martes, 18 de septiembre de 2012

"No tempo de María Castaña"







É unha fórmula que fai referencia aos  tempos míticos, antes da historia e antes do patriarcado. É exactamente equivalente a "cando os animais falaban" e outras formas de introdución aos contos marabillosos como "cando os pitos tiñan dentes" (bretona) ou "cando os gatos tiñan zapatos" (eslava) ou "érase unha vez", "moito antes ca nós".

Hai quen afirma que María Castaña non é polo tanto, un personaxe histórico, no senso en que adoita entenderse, senón que é un personaxe mítico.

Dende logo, foi alguén anterior ao cristianismo e talvez á propia Roma. Auburn Mary, protagonista do relato británico "A batalla dos paxaros" é unha tradución  exacta, María Castaña, Auburn, cor "castaña avermellada", como as das castañas en certa época. O relato nesta forma procede de Escandinavia e de alí pasou aos países celtas e baixou ata o Mediterráneo. Pero o relato é máis vello.

Auburn lembra moito o noso ebúrneo, de ebur, "marfil". Efectivamente, auburn, no vello inglés, foi primeiro branco, despois castaño. María Castaña foi antes María Branca ou o que é o mesmo Brancaflor, a filla do demo. Pero o demo é un pai putativo, en realidade, é de antonte. María Castaña é máis vella có seu pai. O relato coincide punto a punto co de Xasón e Medea, a neta do Sol, a que Xasón foi buscar ao mesmo inferno, ao cabo do mundo. Así pois Medea é o mesmo que María Castaña e que Brancaflor.

O mesmo relato existe entre os xermanos (A Doncela Autoritaria), entre os indios, entre os eslavos, entre os arios, entre os malgaxes, entre os indonesios e os polinesios: María Castaña, Brancaflor, é o máis antigo dos personaxes deste libro.

E por que é branca ou castaña? Porque antes foi a deusa da morte, dos infernos, Hella (filla de Loki), Ana (os anaon son os mortos na Bretaña), Perséfone, Diana, a Deusa Mai, a Deusa Triple, a Deusa Branca, na súa personalidade infernal. Os tempos de María Castaña son os tempos do matriarcado primordial.
Bibliografía : Dicionario dos seres MÍTICOS GALEGOS, Xoán R. Cuba, A. Reigosa, Xosé Miranda
                            Editorial Xerais



Versión en castelán
 
Es una fórmula que hace referencia a los  tiempos míticos, antes de la historia y antes del patriarcado. Es exactamente equivalente a "cuando los animales hablaban" y otras formas de introducción a los cuentos maravillosos cómo "cuando los pollitos tenían dientes" (bretona) o "cuando los gatos tenían zapatos" (eslava) o "érase una vez", "mucho antes que nosotros".

Hay quien afirma que María Castaña no es por lo tanto, un personaje histórico, en el sentido en que suele entenderse, sino que es un personaje mítico.

Desde luego, fue alguien anterior al cristianismo y tal vez a la propia Roma. Auburn Mary, protagonista del relato británico "La batalla de los pájaros" es una traducción  exacta, María Castaña, Auburn, color "castaño rojiza", como el de las castañas en cierta época. El relato en esta forma procede de Escandinavia y de allí pasó a los países celtas y bajó hasta el Mediterráneo. Pero el relato es más viejo.

Auburn recuerda mucho nuestro ebúrneo, de ebur, "marfil". Efectivamente, auburn, en el antiguo inglés, fue primero blanco, después castaño. María Castaña fue antes María Blanca o lo que es lo mismo Blancaflor, la hija del diablo. Pero el diablo es un padre putativo, en realidad, es de anteayer. María Castaña es más antigua que  su padre. El relato coincide punto a punto con el de Jasón y Medea, la nieta del Sol, la que Jasón fue a buscar al mismo infierno, al fin del mundo. Así pues Medea es lo mismo que María Castaña y que Blancaflor, es lo más antiguo de los personajes de este libro.

El mismo relato existe entre los germanos (La Doncella Autoritaria), entre los indios, entre los eslavos, entre los arios, entre los malgaches, entre los indonesios y los polinesios: María Castaña, Blancaflor.

Y porque es blanca o castaña? Porque antes fue la diosa de la muerte, de los infiernos, Hella (hija de Loki), Ana (los anaon son los muertos en la Bretaña), Perséfone, Diana, la Diosa Madre, la Diosa Triple, la Diosa Blanca, en su personalidad infernal. Los tiempos de María Castaña son los tiempos del matriarcado primordial.