tan solos están.

¡Pobrecita del alma

que está más desierta

de nieve cubierta


de invierno y verano!


La nieve de los campos


el sol la derrite

y a veces promete

cosecha mejor,

que bajo la sábana

que tanto blanquea


el germen late

de nuevo verdor.

La nieve de la duda

que cae sobre el pecho,

matando todo seguido

los gérmenes va,

y las santas creencias


ya nunca florecen,

jamás reverdecen

en el alma en que caen.