lunes, 15 de agosto de 2011

Eu non espero a Bieito XVI, estou ocupada rezándolle aos meus deuses


Están moi moi boas e xa están maduras.



Sémelle, era filla de Cadmo e Harmonía, cando foi seducida por Zeus, este para non asustala, transformouse en mortal, xaceu con ela e a moza quedou encinta. Hera, como non podía ser doutro xeito, quixo castigala; así, ao sexto mes de embarazo visitou á moza disfrazada de vella , aconselloulle que pedise ao seu amante que non a enganase máis e se revelase ante ela coa súa natureza e forma auténtica, porque doutra forma, como podería ter a seguridade de que non era un monstro?

Sémelle, en quen a dúbida botou raíces, lembrou que Zeus lle prometera outorgar todo canto lle pedise, así que seguiu o consello de Hera, curiosa por coñecer o rostro do seu amante.

Zeus, aterrorizado pola petición, pero sen poder negarse, presentouse ante a moza empuñando o trono e os raios, e nese mesmo instante a desventurada rapaza quedou fulminada. Pero Zeus tivo tempo de retirar do ventre da nai ao fillo que esperaba e Hermes, sempre tan oportuno, implantoullo nunha das coxas para que o incubara. Tres meses despois naceu Dionisos/ Baco ("nado dúas veces") da coxa do seu divino proxenitor; por iso ao neno se lle chamou tamén Diméter, "o de dúas nais" .

Logo Perséfone, por encargo de Zeus, levou ao neno e púxoo ao coidado do rei Atamante de Orcómenos e da súa muller Ino (tía de Dionisos) para que o criasen, disfrazado de nena, para que non o atopase Hera. A raíña dos deuses con todo non se deixou enganar e, castigou á parella real facendo que se volvesen tolos.

Zeus transformou a Dionisos nun cabrito e entregouno ao coidado das ninfas do monte Nisa, Macris, Erato, Bromia e Baque, que o coidaron, consentírono e alimentárono. Estando con elas foi precisamente cando descubriu ou inventou o viño, seguramente por indicacións delas. O seu titor naquel retiro foi Sileno, un ancián feo e barrigudo, con fama de sabio e filósofo, borracho incorrixible, logo que o seu pupilo lle deu a probar as excelencias do seu descubrimento, que sen dúbida debía de ser un viño profético, porque din que desde entón vía o pasado e o futuro, aínda que o certo é que nunca volveu a dar un paso polo seu propio pé e facíase trasladar montado nun burro.


Chegado á idade adulta, Hera recoñeceuno e por suposto outra vez usou a súa arma máis letal e fixo que se volvese tolo. Deste xeito, medio mareado e dando tropezóns, o pobre deus percorreu o mundo, introducindo en todos os países o cultivo da vide e a obtención do viño, polo que en todas partes o adoraron.



Versión en castelán


Sémelle, era hija de Cadmo y Armonía, cuando fue seducida por Zeus, éste para no asustarla, se transformó en mortal, yació con ella y la joven quedó encinta. Hera, como no podía ser de otro modo, quiso castigarla; así, al sexto mes de embarazo visitó a la joven disfrazada de vieja , le aconsejó que pidiera a su amante que no la engañara más y se revelara ante ella con su naturaleza y forma auténtica, porque de otra forma, ¿cómo podría tener la seguridad de que no era un monstruo?

Sémele, en quien la duda echó raíces, recordó que Zeus le había prometido otorgar todo cuanto le pidiera, así que siguió el consejo de Hera, curiosa por conocer el rostro de su amante.

Zeus, aterrorizado por la petición, pero sin poder negarse, se presentó ante la chica empuñando el trueno y los rayos, y en ese mismo instante la desventurada joven quedó fulminada. Pero Zeus tuvo tiempo de retirar del vientre de la madre al hijo que esperaba y Hermes, siempre tan oportuno, se lo implantó en uno de los muslos para que lo incubara. Tres meses después nació Dionisos/ Baco ("nacido dos veces") del muslo de su divino progenitor; por eso al niño se le llamó también Diméter, "el de las dos madres" .

Luego Perséfone, bajo encargo de Zeus, llevó al niño y lo puso al cuidado del rey Atamante de Orcómenos y de su mujer Ino (tía de Dionisos) para que lo criaran, disfrazado de niña, para que no lo encontrara Hera. La reina de los dioses, con todo, no se dejó engañar y castigó a la pareja real haciendo que se volvieran locos.

Zeus transformó a Dionisos en un cabrito y lo entregó al cuidado de las ninfas del monte Nisa, Macris, Erato, Bromia y Baque, que lo cuidaron, lo consintieron y lo alimentaron. Estando con ellas fue precisamente cuando descubrió o inventó el vino, seguramente por indicación de ellas. Su tutor en aquel retiro fue Sileno, un anciano feo y barrigudo, con fama de sabio y filósofo, borracho incorregible, luego que su pupilo le dio a probar las excelencias de su descubrimiento, que sin duda, debía de ser un vino profético, porque dicen que desde entonces veía el pasado y el futuro, aunque lo cierto es que nunca volvió a dar un paso por su propio pie y se hacía trasladar montado en un burro.


Llegado a la edad adulta, Hera lo reconoció y por supuesto otra vez usó su arma más letal haciendo que se volviera loco. De este modo, medio mareado y dando traspiés, el pobre dios recorrió el mundo, introduciendo en todos los países el cultivo de la vid y la obtención del vino, por lo que en todas partes lo adoraron.

11 comentarios:

Isabel Martínez Barquero dijo...

Tampoco yo lo espero, Dilaida. ¡Menudo dispendio tal y como estamos!

Como siempre que la sacas, me entusiasmo con estos textos de mitología.
Era terrible Hera. En vez de zurrarle a Zeus...

Bicos.

Felipe dijo...

Estos textos mitológicos son todo una gozada.

Cada vez que vengo aprendo.En serio

Bicos

Txema dijo...

Y más a estas horas de la mañana.

Bicos

RGAlmazán dijo...

Las historias mitológicas son tan irreales como las católicas solo que más brillantes y originales.
Yo tampoco le espero.

Salud y República

Raposo dijo...

Eu tampouco espero o Bieito ese, por min que lle den....!!!

Encarni dijo...

Yo tampoco lo espero, creo que te voy a hacer compañía y rezaré con tus dioses que tienen mucha más vidilla y algunos/as movidita.

Un abrazo.

emejota dijo...

¿Benequé? Hay que ver con Hera, cómo era. Ja,ja, derechos de diosa. Beso.

Chousa da Alcandra dijo...

Non me importaría nadiña rezarlle ó produto das túas oracións (despois dunha boa maceración/fermentación e resto de coidados, metido nun sagrario de cristal, comunmente chamado botella). Conta comigo para elo!

Bicos!!!

Concha López Fernández dijo...

Se me dan a escoller entre agardar a alguén coma ese personaxe e ler ou escoitar unha historia coma esta, pois a verdade, prefiro o segundo. E de feito xa me apuntei! Prefiro os teus deuses.

zeltia dijo...

uff, menos mal, non quero imaxinar un mundo sin viño!

(esta vez coñecía algo mellor a historia que outras veces. Gústame moito ir coñecendo a mitoloxía da túa man)

Xan dijo...

Non vaias caer en pecado de gula por comer esas uvas pecadoras!!!