lunes, 6 de julio de 2009

GALEGO. PATRIMONIO DA HUMANIDADE


Este é un correo que recibín o Venres día 3 de Xullo


Escríbímosche en nome dunha comisión cidadá que está a promover un chamamento a prol do idioma galego, e ao mesmo tempo quere constituírse en grupo promotor para a elaboración e presentación no Parlamento de Galicia dunha iniciativa lexislativa popular en relación coa oficialidade do idioma galego.
De momento, temos preparado un texto para o manifesto (“GALEGO. PATRIMONIO DA HUMANIDADE”), e posteriormente porémonos a traballar no articulado e organización da iniciativa lexislativa popular.

A presentación do manifesto e das adhesións realizarase o VENRES 10 DE XUÑO de 2009, en VIGO, no salón da Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa s/nº, 1º andar).

A lista definitiva de adhesións pechámola o martes, 7 de xullo, ás 15:00 horas. Por favor, de estardes interesados, é moi importante que confirmedes a vosa adhesión antes desa data neste mesmo correo. Apoiade esta acción a prol do galego. Hai que enviar un mail co voso nome, Dni, e ocupación/titulación a mbragado@xerais.es. que rule!



" Ata hai pouco tempo era un valor compartido, que formaba parte dos consensos básicos sobre os que se articulaba o autogoberno de Galicia, que o idioma galego era merecente dunha especial protección por parte dos poderes públicos. Ese valor partía da subordinación histórica dun idioma que foi sempre o das maiorías populares pero que tamén estivo sempre discriminado ou proscrito, salvo nos períodos en que Galicia e España gozaron da democracia. A liberdade e o dereito ao uso do idioma propio foron historicamente da man.

A pretensión de facer crer nunha inexistente imposición lingüística disimula o intento de liquidación do idioma galego e de supremacía do castelán. Os que tal sosteñen queren evitar a presenza do galego nas súas vidas para pecharse en ámbitos en que o castelán sexa o único idioma. Pero Galicia é unha sociedade na que se falan dúas linguas que, non se pode negar, están en situación de desigualdade, polo que o galego debe recibir unha especial protección. Só así se poderá afirmar que se actúa en xustiza e na procura da igualdade entre os dous idiomas. Esa é a letra e o espírito da Constitución, do Estatuto de Autonomía, e da vixente Lei de Normalización Lingüística. As sentenzas do Tribunal Constitucional así o confirman. Sen embargo, o PP saíu do consenso. Pero gañar unhas eleccións non autoriza a destruír o que é unha das bases da convivencia na nosa sociedade e un dos signos da nosa existencia como país. A sociedade galega que sente aprecio cara a súa lingua -independentemente de cal sexa o idioma no que se expresa usualmente- debe reclamar unha volta do PP a un terreo común.

Tamén mostrar o seu acordo coas políticas de afirmación positiva para o idioma galego, que o propio PP impulsou desde a Xunta, e que non buscan senón a súa protección.

O idioma de Galicia é un patrimonio da humanidade que debemos custodiar e garantir como medio de comunicación e de creación.

5 comentarios:

mariajesusparadela dijo...

Vou ver se consigo entrar desde o correo. co enlace non é posible.

Hada Isol ♥ dijo...

que feo que deban luchar por defender su lengua,es tan bonita la diversidad de lenguas,que no entiendo tanto afán en borrarlas! un abrazo!

Isabel Barceló Chico dijo...

Espero que esta iniciativa se amplíe y consiga el mayor éxito. Un abrazo muy fuerte.

Josep dijo...

Pues claro qe el Galego tiene que ser Patrimonio de la Humanidad.
Os deseo desde Catalunya el mayor de los exitos.
Una abraçada.

Una dijo...

Querida amiga,nos hacen creer que vivimos en democracia,pero aunque con mayor sutileza...gobiernan sin contar con el pueblo.Besos y que no decaiga la lucha,las lenguas son el mayor patrimonio de la humanidad,gracias a ellas formamos nuestro pensamiento y expresamos nuestros sentimientos.