jueves, 11 de diciembre de 2008

Fraseoloxía galega

Ditos para cando se bebe demasiado:

Achegarse ás paredes, andar coma un pelexo, andar facendo eses, apañar unha carpa, beber máis da conta, borracho coma unha cuba, cargar o carro, coller unha cogorza, comprar unha mula, estar coma unha uva, ir algo alumeado, levar unha trompa enriba, pegarlle á botella, pescar peas, pillar unha mona, levar un vasiño, traer unha tralla.


Ditos para aparentar e non ser, aparentar o que non se ten, non ser algo como parece...

A cabra da miña veciña sempre dá máis leite cá miña, comer sardiña e arrotar pescada, facer rabos ás culleres (aparentar que se traballa), moita palla e pouco grao, moitas olas ao lume e un garavanzo a cocer, moito ladrar e moito morder, non é tan fero o león como o pintan, nunca chove como trona, ser auga que dorme, ser todo fume, traballar para a galería, unha cousa é dicilo e outra é facelo.

Na fala popular en galego utilizamos "carallo" para manifestar:
Resignación: ai que carallo!
Indignación: que carallo!
Burla, mofa: bueno carallo, bueno!
Desplante: vai ó carallo
Inquisitivo: que carallo é!
Contrariedade: tócate o carallo
Cansazo: deixate de caralladas
Ofensa: Este carallo é parvo!
Templanza: cálmate, carallo!
Ameaza: vén, carallo, vén
Negación : non, carallo, non
Negacion rotunda: nin carallo nin nada
Xuramento: me cago no carallo!
Ira: me cago no carallo, carallo!
Loanzas: é un home de carallo
Dúbida: o carallo vinte e nove
Estrañeza: pero, que carallo pasa?
Desprezo: pásamo por debaixo do carallo
Animoso: dálle carallo, dálle
Caprichoso: saíume do carallo
Cualitativo: non vale un carallo
Valorativo: róncalle o carallo
Fatalidade: ten carallo a cousa...!
Agotamento: xa estou ata o carallo
Picardía: o caralliño
Metereoloxía: vai un tempo do carallo
Lonxe: no quinto carallo

2 comentarios:

rivela dijo...

Moi boa a entrada. Recordame a un artigo que fixo Perez Reverte fai uns anos onde puña sobre a mesa tódalas acepcións da palabra cojones.
Para acabar de engrosar a longa lista que ti fas, ahí vai unha acepción que se emprega no meu pobo , por exemplo cando unha comida está moi rica está "caralluda".
un saudo

Una dijo...

Una lengua de gran riqueza.Besos