lunes, 13 de abril de 2009

O cuco e a abella


imaxe tomada da rede

Xa hai uns días que chegou o Cuco.
O deus Zeus transformouse en Cuco para confundir a Hera e así poder poseela.Era inverno e cando Hera tomou ao cuco nas súas mans para protexelo do frío, Zeus recuperou a súa verdadeira forma e violouna. Logo deste encontro Hera e Zeus casaron e Hera pasa a ser a raíña indiscutible do Olimpo


CANTA CUCO OU CALA CUCO:
EU XA NON TE CREO
DESQUE SEI QUE VAS POÑER
O TEU OVO EN NIÑO ALLEO.
DESDEIXADO E PREGUICEIRO,
TAN SÓ PENSAS EN FOLGAR.
SOAMENTE DIS DÚAS NOTAS
E XA TES QUE DESCANSAR!
Manuel María



Estas fotos fíxenas esta fin de semana
A ABELLA E O CUCO

Saíndo da abellariza,
dixo ao Cuco a Abella:
«Cala, porque non me deixa
a túa ingrata voz traballar.
Non hai ave tan amoladora
no cantar como ti:
cucú, cucú e máis cucú,
e sempre unha mesma cousa»

«Cánsate o meu canto igual?
(o Cuco respondeu).
Pois de seguro non acho eu
variedade na túa panal.
E pois que do propio modo
fabricas un que cento,
se eu nada novo invento,
en ti é vellísimo todo.»
A isto a abella replica:

«Na obra de utilidade,
a falta de variedade
non é o que máis prexudica;
pero en obra destinada
só ao gusto e diversión,
se non é varia a invención,
todo o demais é nada.»
TOMÁS DE IRIARTE

5 comentarios:

Hada Isol ♥ dijo...

Me ha encantado todo las fotos de la abeja son preciosas,la historia de Zeus no la sabía,y el poema al final que lindo es,sabes siempre vengo pero el traductor no me traduce bien y como entiendo nada elijo no comentar,hoy lo entendí todo y estoy feliz! te dejo un fuertissimo abrazo,todo es bello en tu blog!

mariajesusparadela dijo...

E pode que os políticos aprendan que cando unha cousa útil está ben feita, ainda que a fixera a oposición non hai que deixar de mantela...pero os políticos solo entenden das fábulas que eles mesmos crean, para acadar votos...

Dilaida dijo...

HADA ISOL gracias por dejar el comentario, siento que no funcione bien el traductor, intentaré mejorarlo. A ver si se puede.


María Jesús píllasme en todas. Cu-cú, cu-cú...a maioría son coma o cuco.

Juan Antonio dijo...

E se un día levántasche e ves todos os teus soños cumpridos, que farías? Esqueceríasche de como eras? Esqueceríasche dos teus amigos? Esqueceríasche do meu? Esqueceríasche daqueles ollos? Apagarías a miña luz? Os meus soños están cumpridos, porque chove outra vez, porque teño aos meus amigos , porque me seguen os teus ollos. E o que brilla con luz propia ninguén o pode apagar. E se a música acábase? Pois volvería soñar.
Bicos
¿ como foron a vacacións?

Dilaida dijo...

Juan Antonio, se un día me levanto e vexo os meus soños cumpridos, eu seguiría a soñar, soñar e soñar... sempre queda algo polo que soñar. Ninguén (creo) se pode esquecer do que foi antes, a vida vai cambiando e ti cambias con ela, pero non esqueces nada. O que pasa é que segundo sexa a etapa de vida na que te atopes ves as cousas de distinta maneira e as prioridades que tivemos noutros tempos deixan paso a outras no presente que xa non serán no futuro.
Cando acaba unha música o mellor é substituíla por outra, aínda que sexa doutro estilo...ao principio costa un pouco, pero despois dun tempo, vai soar aos nosos oídos tan ben coma anterior.
As vacacións foron frías e con choiva, pero puiden reunir a todos os meus e disfrutar un pouquiño de Samuel o meu neto.
Bicos