martes, 7 de abril de 2009

A HIPOCRISÍA DA FORMIGA


imaxe tomada da internet



Para hipócrita non hai como a formiga

querendo facernos ver como traballa,

vén e vai, volve, torna, sobe e baixa

arrastrando ás veces unha miga.

Afán de logro din que a fustriga
e que por algures busca sacar tallada

e que deixa cantando entre a palla
á cigarra e que se vai á espiga.

Non fagas caso; a miga é a de antano
a mesma sempre, non máis que un pretexto
para pasear co xesto oufano

do atarefado que nos asedia.
Daquel que sabes tal é o amaño:
non fai senón pasear con arrogancia.

(versión orixinal)
Miguel de Unamuno

Para hipócrita no hay como la hormiga
queriendo hacernos ver como trabaja,
viene y va, vuelve, torna, sube y baja
arrastrando á las veces una miga.

Afán de logro dicen que la hostiga
y que do quiera busca sacar raja
y que deja cantando entre la paja
á la cigarra y que se va a la espiga.

No hagas caso; la miga es la de antaño,
la misma siempre, no más que un achaque
para pasearse con el gesto huraño

del atareado que nos trae en jaque.
De aquel que sabes tal es el amaño:
no hace sino pasear con grave empaque.





5 comentarios:

Juan Antonio dijo...

Moraleja Aproveita a vida, dosifica o traballo e a diversión, pois traballar demasiado só trae beneficios nas fábulas de A Fontaine. Traballa, pero goza da vida que é única. Se non atopas á túa media laranxa, non che desanimes, busca medio limón, ponlle azucre, aguardiente e xeo e sé feliz. ¡E recorda: vivir para traballar só fai feliz ao xefe!
BICOS

Dilaida dijo...

Esa máxima (en galego "moraleja" máxima, sentenza, proverbio)é correctisima; eu considero que o traballo só o necesario. Nesta sociedade o importante é traballar, traballar, traballar...pero onde quedan o descanso, o lecer...a saúde mental?
Ao medio limón poñéndolle mel en cantidade, e no canto de augardente un bo whisky, podes estar seguro que isto fai milagres e aínda por riba curas os catarros, e despois disto, quen lembra a media laranxa?
Bicos

mariajesusparadela dijo...

Vostedes son uns calaceiros...ja,ja.
(Dilaida, ti es quen sabe de lingua, pero eu, no derradeiro verso,cambiaría "arrogancia" por afouteza.)

Dilaida dijo...

Chus pois tes razón afouteza iría mellor ou fachenda.
Só lacazaneamos de cando en cando, hai que facer un pouco de todo.

Tere dijo...

No sabía que la hormiga era tan cuentista.¡Caray!