jueves, 9 de julio de 2009

O polbo dos aneis azuis


Os polbos dos aneis azuis que estarán a facer?
Seguro que estará a pensar "calquera se atreve a darlle un bico a este"



O xardín das pedras flotantes, é unha obra de Manuel Lourenzo González, gañadora do XXV Premio Xerais de Novela(2008), "un relato de amor insólito, extraordinario e pasional entre dous adolescentes, marcado por unha historia confluente de carácter xenealóxico, que arrinca desde a Idade Media ata a actualidade".

Este é o libro que estiven a ler estas dúas últimas semanas, é moi entretido e merece a pena.
Neste relato de varios relatos hai varias referencias a un veleno o do "Polbo dos aneis azuis", teño que confesar que eu nunca tal cousa oíra e pensei que era algo inventado polo autor, pero busqueino no Google é isto foi o que encontrei:
O polbo de aneis azuis (Hapalochlaena maculosa) é unha especie de polbo coñecida polos visíbeis aneis azuis no seu corpo e polo veleno moi poderoso que posúe.Vive nas costas da Australia e é moi pequeno, só 12 cm.

A súa dieta consiste tipicamente de caranguexos pequenos e camaróns, pero pode tamén alimentarse de peixes cando xorde a oportunidade . El salta sobre a presa, mórdea e usa o seu pico para comela aos poucos. Zuga a carne dos crustáceo. En condicións de laboratorio foron vistos en actos de canibalismo, comendo elementos da mesma especie, aínda que isto non sexa observado na natureza.

O seu veleno é un gran cóctel de compostos tóxicos coñecidos como tetrodotoxina, é capaz de matar as vítimas con grande facilidade, sendo unha dose capaz de matar 20 homes.
Ver para crer, co fermoso que é!!!

2 comentarios:

rivela dijo...

Apunto a recomendación. Ainda que son falego falante sempre me custou ler en galego, pero estouno superando con recomendacións de libros de xente coñecida. bicos

mariajesusparadela dijo...

Xa ves:Para que te fíes dos bonitos(boh, dos machos bonitos, non dos atúns...)