miércoles, 25 de marzo de 2009

As verzas

Esta é a xefa e vixia da horta


Así de floridas están as miñas verzas

R
efraneiro das verzas
Se queres ó teu marido matar, dálle verzas por San Xoán.
As verzas en outono comen ao seu dono.
No outono as verzas xas pode comer o seu dono.
Planta as verzas polo San Martiño e plantarás para ti e para o vecino.
Cal de verzas, cal de papas, ataquemos as barazas.
As verzas de Fontán cóllense por san Sebaschán
As verzas por xaneiro saben a carneiro.
Avezouse o boi ás
verzas, non deixou verdes nin secas
Verzas de marzo, cesta no brazo


Fraseoloxía

andar na verza:Estar despistado
estar na horta e non ver as verzas: Non decatarse, non darse conta de nada
estar coma o unto ás verzas: estarlle tan ben coma se nacera nela; asentar como unha luva

Cantiga
Galiña que non pon ovos
é como moza sen dote,
é
como horta sen verzas,
é
como lume sin pote.

A verza é unha variedade de col (Brassica oleracea var. acephala), de toco bastante alto e follas longas, usada no caldo de verzas da Galiza e Portugal e tamén na confección da sopa coñecida como caldo verde típica de Portugal.

Caracterízase (e de aí o nome da variedade, acephala) porque as follas non forman a cabeza terminal típica das coles, senón que van nacendo ao longo do talo ou canoto.

Cultivo

Prefere climas fríos en vez de climas tropicais. Constitúe a variedade máis robusta de couve, tendo algunha caules subleñosos. Tolera case todo o tipo de solos, preferindo terreos con drenaxe satisfactoria -os terreos moi húmidos provocan a putrefacción das raíces que forman tubérculos como síntoma-. Son tamén moi resistentes ás pragas, como a mosca da col(Delia radicum), aínda que as larvas da bolboreta da col tamén provoquen algúns estragos nos cultivos.

Historia

Até o final da Idade Media, a verza constituía a verdura mais utilizada en Europa. Na Grecia xa se consumían variedades crespas ou máis lisas, no século IV a. C. Estas, xa referidas polos antigos romanos como couve sabeliana, son consideradas as formas ancestrais das verzas actuais. Hoxe pódense diferenciar de acordo coa lonxitude do caule e polas características das follas. A cor das follas varía entre o glauco, verde-escuro, verde-violáceo ou castaño-violeta.

Son vexetais ricos en ferro e vitamina C e calcio. Debido ao seu valor nutricional, é un dos alimentos preferidos dos vexetarianos

De Vitiis Hominum

imaxe tomada da internet


Fedro nunha das súas fábulas, fala dos vicios dos homes




Peras imposuit Iuppiter nobis duas

Xupiter impúxonos dúas alforxas

propiis repletam vitiis post tergum dedit,
a chea de vicios propios colocouna ás costas


alienis ante pectus suspendit gravem

a cargada dos alleos colgouna diante do peito

Hac re videre nostra mala non possumus,
Por isto ver os nosos males non podemos

alii simul delinquunt, censores sumus.
en canto os outros erran, somos censores.

lunes, 23 de marzo de 2009

O Pexegueiro ou melocotoeiro

Así de fermosos están os meus pexegueiros


Etimoloxía: pexego (latín: persicu(m)).

O pexegueiro é unha pequena árbore froiteira caducifolia, con polas que, normalmente, nacen moi preto do chan, por mor das podas que se lle fan ao longo do seu crecemento.

As follas do pexegueiro, aínda que varían un pouco dunha variedade a outra, adoitan ser simples e de forma lanceolada, de cor verde brillante, cunha punta bastante fina e alargada e a marxe finamente aserrado.

Ao comezo de primavera florecen ofrecendo unhas fermosas flores de cor rosáceo, que pode chegar a vermello. Aparecen solitarias ou en parellas, e bastante pegadas aos talos, pero sempre en gran cantidade, o que lle dá un aspecto espectacular.

O froito desta árbore, o apreciado pexego, que varia na súa cor (desde amarelo a vermello-granate) e no seu tamaño e no seu sabor (normalmente doce pero con matices) segundo a variedade. Este posúe un óso duro e rugoso que contén unha améndoa amarga no seu interior.

Orixinariamente críase que proviña de Persia (de aí o nome) pero actualmente considérase orixinario de China, sendo logo introducido en Persia e desde aí á rexión mediterránea a través da Ruta da Seda.

É a árbore dos inmortais, e o pexego a froita da inmortalidade na mitoloxía e a tradición chinesa e forma parte central de practicas relixiosas e máxicas. O pexego protexe do trono, cunha vara de pexegueiro practícanse exorcismos, unha pequena forquita de melocotoeiro é utilizada polos agoireiros para debuxar os caracteres que forman oráculos. Por ano novo os chineses colocan pequenas figuras de melocotoeiro encima das portas por asustar os malos espíritos e as influencias malignas.

Está tamén asociado ao matrimonio e en Xapón cada ano as festas da flor do pexegueiro /melocotoeiro (símbolo tamén da primavera), denominada Momo, concédenlle unha noción de fidelidade e pureza. Shao-lao, o deus da lonxevidade, preséntase cun pexego na man. Numerosos mitos taoístas chineses consideran o zume do pexego a base do elixir da vida.