viernes, 3 de julio de 2009

Únete ao manifesto

“Gañar unhas eleccións non autoriza a destruír unha lingua”
http://www.xornal.com/artigo/2009/07/02/politica/manifiesto-ganar-eleccions-non-autoriza-destruir-lingua/2009070223274152097.html
...O idioma de Galicia é un patrimonio da humanidade que debemos custodiar e garantir como medio de comunicación e de creación”.





Nin minto nin me arrepinto,
nin digo nin me desdigo,
nin estou triste nin contento,
nin reclamo nin consinto
nin fío nin desconfío;
nin ben vivo nin ben morro,
nin son alleo nin meu,
nin me vingo nin porfío,
nin espero nin desespero.
Jorge Manrique




Cando penso que todo canto medra
dura na súa perfección un breve instante,
como da mañá o sol radiante
que, ao avanzar a tarde, se escurece;
cando vexo que todo se envellece
coma flor madrugadora e rechamante
que pronto se esfolla, agonizante,
e ao morrer o crepúsculo perece;
aflíxese a miña alma e pola túa sorte chora;
mais todo canto perdes en frescura,
cos seus matices a ilusión doura,
e a medida que o tempo á túa fermosura
con implacable saña decolora,
con desquite, o meu amor te transfigura.

William Shakespeare

jueves, 2 de julio de 2009

Días da recollida da herba





Cantar da sega


Branca era eu
cando entrei na sega:
deume o sol e xa son morena.
Branca adoitaba eu ser
antes que a segar viñese
mais non quixo o sol que fose
branco o lume no meu poder.
A miña idade ao amencer
era lustrosa azucena;
deume o sol e xa son morena.

Lope de Vega