viernes, 19 de agosto de 2011

A reflexión do día



A gaita non cansa máis que a quen a toca, cada quen tócaa como sabe e como entende, se desafina é problema do gaiteiro e se alguén ten problemas que non o escoite, NON É OBRIGATORIO.


Hoxe, hai oito días que naceu Alicia, para os meus tres netos, esta canción de Enrique Bunbury, tamén para os meus seguidores.




Versión en castelán


La gaita no cansa más que a quien la toca, cada quien la toca como sabe, COMO QUIERE y como entiende, si desafina es problema del gaitero y se alguien tiene problemas que no lo escuche, NO ES OBLIGATORIO.


Hoy, hace ocho días que nació Alicia, para mis tres nietos esta canción de Enrique Bunbury, también para mis seguidores.

miércoles, 17 de agosto de 2011

Información de servizo publico





Disque en Madrid hai máis de 200 confesonarios, se alguén quere confesar, só ten que pasar por "El Retiro".
Eu soñei que estaba en "El Retiro" e facía esta foto.


Versión en Castelán

Por lo visto en Madrid hay más de 200 confesonarios, si alguien quiere confesarse, sólo tiene que pasar por "El Retiro".
Yo soñé que estaba en "El Retiro" y hacía esta foto.



lunes, 15 de agosto de 2011

Eu non espero a Bieito XVI, estou ocupada rezándolle aos meus deuses


Están moi moi boas e xa están maduras.



Sémelle, era filla de Cadmo e Harmonía, cando foi seducida por Zeus, este para non asustala, transformouse en mortal, xaceu con ela e a moza quedou encinta. Hera, como non podía ser doutro xeito, quixo castigala; así, ao sexto mes de embarazo visitou á moza disfrazada de vella , aconselloulle que pedise ao seu amante que non a enganase máis e se revelase ante ela coa súa natureza e forma auténtica, porque doutra forma, como podería ter a seguridade de que non era un monstro?

Sémelle, en quen a dúbida botou raíces, lembrou que Zeus lle prometera outorgar todo canto lle pedise, así que seguiu o consello de Hera, curiosa por coñecer o rostro do seu amante.

Zeus, aterrorizado pola petición, pero sen poder negarse, presentouse ante a moza empuñando o trono e os raios, e nese mesmo instante a desventurada rapaza quedou fulminada. Pero Zeus tivo tempo de retirar do ventre da nai ao fillo que esperaba e Hermes, sempre tan oportuno, implantoullo nunha das coxas para que o incubara. Tres meses despois naceu Dionisos/ Baco ("nado dúas veces") da coxa do seu divino proxenitor; por iso ao neno se lle chamou tamén Diméter, "o de dúas nais" .

Logo Perséfone, por encargo de Zeus, levou ao neno e púxoo ao coidado do rei Atamante de Orcómenos e da súa muller Ino (tía de Dionisos) para que o criasen, disfrazado de nena, para que non o atopase Hera. A raíña dos deuses con todo non se deixou enganar e, castigou á parella real facendo que se volvesen tolos.

Zeus transformou a Dionisos nun cabrito e entregouno ao coidado das ninfas do monte Nisa, Macris, Erato, Bromia e Baque, que o coidaron, consentírono e alimentárono. Estando con elas foi precisamente cando descubriu ou inventou o viño, seguramente por indicacións delas. O seu titor naquel retiro foi Sileno, un ancián feo e barrigudo, con fama de sabio e filósofo, borracho incorrixible, logo que o seu pupilo lle deu a probar as excelencias do seu descubrimento, que sen dúbida debía de ser un viño profético, porque din que desde entón vía o pasado e o futuro, aínda que o certo é que nunca volveu a dar un paso polo seu propio pé e facíase trasladar montado nun burro.


Chegado á idade adulta, Hera recoñeceuno e por suposto outra vez usou a súa arma máis letal e fixo que se volvese tolo. Deste xeito, medio mareado e dando tropezóns, o pobre deus percorreu o mundo, introducindo en todos os países o cultivo da vide e a obtención do viño, polo que en todas partes o adoraron.



Versión en castelán


Sémelle, era hija de Cadmo y Armonía, cuando fue seducida por Zeus, éste para no asustarla, se transformó en mortal, yació con ella y la joven quedó encinta. Hera, como no podía ser de otro modo, quiso castigarla; así, al sexto mes de embarazo visitó a la joven disfrazada de vieja , le aconsejó que pidiera a su amante que no la engañara más y se revelara ante ella con su naturaleza y forma auténtica, porque de otra forma, ¿cómo podría tener la seguridad de que no era un monstruo?

Sémele, en quien la duda echó raíces, recordó que Zeus le había prometido otorgar todo cuanto le pidiera, así que siguió el consejo de Hera, curiosa por conocer el rostro de su amante.

Zeus, aterrorizado por la petición, pero sin poder negarse, se presentó ante la chica empuñando el trueno y los rayos, y en ese mismo instante la desventurada joven quedó fulminada. Pero Zeus tuvo tiempo de retirar del vientre de la madre al hijo que esperaba y Hermes, siempre tan oportuno, se lo implantó en uno de los muslos para que lo incubara. Tres meses después nació Dionisos/ Baco ("nacido dos veces") del muslo de su divino progenitor; por eso al niño se le llamó también Diméter, "el de las dos madres" .

Luego Perséfone, bajo encargo de Zeus, llevó al niño y lo puso al cuidado del rey Atamante de Orcómenos y de su mujer Ino (tía de Dionisos) para que lo criaran, disfrazado de niña, para que no lo encontrara Hera. La reina de los dioses, con todo, no se dejó engañar y castigó a la pareja real haciendo que se volvieran locos.

Zeus transformó a Dionisos en un cabrito y lo entregó al cuidado de las ninfas del monte Nisa, Macris, Erato, Bromia y Baque, que lo cuidaron, lo consintieron y lo alimentaron. Estando con ellas fue precisamente cuando descubrió o inventó el vino, seguramente por indicación de ellas. Su tutor en aquel retiro fue Sileno, un anciano feo y barrigudo, con fama de sabio y filósofo, borracho incorregible, luego que su pupilo le dio a probar las excelencias de su descubrimiento, que sin duda, debía de ser un vino profético, porque dicen que desde entonces veía el pasado y el futuro, aunque lo cierto es que nunca volvió a dar un paso por su propio pie y se hacía trasladar montado en un burro.


Llegado a la edad adulta, Hera lo reconoció y por supuesto otra vez usó su arma más letal haciendo que se volviera loco. De este modo, medio mareado y dando traspiés, el pobre dios recorrió el mundo, introduciendo en todos los países el cultivo de la vid y la obtención del vino, por lo que en todas partes lo adoraron.

domingo, 14 de agosto de 2011

Os culpables???



Foto tomada de http://www.xornal.com

Isto xa non é noticia, ocorreu hai dous días, agora mesmo está ocorrendo noutros lugares de Ourense.

Os culpables???

Antes os montes non ardían porque non había cociñas de butano, nin eléctricas, os veciños ían ao monte a buscar leña, para cociñar e quentarse. O abandono do medio rural na década dos sesenta e a chegada doutras enerxías foi a causa de que os montes fosen abandonados.

Disque, aló polos anos sesenta, unha vaga de incendios queimaron a metade dos montes de Ourense, na baiuca da aldea era o tema de conversación, había que buscar ao culpable. Ramón, o Coxo, era todo unha autoridade á hora de opinar, e berrou alto e claro para que ouvisen ben todos e non houbese lugar a algunha dúbida.
-Dixéronme os do tricornio, xa sabedes que eu son a súa man dereita nestas terras, que os que plantaron o lume foron uns Roxos pagados pola URSS. Eles xa están preto de descubrir quen son e non van tardar en pegarlles un tiro a cada un.

Na época de Fraga, os incendios de verán, percorreron de norte a sur e de leste a oeste a Comunidade, daquela os culpables eran os nacionalistas, si, houbo algún político que se atreveu a facer esa acusación. Calquera cousa, menos admitir a parte de culpa que lle corresponde aos que gobernan.

Na etapa do Bipartito, de novo tivemos un verán negro, tan negro que ata Feijóo, daquela na oposición, colleu a mangueira do xardín e vestido para a ocasión, foise apagar o lume acompañado de fotógrafos. Tamén, nese momento, se buscou un culpable e chegouse a conclusión que había que perseguir aos pirómanos e obrigar aos donos dos montes a cortar a maleza, porque o monte limpo, aínda que lle planten lume, non arde.

Elaborouse unha proposta de Lei que serviu para que os do PP (os que agora gobernan) nas eleccións autonómicas fosen polas aldeas dicíndolles aos veciños que se votaban ao BNG íanse quedar sen as súas propiedades. Grazas a isto e outros moitos embustes, entre outras cousas, agora están no poder, XA CHEGARON, E OS MONTES SEGUEN ARDENDO.

Agora din que son os pirómanos, claro, pero pirómanos sempre houbo, non é nada novo.

O pirómano planta o lume e eles, os que gobernan, nin limpan nin obrigan a limpar, os camiños están de novo cheos de maleza, intransitables, reducíronse os medios contra incendio. Este verán parecía que íamos ter sorte, pero de golpe veñen dous días de altas temperaturas e todos vemos como os nosos montes arden.

Non hai cartos para limpar os montes, non hai cartos para educación, non hai cartos para sanidade, non hai cartos...

Pero organizamos visitas do papa, queimamos euros a montóns en propagandas partidistas, seguimos cos coches oficiais, pelexamos todos os días porque se chega ou non chega o AVE e mentres arde Galicia e nas próximas eleccións oiremos que foi Zapatero, Rubalcaba ou os nacionalistas os que acenderon a mecha.





Versión en castelán

Esto ya no es noticia, ocurrió hace dos días, ahora mismo, está ocurriendo en otros lugares de Ourense.

Los culpables???

Antes los montes no ardían porque no había cocinas de butano, ni eléctricas, los vecinos iban al monte a buscar leña, para cocinar y calentarse. El abandono del medio rural en la década de los sesenta y la llegada de otras energías fue la causa de que los montes fuesen abandonados.

Por lo visto, allá por los años sesenta, una ola de incendios quemaron la mitad de los montes de Ourense, en la taberna de la aldea era el tema de conversación, había que buscar al culpable. Ramón, el Coxo, era todo una autoridad a la hora de opinar, y gritó alto y claro para que oyeran bien todos y no hubiese lugar a ninguna duda.
-Me dijeron los del tricornio, ya sabéis que yo soy su mano derecha en estas tierras, que los que provocaron el fuego fueron unos Rojos pagados por la URSS. Ellos ya están a punto de descubrir quién son y no van a tardar en pegarles un tiro a cada uno.

En la época de Fraga, los incendios de verano, recorrieron de norte a sur y de este a oeste la Comunidad, en esta ocasión los culpables eran los nacionalistas, sí, hubo algún político que se atrevió a hacer esa acusación. Cualquier cosa, menos admitir la parte de culpa que le corresponde a los que gobiernan.

En la etapa del Bipartito, de nuevo tuvimos un verano negro, tan negro que hasta Feijóo, entonces en la oposición, cogió la manguera del jardín y vestido para la ocasión se fue a apagar el fuego acompañado de fotógrafos. También, en ese momento, se buscó un culpable y se llegó a conclusión que había que perseguir a los pirómanos y obligar a los dueños de los montes a cortar la maleza, porque el monte limpio, aunque le planten fuego, no arde.

Se elaboró una propuesta de Ley que sirvió para que los del PP (los que ahora gobiernan) en las elecciones autonómicas fueran por las aldeas diciéndoles a los vecinos que si votaban al BNG se iban a quedar sin sus propiedades. Gracias a esto y otros muchos embustes, entre otras cosas, ahora están en el poder, YA LLEGARON, Y Los MONTES SIGUEN ARDIENDO.

Ahora dicen que son los pirómanos, claro, pero pirómanos siempre hubo, no es nada nuevo.

El pirómano planta el fuego y ellos, los que gobiernan, ni limpian ni obligan a limpiar, los caminos están de nuevo llenos de maleza, intransitables, se redujeron los medios contra incendio. Este verano parecía que íbamos a tener suerte, pero de golpe vienen dos días de altas temperaturas y todos vemos como nuestros montes arden.

No hay dinero para limpiar los montes, no hay dinero para educación, no hay dinero para sanidad, no hay dinero...

Pero organizamos visitas del papa, quemamos euros a montones en propagandas partidistas, seguimos con los coches oficiales, peleamos todos los días porque si llega o no llega el AVE y mientras, arde Galicia y en las próximas elecciones oiremos que fue Zapatero, Rubalcaba o los nacionalistas los que encendieron la mecha.