jueves, 1 de noviembre de 2012

Será isto a fin do meu camiño?





Quero comezar esta entrada dando as GRAZAS a todos os amigos seguidores deste blogue que se preocuparon pola miña ausencia e a todos os seguidores en xeral pola súa paciencia.
Contarei a grandes trazos un pouco o que me pasou: Había algún tempo que non me sentía ben, ás veces sentía molestias no estómago, pero nada tan grave como para non intentar arranxalo cunha infusión, pero de pronto chegaron as dores, os vómitos,... , o médico de familia dixo que era unha posible gastroenterite, pasei unha semana con calmantes e sen comer, pero a dor non remitía e así foi como chegou a miña primeira visita a urxencias, alí tamén dixeron posiblemente sería unha gastroenterite, outros catro días sen comer, pero as dores cada vez eran máis insoportables, e chegou a segunda visita a urxencias. Esta vez tomáronme en serio, aínda que nun principio seguía sendo o primeira diagnose, fixeron placas, fixeron un TAC e despois de todo isto, decidiron que tiña que ingresar porque parecía que agora a diagnose era unha obstrución intestinal, pasaron seis días máis e o luns día 15 os mesmos cirurxiáns que me ingresaran acordaron operar de urxencia. Tras unha longa operación, e interminables horas para os meus fillos e marido, porque segundo me contaron, as esperanzas eran mínimas, chegou a SORPRESA. O meu ventre está poboado por "marcianos malignos", dixéronmo hai dous días, antes había que esperar os resultados. 
Despois dunha noite dándolle voltas decidín escribir esta entrada e faceros partícipes a todos por se non aparezo polos vosos blogues coa mesma frecuencia que o facía.
En resume, que teño CANCRO

O luns toca visita ao oncólogo e despois ... xa veremos... (dixo o cego e nunca viu)

Versión en castelán

Quiero comenzar esta entrada dando las Gracias a todos los amigos seguidores de este blog que se preocuparon por mi ausencia y a todos los seguidores en general por su paciencia.

Contaré a grandes rasgos un poco lo que me pasó: Desde hacía algún tiempo  no me sentía bien, a veces sentía molestias en el estómago, pero nada tan grave como para no intentar arreglarlo con una infusión, pero de pronto llegaron los dolores, los vómitos,... , el médico de familia dijo que era una posible gastroenteritis, pasé una semana con calmantes y sin comer, pero el dolor no remitía y así fue cómo llegó mi primera visita a urgencias, allí también dijeron posiblemente sería una gastroenteritis, otros cuatro días sin comer, pero los dolores cada vez eran más insoportables, y llegó la segunda visita a urgencias. Esta vez me tomaron en serio, aunque en un principio seguía siendo el  primer diagnóstico, hicieron placas,  un TAC y después de todo esto, decidieron que tenía que ingresar porque parecía que ahora el diagnóstico era una obstrucción intestinal. Pasaron seis días más y el lunes día 15 los mismos cirujanos que me habían ingresado decidieron operar de urgencia. Tras una larga operación, e interminables horas para mis hijos y marido, porque según me contaron las esperanzas eran mínimas, llegó la SORPRESA. Mi vientre está poblado por "marcianos malignos", me lo dijeron hace dos días, antes había que esperar los resultados.
Después de una noche dándole vueltas decidí escribir esta entrada y haceros partícipes a todos por si no aparezco por vuestros blogs con la misma frecuencia que lo hacía.
En resume, que tengo CÁNCER

El lunes toca visita al oncólogo y después ... ya veremos... (dijo el ciego y nunca vio).