lunes, 3 de octubre de 2011

Grazas a todos aos que os preocupou a miña ausencia


Serán así as pegadas que van deixando na nosa alma os seres queridos cando se van?
¿Serán así las huellas que van dejando en nuestra alma los seres queridos cuando se van?

Durante o mes de setembro estiven perdida nunha mesta néboa, non actualicei o blogue porque non tiña nin podía dicir nada. Perdoade por volver de novo cunha entrada que xa hai tempo que saquei, daquela case non tiña seguidores polo que espero sexa unha novidade.
Estou preparando outra persoal pero aínda me costa moito expresar o que sento.

Mentres algo da mitoloxía.


O Hermafrodito


No libro IV da Metamorfose, Ovidio cóntanos a historia do
Hermafrodito.

Este era fillo de Afrodita e Hermes, en honra dos cales recibiu o seu nome, unha mestura do nome dos seus pais.


Afrodita (Venus para os romanos), ao sentirse culpable de adulterio, separouse do seu fillo e deixouno no monte Ida (en Frixia) ao cuidado das ninfas do monte (As Náiades), por quen foi criado.



Co paso do tempo, o neno converteuse nun mozo de gran beleza. Un bo día, Hermafrodito decidiu saír a percorrer as terras gregas. Indo de camiño a Caria, en Halicarnaso, o exceso da calor daquel día fíxoo aproximarse a un lago para refrescar o seu corpo, e sacando a roupa, púxose a nadar espido.


A náiade Salmacis, que era a única ninfa a quen el non coñecía, pasaba o seu tempo mergullándose no seu propio lago, peiteando os cabelos cun peite de madeira de buxo ou co corpo envolto nun vestido transparente, deitada sobre as follas brandas ou nas herbas e tamén noutras ocasións recollendo flores. Precisamente estaba a recoller flores cando viu ao mozo, e ao observar o seu corpo espido, sentiu unha atracción inmediata cara a el e non tardou en espirse e achegárselle para tratar de conquistalo, pero o mozo resistiuse.
Aínda así, a ninfa non desistiu no seu empeño e abrazouno fortemente, arrastrándoo ao fondo, mentres loitaba con el, suplicou aos deuses para que non separasen os seus corpos, dicindo: Aínda que loites, maldito, non por iso vas fuxir! Deuses, facede que nada poida xamais separalo de min nin separarme del!.

Os deuses, atendendo a súa súplica, concedéronlle o seu desexo e ambos corpos fusionáronse para sempre nun só ser, de dobre sexo.


Hermafrodito suplicou aos seus pais, os deuses, que todo mozo que se bañase naquel lago correse a súa mesma sorte. Desta forma, o lago arrebataría a virilidade a todo aquel que se bañase nel, tal como así llo concederon os deuses.


Este mito foi a orixe ao uso da expresión
"hermafrodita", para describir ás persoas intersexuais.



Versión en castelán


Durante el mes de septiembre estuve perdida en una densa niebla, no actualicé el blogue porque no tenía ni podía decir nada. Perdonad por volver de nuevo con una entrada que ya hace tiempo que saqué, entonces casi no tenía seguidores por lo que espero sea una novedad.
Estoy preparando otra personal pero aún me cuesta mucho expresar lo que siento.

Mientras algo de mitología.


El Hermafrodito

En el libro IV de la Metamorfosis, Ovidio nos cuentan la historia del Hermafrodito.

Éste era hijo de Afrodita y Hermes, en honra de los cuales recibió su nombre, una mezcla del nombre de sus padres.


Afrodita (Venus para los romanos), al sentirse culpable de adulterio, se separó de su hijo y lo dejó en el monte Ida (en Frixia) al cuidado de las ninfas del monte (Las Náyades), que lo criaron.


Con el paso del tiempo, el niño se convirtió en un chico de gran belleza. Un buen día, Hermafrodito decidió salir a recorrer las tierras griegas. Yendo de camino a Caria, en Halicarnaso, el exceso de calor de aquel día lo hizo aproximarse a un lago para refrescar su cuerpo, y sacando la ropa, se puso a nadar desnudo.


La náyade Salmacis, que era la única ninfa a quien él no conocía, pasaba su tiempo sumergiéndose en su propio lago, peinando los cabellos con un peine de madera de boj o con el cuerpo envuelto en un vestido transparente, acostada sobre las hojas blandas o en las hierbas y también en otras ocasiones recogiendo flores. Precisamente estaba recogiendo flores cuando vio al chico, y observando su cuerpo desnudo, sintió atracción inmediata hacia él, no tardndo en desnudarse y acercársele para tratar de conquistarlo, pero el chico se resistió.


A pesar de todo, la ninfa no desistió en su empeño y lo abrazó fuertemente, arrastrándolo al fondo, mientras luchaba con él, suplicó a los dioses para que no separaran sus cuerpos, diciendo:
Aunque luches, maldito, no por eso vas a huir! Dioses, haced que nada pueda jamás separarlo de mí ni separarme de él!.

Los dioses, atendiendo su súplica, le concedieron su deseo y ambos cuerpos se fusionaron para siempre jamás en un único ser, de doble sexo.


Hermafrodito suplicó a sus padres, los dioses, que todo joven que se bañara en aquel lago corriese su misma suerte. De esta forma, el lago arrebataría la virilidad a todo aquel que se bañase en él, tal como así se lo concedieron los dioses.


Este mito fue el origen al uso de la expresión
"hermafrodita", para describir a las personas intersexuais.