jueves, 29 de noviembre de 2012

Espero ver a aurora sorrinte


Dicía Khalil Gibran: 
No corazón de todos os invernos vive unha primavera latexante, e detrás de cada noite, vén unha aurora sorrinte.


Días de probas médicas, visitas á oncóloga e agora, dende hoxe ata o mércores, descansar e esperar.

 O mércores comeza a guerra química.

Os que entenden disto, considerando a miña situación e vendo que o exercito inimigo anda moi ben equipado e ten moitos soldados preparados, decidiron que o ataque sería o máis forte posible. Había que elixir entre dous tratamentos de nomes case impronunciables e a min tocoume o chamado FOLFOXIRI+bevacizumab.
Mellor non comento todas as contraindicacións que aparecen nas folliñas que tiven que asinar para que poidan introducilo nas miñas veas. Claro que a doutora para animarme, díxome "non te preocupes a aspirina tamén ten contraindicacións".



Versión en castelán

Decía Khalil Gibran:


En el corazón de todos los inviernos vive una primavera palpitante, y detrás de cada noche, viene una aurora sonriente.


Días de pruebas médicas, visitas a la oncóloga y ahora, desde hoy hasta el miércoles, descansar y esperar.

 El miércoles comienza la guerra química.

Los que entienden de esto, considerando mi situación y viendo que el ejercito enemigo anda muy bien equipado y tiene muchos soldados preparados, decidieron que el ataque sería el más fuerte posible. Había que elegir entre dos tratamientos de nombres casi impronunciables y a mí me tocó el llamado FOLFOXIRI+bevacizumab.
Mejor no comento todas las contraindicacións que aparecen en las hojas que he tenido que firmar para que puedan introducirlo  en mis venas. Claro que la doctora para animarme, me dijo "no te preocupes la aspirina también tiene contraindicacións".

martes, 20 de noviembre de 2012

Hoxe vai de agasallos

Esta foto é miña e tamén é para todos





Isto foi un agasallo do blogo leoeosseus. 

Creo que as normas son que eu lle tería que adicar este agasallo a cinco blogos, dos que son seguidora e que considero que son merecentes del. 

Gustaríame "por unha vez", se mo permitides, romper as normas preestablecidas e poder adicalo a cada un dos me seguen e sigo e como sodes moitos para nomear, espero que me perdoedes que non poña o enlace de todos vós.


Versión en castelán

Esto fue un regalo del blog leoeosseus.

Creo que las norma es que yo le tendría que dedicar este regalo a cinco blogs, de los que soy seguidora y que considero que son merecedores de él.

Me gustaría "por una vez", si me lo permitís, romper las normas preestablecidas y poder dedicarlo a cada uno de los me siguen y sigo y como sois muchos para nombrar, espero que me perdonéis que no ponga el enlace de todos vosotros.

domingo, 11 de noviembre de 2012


Hoxe é o día de san Martiño, o patrón de Ourense. Día de magostos, as castañas son as protagonistas, pero tamén os chourizos asados, as sardiñas e o viño. Aquí na capital, a xuventude sobe ao Montealegre e alí seguindo a tradición de hai moitos anos tratan de pasalo o mellor posible.

Mentres eu intentando recuperarme da operación e tratando de asimilar (porque aínda non o fixen totalmente) todo o que me espera a partir de agora.
Como vos contei na entrada anterior o luns día 5 tiña visita ao oncólogo, foi só para coñecernos e cambiar impresións e tamén para que, por orde del, o martes me colocasen un "reservorio" (unha especie de dispositivo que serve, entre outras cousas, para introducir a quimio no sangue. O venres de novo tiña visita ao oncólogo, pero o doutor que me leva non estaba e recibiume unha doutora que me propuxo un tratamento alternativo. Trátase dun estudo clínico que se está a facer a nivel nacional, patrocinado por distintos laboratorios. É un estudo personalizado, chámase VISNU_cribado, e máis ou menos tratarían de estudar " os marcianos malignos" que invadiron o meu organismo e atacalos segundo a resistencia e as características que eles presenten.

Eu saín convencida da entrevista, e teño claro que vou firmar os papeis, estou convencida que se ese estudo non serve para axudarme a min, no futuro quizais axude a outras persoas e para min iso é máis que suficiente. Así que o martes irei entregar a autorización e se todo marcha como a doutora me explicou, comezaríamos a quimio na seguinte semana ou na outra, porque hai que darlle un tempo á operación que cure ben e antes hai que facer un estudo das células canceríxenas no sangue e un TAC.

E ata aquí a crónica da miña guerra particular, perdoade que non poda aínda falar doutras cousas máis interesantes, pero nestes intres só podo falar disto.
 
Grazas a todos por darme ánimos, por deixar un comentario neste blogue e pídovos perdón por facervos perder o tempo co meu problema.


Versión en castelán

Hoy es el día de san Martín, el patrón de Ourense. Día de magostos, las castañas son las protagonistas, pero también los chorizos asados, las sardinas y el vino. Aquí en la capital, la juventud sube al Montealegre y allí siguiendo la tradición de hace muchos años tratan de pasarlo lo mejor posible.
Mientras yo intentando recuperarme de la operación y tratando de asimilar (porque aún no lo hice totalmente) todo lo que me espera a partir de ahora.
Como os conté en la entrada anterior el lunes día 5 tenía visita al oncólogo, fue sólo para conocernos y cambiar impresiones y también para que, por orden de él, el martes me colocaran un "reservorio" (una especie de dispositivo que sirve, entre otras cosas, para introducir la quimio en la sangre). El viernes de nuevo tenía visita al oncólogo, pero el doctor que me lleva no estaba y me recibió una doctora que me propuso un tratamiento alternativo. Se trata de un estudio clínico que se está haciendo a nivel nacional, patrocinado por distintos laboratorios. Es un estudio personalizado, se llama VISNU_cribado, y más o menos tratarían de estudiar " los marcianos malignos" que invadieron mi organismo y atacarlos según la resistencia y las características que ellos presenten.

Yo salí convencida de la entrevista, y tengo claro que voy a firmar los papeles, estoy convencida que si ese estudio no sirve para ayudarme a mí, en el futuro quizás ayude a otras personas y para mí eso es más que suficiente. Así que el martes iré a entregar la autorización y si todo marcha como la doctora me explicó,  comenzaría la quimio en la siguiente semana o en la otra, porque hay que darle un tiempo a la operación que cure bien y antes hay que hacer un estudio de las células cancerígenas en la sangre y un TAC.

Y hasta aquí la crónica de mi guerra particular, perdonad que no pueda aun hablar de otras cosas más interesantes, pero en estos momentos sólo puedo hablar de esto.

Gracias a todos por darme ánimos, por dejar un comentario en este blog y os pido perdón por haceros perder el tiempo con mi problema.

jueves, 1 de noviembre de 2012

Será isto a fin do meu camiño?





Quero comezar esta entrada dando as GRAZAS a todos os amigos seguidores deste blogue que se preocuparon pola miña ausencia e a todos os seguidores en xeral pola súa paciencia.
Contarei a grandes trazos un pouco o que me pasou: Había algún tempo que non me sentía ben, ás veces sentía molestias no estómago, pero nada tan grave como para non intentar arranxalo cunha infusión, pero de pronto chegaron as dores, os vómitos,... , o médico de familia dixo que era unha posible gastroenterite, pasei unha semana con calmantes e sen comer, pero a dor non remitía e así foi como chegou a miña primeira visita a urxencias, alí tamén dixeron posiblemente sería unha gastroenterite, outros catro días sen comer, pero as dores cada vez eran máis insoportables, e chegou a segunda visita a urxencias. Esta vez tomáronme en serio, aínda que nun principio seguía sendo o primeira diagnose, fixeron placas, fixeron un TAC e despois de todo isto, decidiron que tiña que ingresar porque parecía que agora a diagnose era unha obstrución intestinal, pasaron seis días máis e o luns día 15 os mesmos cirurxiáns que me ingresaran acordaron operar de urxencia. Tras unha longa operación, e interminables horas para os meus fillos e marido, porque segundo me contaron, as esperanzas eran mínimas, chegou a SORPRESA. O meu ventre está poboado por "marcianos malignos", dixéronmo hai dous días, antes había que esperar os resultados. 
Despois dunha noite dándolle voltas decidín escribir esta entrada e faceros partícipes a todos por se non aparezo polos vosos blogues coa mesma frecuencia que o facía.
En resume, que teño CANCRO

O luns toca visita ao oncólogo e despois ... xa veremos... (dixo o cego e nunca viu)

Versión en castelán

Quiero comenzar esta entrada dando las Gracias a todos los amigos seguidores de este blog que se preocuparon por mi ausencia y a todos los seguidores en general por su paciencia.

Contaré a grandes rasgos un poco lo que me pasó: Desde hacía algún tiempo  no me sentía bien, a veces sentía molestias en el estómago, pero nada tan grave como para no intentar arreglarlo con una infusión, pero de pronto llegaron los dolores, los vómitos,... , el médico de familia dijo que era una posible gastroenteritis, pasé una semana con calmantes y sin comer, pero el dolor no remitía y así fue cómo llegó mi primera visita a urgencias, allí también dijeron posiblemente sería una gastroenteritis, otros cuatro días sin comer, pero los dolores cada vez eran más insoportables, y llegó la segunda visita a urgencias. Esta vez me tomaron en serio, aunque en un principio seguía siendo el  primer diagnóstico, hicieron placas,  un TAC y después de todo esto, decidieron que tenía que ingresar porque parecía que ahora el diagnóstico era una obstrucción intestinal. Pasaron seis días más y el lunes día 15 los mismos cirujanos que me habían ingresado decidieron operar de urgencia. Tras una larga operación, e interminables horas para mis hijos y marido, porque según me contaron las esperanzas eran mínimas, llegó la SORPRESA. Mi vientre está poblado por "marcianos malignos", me lo dijeron hace dos días, antes había que esperar los resultados.
Después de una noche dándole vueltas decidí escribir esta entrada y haceros partícipes a todos por si no aparezco por vuestros blogs con la misma frecuencia que lo hacía.
En resume, que tengo CÁNCER

El lunes toca visita al oncólogo y después ... ya veremos... (dijo el ciego y nunca vio).


miércoles, 3 de octubre de 2012

Imos caer de novo no feixismo???


Quero afastarme da sabedoría que non chora, da filosofía que non ri e da grandeza que non se inclina ante os nenos. Khalil Gibran




Isto que segue foi copiado de aquí

Cada día de goberno de Feijóo  86 persoas van ao paro en Galicia.

1.- Plan económico

O QUE DIXO NO CONTRATO: Loitar contra a crise apostando polos nosos sectores produtivos cun plan a desenvolver por un Goberno unido, coordinado e que saiba establecer prioridades.

O QUE FIXO: Os tres anos e medio de goberno de Alberto Núñez Feijóo supuxeron unha gran lousa para o tecido empresarial de Galicia, xa que a comunidade perdeu, segundo os datos do directorio empresarial do INE, 8.863 industrias e negocios dende 2008. A etapa de Núñez Feijóo provocou unha diminución de máis de 118.000 afiliados á Seguridade Social (IGE) e a destrucción de 20.000 postos de autónomos (IGE). Os sectores produtivos estratéxicos do país, como o lácteo, o téxtil, o naval e pesqueiro, o madereiro ou o eólico esmorecen pola xestión do goberno e atópanse en fase de reivindicación e mobilizacións esixindo solucións.

Cada mes de goberno de Feijóo 180 empresas pechan as súas portas en Galicia.


2.- Plan de austeridade

O QUE DIXO NO CONTRATO: Eliminar e reducir drasticamente os gastos superfluos en publicidade, altos cargos, asesores, automóbiles ou obras nas dependencias de goberno.

O QUE FIXO: O presidente da Xunta ten máis de 40 asesores que custan 2,3 millóns de euros ao ano e os 141 asesores nomeados a dedo de todo o goberno da Xunta representan un gasto de máis de 7 millóns de euros. Deste xeito, os datos, recollidos no último orzamento, arroxan un soldo medio de 50.000 euros anuais por cada un.

Feijóo gasta 6.301 euros cada día dos cartos de todos os galegos nos soldos dos seus asesores e eleva a cifra a 19.178 euros diarios nos asesores de todo o goberno.

3.-  Menos impostos


O QUE DIXO NO CONTRATO: Reducir a cantidade de impostos autonómicos aos que os cidadáns teñen que facer fronte cada ano e defender a redución de impostos estatais.

O QUE FIXO: Durante a campaña electoral Feijóo comprometeuse a reducir o tramo autonómico do IRPF para beneficiar a 600.000 contribuíntes, o 54% do total de Galicia, cunha base liquidable inferior aos 17.000 euros. A baixada do tramo rexional sería de máis do 8%, pero os galegos siguen esperando por ela. O Goberno galego tamén incrementou o valor dos bens inmobles aos efectos de calcular a cota de transmisións patrimoniais, actos xurídicos documentados, sucesións e doazóns. O incremento da presión fiscal rolda de media o 30%. Ademais, Feijóo comprometeuse en 2009 a unha rebaixa progresiva do imposto de sucesións ata a súa desaparición ao final da lexislatura, pero incumpriu este anuncio. En canto á defensa da redución de impostos estatais, a súa postura revelouse falsa e mudou drasticamente coa chegada de Mariano Rajoy á Moncloa. O PP impulsou dende Madrid unha suba masiva do IRPF ás rendas baixas e medias e alzou o IVE ata o 21% co silencio cómplice de Feijóo.

A suba do IVE suporá un gasto de 470 euros anuais para cada familia galega, segundo a OCU.



Seguiremos na próxima entrega





































































domingo, 23 de septiembre de 2012

Caras vemos, corazóns non coñecemos.


Na mitoloxía grega foi o froito da discordia entre Hera e Afrodita e a causante da guerra de Troia.

Cando Hera casou con Zeus, rei dos deuses, a Nai Terra, máis coñecida daquela polo seu nome de deusa Xea, considerou  que debía agasallar a tan insignes cónxuxes cun presente digno deles e decidiu ofrecerlles o prezado agasallo das mazás de ouro. Hera, tan encantada quedou daqueles froitos que encargou plantasen as súas pebidas na mellor terra coñecida, na máis fértil,  e puxo ao seu coidado a Egle, Eritría, Esperia e Aretusa, chamadas por algúns as "Ninfas da tarde" por ser oriúndas do oeste do mundo, do lugar por onde escapa o sol cada día. Pero o nome que as inmortalizou foi o de Hespérides por ser descendentes de Héspero.

 Na mitoloxía nórdica, Iddhún é a deusa da eterna mocidade. Conserva para os deuses as "mazás douradas que restauran a xuventude".

 Na mitoloxía céltica, a maceira é a árbore do "Outro mundo" e noméase en moitos relatos galeses e irlandeses. No ciclo do Rei Arthur , o rei, despois da derrota en Camlann, foi levado á "Illa das Maceiras", Insula Pomorum, un lugar sempre verde onde ían, segundo a lenda, os guerreiros mortos en batalla.

 Guillermo Tell,experto tirador, para evitar o castigo de morte que correspondía á ofensa de non descubrirse ante un pau cun chapeu que simbolizaba ao soberano de Hamburgo, estivo obrigado a acertar coa súa bésta unha mazá posta sobre a cabeza do seu fillo.


Nunha ocasión Newton espertou da  sesta por unha mazá  que lle caeu na cabeza. O feito foi significativo, decidido a estudar as causas dese fenómeno, tempo máis tarde descubriría a lei de gravidade.

No conto dos irmáns Grimm,  Brancaneves cae nun sono cataléptico por mor de morder a mazá que lle ofrece a súa madrasta disfrazada de bruxa.








Versión en castelán

En la mitología griega fue el fruto de la discordia entre Hera y Afrodita y la causante de la guerra de Troya.

Cuando Hera se casó con Zeus, rey de los dioses, la Madre Tierra, más conocida entonces por su nombre de diosa Gea, consideró  que debía agasajar a tan insignes cónyuges con un presente digno de ellos y decidió ofrecerles el preciado regalo de las manzanas de oro. Hera, tan encantada quedó de aquellos frutos que encargó plantasen sus pepitas en la mejor tierra conocida, en la más fértil,  y puso a su cuidado a Egle, Eritría, Esperia y Aretusa, llamadas por algunos las "Ninfas de la tarde" por ser oriundas del oeste del mundo, del lugar por donde escapa el sol cada día. Pero el nombre que las inmortalizó fue el de Hespérides por ser descendientes de Héspero.

 En la mitología nórdica, Iddhún es la diosa de la eterna juventud. Conserva para los dioses las "manzanas doradas que restauran la juventud".

 En la mitología céltica, el manzano es el árbol del "Otro mundo" y se nombra en muchos relatos galeses e irlandeses. En el ciclo del Rey Arthuro , el rey, después de la derrota en Camlann, fue llevado a la "Isla de los Manzanos", Insula Pomorum, un lugar siempre verde donde iban, según la leyenda, los guerreros muertos en batalla.

 Guillermo Tell,experto tirador, para evitar el castigo de muerte que correspondía a la ofensa de no descubrirse ante un palo con un sombrero que simbolizaba al soberano de Habsburgo, estuvo obligado a acertar con su ballesta una manzana puesta sobre la cabeza de su hijo.

En una ocasión Newton despertó de la  siesta por culpa de  una manzana  que le cayó en cabeza. El hecho fue significativo, decidido a estudiar las causas de dicho fenómeno, tiempo más tarde descubriría la ley de gravedad.

En el cuento de los hermanos Grimm,  Blancanieves cae en un sueño cataléptico a causa de morder la manzana que le ofrece su madrastra disfrazada de bruja.

martes, 18 de septiembre de 2012

"No tempo de María Castaña"







É unha fórmula que fai referencia aos  tempos míticos, antes da historia e antes do patriarcado. É exactamente equivalente a "cando os animais falaban" e outras formas de introdución aos contos marabillosos como "cando os pitos tiñan dentes" (bretona) ou "cando os gatos tiñan zapatos" (eslava) ou "érase unha vez", "moito antes ca nós".

Hai quen afirma que María Castaña non é polo tanto, un personaxe histórico, no senso en que adoita entenderse, senón que é un personaxe mítico.

Dende logo, foi alguén anterior ao cristianismo e talvez á propia Roma. Auburn Mary, protagonista do relato británico "A batalla dos paxaros" é unha tradución  exacta, María Castaña, Auburn, cor "castaña avermellada", como as das castañas en certa época. O relato nesta forma procede de Escandinavia e de alí pasou aos países celtas e baixou ata o Mediterráneo. Pero o relato é máis vello.

Auburn lembra moito o noso ebúrneo, de ebur, "marfil". Efectivamente, auburn, no vello inglés, foi primeiro branco, despois castaño. María Castaña foi antes María Branca ou o que é o mesmo Brancaflor, a filla do demo. Pero o demo é un pai putativo, en realidade, é de antonte. María Castaña é máis vella có seu pai. O relato coincide punto a punto co de Xasón e Medea, a neta do Sol, a que Xasón foi buscar ao mesmo inferno, ao cabo do mundo. Así pois Medea é o mesmo que María Castaña e que Brancaflor.

O mesmo relato existe entre os xermanos (A Doncela Autoritaria), entre os indios, entre os eslavos, entre os arios, entre os malgaxes, entre os indonesios e os polinesios: María Castaña, Brancaflor, é o máis antigo dos personaxes deste libro.

E por que é branca ou castaña? Porque antes foi a deusa da morte, dos infernos, Hella (filla de Loki), Ana (os anaon son os mortos na Bretaña), Perséfone, Diana, a Deusa Mai, a Deusa Triple, a Deusa Branca, na súa personalidade infernal. Os tempos de María Castaña son os tempos do matriarcado primordial.
Bibliografía : Dicionario dos seres MÍTICOS GALEGOS, Xoán R. Cuba, A. Reigosa, Xosé Miranda
                            Editorial Xerais



Versión en castelán
 
Es una fórmula que hace referencia a los  tiempos míticos, antes de la historia y antes del patriarcado. Es exactamente equivalente a "cuando los animales hablaban" y otras formas de introducción a los cuentos maravillosos cómo "cuando los pollitos tenían dientes" (bretona) o "cuando los gatos tenían zapatos" (eslava) o "érase una vez", "mucho antes que nosotros".

Hay quien afirma que María Castaña no es por lo tanto, un personaje histórico, en el sentido en que suele entenderse, sino que es un personaje mítico.

Desde luego, fue alguien anterior al cristianismo y tal vez a la propia Roma. Auburn Mary, protagonista del relato británico "La batalla de los pájaros" es una traducción  exacta, María Castaña, Auburn, color "castaño rojiza", como el de las castañas en cierta época. El relato en esta forma procede de Escandinavia y de allí pasó a los países celtas y bajó hasta el Mediterráneo. Pero el relato es más viejo.

Auburn recuerda mucho nuestro ebúrneo, de ebur, "marfil". Efectivamente, auburn, en el antiguo inglés, fue primero blanco, después castaño. María Castaña fue antes María Blanca o lo que es lo mismo Blancaflor, la hija del diablo. Pero el diablo es un padre putativo, en realidad, es de anteayer. María Castaña es más antigua que  su padre. El relato coincide punto a punto con el de Jasón y Medea, la nieta del Sol, la que Jasón fue a buscar al mismo infierno, al fin del mundo. Así pues Medea es lo mismo que María Castaña y que Blancaflor, es lo más antiguo de los personajes de este libro.

El mismo relato existe entre los germanos (La Doncella Autoritaria), entre los indios, entre los eslavos, entre los arios, entre los malgaches, entre los indonesios y los polinesios: María Castaña, Blancaflor.

Y porque es blanca o castaña? Porque antes fue la diosa de la muerte, de los infiernos, Hella (hija de Loki), Ana (los anaon son los muertos en la Bretaña), Perséfone, Diana, la Diosa Madre, la Diosa Triple, la Diosa Blanca, en su personalidad infernal. Los tiempos de María Castaña son los tiempos del matriarcado primordial.

jueves, 13 de septiembre de 2012

A rula turca (Streptopelia decaocto)

 O macho e a femia son tan fieis que despois de formar parella non a rompen mentres viven. O seu canto é melancólico "ru-ru", sempre o mesmo, de aí lles vén o seu nome en galego.



** Miña rula: expresión de cariño e tenrura que se aplica a unha nena ou a unha moza. Úsase comunmente en diminutivo, Miña ruliña.



 Díxenlle á rula: Pase miña señora!
E foise polo medio e medio do outono
por entre as bidueiras, sobre o río.
O meu anxo da garda, coas azas sob o brazo dereito,
na man esquerda a cabaciña de auga,
ollando a rula irse, comentou:
-Calquera día sen decatarte do que fas
dis: Pase miña señora!
e é a alma túa a quen despides como unha ave
nunha mañán de primavera
ou nun serán de outono.

Álvaro Cunqueiro, Herba aquí ou de acolá, 1980
    



 Versión de Amancio Prada pertencente ao seu disco A dama e o cabaleiro:


Versión en castelán

 Tórtola turca (Streptopelia decaocto)

El macho y la hembra son tan fieles que después de formar pareja no la rompen mientras viven. Su canto es melancólico "ru-ru", siempre lo mismo, de ahí les viene su nombre en gallego.

** Miña rula: expresión de cariño y ternura que se aplica a una niña o a una chica. Se usa comúnmente en diminutivo, " Miña ruliña".



 Le dije a la tórtola: ¡Pase mi señora!
Y se fue por el medio y medio del otoño
por entre los abedules, sobre el río.
Mi ángel de la guarda, con las alas bajo el brazo derecho,
en la mano izquierda la calabaza de agua,
mirando a la tórtola irse, comentó:
-Cualquier día sin darte cuenta de lo que haces
dices: ¡Pase mi señora!
y es a tu alma a quien despides como un ave
en una mañana de primavera
o en un atardecer de otoño. 
Alvaro Cunqueiro

domingo, 9 de septiembre de 2012

Gutta cavat lapidem


Gutta cavat lapidem, non vi, sed saepe cadendo (A gota perfora a pedra, non pola forza, senón caendo decontino).

É unha sentenza medieval que foi tomado de Ovidio e das súas "Cartas desde o Ponto" que dicía "Gutta cavat lapidem, comsumitur anulus usu".

Os que hoxe levan o timón do Estado xa conseguiron que o estado de benestar, que antes tiñamos, teña máis buracos ca esas rochas e seguen... gota a gota, ata que a rocha desapareza. 
E mentres a maioría dos cidadáns miran cara ao seu embigo e fan que suba a audiencia de Telecinco.



Versión en castelán

 Gutta cavat lapidem, no vi, sed saepe cadendo (La gota perfora la piedra, no por la fuerza, sino cayendo con frecuencia).Es una adagio medieval que fue tomado de Ovidio y de sus "Cartas desde el Ponto" que decía "Gutta cavat lapidem, comsumitur anulus usu".
 

Los que hoy llevan el timón del Estado ya consiguieron que el estado de bienestar, que antes teníamos, tenga más agujeros que esas rocas y siguen... gota a gota, hasta que la roca desaparezca.
Y mientras la mayoría de los ciudadanos miran hacia su ombligo y hacen que suba la audiencia de Telecinco.



miércoles, 5 de septiembre de 2012

O freixo seco


 "Se eu soubera que o mundo acababa mañá, eu, aínda hoxe, plantaría unha árbore"
Martin Luther King


Lembrei a Machado e o seu "Olmo seco", "quixen plasmar coa miña máquina a graza da súa póla reverdecida".
Este non é un olmo, é un freixo, estaba alí, á beira do Douro, nas terras altas de Soria.
Versión en castelán
"Si yo supiera que el mundo acababa mañana, yo, todavía hoy, plantaría un árbol"
Martin Luther King

Recordé a Machado y  su "Olmo seco", "quise plasmar con mi máquina la gracia de su rama reverdecida".
Este no es un olmo, es un fresno, estaba allí, a orillas  del Duero, en las tierras altas de Soria.

viernes, 31 de agosto de 2012

CANDO


CANDO me miro non me percibo. 

Teño tanto a manía de sentir
que me extravío ás veces ao saír
das propias sensacións que eu recibo.

O aire que respiro, este licor que bebo,
pertencen ao meu modo de existir, 
e eu nunca sei como hei de concluir 
as sensacións que ao meu pesar concibo. 

Nin nunca, propiamente reparei, 
se na verdade sinto o que sinto. 

Eu,  serei tal cal  me parezo ? 
Serei tal cal  me xulgo verdadeiramente?
Mesmo ante as sensacións son un pouco ateo, 
nin sei ben se son eu quen en min  sente.
Fernando Pessoa



Castelán
 
CUANDO me miro no me percibo.

Tengo tanto la manía de sentir 
que me extravío a veces al salir
de las propias sensaciones que recibo.

El aire que respiro, este licor que bebo
pertenecen a mi modo de existir,
y yo no sé como he de concluir
las sensaciones que a mi pesar concibo.

 Ni nunca, propiamente, reparé,
si en verdad siento lo que siento. 

Yo ¿seré tal cual como me parezco? 
¿Seré tal cual  me juzgo verdaderamente? 
También ante las sensaciones soy un poco ateo,
ni sé bien si soy yo quien en mí siente.
Fernando Pessoa 


Portugués

 QUANDO olho para mim não me percebo.

 Tenho tanto a mania de sentir
 que me extravio às vezes ao sair
 das próprias sensações que eu recebo.

 O ar que respiro, este licor que bebo,
 pertencem ao meu modo de existir,
 e eu nunca sei como hei de concluir
 as sensações que a meu pesar concebo.

Nem nunca, propriamente reparei, 
se na verdade sinto o que sinto. 

Eu, serei tal qual pareço em mim? 
Serei tal qual me julgo verdadeiramente?
Mesmo ante as sensações sou um pouco ateu,
nem sei bem se sou eu quem em mim sente.
 Fernando Pessoa

domingo, 12 de agosto de 2012

Voando e aprendendo

 Bubela 
 O merlo, melro ou merliño


Estarei algúns días  fóra da rede. Aló, a onde teñen pensado levarme, dinme que case non hai cobertura de R. Serán dúas semanas máis ou menos.
Ata logo.


Versión en castelán

Estaré algunos días fuera de la red. Allí, a donde tienen pensado llevarme, me dicen que casi no hay cobertura  de R. Serán dos semanas más o menos.
Hasta luego.

jueves, 9 de agosto de 2012

Meditando e aprendendo





rousinol négase aniñar na gaiola, para que a escravitude non sexa o destino da súa cría.
Khalil Gibran



Versión en castelán

El ruiseñor se niega anidar en la jaula, para que la esclavitud no sea el destino de su cría.
Khalil Gibran

lunes, 6 de agosto de 2012

Facendo amigos



Eirugas


Quero ser o teu amigo.
Nin  demais e  nin de  menos.
Nin tan lonxe e nin tan preto.
Na medida máis precisa que eu puider.
Mais amarte sen medida e ficar na túa vida,
Da maneira máis discreta que eu souber.
Sen quitarche a liberdade, sen xamais  sufocarte.
Sen forzar as túas ganas.
Sen falar, cando for hora de calar.
E sen calar, cando for hora de falar.
Nin ausente, nin presente por de máis.
Simplemente, calmadamente, serche paz.
É bonito ser amigo, mais confeso: é tan difícil aprender!
E por iso eu che suplico paciencia.
Vou encher este teu rostro de lembranzas,
Dáme tempo de acertar as nosas distancias

Fernando Pessoa


Versión en castelán

Quiero ser tu amigo.
Ni  demás y ni de menos. 
Ni tan lejos y ni tan cerca.
En la medida más precisa que yo pudiere.
Mas amarte sin medida y quedar en tu vida,
De la manera más discreta que yo supiere.
Sin quitarte la libertad, sin jamás  sofocarte.
Sin forzar tus ganas.
Sin hablar, cuando fuere hora de callar.
Y sin callar, cuando fuere hora de hablar.
Ni ausente, ni presente por de más.
Simplemente, calmadamente, serte paz.
Es bonito ser amigo, mas confieso: es tan difícil aprender!
Y por eso yo te suplico paciencia.
Voy a llenar este tu rostro de recuerdos,
Dame tiempo de acertar nuestras distancias

Fernando Pessoa

lunes, 30 de julio de 2012

Nuño volve á casa




 

 
 Nuño xogando con Groucho, o seu pai
Nuño cos seus pais, Susi e Groucho, a súa nai non ten tanta paciencia con el coma o seu pai.


Hoxe hai unha semana que Nuño está ingresado na clínica veterinaria, estivo moi grave, segundo parece foi  a parvovirose, enfermidade que a máis das veces resulta ser mortal.
Chamaron esta tarde da clínica, mañá danlle a alta e xa vai volver para a casa.


Versión en castelán
  

 (Nuño con sus padres, Susi y Groucho, su madre no tiene tanta paciencia con él como su padre)

 Hoy hace una semana que Nuño está ingresado en la clínica veterinaria, estuvo muy grave, según parece fue  la parvovirosis, enfermedad que muchas veces resulta ser mortal.

Llamaron esta tarde de la clínica, mañana le dan el alta y ya va a volver a  casa.

viernes, 27 de julio de 2012

Na grande oscilación...








Na grande oscilación
entre crer e non crer,
o corazón  trastórnase
cheo de nada saber

E, alleo ao que sabía
por non saber o que é,
só un instante lle cabe
que é o coñecer a fe

Fe que os astros coñecen
porque é a araña que está
na tea que eles tecen,
e é vida que había xa
                  Fernando Pessoa


Versión en castelán



En la gran oscilación
Entre creer y no creer,
El corazón se trastorna
Lleno de nada saber

Y, ajeno a lo que sabía
Por no saber lo que es,
Sólo un instante le cabe
Que es el conocer la fe

Fe que los astros conocen
Porque es la araña que está
En la tela que ellos tejen,
Y es vida que había ya.
                   Fernando Pessoa

jueves, 12 de julio de 2012

O home e a planta

Santolina chamaecyparissus L. Abrótano fémea, gardarroupa, herba (da) loba, herba lombrigueira.

 Está perfectamente indicada en dixestións lentas, gases intestinais, dores menstruais, bronquite, asma, anorexia e espasmos gastro-intestinais. En uso externo, emprégase, sobre todo, en infusión para a conxuntivite, inflamación das pálpebras ou blefarite, estomatite e vaxinite.


—«Por que tan mal me tratas,
e por que así me pisas,
se queixa de min nunca
dar podes, en xustiza?»,
a un home, certa planta,
queixándose dicía.
—«Por que?, —respóndelle este
con rabia mal contida,—
quen es para expresarte
de forma tan altiva?
bo fose que do mundo
ao rei contas pediras,
herbeira miserable
que case non se mira,
que medras entre o po
e morres esquecida."
—"Xesús!, non se enfurruñe
señor, pois dáme a risa,
sen nós, —lle dixo a planta,—
os homes, que serían?,
da planta o froito come,
e a casa na que habita,
e os mobles que a engalanan,
e a tea que fabrica,
dicirme quer de onde
o rei do mundo quita?.
Sen o home pode a planta
pasar; mais el axiña
perece, sen remedio,
se a planta non o auxilia;
que moitos séculos antes
que os homes existiran
no mundo, xa o poboaban,
as plantas xa lucían,
e cheiros e rumores
que en el sementa a brisa,
fixeron dun deserto
a estancia fermosísima,
que as plantas que desprezas
adornan e tapizan:
o pazo incomparable
que ao pouco agradecida,
Deus, sempre bondadoso,
a humanidade destina.
Sen plantas, señor home,
No mundo, que sería?"
 
A historia relatada
recórdena e medítena,
aqueles que, soberbios,
aos inferiores miran
cal plantas miserables
 
que con desprezo trepan.
 Sen eles, por moi altos
que estean, que serían?
               Fábulas galaico-castellanas, Amador Montenegro
 
 
Versión en castelán
 
 
 Está perfectamente indicada en digestiones lentas, gases intestinales, dolores menstruales, bronquitis, asma, anorexia y espasmos gastro-intestinales. En uso externo, se emplea, sobre todo, en infusión para la conjuntivitis, inflamación de los párpados o blefaritis, estomatitis y vaginitis.
 
«¿Por qué tan mal me tratas,
y por qué así me pisas,
se queja de mí nunca
dar puedes, en justicia?»,
 
A un hombre, cierta planta,
quejándose decía.
«¿Por qué?, -le responde éste
con rabia mal contenida-,
¿quién eres para expresarte
de forma tan altiva?
Bueno fuera que del mundo
al rey cuentas habías pedido,
hierba miserable
que casi no se mira,
que creces entre el polvo
 y mueres olvidada."
 
"¡Jesús!, no se enfurruñe
señor, pues me da la risa,
sin nosotros, -le dijo la planta-,
los hombres, ¿qué serían?,
de la planta el fruto come,
y la casa en la que habita,
y los muebles que la engalanan,
y la tela que fabrica,
¿decirme ahora de dónde
el rey del mundo quita?.
Sin el hombre puede la planta
pasar; mas él enseguida
perece, sin remedio,
si la planta no lo auxilia;
que muchos siglos antes que
los hombres existiesen
en el mundo, ya lo poblaban,
la plantas ya lucían,
y olores y rumores
que en él siembra la brisa,
hicieron de un desierto
la estancia hermosísima,
que las plantas que desprecias
adornan y tapizan:
el palacio incomparable
que a la poco agradecida,
Dios, siempre bondadoso,
a la humanidad destina.
Sin plantas, señor hombre,
en el mundo, ¿qué sería?"
 
La historia relatada
recordar y la mediten,
aquellos que, soberbios,
a los inferiores miran
cual plantas miserables
que con desprecio pisan.
Sin ellos, por muy altos
que estén, ¿qué serían?
             Fábulas galaico-castellanas, Amador Montenegro