Dorian dando uns pasos de baile
Un tulipán no xardín
Acivro en flor
Non sei como se chama pero está moi bonita
Marcial describe a veces dunha forma rexoubeira, a veces mordaz a Roma na que vivía e deambulaba, molesto polos ruídos, os chismes da xente e as intrigas das altas capas da sociedade. A súa poesía presenta unha visión descarnada da sociedade na que lle tocou existir.
Queres saber a razón de que a miúdo me vaia á miña pequena finca, á reducida casa que en Nomento posúo?, nin para meditar, Esparso, nin para descansar o pobre ten lugar na cidade (en Roma). Negan a vida(Impiden vivir) os pedagogos, pola mañá, e pola noite, panadeiros; e durante a xornada, caldeireiros cos seus golpes. Aquí o ocioso cambiador sacude a mesa, coas moedas cuñadas no imperio de Nerón, alí o mallador bate areas de ouro de hispania cunha limpa vara sobre unha pedra gastada . Nin o balbordo nin a inacabable leria da turba fanática
que á Belona rende o seu culto; nin a voz penetrante do náufrago co tronco recuberto por unha faixa. O sabio xudeu pedindo mendicante, adoutrinado pola súa nai en tales mañas; o do mercador que vende palliñas para as lámpadas. Quen as horas que se perden de sono en Roma contase, podería dicir o número das mans que machucan sonoros bronces, querendo á lúa así enfeitizar.
Ti, Esparso, ignoras todo isto; ti disto non sabes nada, ti que gozas, sibarita, de Petilio o rico alcázar, cuxa azotea domina os outeiros contiguos. ti, no medio de Roma mesma, tes a túa rica campaña; o teu viñedo é romano, e as teus viñas regaladas son no outono tan fértiles cal as que en Falerno se achan.
Sen saír do teu pazo, podes correr ás túas anchas no teu carro, nel ti podes (pois só cando che prace, penetra o día) entregarte ao soño e doce galbana que non vén á interromperte a máis leve voz humana.
Mais ao meu gozar de sono non deixan os risos da turba transeúnte, e toda Roma se acha próxima á miña cabeceira; así que cada vez que, vencido polo sono,
quero durmir, vou ao meu casal.
Liber XII, Epigrammaton LVII
Cur saepe sicci parva rura NomentiLaremque villae sordidum petam, quaeris?
Nec cogitandi, Sparse, nec quiescendi
In urbe locus est pauperi. Negant vitam
Ludi magistri mane, nocte pistores, 5
Aerariorum marculi die toto;
Hinc otiosus sordidam quatit mensam
Neroniana nummularius massa,
Illinc balucis malleator Hispanae
Tritum nitenti fuste verberat saxum; 10
Nec turba cessat entheata Bellonae,
Nec fasciato naufragus loquax trunco,
A matre doctus nec rogare Iudaeus,
Nec sulphuratae lippus institor mercis.
Numerare pigri damna quis potest somni? 15
Dicet quot aera verberent manus urbis,
Cum secta Colcho Luna vapulat rhombo.
Tu, Sparse, nescis ista, nec potes scire,
Petilianis delicatus in regnis,
Cui plana summos despicit domus montis, 20
Et rus in urbe est vinitorque Romanus
Nec in Falerno colle maior autumnus,
Intraque limen latus essedo cursus,
Et in profundo somnus, et quies nullis
Offensa linguis, nec dies nisi admissus. 25
Nos transeuntis risus excitat turbae,
Et ad cubilest Roma. Taedio fessis
Dormire quotiens libuit, imus ad villam.