jueves, 16 de abril de 2009

Comeuno o gato!!!

Un cura dunha aldea galega vía moi disgustado como os fregueses deixaban de ir á misa e non sabía que cousas facer nin como predicar para que volvesen a cumprir coma bos cristiáns. Cada día era máis grande a súa inquietude e non deixaba de cismar día tras día, como dar co remedio.
Un día ocorréuselle algo e parecéndolle boa idea, anunciou desde o púlpito que tivera un aviso de Deus e que o domingo seguinte ía haber un milagre, pois o Espírito Santo baixaría a terra para saber que fregueses ían a misa e cales non.
O sancristán que era un pouco babeco ao marcharen os fregueses preguntoulle ao cura:
-E logo, señor cura! Vostede como vai facer para que baixe o Espírito Santo?
O cura díxolle rindo:
-Non teñas coidado, home, xa o verás na súa hora! Mentres vas ir á feira, e sen que vexa ningún veciño, mercas unha pomba ben branca e tráesma agochada.
Chegado o día do milagre, a igrexa estaba chea, rematada a misa o señor cura dixo o seu sermón como era costume e falou de como os seus fregueses por seren tan desleixados ían todos camiño de condenarse. Engadiu tamén que ao ir ese domingo á misa o Espírito Santo había de velos cando chegase e daquela el había pedirlle que os perdoase, porque aínda que eran un pouquiño deixados, non eran malos cristiáns e rematou pedíndolle a Deus que enviase ao Espírito Santo.
Cando o señor cura deixou de falar oíronse moitos ruídos no faiado da igrexa. Os fregueses tremeron pensando que ía ocorrer o que dixera o cura, pero o Espírito Santo non baixou como eles agardaban.
O señor cura seguía a pedir unha e outra vez que o Espírito Santo baixase e entón apareceu o sancristán no alto da igrexa.
-Ai, señor cura! E como vai baixar?, ao Espírito Santo comeuno o gato.


"Antoloxía do conto popular galego" de Henrique Harguindey e Maruxa Barrio


miércoles, 15 de abril de 2009

A AMIZADE



Hoxe estou morriñenta, aí vai un fragmento "De amicitia" de Cicerón, o mesmo que o autor eu tamén considero que o máis importante nas nosas vidas é a AMIZADE

Pero a amizade non é outra cousa, senón o acordo en todas as cousas divinas e humanas, con benevolencia e amor, non sei certamente se algo mellor ca ela foi dado ao home polos deuses inmortais, a excepción da sabedoría. Outros prefiren as riquezas, outros a boa saúde, outros o poder, outros os honores, moitos ata os praceres. Isto último (é propio) das bestas; pero aquelas cousas citadas anteriormente (son) caducas e incertas, baseadas non tanto na nosa prudencia como no capricho da fortuna.


Est autem amicitia nihil aliud, nisi omnium divinarum humanarumque rerum cum benevolentia et caritate summa consensio; qua quidem haud scio an, excepta sapientia, quidquam melius homini sit a diis immortalibus datum. Divitias alii praeponunt, bonam alii valetudinem, alii potentiam, alii honores, multi etiam voluptates. Beluarum hoc quidem extremum est; illa autem superiora caduca et incerta, posita non tam in consiliis nostris, quam in fortunae temeritate.
Cicerón, De amicitia VI, 20.

lunes, 13 de abril de 2009

O cuco e a abella


imaxe tomada da rede

Xa hai uns días que chegou o Cuco.
O deus Zeus transformouse en Cuco para confundir a Hera e así poder poseela.Era inverno e cando Hera tomou ao cuco nas súas mans para protexelo do frío, Zeus recuperou a súa verdadeira forma e violouna. Logo deste encontro Hera e Zeus casaron e Hera pasa a ser a raíña indiscutible do Olimpo


CANTA CUCO OU CALA CUCO:
EU XA NON TE CREO
DESQUE SEI QUE VAS POÑER
O TEU OVO EN NIÑO ALLEO.
DESDEIXADO E PREGUICEIRO,
TAN SÓ PENSAS EN FOLGAR.
SOAMENTE DIS DÚAS NOTAS
E XA TES QUE DESCANSAR!
Manuel María



Estas fotos fíxenas esta fin de semana
A ABELLA E O CUCO

Saíndo da abellariza,
dixo ao Cuco a Abella:
«Cala, porque non me deixa
a túa ingrata voz traballar.
Non hai ave tan amoladora
no cantar como ti:
cucú, cucú e máis cucú,
e sempre unha mesma cousa»

«Cánsate o meu canto igual?
(o Cuco respondeu).
Pois de seguro non acho eu
variedade na túa panal.
E pois que do propio modo
fabricas un que cento,
se eu nada novo invento,
en ti é vellísimo todo.»
A isto a abella replica:

«Na obra de utilidade,
a falta de variedade
non é o que máis prexudica;
pero en obra destinada
só ao gusto e diversión,
se non é varia a invención,
todo o demais é nada.»
TOMÁS DE IRIARTE