viernes, 10 de julio de 2009

A Lúa e a rosa








No silencio estrelado
a Lúa daba á rosa
e a aroma da noite
enchíalle -sedenta boca-
o padal do espírito,
que durmindo a súa anguria
abríase ao ceo nocturno
de Deus e a súa Nai toda...

Toda cabelos tranquilos,
a Lúa, tranquila e soa,
acariñaba á Terra
cos seus cabelos de rosa
silvestre, branca, escondida...

A Terra, desde as súas rochas,
exhalaba as súas entrañas
fundidas de amor, a súa aroma...

Entre as silvas, o seu niño,

era outra lúa a rosa,
toda cabelos callados
no berce,a súa corola;
as cabeleiras mexidas
da Lúa e da rosa
e no crisol da noite
fundidas nunha soa...

No silencio estrelado
a Lúa daba á rosa
mentres a rosa se daba
á Lúa, quieta e soa.

Miguel de Unamuno


jueves, 9 de julio de 2009

O polbo dos aneis azuis


Os polbos dos aneis azuis que estarán a facer?
Seguro que estará a pensar "calquera se atreve a darlle un bico a este"



O xardín das pedras flotantes, é unha obra de Manuel Lourenzo González, gañadora do XXV Premio Xerais de Novela(2008), "un relato de amor insólito, extraordinario e pasional entre dous adolescentes, marcado por unha historia confluente de carácter xenealóxico, que arrinca desde a Idade Media ata a actualidade".

Este é o libro que estiven a ler estas dúas últimas semanas, é moi entretido e merece a pena.
Neste relato de varios relatos hai varias referencias a un veleno o do "Polbo dos aneis azuis", teño que confesar que eu nunca tal cousa oíra e pensei que era algo inventado polo autor, pero busqueino no Google é isto foi o que encontrei:
O polbo de aneis azuis (Hapalochlaena maculosa) é unha especie de polbo coñecida polos visíbeis aneis azuis no seu corpo e polo veleno moi poderoso que posúe.Vive nas costas da Australia e é moi pequeno, só 12 cm.

A súa dieta consiste tipicamente de caranguexos pequenos e camaróns, pero pode tamén alimentarse de peixes cando xorde a oportunidade . El salta sobre a presa, mórdea e usa o seu pico para comela aos poucos. Zuga a carne dos crustáceo. En condicións de laboratorio foron vistos en actos de canibalismo, comendo elementos da mesma especie, aínda que isto non sexa observado na natureza.

O seu veleno é un gran cóctel de compostos tóxicos coñecidos como tetrodotoxina, é capaz de matar as vítimas con grande facilidade, sendo unha dose capaz de matar 20 homes.
Ver para crer, co fermoso que é!!!

martes, 7 de julio de 2009

Deucalión e Pirra I




A historia de Deucalión e Pirra comeza despois do Diluvio na Metamorfose I (313-415) de Ovidio. Vou contala por capítulos: Primeiro capítulo (313-366).


1.- Descrición do lugar e presentación dos personaxes


A Fócida separa os campos aonios dos campos acteos, foi terra fértil mentres foi terra, pero daquela era parte do mar, unha ampla chaira de augas inesperadas. Alí un monte empinado sinala cara aos astros con dous cumes, un deles é o Parnaso, cuxo cume chega máis aló das nubes: cando a pequena barca de Deucalión embarrancou alí (xa que a auga cubrira todas as demais cousas) xunto á súa muller, adoran ás Ninfas Coricidas, ás deidades do monte e a fatídica Temis, que daquela rexía os oráculos.

Non houbo home mellor ca el, nin máis amante da xustiza e ningunha muller máis receosa dos deuses ca ela. Cando Xúpiter ve que toda a terra está enlamada e que só un home e unha muller de tantos miles se salvaran, ambos inocentes, adoradores da deidade, disipou as nubes, fixo, axudado de Aquilón, que a choiva parase e amosou as terras ao ceo e os aires á terra. O mar tranquilizouse, e o rei do océano depoñendo a arma de tres puntas chama a Tritón e ordénalle que sopre a súa cuncha que resoa, chamando ás ondas e aos ríos; toma aquel a cóncava buguina, retorta que vai medrando en espiral dende o centro, a buguina cando recibe o aire no medio do océano enche coa súa voz as ribeiras situadas en ambos hemisferios. Así cando a boca do deus, coa súa barba zumégante, tocou as ordes recibidas, oíuse por todas as terras e augas do mar, que se viron obrigadas.

O mar xa ten litoral, o leito encerra aos ríos, as correntes encánanse sobresaen os outeiros, xorden as terras, medran as chairas ao diminuír as augas e despois de pasar o tempo, as fragas amosan os seus cumes espidos e conservan o limo que quedou entre as follas.
O universo estaba restaurado; ao velo baleiro e ás terras abatidas que soportar os profundos silencios, Deucalión saltándolle as bágoas, díxolle a Pirra:

"Irmá, esposa, única muller supervivente, a quen me uniu unha estirpe común e unha orixe emparentada e despois o matrimonio, agora tamén nos unen os mesmos perigros, nós os dous somos todo o que hai na terra dende o occidente ao nacente; o mar está en poder de todas as demais cousas. Nin sequera agora temos a seguridade de que imos seguir con vida; aínda as nubes dan medo só pensar nelas. Se os fados te levasen e a min non, que consolo habería agora para ti, infortunada! de que maneira ti soa poderías soportar o temor? quen te confortaría no teu pranto? Porque eu, podes crerme, se o mar se apoderase tamén de ti, eu seguiríate, esposa, e o mar tamén me tería a min. Ai se puidese restituír os pobos cos meus propios brazos e crear vidas para a terra formada! A especie de mortais agora queda en nós os dous, así o quixeron os deuses! e quedamos como exemplo dos humanos.

Separat Aonios Oetaeis Phocis ab arvis,
terra ferax, dum terra fuit, sed tempore in illo
pars maris et latus subitarum campus aquarum;
Mons ibi verticibus petit arduus astra duobus,
nomine Parnasos, superantque cacumina nubes.
Hic ubi Deucalion, nam cetera texerat aequor,
cum consorte tori parva rate vectus adhaesit,
Corycidas nymphas et numina montis adorant 320
fatidicamque Themin, quae tunc oracla tenebat:
non illo melior quisquam nec amantior aequi
vir fuit aut illa metuentior ulla deorum.
Iuppiter ut liquidis stagnare paludibus orbem
et superesse virum de tot modo milibus unum
et superesse vidit de tot modo milibus unam,
innocuos ambo, cultores numinis ambo,
nubila disiecit nimbisque aquilone remotis
et caelo terras ostendit et aethera terris.
Nec maris ira manet, positoque tricuspide telo 330
mulcet aquas rector pelagi supraque profundum
exstantem atque umeros innato murice tectum
caeruleum Tritona vocat conchaeque sonanti
inspirare iubet fluctusque et flumina signo
iam revocare dato: cava bucina sumitur illi,
tortilis in latum quae turbine crescit ab imo,
bucina, quae medio concepit ubi aera ponto,
litora voce replet sub utroque iacentia Phoebo;
tum quoque, ut ora dei madida rorantia barba
contigit et cecinit iussos inflata receptus, 340
omnibus audita est telluris et aequoris undis.
Et quibus est undis audita, coercuit omnes.
Iam mare litus habet, plenos capit alveus amnes,
flumina subsidunt collesque exire videntur,
urgit humus, crescunt sola decrescentibus undis,
postque diem longam nudata cacumina silvae
ostendunt limumque tenent in fronde relictum.
Redditus orbis erat; quem postquam vidit inanem
et desolatas agere alta silentia terras,
Deucalion lacrimis ita Pyrrham adfatur obortis: 350
'o soror, o coniunx, o femina sola superstes,
quam commune mihi genus et patruelis origo,
deinde torus iunxit, nunc ipsa pericula iungunt,
terrarum, quascumque vident occasus et ortus,
nos duo turba sumus; possedit cetera pontus.
Haec quoque adhuc vitae non est fiducia nostrae
certa satis; terrent etiamnum nubila mentem.
Quis tibi, si sine me fatis erepta fuisses,
nunc animus, miseranda, foret? quo sola timorem
ferre modo posses? quo consolante doleres? 360
namque ego, crede mihi, si te quoque pontus haberet,
te sequerer, coniunx, et me quoque pontus haberet.
O utinam possim populos reparare paternis
artibus atque animas formatae infundere terrae!
Nunc genus in nobis restat mortale duobus.
sic visum superis: hominumque exempla manemus!

lunes, 6 de julio de 2009

GALEGO. PATRIMONIO DA HUMANIDADE


Este é un correo que recibín o Venres día 3 de Xullo


Escríbímosche en nome dunha comisión cidadá que está a promover un chamamento a prol do idioma galego, e ao mesmo tempo quere constituírse en grupo promotor para a elaboración e presentación no Parlamento de Galicia dunha iniciativa lexislativa popular en relación coa oficialidade do idioma galego.
De momento, temos preparado un texto para o manifesto (“GALEGO. PATRIMONIO DA HUMANIDADE”), e posteriormente porémonos a traballar no articulado e organización da iniciativa lexislativa popular.

A presentación do manifesto e das adhesións realizarase o VENRES 10 DE XUÑO de 2009, en VIGO, no salón da Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa s/nº, 1º andar).

A lista definitiva de adhesións pechámola o martes, 7 de xullo, ás 15:00 horas. Por favor, de estardes interesados, é moi importante que confirmedes a vosa adhesión antes desa data neste mesmo correo. Apoiade esta acción a prol do galego. Hai que enviar un mail co voso nome, Dni, e ocupación/titulación a mbragado@xerais.es. que rule!



" Ata hai pouco tempo era un valor compartido, que formaba parte dos consensos básicos sobre os que se articulaba o autogoberno de Galicia, que o idioma galego era merecente dunha especial protección por parte dos poderes públicos. Ese valor partía da subordinación histórica dun idioma que foi sempre o das maiorías populares pero que tamén estivo sempre discriminado ou proscrito, salvo nos períodos en que Galicia e España gozaron da democracia. A liberdade e o dereito ao uso do idioma propio foron historicamente da man.

A pretensión de facer crer nunha inexistente imposición lingüística disimula o intento de liquidación do idioma galego e de supremacía do castelán. Os que tal sosteñen queren evitar a presenza do galego nas súas vidas para pecharse en ámbitos en que o castelán sexa o único idioma. Pero Galicia é unha sociedade na que se falan dúas linguas que, non se pode negar, están en situación de desigualdade, polo que o galego debe recibir unha especial protección. Só así se poderá afirmar que se actúa en xustiza e na procura da igualdade entre os dous idiomas. Esa é a letra e o espírito da Constitución, do Estatuto de Autonomía, e da vixente Lei de Normalización Lingüística. As sentenzas do Tribunal Constitucional así o confirman. Sen embargo, o PP saíu do consenso. Pero gañar unhas eleccións non autoriza a destruír o que é unha das bases da convivencia na nosa sociedade e un dos signos da nosa existencia como país. A sociedade galega que sente aprecio cara a súa lingua -independentemente de cal sexa o idioma no que se expresa usualmente- debe reclamar unha volta do PP a un terreo común.

Tamén mostrar o seu acordo coas políticas de afirmación positiva para o idioma galego, que o propio PP impulsou desde a Xunta, e que non buscan senón a súa protección.

O idioma de Galicia é un patrimonio da humanidade que debemos custodiar e garantir como medio de comunicación e de creación.