martes, 23 de marzo de 2010

A Semana de Ciberculturalia


Estas son as fotos de cabeceira de Ciberculturalia que tamén aparecen no outro blogue de Carmen, Ciberimaginalia "imaxes para soñar, para admirar, para vivir" son palabras da autora.

Versión en galego (más abajo versión en castellano)

Todas as mañás, cando me levanto da cama, ás 7,30 ( máis ou menos), acendo o ordenador, tomo o primeiro café do día ao mesmo tempo que leo os xornais dixitais e as entradas que se publicaron nos blogues dos que son seguidora. Unha das entradas que encontro case todos os días é a de Carmen no seu blogue Ciberculturalia, sempre tocando temas importantes como o nome do blogue indica


Visitar Ciberculturalia é algo máis que ler un blogue, porque se tivésemos que dar unha clasificación, teriamos que dicir que é a Enciclopedia dos blogues que trata de Política, Actualidade, Opinión, Lectura, Fotografía Música, Viaxes, Curiosidades...e moitas cousas máis

Para min non é unha tarefa fácil elixir entre a grande variedade de temas que conteñen as súas entradas, a calidade de todas supérame.


Vou apostar por dúas entradas para presentar Ciberculturalia:

Unha é "Derecho al delirio" onde nos invita a delirar ao carón de Eduardo Galeano, que di: Que tal si empezamos a exercer o xamais proclamado dereito de soñar? Que tal si deliramos, por un intre? Imos cravar os ollos máis aló da infamia, para adiviñar outro mundo posible.
Non me queda moito que dicir, só que cliquedes no enlace e todos a SOÑAR. Como di Carmen " para descansar, para esquecer, para renacer con forza, para non desfalecer a causa de tanto desacougo, tanto lixo, tanta desvergoña, tanto pesadume..."


A outra entrada que vou recomendar é a que autora titula "Adiós ríos, adiós fontes", nela fala da Grande Manifestación onde participou a maioría do pobo galego, contra o goberno da Xunta, porque quere aniquilar a nosa lingua. Aquí podemos tamén encontrar o poema de Rosalía de Castro, do mesmo título, na voz de Amancio Prada.

Agora eu adícolle un fragmento dese mesmo poema a Carmen e a todos os seguidores, na voz de Joan Baez, a raíña da canción protesta, unha muller que segundo di a protagonista desta homenaxe, noutra das súas entradas, sempre loitou polos desfavorecidos, unha muller comprometida; así canta a Rosalía.



Vamos!, todos xuntos a delirar con Eduardo Galeano e Carmen.

Todos a SOÑAR...
e GRAZAS CARMEN por berrar cos galegos.

QUEREMOS GALEGO!






Versión en castelán

Todas las mañanas, cuando me levanto de la cama, a las 7,30 (más o menos), enciendo el ordenador y tomo el primer café del día, al mismo tiempo que leo los diarios digitales y las entradas que se publicaron en los blogs de los que soy seguidora. Una de las entradas que encuentro casi todos los días es la de Carmen en su blog Ciberculturalia, siempre tocando temas importantes, como el nombre del blog indica

Visitar Ciberculturalia es algo más que leer un blog, porque si tuviésemos que dar una clasificación, tendríamos que decir que es la Enciclopedia de los blogs que trata de Política, Actualidad, Opinión, Lectura, Fotografía, Música, Viajes, Curiosidades... y muchas cosas más.

Para mi no es una tarea fácil elegir entre la gran variedad de temas que contienen sus entradas, la calidad de todas me supera.

Voy a apostar por dos entradas para presentar Ciberculturalia:

Una es "Derecho al delirio" donde nos invita a delirar junto con Eduardo Galeano, que dice: ¿Qué tal si empezamos a ejercer el jamás proclamado derecho de soñar? ¿Qué tal si deliramos, por un ratito? Vamos a clavar los ojos más allá de la infamia, para adivinar otro mundo posible.

No me queda mucho que decir, sólo que cliqueis en el enlace y todos a SOÑAR. Como dice Carmen " para descansar, para olvidar, para renacer con fuerza, para no desfallecer a causa de tanta desazón, tanta basura, tanta desvergüenza, tanta pesadumbre.."

La otra entrada que voy a recomendar la titula "Adiós ríos, adiós fontes", en ella habla de la Gran Manifestación donde participó la mayoría del pueblo gallego, contra el gobierno de la Xunta, porque quiere aniquilar nuestra lengua. Aquí podemos también encontrar el poema de Rosalía de Castro, del mismo título, en la voz de Amancio Prada.

Ahora yo os dejo un fragmento de ese mismo poema, para Carmen y para todos los seguidores, en la voz de Joan Baez, la reina de la canción protesta, una mujer que como dice la protagonista deste homenaje, en otra de sus entradas, siempre luchó por los desfavorecidos, una mujer comprometida; así canta a Rosalía.




¡Vamos!, todos a delirar con Eduardo Galeano y Carmen.
Todos juntos a SOÑAR... y GRACIAS CARMEN por gritar con los gallegos.


¡QUEREMOS GALEGO!